16, Decembro 2012

Os carballiñeses xogaron no campo de San Campio de Pontellas o partido máis completo do que vai de campionato e fixeronse merecedores dunha victoria que lograron con toda solvencia, 0-3 no marcador final.

C.D. Arenteiro: Macia, Prada, Gabriel, Dabarca, Tazos, Tacón, Dacosta, M. Sotelo, Kennedy, Martín ( Bardelás) e D. Soares (Marquina)-

Goles:

0-1. Minuto 18. Centro desde a esquerda de M.Sotelo e sen parar o balón David Soares fai o primeiro da tarde.

0-2. Minuto 60. Falta a unhos 25 metros da portería local, chupinazo directo de Pablo Dabarca que fai o segundo gol do Arenteiro.

0-3. Minuto 86. Penalti por mans dun defensor local que tranforma Roberto Dacosta no terceiro e definitivo da tarde.

Comentario: Malia a gran cantidade de auga caida nos últimos dias o campo do Pontellas presentaba un aspecto aceptable, que permitíu aos carballiñeses gañar con absoluta solvencia, malia presentarse con varias baixas no once titular. Tras adiantarse no marcador e unha primeira parte na que os locais apretaron, atá en duas ocasións as intervencións de Macia evitaron o empate, tras a reanudación o Pontellas enviou un balón o longueiro. Despois do segundo gol, o Arenteiro pasou a controlar totalmente o partido e tivo varias ocasións para ampliar ao seu favor o marcador.

 

14, Decembro 2012

O portavoz socialista en Leiro, Manuel Rodríguez presentou escrito  no  que plantexou cuestións que suscitaban inquedanza nos veciños de Leiro "e que non eran atendidas polo alcalde".

Lembra  que en días anteriores veciños de Leiro acercáronse ata o grupo municipal do PSOE  "ante a falta de información sobre o Obradoiro de emprego, os criterios de selección, as puntuacións  dos seleccionados".

Reitera Manuel Rodríguez que o alcalde non informa ós veciños "de cuestións que afectan ó concello tales como porque non se fixo subasta pública na corta da leña, feita pola Confederación Hidrográfica  Miño- Sil no Avia", sigue explicando que os veciños se preguntan  porque  non se dota o pobo de Outeiro de Berán de contenedores de lixo aínda que están pagando os impostos por este motivo.

 Manifesta o portavoz socialista que "hai cuestións como as reparacións que se fixeron na rua Rei de Viana, que sigue no mesmo estado no que estaban, así como as reparacións que se fixeron na rúa Prado que poden supor un perigo para os viandantes, sin que ata o momento se tomen medidas para solventar a situación".

 

13, Decembro 2012

Os socialistas piden ao rexedor municipal "que renucie aos seus emolumentos da paga extra do nadal e concorde asi con outros alcalde que xa fixeron pública a súa intención".

Manifestan desde a Agrupación Local do PSdG-PSOE que "a cantidade que lle afecta ao alcalde por esta decisión é de 2.330 eruos, como parte da prota de pagas extras anuais no Carballiño". Desta maneira, neste mes de decembro o alcalde cobraría o que lle corresponde por unha mensualidade normal "que serían 2.831 euros, ó que habería que engadir os 800 euros que cobra da Deputación en concepto de dietas e desprazamentos, polo que o seu salario estaría nos 3.200 euros", según as contas que botan os socialistas.

"Pensamos que esta reuncia estaría dacorde coa suposta política de austeridade do señor alcalde que il mesmo pregona nestes tempos de crise", remarcan desde a Agrupación Socialista.

O Alcalde, Argimiro Marnotes, amosabase sorprendido desta petición dos socialistas "porque xa fixen o que tiña que facer e non penso facer política con esto, solo podo decir que o destino ten que ser o mesmo da paga extra dos traballadores, o aforro do concello", manifestou.

12, Decembro 2012

O Concello invstirá 6.500 euros nos gastos da iluminación artística do nadal que "por vez primeira chegará ás 15 parroquias do rural, ademáis das rúas da vila", salientou o concelleiro de cultura do Carballiño.

Rodrigo González explicaba nesta emisora de radio que "será o concello quen asuma este gasto na súa totalidade, fixemos unha invitación aos hosteleiros e comerciantes para que colaboraran, pero entendemos que os tempos non son os mellores". O concelleiro entende que malia o recorte económico para as actividades do nadal "facemos un esforzo para que a ambientación chegue a todas a parroquias, e incluso haberá algunhas outras novidades na Praza Maior e na rotonda da casa Azul".

O arranque da iluminación faráse o venres 14 de decembro ás 7 da tarde, antes, as 6 da tarde celebraráse unha festa infantil na Praza Maior que servirá para iniciar a programación de nadal do concello do Carballiño, que se prolongará atá a festividade de reis.

10, Decembro 2012

O salón de actos do concello acolleu a sesión de presentación na que o alcalde carballiñés daba a benvida aos 24 alumnos, monitores e cadro directivo que forman parte do proxecto.

Marnotes animaba aos presentes "a aproveitar esta oportunidade para entrar no mundo laboral". Desde esta semana, e nos vindeiros 6 meses, desenvolverán a súa actividade tanto na zona urbana como na rural, asi como no parque municipal, no caso dos módulos de xardineiría e forxa. Mentres, o módulo de axuda no fogar realizará actividades formativas e os alunmnos recibirán un certificado profesional.

Os socialistas investigan o proceso de selección.

O grupo municipal socialista van iniciar "un proceso pormenorizado de todo o proceso de selección de persoal para este obradoiro de emprego, xa que son continuas as queixas que estamos a recibir de persoas que se presentaron ao concurso e quedaron fora por criterios pouco claros", manifestan. Os soclaistas solicitaron por escrito "que se nos facilitaran os resultados das diferentes avaliacións feita por un tribunal o que entre outros figuraba a número 13 da lista do PP nas derradeiras municipais", remarcan.

Ao proceso de selección presentaronse máis de 200 persoas, das que 24 foron as seleccionadas. Durante o periodo de alegacións presentaronse 12 en total, das que resultaron estimadas 10, aínda que tan so unha desas reclamacións motivou un cámbeo na lista definitiva, según aseguran desde o propio concello.

 

9, Decembro 2012

En apenas 4 minutos e cando o partido entraba na súa parte final o Arenteiro logrou darlle a volta ao marcador e salvar 3 puntos ante os pontinos.

C.D. Arenteiro: Macia, Prada, Escudero (Cancelas), Dabarca, Tazos, Piñeiro, Dacosta, Bardelás (Iago), M. Sotelo (Kennedy), Soares e Martín (Gabriel).

Goles:

0-1. Minuto 20. Balón sobre a área pequena do Arenteiro, a defensa local quedase parada e propicia que os visitantes cabeceen a placer.

1-1. Minuto 82. Kennedy aproveita un rexeitamento e o seu balón colase no medio da defensa e o porteiro pontinos.

2-1. Minuto 86. Dacosta tras xogada persoal marca de tiro axustado ao pau dereito da portería visitante.

Comentario: O Arenteiro logrou 3 puntos ante o colista da categoria, condición que os ourensanistas deixaron patente esta tarde, xa que foron o equipo máis flouxo de todos os que ata o de agora pasaron por Espiñedo. Atoparonse cun gol na única chegada a portería que tiveron en todo o partido, e a partir de ahí defenderon o resultado como poideron. Xa na primeira parte o árbitro anulou un gol a Soares por fora de xogo, e tras o descanso o Arenteiro foise a polo partido, a partir da entrada no terreo de xogo de Kennedy os carballiñeses acorralaron aos pontinos na súa área. Froito do dominio chegaron os goles, un balón de Martín ao longueiro, e unha victoria que é vital para comezar a remontada na clasificación.

6, Decembro 2012

O escrito remitido a algunhos medios de comunicación desde a Policia Local denunciaba publicamente a supresión da paga extra e a precariedade de medios neste servizo no concello do Carballiño.

No correo electrónico remitido desde dependencias policiais manifestabase o descontento e malestar "por quedarnmos sen a paga extra, falamos dunha cantidade de unhos 150.000 euros que se deixar de gastar no pobo". Asemade, tamén manifestaban a preocupación existente entre a Policia Local pola precariedade na que se está desenvolendo o servizo, debido á escasez de efectivos, afirmando que os turnos son cubertos polos mesmos axentes mentres outros cobran o mesmo e non fan turnosna rúa.  No escrito reivindicativo tamén se aseguraba que os axentes non dispoñen de roupa de inverno axeitada para realizar o seu traballo.

Desde a alcaldia emitiuse un comunicado no que explica "que se usou o correo electrónico da Policia Local para envialo, sen que nin o Xefe da Policia, nin os Cabos nin gran parte da plantilla soubesen nada deste escrito, e tampouco están dacordo coas manifestacións feitas no mesmo; é maís, todos os datos que se dan no citado escrito son totalmente falsos e sen ningún fundamento".

O alcalde carballiñes manifesta que "como máximo responsable municipal, debo anunciar que se abriron investigacións para determinar quen ou quenes utilizaron o crreo da Policia Local para este fin, facendo un uso ilegal de medios municipais, xa que se está usando un medio público para un interés persoal, creemos que alguén está facendo política en lugar de ser axente de policia", recalca.

Finalmente, Marnotes aclara que "o grupo de goberno non está en contra de que os traballadores municipais poidar expresar libremente as súas queixas, todos os traballadores coñecen os cauces para facélo, unhos cauces que sempre están abertos porque entendemos que é necesario coñecer a situación de cada traballador para un mellor funcionamento do concello", remata.

6, Decembro 2012

O Alcalde de Maside "comunicounos que ningunha empresa concurríu a ofertar os seus servizos", aseguran desde a Plataforma, polo tanto o concurso público deberá declararse deserto.

Esa foi a comunicación que trasladou o rexedor masidao á representación da Plataforma Veciñal no transcurso da entrevista celebrada esta semana na casa do concello de Maside. Desde o colectivo veciñal manifestan que "é un éxito que alomenos de momento este proceso quede paralizado, non podemos máis que alegrarnos deste feito", subliñan.

Interpretan, ademáis, que "as 1.500 sinaturas de veciños que se manifestaban contra a privatización do servizo, tiveron bastante que ver no desenlace dos acontecementos". De feito, están convencidos que "algunha empresa sí estaba interesada en presentar a súa oferta, pero non sabemos o que pudo pasar para que finalmente non se presentase", manifestan.

Asemade, consideran desde a Plataforma que "este capítulo non está pechado, son varias as problemáticas que ten o concello sobre o servizo da auga potable, por eso imos seguuir a traballar, buscando sempre a mellor solución para os veciños"

 

6, Decembro 2012

O periodo de exposición pública do proxecto retrasou inicialmente o inicio das obras previstas para este derradeiro trimestre do ano, agora a Xunta esixe unha adenda no convenio para executar as obras nos primeiros meses de 2013.

Asi o explicou nesta emisora de radio o alcalde do Carballiño "poidemos axilizar a obra dende que no pasado mes de setembro asinamos o convenio coa Xunta se non fixeramos a exposición pública do proxecto, pero entendimos que merecía a pena unha espera e completar un expediente inmaculado que nos evitase calquera posible problema".

Marnotes afirmou que foi a Xunta quen "nos informa que unha vez xa obra no seu poder toda a documentación advírtese que temos que facer unha adenda a ese convenio para que o proxecto poida inciarse e rematarse xa nos primeiros meses de 2013, non hai ningún outro problema máis que este trámite administrativo, xa que a Xunta dispón xa de toda a documentación solicitada, incluída a cesión dos terreos que son propiedade do bispado, e tamén ten feita a consignación económica, asi que non hai ningún outro problema", asegurou o rexedor municipal.

"Adro Novo" anuncia movilizacións

A asociación carballiñesa, que no seu dia esixira a paralización do anterior proxecto, anuncia agora que volverá a exercer medidas de presión no caso de que as obras non se reanuden de inmediato.

Dan de prazo atá final de ano "para que se derruben os muros da discordia e se retomen as obras para poñer fin a esta vergonza, son xa moitos meses de retraso na execución do proxecto".

Os responsables da asociación fan un chamamento ao alcalde do Carballiño "para que exerza o seu liderazgo, que exerxa como representante de todos os carbaliñeses e esixa á Xunta que de forma inmediata cumpla os compromisos adquiridos".

 

5, Decembro 2012

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, achegouse ata O Irixo  para recepcionar as distintas obras que este municipio executou ao abeiro do   Fondo de Compensación Ambiental. As actuacións levadas a cabo neste concello executáronse co obxectivo de protexer o ambiente e o espazo natural, ademais de substituir redes de sumidoiros que sofren unha deterioración.

A subvención recibida polo concello do Irixo investíuse na adquisición de maquinaria que permitiu executar -según consta na memoria feita polo propio concello- obras e labores do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais neste municipio nas parroquias de Parada de Labiote, Reádigos, San Cosmede de Cusanca, Espiñeira e O Campo.

Estas obras consistiron na protección de vías, mellorando o estado de acceso aos núcleos de poboación e procedendo á conservación e mantemento das especies arbóreas protexidas e á eliminación da vexetación con alto risco de propagación de incendios. Ademais, parte da subvención destinouse á canalización do sumidoiro nos lugares de Menaz e Cardedo, según informa a propia Xunta de Galicia.

Rogelio Martínez acompañado polo alcalde do concello , Manuel Penedo, visitou as obras realizadas e constatou que os traballos se executaron conforme ao proxecto aprobado, cun orzamento total de 68.006 euros, dos que a maior parte -58.000 euros- destinouse a adquisición dun tractor agrícola e o resto as obras de saneamento.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS