Voluntarios de Protección Civil e GRUMIR do Carballiño traballaron na extinción e control do incendio declarado nun palleiro da localidade de Silvaboa, na parroquia de Oseira, onde residen dúas familias.
Un dos veciños advertíu o lume, tras escoitar un forte ruído cando se derrubou o tellado do palleiro, e deu aviso á Central de Emerxencias, á unha e media da madrugada. Os Servizos de Emerxencias do Carballiño desplazaron ata o lugar dous camións contra incendios, nun operativo ao que despois se sumaron outros dous camións de bombeiros procedentes de Ourense e Ribadavia, que xunto a efectivos da Garda Civil, lograron controlar o lume sobre as 9 da mañá, evitando que se propagase ás vivendas habitadas.
Antes, os veciños lograron salvar do lume as vacas e animais de outras despendencias anexas. O lume consumíu unhas 750 pacas de herba seca e destruíu un tractor e outros apeiros de labranza, todo apunta a que o incendio pudo provocalo un cortocircuíto.
O Partido Popular denuncia "que cada vez que hai eleccións o alcalde socialista de Piñor paga favores con contratos de traballo que repercuten no bolsillo dos veciños de Piñor".
O portavoz dos populares recordou como "no pleno que acabamos de celebrar nós votamos en contra doutra modificación do orzamento, que aprobaron os socialistas cos seus votos, unha modificación pra atender os gastos extras en persoal, un capítulo que se leva catrocentos mil euros, unha cantidade totalmente desproporcionada para un concello de apenas 1.300 habitantes que ten un orzamento anual de pouco máis dun millón de euros", asegurou José Luis González.
Tamén se opuxeron os populares a suba das taxas municipais para o 2013, como as que deberán pagarse pola recollida do lixo, outorgamento de licenzas urbanísticas e licenzas de apertura de establecentos, asi como o imposto de vehículos de tracción mecánica ou o IBI. O portavoz popular botoulle en cara ao alcalde socialista "a hipocresía que amosan no PSOE, que non lles falta tempo para criticar as subas cando as fan outros e cando teñen eles a oportunidade de predicar co exemplo o primeiro que fan é subir taxas e impostos".
O Arenteiro acabou perdendo no Barco de Valdeorras un partido que gañaba ao descanso e que pudo sentenciar Martin, non obstante os verdes regresan a O Carballiño cunha nova derrota.
C.D.Arenteiro: Macia, Tazos, Escudero, Dabarca, Prada, Marcos Sotelo, Pablo Piñeiro, Dacosta (Gabriel), Bardelás (Kennedy), Martín (Cancelas) e Soares.
Goles:
0-1- Minuto 26. Tiro desde a frontal de Pablo Piñeiro que se cola na portería de Taranilla.
1-1. Minuto 50. Victor Vega chuta tamén desde a frontal da área e logra o empate.
2-1. Minuto 79. Quini, libre de marca fai o segundo dos valdeorreses.
Comentario: gañou o partido quen máis creeu nas súas posiblidades, e este equipo foi o Centro de Deportes Barco, apoiado extraordinariamente pola súa afección. Os carballiñeses poideron sentenciar e non o fixeron, e xa co empate no marcador na segunda parte, Martín pudo volver adiantar aos carballiñeses, pero o dianteiro do Arenteiro non acertou a materializar a clara ocasión da que dispuxo, ao final, o que perdoa acaba perdendo o partido. Unha mágoa.

Na mañá do venres dia 30 de novembro falecia Casimiro Campo Fernández no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, onde se atopaba ingresado desde fai unhos dias atrás, tras un empeoramento do seu estado de saúde. Tiña 47 anos de idade.
Era na actualidade portavoz do Partido Popular no concello de Maside, tras encabezar a candidatura popular nas últimas dúas eleccións municipais de 2007 e 2011 no municipio de Maside. Anteriormente exercera durante varios mandatos como concelleiro da corporación municipal do concello de Maside, do que foi 1º Tenente Alcalde.
Trala derrota electoral dos populares en 2007, Casimiro Campo foi elexido para sustituir ao ex-alcalde Benigno Alvarez á cabeza do Partido Popular de Maside.
Os seus restos mortais velanse no local social de Dacón. O Funeral terá lugar o sábado 1 de decembro ás catro menos cuarto da tarde na Igrexa Parroquial de Dacón.

O grupo de goberno socialista rexeitou a moción do Partido Popular na que se demandaba o acordo do pleno "para a renuncia e anulación do procedemento aberto para a contratación da concesión da xestión do servizo municipal de abastecemento de auga potable e alcantarillado e do concello de Maside".
A sesión plenaria da corporación masidá subíu de tono cando se tratou a petición dos populares, que deu lugar a un enfrontamento verbal entre o alcalde Celso Fernández e o portavoz da oposición, Juan Álvarez. Nun momento do debate, e cando se debatía sobre a posiblidade de que a Deputación se fixera cargo do servizo, o Alcalde afirmou que "xa sabemos que da Deputación saben vostedes moito porque non sei quen ten familiares traballando na Deputación, miremos o arredor e saberémolo".
As afirmacións do rexedor foron contestadadas polo portavoz popular, éste reprochoulle que "vostede vai vender por 25 anos ó pobo de Maside por 500 mil euros, eu estou aquí para defender os intereses dos veciños, e non coma tí que eres un alcalde marioneta que está aquí para defender intereses particulares dun empresario", espetoulle.
No transcurso do pleno tamén se cruzaron descalificacións entre concelleiros do goberno e a oposición, e mesmo desde o público algún dos veciños presentes se dirixiu en tono despectivo ao alcalde, que chamou por varias veces á órde tanto ao público como ao portavoz popular.
En apenas dúas semanas, a Plataforma Veciñal que se opón á privatización do servizo recolleu máis de mil sinaturas de apoio a un escrito no que piden "que se paralice o procedemento aberto" polo concello masidao.
A concesión que prepara o concello de Maside, e pola que podería recibir máis de medio millón de euros á sinatura do contrato, sería por un periodo de 25 anos, que en opinión da Plataforma Veciñal "hipoteca a xestión do servizo, que se vende a un empresa privada con ánimo de lucro, e que vai supoñer unha suba considerable nos recibos que pagarán os veciños". Demandan dos gobernantes municipais que "se valoren outras opcións, entre elas que o concello de Maside estude a posiblidade real de continuar xestionando o servizo".
A portavoz da Plataforma, Maria Luisa Rodríguez, considera un éxito que en apenas 15 dias lograsen reunir a sinatura de máis de mil veciños "o que representa máis do 50% do número total de abonados que ten o abastecemento de auga no municipio de Maside, o que pon de manifesto a inquietude que existe entre a veciñanza por esta decisión, a nosa intención é que toda a veciñanza teña información de todo o procedemento e poida asi ter unha opinión sobre un acordo que consideramos vai perxudicar gravemente tanto ao concello como aos propios usuarios do servizo", manifestou.
Pola súa parte, o Alcalde Celso Fernández está remitindo unha carta aos veciños no que defende o proceso de privatización que puxo en marcha. Neste escrito, manifesta as "moitas dificultades" que nestes últimos anos tivo o concello para ofrecer un servizo de abastecemento coas garantías requeridas tanto en calidade como na cantidade suficiente "sobre todo na época de verán, cando non se pode bombear desde o Barbantiño".
Tras subliñar que o servizo é altamente deficitario na actualidade para o concello de Maside, o rexedor municipal explica que o concello realizou un estudio económico do coste do servizo e "en función do resultado o plen municipal aprobou o 28 de marzo de 2012, sen votos en contra, a ordenanza fiscal que fixou o coste dos servizos e os novos prezos". Asegura o Alcalde na súa misiva á veciñanza que "a empresa que resulte adxudicataria do servizo de abastecemento e alcantarillado terá que manter o prezo fixado na ordenanza de marzo durante 25 anos, coa única variación do IPC".
Outro paso atrás do Arenteiro nesta liga ao non pasar do empate ante os verineses, nun partido moi desputado e con ocasións para ambos equipos. O Arenteiro mellorou en relación a anteriores partidos, pero deixa escapar outros 2 puntos de Espiñedo.
C.D. Arenteiro: Macia, Prada, Carlos Escudero, Dabarca, Marcos Sotelo, Iago (Gabriel), Pablo Piñeiro, Dacosta (Kennedy), Bardelás (Cancelas), Martín e David Soares.
Comentario: Tanto Arenteiro como Verín poideron gañar o partido se souberan materializar as ocasións das que dispuxeron. A máis clara da primeira parte foi nun man a man aos 7 minutos de David Soares. Xa no segundo periodo Martín pudo volver adiantar aos carballiñeses, pero o seu cabezazo a bocaxarro foi repelido por Piollo nunha meritoria intervención. Nos minutos finais do partido tamén tivo o Verín as súas ocasións, por duas veces tivo que respostar o meta local Macía con outras boas intervencións para evitar o gol dos verinenses.

Ésta é a declaración de intencións do goberno municipal, tras a celebración esta semana no Carballiño do Forum Redintur e o Congreso Internacional da AECIT.
Os dous eventos achegaron ata O Carballiño a 600 persoas durante esta semana, 200 universitarios participaron no Forum da Rede Intur e 400 persoas -según os datos da organización-- asistiron durante os 3 dias da súa celebración no auditorio do Carbaliño ás sesións do Congreso Internacional da Asociación Española de Expertos Científicos en Turismo. Neste último caso, parte dos congresistas aloxaronse durante a semana en establecentos hoteleiros da comarca, concretamente, no Pazo da Almuzara, Aparthotel Arenteiro e Hotel Munumento do Mosteiro de San Clodio. Entre os congresistas de fora de España, os países con máis representación foron Brasil, China e México.
Ante os congresitas no auditorio e tamén no acto ofrecido aos organizadores na casa do concello, o Alcalde Argimiro Marnotes salientou "o gran potencial turístico do Carballiño e comarca, que vai desde a gastronomia ata os recursos naturais, o termalismo, a cultura e a gran riqueza patrimonia que temosl" e manifestou que "éste congreso será ademaís un punto de partida para encamiñarnos como destino turístico de congresos".
Marnotes pretende que O Carballiño "chegue a ser co tempo unha referencia para este tipo de eventos, congresos e reunións sectoriais, temos un excelente auditorio para este tipo de actos, e ademáis contamos con máis de 500 prazas hoteleiras, é un potencial que debemos aproveitar", subliñou o rexedor municipal, que anunciou futuras reunións co sector da hosteleria para estudar este obxetivo e tamén "para falar de algunhos aspéctos nos que sería preciso incidir para poder ofrecer unha proposta o máis atractiva posibel".
O Grumir carballiñés queda desde este 24 de novembro con tan só 3 efectivos e cun futuro incerto cara o ano que ven, condicionado pola posta en marcha do parque comarcal de bombeiros.
Na actualidade, o grupo municipal de emerxencias contaba con 12 traballadores, dos que 9 causarán baixa ao rematarlle o contrato laboral. Esta mesma situación xa se presentara o ano pasado, xa que os contratos realizanse por medio dunha convocatoria autonómica, que a súa vez utiliza fondos europeos para outorgar as axudas aos concellos e asi manter estes servizos de emerxencias. Sucede que as axudas convocanse a principios de ano, polo que durante algúns meses e ata que se resoven esas axudas, os GRUMIR permanecen co persoal baixo mínimos.
Ademáis, o mapa de emerxencias de Galicia, que a Xunta acordou coa FEGAMP, contemplaba a desaparición dos GRUMIR no ano 2013 naqueles concellos que contan con parques de bombeiros. Sería éste o caso do Carballiño, pendiente da posta en marcha do parque comarcal de bombeiros o ano que ven.
Sexa como sexa, de momento, o servizo de emerxencias do concello carballiñés verá reducida a súa operatividade, ao quedarse só con 3 efectivos, os que viñan exercendo como encargados dos 3 turnos.

O científico bobarense, recoñecido internacionalmente, sentíuse indisposto e falecía cando estaba pronunciando unha conferencia nunha universidade estadounidense.
Evaristo Riande García, veciño natural de Boborás, localidade que visitaba con bastante frecuencia, foi membro do Consello Superior de Investigacións Científicas dende o ano 1984, levando a cabo unha inmensa labor de investigación no eido da física, con maís de 300 traballos e artigos publicados,
O Concello de Boborás promovera no ano 2006 un expediente de honra recoñecendo a Evaristo Riande García como ún dos seus fillos máis insignes, dende entón unha rúa leva o seu nome na capitalidade municipal.
O CONCELLO DE BOBORÁS DECRETA 3 DIAS DE LOITO
O Alcalde Cipriano Caamaño asinou hoxe un decreto da alcaldia no que manifesta que "tras ter coñecemento do pasamento de D. Evaristo Riande García, brilante científico e investigador, nada en Boborás" resolve "que as bandeiras da fachada da casa do concello de Boborás ondeen a media asta desde o dia 21 ao 23 de novmebro de 2012, en sinal de loito polo pasamento de tan ilustre persoeiro".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 668
- 669
- 670
- 671
- 672
- 673
- 674
- 675
- 676
- …
- seguinte ›
- última »