1, Outubro 2012

Recordan que o SERGAS ven de licitar nos útlimos dias´"algúns centros de saúde que o goberno galego se comprometera a construir nesta lexislatura" entre os que non está o do Carballiño.

Desde a Agrupación Local do PSdG manifestan  que a construcción dun novo centro de saúde no Carballiño fora "un proxecto anunciado no seu dia polo Alcalde do Carballiño" e mesmo recordan "a promesa que fixera a Conselleira de Sanidade Pilar Farjas na súa visita electoral a O Carballiño en plena campña electoral nas pasadas eleccións municipais cando se aseguraba que este concello contaría cun novo centro de saúde neste ano 2012".

Os socialistas carballiñeses critican que o proxecto anunciado no programa electoral do Partido Popular de centralizar os servizos de transporte de viaxeiros, trasladando á estación de ferrocarril a de autobuses, onde se ubicaría o novo centro de saúde, fose "unha farsa política ás que nos tivo acostumados o Sr. Feijóo, e como outras tantas promesas para este concello, o goberno do Partido Popular e o seu presidente non investiron nada do prometido", remarcan.

 

30, Setembro 2012

O salón de actos da casa do concello do irixo acolleu o primeiro acto celebrado na comarca pola Alternativa Galega de Esquerda, unha das candidaturas que concorren as eleccións galegas.

No acto falaron, ante medio centenar de persoas, Carmen Iglesias, Jon Sáez e o número 1 na candidatura pola provincia David Fernández Calviño, que foron presentados por Andrés Fernández, veciño do Carballiño e membro da candidatura da AGE.

Non foi casual que a candidatura elixise O Irixo para a súa presentación "porque no Irixo estivemos loitando activamente contra a incineradora, porque aquí seguimos para non permitir a instalación dunha macroplanta incineradora".

A Alternativa Galega de Esquerda presentou o seu modelo de xestión de residuos "que está baseado nun modelo descentralizado, de reciclaxe e reducción".

Os candidatos incidiron de maneira especial na problemática da despoboación do rural "consecuencia da desaparación do agro galego, do noso sector primario, que está a ser desmantelado polo goberno do Partido Popular que dirixe Feijóo; abocando á mocidade a emigrar igual que antes tiveron que facer os seus pais, nais e avós porque no rural non hai traballo nin futuro", recalcaron.

O momento emotivo do acto estivo no recordo polo pasamento de Xosé Mejuto "histórico militante do Irixo que durante tantos anos traballo a prol do concello do Irixo".

30, Setembro 2012

Un gol na segunda parte valeu ao Gondomar para levarse os 3 puntos de Espiñedo ante un Arenteiro que continúa indo a menos nesta liga, na que os carballiñeses parecen decididos a instalarse en zona de descenso.

C.D. Arenteiro: Macía, Carlos Escudero, Xurxo, Dabarca, Tazos ( Marcos Sotelo, m. 45 ), Gabriel ( Bardelás, m.75 ), Iago, Roberto Dacosta, Cancelas ( David Soares, m. 45), Iglesias e Javi López ( Manuel, m. 75).

Goles:

0-1. Minuto 66 de partido, tiro cruzado desde o borde da área grande que bate a Macia.

Comentario: Outro mal partido do Arenteiro que xenerou unha única ocasión de gol en toda a tarde, no minuto 42 cando Javi López se plantou so ante o meta visitante, pero éste arrrebatoulle o balón nunha magnífica interevención. Na primeira parte o Arenteiro xogou a empuxós esporádicos sobre a área rival, na segunda metade nin xiquera eso, os carballiñeses desapareceron do partido, que controlou en todo momento o Gondomar.

28, Setembro 2012

A finais da pasada semana os gobernantes municipais reunianse cos responsables de Aquagest para encargarlle un proxecto para a reposición integral da rede de tuberias nesta rúa.

A decisión de acometer un proxecto de renovación da rede chega despois de numerosas roturas das tuberias, unha problemática que ven desde fai tempo, aínda que nas útlimas semanas as averías foron de tal magnitude que afectaron a establecementos comerciais e sotos de edificios, con danos bastante considerables. Ademáis, as averias motivan o corte no suministro de auga aos usuarios da zona e tamén teñen incidencia no tráfico, xa que a rúa cerrase á circulación de vehículos.

Esta última rotura incluso pudo provocar posibles danos estructurais nun edificio, de feito os propietarios levantaron acta notarial sobre esta incidencia, ao observarse que a riada de auga pudo afectar á base da edificiación.

 

27, Setembro 2012

O matrimonio, que é titular dunha empresa que realiza traballos forestais, declarou durante 2 horas ante a Xuíza, que decretou a súa liberdade sen fianza, e cos cargos de suborno e tráfico de influencias.

Tras o seu arresto no Carballiño onde teñen o seu domicilio habitual, aínda que o home é veciño natural do municiipio do Piñor, chegaron ao xulgado en coches separados, tras pasar as últimas 24 horas en dependencias policiais.

A sociedade familiar que está sendo investigada no marco da operación Pokémon contra a corrupción, desenvolve a súa actividade en labores de desbroce, plantacións, movementos de terra e saneamento. Desde fai anos, ven realizando traballos a distintos concellos e outras entidades da adiminstracción pública, mediante a adxudicación de contratos.

25, Setembro 2012

O Grupo de Goberno do Partido Popular do Concello do Irixo decide abandonar a Mancomunidade do Carballiño.

A decisión foi comunicada e aprobada no pleno  municipal deste municipio, tras unha proposta presentada polo Partido Popular, que conta con 8 dos 9 concelleiros que integran a corporación deste concello, o acordo colleu de sopresa ao único concelleiro da oposición, o socialista Javier Rodríguez.

O acordo plenario recolle que o Concello do Irixo causará baixa na Mancomunidade de Concellos do Carballiño, que preside o Alcalde de Beariz, con data do vindeiro 1 de xaneiro de 2013. O Alcalde, Manuel Penedo, xustificou esta decisión no alto coste que ten para o municipio os servizos que recibe da entidade intermunicipal.

Tras a retirada do Irixo, tan so 4 concellos continuarán na Mancomunidade, os de Beariz, San Amaro, San Cristovo de Cea e Boborás.

25, Setembro 2012

A Consellería de Economía e Industria iniciou un  procedemento administrativo á empresa Estela Eólica debido ao incumprimento dos compromisos fixados no seu plan industrial asociado para a construción dun complexo de xestión de residuos.

No mes de Decembro de 2011 o Conselleiro de Medio Ambiente dera a coñecer que o municipio elixido era O Irixo, para ubicar a planta de tratamento do lixo para o sur de Galicia, unha ubicación e un proxecto industrial que xerou o rexeitamento de amplos sectores da poboación comarcal.

"A non xustificación dos investimentos requiridos nos prazos previstos, dentro da tramitación do concurso eólico, así como a non creación dos postos de traballo fixados ante a Comisión de Seguimento dos Plans Industriais, levou á comisión, seguindo a normativa relativa ao concurso, á apertura dun expediente por incumprimento", pon de manifesto a Consellería por medio dun comunicado informativo publicado na páxina web da Xunta de Galicia

Agora, iníciase un prazo de presentación de alegacións por parte da empresa e unha posterior fase de análise das mesmas por parte dos técnicos da Comisión de Seguimento na que se determinarán as medidas a tomar, según informa a Xunta de Galicia

O CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE ANUNCIA QUE SE OPTA POLA AMPLIACIÓN DE SOGAMA

O Titular de Medio Ambiente, Agustín Hernández, aproveitou unha comparecencia co Alcalde do Carballiño, no que se daba conta da sinatura do convenio para as obras de urbanización na contorna da Veracruz, para anunciar que - independientemente do expediente aberto a Estéla Eólica por parte da Consellería de Industria- a Xunta procederá á modifícación do Plan de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia, que contemplaba a instalación dunha planta incineradora no sur de Galicia.

No seu lugar, a Xunta aposta pola ampliación das instalacións de SOGAMA en Cerceda, asegurou o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras.

24, Setembro 2012

O lume que se lle imputa tivo lugar na parroquia de San Xoán Laxas, no concello  de Boborás, o día 19 de setembro.

Resultaron queimados 3.000 metros cadrados de monte arborado e outros 3.000 metros cadrados de monte raso, según os datos facilitados pola Policia Autonómica, que deu conta da detención dun home, como presunto autor do lume.

O incendio produciuse, segundo as investigacións, nun camiño sito nunha zona forestal e as lapas estenderonse rapidamente pola contorna. Por estes feitos, foron tramitadas dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución do Carballiño

24, Setembro 2012

A Comisión de Festas e os responsables da orquestra chegaron ao acordo de suspender a actuación este pasado domingo, debido ao temporal de vento e choiva.

As festas da Saleta desenvolvianse atá o domingo cunha gran afluencia de público, que tivo o seu momento álxido na verbena do sábado, non obstante as adeversas condicións meteorolóxicas condicionaron a programación festiva do domingo, cando houbo que suspender a procesión e tamén a actuación da Orquestra Panorama, por moitivos de seguridade.

Tras barallarse varias datas para o vindeiro mes de outubro, finalmente fiixouse a data deste xoves 27 de setembro, para a actuación aplazada o pasado domingo.

23, Setembro 2012

Pachi Vázquez fixo constar este compromiso por escrito nunha declaración que asinou ante os veciños que acudiron a un acto no Irixo.

Neste documento, presentado este pasado sábado no Grupo Escolar do  Irixo,  o candidato á presidencia  da Xunta  manifesta a súa “oposición radical” ao proxecto e a preocupación polas “graves consecuencias que suporía converter este concello no vertedeiro do sur de Galicia”.

Vázquez lembrou no Irixo que o proxecto está paralizado “porque os veciños e veciñas do carballiño, do irixo, e do Deza lles paramos os pes”. Aínda así, lembrou que “o actual goberno do PP non garantiu que non vaia reactivalo tras as eleccións autonómicas”.

Advertiu por tanto que “temos que asegurar o que vai pasar mañá” e por elo garantiu que “se eu teño responsabilidade de gobernar este país, nin no Irixo nin en ningún sitio de Galicia haberá incineradora”.

Comprometeuse por elo por escrito a anular este proxecto nos primeiros cen días de goberno, ademais de a esixir á empresa Estela Eólica, promotora deste proxecto, a presentación de novos proxectos industriais non contaminantes, que permitan crear o mesmo número de empregos, a anular o Plan de Residuos de Galicia “que prima a incineración e os vertedoiros de lixo”.  Vázquez avogou pola contra por aprobar un novo plan que estableza a prioridade da redución, revalorización, reutilización e compostaxe dos residuos sólidos urbanos.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS