
O programa contempla distintas actividades que levarán a cabo nas vindeiras semanas os membros de ASPADISI e que persiguen como obxetivo "a información e concienciación da importancia de manter limpo O Carballiño".
Tratase dun proxecto que toma como marco de referencia o Plan Galego de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia, fomentando o voluntariado entre a poboación xuvenil en risco ou exclusión social, a un tempo que se pretende sensiblizar á veciñanza coas persoas con discapacidade, estimular os valores sociais de participación, solidariedade, igualdade e responsabilidade social, asi como o coidado medioambiental.
"Imos tratar de conseguir un Carballiño maís limpo e saudable, e para elo é moi importante incidir no aspecto da sensiblización, sobre todo entre os máis xóvenes, para manter O Carballiño limpo de cáscaras de pipas, chicles e cabichas, ou os excrementos dos animais" manifestaba o Alcalde Argimiro Marnotes no acto de presentación desta campaña no que tamén estiven presentes os responsables de ASPADISI, asi como os concelleiros de Medio Ambiente e Servizos Sociais.
Ata mediados do vindeiros mes de octubro, os membros de ASPADISI repartirán dipticos, cucuruchos e bolsas, con saidas puntuais ós distintos puntos de recollida do lixo.

As festas patronais do Carballiño 2012 terán unha nova reducción no seu orzamento, o concello rebaixou a súa aportación en 12.000 euros, polo que a subvención municipal quedase nos 33.000 euros.Desta maneira, o orzamento previsto experimentará un novo recorte este ano, deixando o mesmo en practicamente no 50% en relación ao que se viña manexando nos últimos anos.
Os responsables da Asociación que organiza o San Cibrán carballiñés avanzaron que "cos datos dos que dispoñemos e tal como vai a recadación, estimamos que podemos manexar un orzamento arredor dos 60.000 euros, aínda que o mesmo non está pechado, e esperamos que a recadación poida incrementarse nos próximos dias, como xa sucedeu o ano pasado, se fose asi darianos a posiblidade de ampliar o programa festivo, como aconteceu o ano pasado", aclarou José Luis Montesinos, coordenador do grupo organizador.
O Concelleiro de Cultura, Rodrigo González dixo na presentación do programa festivo que "hai que ir cos tempos, si cada vez hai menos aportacións económicas, debemos entender que é necesario ir axustando o presuposto económico, e ademáis O Carballiño é unha vila grande na que non só podemos facer as festas a base de orquestras senón con actividades para todo o público, e sobre todo para o infantil, asi e todo coas posiblidades económicas que temos intentamos ofrecer un programa de calidade, con orquestras, charangas e bandas de música e actividades para todos os públicos e edades", remarcou o concelleiro.
PROGRAMA FESTIVO DO 14 AO 19 DE SETEMBRO
No apartado musical, 7 orquestas -duas os dias 15 e 16 e unha os dias 17,18 e 19- que serán Delirio, Trisquel de Santander, Hollywood, Asia de Gijón, Marimba, Alcazar e Nazaret.
Animarán as rúas e barrios do Carballiño 4 charangas, o Sábado 15 Castro-Bello, o domingo 16 a charanga do Doctor Anchoa, o lúns 17 NBA, e o martes 18 a charanga Lanzallamas.
Ofrecerán pasarúas e concertos as bandas de música, Infantil A Lira de Ribadavia o venres 14, A Lira o sábado 15 -dia de feira-, Banda de Música Municipal de Noia o domingo 16 e Banda-Escola do Carballiño o dia do Patrón, o lúns 17, dia festivo de carácter local
Completan o capítulo musical os gaiteiros Orcellón do Carballiño, e un Concerto Rock de grupos locais o venres 14 na Praza Irmáns Prieto.
AS SESIÓNS DE FOGO ARTÍSTICO TRASLADANSE A ZONA DE TOSCAÑA
Os responsables da organización das festas xustificaron o cámbeo de emplazamento das sesións de fogo "porque asi o esixe a normativa europea", o que motiva o traslado desde a Alameda -onde se viñan lanzando nos últimos anos- ata o paseo fluvial do río Arenteiro, nas inmediacións da ponte de Toscaña. A Pirotecnia Abad ofrecerá o seu espectáculo o domingo 16 e "La Gallega" farao o dia 17.
As festas carballiñesas terán unha programación infantil diaria, e outras actividades tradicionais como o Concurso de Gando da Raza Rubia Galega, a Feira de Artesanía da "Pepa Loba" no barrrio de Flores -entre os dias 14 e 16- ou a clásica tirada de "Chave" na explanada do parque municipal.
No incio das festas, o venres 14, faráse o pregón, aínda que na presentación dos festexos aínda non se revelou quen será o pregoneiro ou pregoneira deste ano. A tradicional romaría da Saleta despedirá as festas o mércores 19, esa xornada celebraráse ademáis o "dia do neno" cun desconto especial nas atraccións festivas.

Pachi Vázquez será proclamado este vindeiro sábado como o candidato do PSOE á Presidencia da Xunta cara as eleccións galegas do 21-O, e os socialistas locais celebrano prometendo "traballo arreo de todas as agrupacións locais".
O adianto electoral deixou en suspenso o proceso de primarias entre os socialistas galegos e facilitou ao Ex-Alcalde do Carballiño a súa candidatura.
O Secretario da Agrupación Local do PSdG-PSOE e portavoz municipal, Paco Fumega, manifestou que "desde o punto de vista comarcal é unha boa oportunidade para a comarca, e mesmo desde o punto de vista egoísta, que o presidente da Xunta fose un veciño do Carballiño, porque o demostrou con creces cando foi conselleiro, con esas invesións millonarias en Maside, Piñor, O Irixo, San Amaro, Boborás e no propio Carballiño".
Fumega anunciou que "desde as agrupacións locais imos traballar arreo para que a partir do 21 de octubro teñamos un goberno que nos defensa deses ataques brutais contra unhas conquistas sociais que nos levaron moito tempo e moitos sufrimentos conquerir".
OS SOCIALISTAS DEMANDAN DA XUNTA UNHA POSTURA CLARA SOBRE A INCINERADORA
A referencia de Paco Fumega á convotaria electoral coincidíu coa comparecencia dos socialistas da comarca na que esixiron "unha postura clara de rexeitamento da incineradora" por parte da Xunta de Galicia.
Os socialistas demandan da administracción autonómica que de forma expresa "se rexeite a ubicación da incineradora na nosa comarca", dixo Fumega, que tamén se referíu na súa intervención ao Alcalde do Carballiño "que mantén unha postura similar á da Xunta, si, non, non sei, xa veréi", remarcou o portavoz socialista no concello carballiñés.
Un solitario gol no minuto 38 de partido derrotou ao Arenteiro no regreso dos carballiñeses á preferente no encontro xogado no campo do Baltar de Arriba ante o equipo local do Xuventude Sanxenxo.
C.D. Arenteiro: Macia, Tazos, Carlos Escudero, Xurxo, Pana, Iago, Gabriel, Cancelas, Prada, David Soares e Iglesias. No descanso entraron no terreo de xogo Roberto Dacosta e Javi López en sustitución de Gabriel e Prada., E no trasncurso da segunda parte Dabarca e Bardelás sustituiron a Tazos e Cancelas, respectivamente.
Comentario: típico encontro de inicio de tempada no que se notou que tanto Sanxenxo como Arenteiro están en fase de adaptación á categoria, cunha primeira parte máis nivelada e un segundo periodo dominado polo Arenteiro, con boas triangulacións entre Dacosta, Soares e López, pero sen que o empuxe carballiñés obtivese recompensa.
Os carballiñeses abren este domingo a competición de liga en Sanxenxo, no campo do Baltar de Arriba.
Dacosta poderá contar para este partido coa practica totalidade dos xogadores da plantilla, salvo Tacón, que se incorporará ao grupo no vindeiro mes de setembro.
Polo tanto, volven á convocatoria Marcos Sotelo e Roberto Dacosta, que non estiveron no partido de copa, e cos que xa poderá contar o adestrador para este primeiro partido de liga.
O equipo viaxa a Sanxenxo coa idea de sorprender ao equipo que ven de desceder da 3ª división, o Xuventú de Sanxenxo, unha das incognitas neste inicio de liga.
O deportista paralímpico carballiñés é un dos 13 seleccionados pola Federación Española de Deportes Paralímpicos para representar a España na competición de Boccia.
José Manuel Prado Prado convirtese asi no primeiro deportista carballiñés da historia en participar nunhos xogos paralímpicos, o seu debut en Londres 2012 será o domingo 2 de setembro na competición por equipos, e o dia 5 de setembro na competición individual, asi que o paralímpico carballiñés terá unha doble oportunidade de optar a medalla.
Antes de viaxar a Madrid, onde se incorpora á delegación española, José Manuel Prado agradeceu en COPE O Carballiño o apoio "do Carballiño durante todo este tempo, no concello permitironme adestrar no pavillón de deportes, O Carballiño sempre se portou moi ben conmigo e lévome a Londres unha bandeira na que moitos amigos escribiron e asinaron as súas frases de dádome ánimos".
O Concello do Carballiño recoñeceu na última edición da Gala do Deporte Carballiñés a José Manuel Prado como "o mellor deportista do ano".
As previsións feitas polo conselleiro na súa visita ao futuro Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa apuntan ao primeiro trimistre de 2013 para a inaguración da nova infraestructura cultural, na que a administracción investíu 9,6 millóns de euros.
Tras visitar o edficio que albergará o museo, o Conselleiro reuniuse co Alcalde de San Amaro, Ernesto Péréz, ao obxeto de ultimar o convenio para a xestión e explotación das instalacións, sitas na parroquia de San Cibrán de Lás.
Tal e como explicou o conselleiro de cultura, esta mesma semana publicarase no Diario Oficial de Galicia a licitación das obras de urbanización, por un importe de preto de 299.000 euros. Ademais, xa se teñen contratado, os traballos de soterramento da liña eléctrica, por un importe de 58.000 euros. Por outra parte, o conselleiro sinalou xa está a en marcha o concurso público de dotación de mobiliario do Centro de Interpretación do parque, ao que a Consellería destina máis de 79.000 euros, e cuxa adxudicación está prevista para o mes de setembro.
Deste xeito, Vázquez Abad salientou o traballo realizado pola Consellería de Cultura e Educación na recuperación do valor do xacemento arqueolóxico de San Cibrao de Lás, dentro do programa de actuacións vinculadas á Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico e do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrao de Lás. Neste sentido, Vázquez Abad lembrou que, asemade, o departamento de Cultura da Xunta de Galicia asinou en 2010 convenios de colaboración cos concellos de San Amaro e Punxín que contempla diferentes actuacións de limpeza e mantemento do xacemento, por un importe total de 110.000 euros. En total a Xunta de Galicia ten investido máis de 9,6 millóns de euros no acondicionamento e posta en valor deste xacemento desde o ano 2004.
O xacemento castrexo de ‘A Cidade de San Cibrao de Lás’ é o eixo que vertebra o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, unha das grandes infraestruturas culturais previstas na Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico, e que se completa co Centro de Interpretación. Con máis de 3.000 metros construídos este centro albergará unha exposición estable sobre a Cultura Castrexa, a realización de exposicións temporais, aulas didácticas e diversos servizos para os visitantes. Asemade, conta con espazos para o traballo dos arqueólogos e zonas de investigación e documentación.
O xacemento de San Cibrao de Lás é un dos castros escavados mellor coñecidos, con maior monumentalidade e de maior extensión da Comunidade Autónoma. O seu perímetro amurallado e a conformación interna das estruturas de habitación permiten ao visitante unha boa compresión dunha parte significativa da Cultura Castrexa. O Centro de Interpretación posibilitará o coñecemento da cultura castrexa, fortemente influenciada neste caso pola romanización.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe o Mosteiro de Santa María A Real de Oseira, co obxectivo de comprobar os traballos de rehabilitación , nos que a Consellería investiu máis de 189.000 euros.
Estas obras son a terceira fase das que vén promovendo a Consellería de Cultura co obxecto de renovar o tellado do Claustro dos Cabaleiros do mosteiro, dando continuidade ás que anteriormente xa se executou nas alas sur e oeste. En total, desde 2005 a Xunta de Galicia ten investido máis de 590.000 euros nestas tres fases. O obxectivo é mellorar o estado de conservación deste espazo singular do cenobio para que a comunidade cisterciense poida recuperalo no seu día para un uso acaído.
Acompañado por membros da comunidade cisterciense do mosteiro, e os representates da Xunta na provincia, Vázquez Abad percorreu os espazos obxecto da mellora. Durante a súa visita, o conselleiro salientou o esforzo que este tipo de traballos supoñen no actual contexto económico, “e que dá conta do compromiso do actual Goberno galego coa conservación do noso patrimonio cultural”.
Tal e como explicou o conselleiro, “estes traballos permitiron deixar nas mellores condicións un dos principais espazos do mosteiro, o Claustro dos Cabaleiros, porta de chegada desde o século XVIII para todos quen chegaban en cabalería”. Situado tras a fachada principal, o claustro presenta unha mesurada composición de arcos de medio punto e fiestras rectas. Na súa planta baixa, ao redor do patio, dispoñíanse as cortes para os cabalos. Este espazo comunícase, ademais con tres salas abovedadas do século XIII que constitúen os únicos restos do mosteiro medieval.
A súa ala norte, obxecto das obras hoxe visitadas polo conselleiro de Cultura e Educación, acolle a zona de entrada ao Mosteiro, con tres plantas, nas que na baixa se atopan os espazos de recepción e salas de visitas. Nas superiores, sen uso na actualidade, situábanse os aposentos do abade e as salas representativas, e na de máis arriba atopábanse os antigos dormitorios dos monxes.
Coas obras de conservación das cubertas da ala norte do Claustro dos Cabaleiros realizáronse, ademais, traballos de reposición dos aleiros da fachada sur da igrexa románica do século XIII, un dos referentes da arte do Císter na Península Ibérica.
A XXIII Festa da Vendima, que se celebra este vindeiro domingo dia 26 de agosto, non terá o xantar oficial que organizaba cada ano o concello de Leiro no Parque do Salgueiral.
"Non é ético este tipo de gastos no contexto económico actúal" comentaron a esta emisora de radio os responsables da organización festiva que nos últimos anos invitaba a autoridades e representantes institucionais e de diversos organismos que acudían a Leiro, tamén se invitaba desde o concello aos coralistas que participaban no "Festival de Polifonía A Vendima no Ribeiro". O concello de Leiro decidíu suprimir este tipo de invitacións e renunciar a organización do xantar institucional.
Non obstante, os que se acheguen ata Leiro con motivo da festa da vendima poderán xantar un menú variado nos restaurantes ambulantes que se instalarán no parque do Salgueiral.
CONCURSO DE CARROZAS E GRAN DESFILE ÁS 12,30 HORAS
A organización mantén na programación a actividade estrela desta convocatoria festiva, o "Gran Desfile de Carrozas e Charangas" que desde as 12,30 da mañá percorrerá a rúa Gabino Bugallal de Leiro. Os organizadores esperan que se manteña o gran nivel de participación popular do ano pasdo, no que se establecera un novo record de participación neste concurso-desfile de carrozas que cada ano convoca a numeroso público.
Antes, as 12 de mediodia a Secretaria de Estado de Sanidade, Pilar Farjas, será a pregoneira da festa na Praza do Cruceiro. Un concurso de acios, un mercado artesanal e xogos populares completan a programación de actividades nesta Festa da Vendima 2012.
Quen vexa o marcador e non vise o partido pudera pensar que foi fácil para o Arenteiro, nada máis lonxe da realidade. O equipo da 1ª autonómica vendeu cara a súa derrota e ata os últimos minutos de partido o Arenteiro non pudo resolver a eliminatoria.
Non obstante, o partido logo se puxo de cara para os carballiñeses que ainda nos primeiros compases da contenda se adiantaban no marcador ao cabecear Iglesias un centro de Cancelas. E pouco máis munha primeira parte na que A Peroxa xa avisou a balón parado enviando un balón á cruceta.
No segundo periodo e cando parecía que a calor e o suposto mellor físico do Arenteiro pasaría factura aos locais e daría ventaxa ao Arenteiro, chegou a reacción da Peroxa que tivo o seu premio mediada esta segunda parte nun trallazo dun xogador local desde o borde da área que se cola por toda a escadra da meta de Macía. O gol espoleou á Peroxa que ata tivo un par de aproximacións á portería do Arenteiro nas que incluso pudo dar a volta ao marcador. Igual que na primeira parte, os carballiñeses cometeron varios erros na defensa.
Apenas a cinco minutos do final e cando parecía que a eliminatoria se ía decidir por penaltis, chegou unha xogada personal de Prada que puxo un balón de ouro a David Soares e o dianteiro carballiñés resolvia con solvencia de tiro cruzado. Co 1-2 no marcador os xogadores locais reclamaron con insistencia un penalti na área do Arenteiro. Xa no tempo de desconto, Prada fixo o terceiro e derradeiro gol dos carballiñeses. Acaso demasiádo premio para o Arenteiro polo visto esta tarde.
C.D. Arenteiro: Macia, Tazos, Xurxo, Dabarca, Pana, Gabriel, Iago, Cancelas, Prada, David Soares e Iglesias. Na 2ª parte tamén xogaron Javi López, Bardelás e Carlos Escudero, que sustituiron a Cancelas, Gabriel e Dabarca.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 676
- 677
- 678
- 679
- 680
- 681
- 682
- 683
- 684
- …
- seguinte ›
- última »