O Arenteiro mantivo o 0-0 no marcador ata o minuto 74 de partido, a partir de ahí chegaron os 3 goles do C.D. Choco, que na segunda parte superou claramente aos carballiñeses.
C.D. Arenteiro: Macia, Prada (Gabriel, m. 84), Carlos, Dabarca, Tazos (Pana, m.84), Pablo Piñeiro, Dacosta, Bardelás (Cote, m.67), Soares, M. Sotelo (Kennedy, m.60) e Martín.
Goles:
1-0: Minuto 74. Albert, tras cometer posible falta sobre Dabarca.
2-0: Minuto 80. Negro, rematando un córner.
3-0. Minuto 91. Ropero, en xogada trenzada dos locais.
Comentario: Tras un primeiro tempo igualado en con varias chegadas á porteria rival, vimos un Arenteiro que mesmo convidaba ao optimismo. Non obstante todo se derrubou na segunda parte, na que o Choco decidiu o partido ao seu favor aproveitando a súa clara superioridade física, o medio campo carballiñés veuse abaixo e con él as posibilidades do Arenteiro de sacar algo positivo da súa visita a Redondela.

O Partido Popular fixo valer a súa maioria no pleno para sacar adiante os expedientes de modificación das ordenanzas fiscais 2013, a disolución do Patronato de Deportes ou o sistema de control dos traballadores municipais.
A proposta da alcaldia de control horario dos traballadores municipais que se vai implantar na casa do concello, na nave da Uceira e en Servizos Sociais, foi duramente criticada pola concelleira do BNG, que votou en contra, Áurea Francisco dixo que "se estaba violentando a intimidade dos veciños" referíndose á instalación de cámaras de vixiancia e tres reloxios de control horario, "o que se pretende facer en servizos sociais é propio dun estado policial". Paco Fumega -os socialistas abstiveronse- demandou que "se manteña a privacidade dos veciños, especialmente en servizos sociais, onde hai que ter un trato exquisito coa xente". O Portavoz Popular asegurou que "se vai cumplir a lei e a privacidade, que é fundamental, para nada se vai violentar, trátase dun control normal dos traballadores", dixo Martín Nogueira. O Alcalde anunciou que o sistema terá un custo de 7.000 euros e manifestou "non entender o concflicto que lle provoca á oposición este tema cando na época do bipartito xa se fichaba, solo terán problema os traballadores que non cumplan co seu traballo".
O outro punto de debate e maior discrepancia entre goberno e oposición foi o relativo á modificación das ordenanzas fiscais para o ano 2013. Varias taxas experimentarán un notable incremento "para adaptalás ao plan de axuste e saneamento do concello" explicou o rexedor municipal, que fixo referencia "a herdanza recibida que nós estamos pagando, esto non é máis que unha responsabilidade de todos con todos para que este concello poida pagar". Desta maneira xustificou o alcalde carballíñés subidas como as que se experimentarán no conservatorio de música e nas escolas municipais. dun 20% e 15%, respectivamente. Outras taxas, como a auga elevanse dacorde ao incremento do IPC máis un punto, ou o IBI, que terá un aumento como consecuencia do novo coeficiente municipal, fixado con carácter xeral para todos os municipios. Os dous grupos da oposición votaron en contra ao entender "que son subas brutais ás que terán que facer fronte os veciños".
A corporación certificou a defunción do Patronato de Deportes, un organismo municipal que levaba máis dunha década sen actividade, a oposición abstivose.
O pleno -a proposta da concelleira nacionalista Áurea Francisco- gardou un minuto de silencia en memoria das 50 mullleres que no último ano foron víctimas da violencia de xénero. Precisamente, no trancurso da sesión trataronse mociós do BNG e PSOE sobre o dia da non violencia contra as mulleres e dia internacional contra a violencia de xénero, que se conmemora o 25 de Novembro.
Ambos poderán estar o domingo ás órdes de Romero para o partido ante o C.D. Choco en Redondela.
O dianteiro Walter Martín regresa asi ao Arenteiro dúas tempadas despois desde que abandonara o club con destino ao Barbadás, chega a piques de cumplir os 37 anos de idade para reforzar o ataque carbaliñés, no que causaba baixa Iglesias fai unhas semanas.
Pablo Piñeiro Taboadela, de 27 anos, é un medio centro polivalente, xogou na pasada tempada no Ordes, da 3ª división.
Causan baixa no equipo Cristian Dacosta e Javi López, que non estaban cumplindo as expectativas que o club tiña fixadas para ambos xogadores.
Ademáis, para o partido en Redondela serán baixa Xurxo -ten para un mes-, Tacón -2 semanas para recuperarse dunha lesión-, Iago- por motivos personais- e Adrián Cancelas, que arrastra molestias.
Presentaron unha serie de medidas no plen da corporaicón municipal "para que a veciñanza non se vexa perxudicada pola suba de taxas de agua, lixo e alcantarillado". O Grupo socialista propuxo o grupo de goberno, que fora o Concello o que se fixera cargo de abonar a suba do IPC 3,4 % das diferentes taxas, para que asi non repercutira tanto nos bolsillos das familias.
Os socialistas , a través do seu portavoz Manuel Rodríguez, explican que "os cidadáns de Leiro teñen que soportar a suba do IVE, asi como o novo canon de auga aprobado pola Xunta de Galicia o 22 de xuño de 2012, e o coeficiente de verquido que lle vai a supoñer pagar máis dun 140%, sendo os da empresa concesionaria os únicos que van a sacar tallada deste asunto".
Rodríguez continua decindo que ademais das medidas mencionadas anteriormente se lle propuxeron outras tales como as de lineas de bonificación dun 30% para discapacitados, pensionistas, xubilados e familias numerosas que non poideran sobrepasar os 680 € de renda , e 916€ o que é o nucleo familiar, e un 10% de bonificación para os desempregados do concello.
Por último o portavoz dí que "todas estas medidas foron rexeitadas polo grupo popular e denuncia a falta de sensibilidade ante as situacións de necesidade que están a padecer os cidadáns neste momento de crise económica , invirtindo os cartos na mancomunidade do Ribeiro que é o verdadeiro cancro que está levando a ruina o concello, xa que o goberno municipal aprobou unha modificación de crédito de 68.000€ para a mesma facendo un total de 226.000 € máis do 30% do presuposto municipal".
Na adminstracción local carballiñesa a folga foi secundada por 3 traballadores, no concello do Carballiño dun total de 145 traballadores, tan só 3 apoiaron a protesta dos sindicatos.
Na adiminstracción autonómica, o coordenador do centro de saúde do carballiño informou a esta emisora de radio que "o seguimento da folga entre o persoal foi anecdótico" e a afluencia de pacientes a dun dia calquera. Na ensinanza, a maior participación rexistrouse nos institutos carbaliñeseses, aínda que de forma bastante desigual, mentres no IES nº 1 apoiaron a folga 25 dos 44 profesores que ten o centro, no IES Chamoso Lamas tan só secundaron o paro 17 dos 62 profesores que forman o claustro.
No comercio, salvo algún caso puntual, e na hostelería carballiñesa a actividade desenvolveuse con total normalidade. No parque empresarial e a zona industrial da Uceira, a folga tivo unha incidencia minoritaria.

Aseguran que foi o tenente-alcalde Manuel Cerdeira o encargado de convidar desde o teléfono da casa do concello a esta festa na que os asistentes degustaron chourizos, empanada, panceta, pan, viño, chocolate e licór café.
O menú era de balde "convidaba o concello" e á convocatoria celebrada o pasado sábado asistiron arredor das 300 persoas "a maioria delas afíns o grupo de goberno", según poñen de manifesto veciños críticos con esta festa de magosto na que tampouco faltou a actuación de grupos musicais e incluso unha sesión de fogos artificiais.
"O Alcalde perdeu a confianza e pretende recuperala dando pan e circo como se estivese na Roma dos emperadores, quere ser emperador pero non ten imperio" comentou no programa "A mañá de COPE" Luis González Tosar, veciño do Irixo, e apostilou "foi unha chourizada impresentable nestes momentos de crise e recortes, é unha provocación que un alcalde organice e convide a unha paparota, porque pensa que asi compra as vontades, e as vontades das persoas non se mercan no bandullo".
"Ao alcalde, ao que tanto lle preocupaban os postos de traballo dos seus veciños, gasta os fondos municipais en paparotas, e segue mantendo a exclusividade súa e do tenente alcalde cobrando entgre ambos aproximadamente 50.000 euros ao ano", comentaba José Castro.
Pola súa parte, desde a "Coordenadora veciñal Incineradora no Irixo Non", que organizou un magosto na carballeira do Campo no que cada asistente pagou 20 euros, lamentan "que o alcalde siga dividindo aos veciños con este tipo de actitudes".
Os datos do mes de outubro rompen unha racha de cinco meses e volven ser negativos, tras sumar 99 novos parados no ámbito comarcal.
No municipio do Carballiño a lista de traballadores en situación de desemprego aumentou en 64 persoas durante o mes de Outubro, o que supón un 4,44% de incremento, o que deixa a actualización da cifra en 1.505 parados, dos que 700 son homes e 805, mulleres.
En Maside, Outubro deixa 11 novos parados, e son xa 284 neste municipio. En San Cristovo de Cea, engrosan as listas do paro 8 persoas, outras 10 fano no municipio de San Amaro, 4 nos municipios do Irixo e Punxín, e 2 en Beariz.
Finalmente, en Boborás e Piñor producese un simbólico descenso do paro no mes de Outubro, en cada ún destes municipios atoparon traballo 2 persoas.
O lider da categoria deixou o partido visto para sentencia na primeira parte, con 0-3 ao descanso, os ponteareáns deixaron patente a súa superiorade no municipal de Espiñedo ante un Arenteiro que non mellora malia o cámbeo de adestrador.
C.D. Arenteiro: Macia, Tazos, Xurxo (Pachi), Dabarca,Pana (C. Escudero), Iago (Gabriel), Tacón (Bardelás), R. Dacosta, Kennedy, D. Soares, e Marcos Sotelo (Javi López).
O novo adestrador local, Romero, debutou con derrota nun Arenteiro que non sae da súa depresión, os visitantes foron moi superiores desde o inicio do partido, donos desde o minuto 1 do centro do campo, ben asentados na súa cobertura e descaradamente lanzados pola victoria.
Moi pronto se lles puxo en franquicia o partido aos ponteareáns, no minuto 8 Tacón perde un balón na liña de 40 metros e o dianteiro visitante Carlitos aproveita para batir a Macia cun tiro desde fora da área axustado ao pau dereito. Aos 23 minutos, chegaba o segundo gol para a C. Areas nunha bonita xogada combinativa dos visitantes, que sentencian no minuto 41 co 0-3, tras outra xenialidade do seu dianteiro Carlitos.
Xa no segundo periodo, a Cultural Areas baixou o acelerador e propiciou que o partido estivese máis equilibrado. Co tempo cumplido, escapaselle das mans un balón a Macia, que siñifica o 0-4 definitivo.

Medio centenar de veciños acudiron a esta convocatoria de pleno extraordinario no que a corporación municipal debía aprobar as propostas da alcaldia para a modificación das ordenanzas fiscais relativas ao abastecemento de auga e saneamento, que fixaban un incremento dacorde ao establecido polo IPC.
Non obstante, o Alcalde da localidade Manuel Vázquez, ante a numerosa presenza veciñal, optou por deixar en suspenso a proposta e finalmente accedeu a reunirse cos representantes da plataforma veciñal que ven demandando a revisión do contrato con Aquagest, ao considerar que os prezos que pagan pola auga "son altamente abusivos e desproporcioandos", tal como veñen manifestando. O rexedor municipal reuniráse ao longo da vindeira semana cos veciños para escoitar os seus plantexamentos e estudar unha posible fronte común entre concello e veciños para presionar á empresa concesionaria.
Antes e durante o desenvolvento da sesión plenaria, producironse momentos de moita tensión entre veciños presentes no concello, entre os partidarios do Alcalde e os que criticaban a súa xestión. O momento máis álxido chegou cando un veciño recriminou aos concelleiros socialistas -agora na oposición- por asinar durante o anterior mandato municipal o polémico convenio con Aquagest, o que provocou un forte enfrontamento verbal entre o público e o concelleiro socialista Amadeo Vázquez.
Para elo instalará un sistema de placas solares fotovoltaicas que abastecerá as necesidades enerxéticas do edificio municipal.
O Alcalde de San Amaro, Ernesto Pérez, avanzou nesta emisora de radio que "con este sistema de aforro enerxético non só conseguirémos o custo cero para a electricidade que necesita o consistorio, senón que servirá para cambear o sistema de calefacción, que na actualidade é de gasoleo por outro eléctrico". O rexedor municipal explicou tamén que "o coste de mantemento do sistema é minimo, polo que o aforro vai ser importante".
A Xunta de Goberno adxudicou o proxecto, que representa un invstimento de 40.000 euros, dos que o concello de San Amaro tan só aportará o 20%, xa que o 80% do custo cubrese por medio dunha subvención autonómica do fondo de cooperación medio-ambiental.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 669
- 670
- 671
- 672
- 673
- 674
- 675
- 676
- 677
- …
- seguinte ›
- última »