19, Agosto 2012

Asi o confirmou a Concelleira de Industria, Emprego e Promoción Económica do concello carballiñés, Teresa Cerdeira, que tramitou a solicitude ante a Consellería de Economia e Industria.

A subvención destinaráse a instalación de iluminación nunha zona do parque empresarial que aínda carece desta infraestructura nun dos viais e presenta deficiencias noutros.

 A Concelleira mostrou en COPE O Carballiño a súa satisfacción pola consecución desta achega económica que permitirá ao concello do Carballiño atender "unha petición dos empresarios, que levaban máis de 3 anos con esta demanda, pretendemos mellorar o nivel das infraestructuras e conseguir un parque empresarial máis competitivo, e tamén outro obxetivo, mellorar a seguridade", subliñou.

 

19, Agosto 2012

A Agrupación local do PSdG-PSOE volve chamar a atención sobre a xestión que o goberno municipal do Partido Popular fai das instalacións do camping e do parque etnográfico do riío Arenteiro.

"En pleno mes de Agosto e resto da tempada estival resulta lamentable ver como a Concellería de Turismo está a abandonar a xestión do cámping municipal e o Parque Etnográfico. Nesta época do ano, onde a xente acostuma a achegarse ata este entorno, é incomprensible como as instalacións do Parque Etnográfico se atopan pechadas en estado de absoluto abandono", subliñan.

 Ademáis,  -afirman desde o grupo socialista "resulta inquietante ver que o Cámping Municipal non está a ser promocionado e carece da atención suficiente para un servicio destas características, o que desemboca nas continuas queixas dos escasos usuarios que se instalan neste espacio. Resulta frustrante ver baleiras as parcelas do cámping logo do éxito acadado hai dous anos resultado do esforzo do equipo de xestión en mantenimiento do lugar".

Manifestan tamén que  "despido do técnico xerente, e a falla de atención por parte da Concellería de Turismo obrigan a esta agrupación local a denunciar o pésimo traballo ou nulo que se está a realizar pola responsable desta área e o do propio alcalde, quen nunca apostou pola continuidade de moitos anos de traballo e do esforzo de moita xente que traballou para facer realidade a área con maior atractivo medioambiental, etnográfico e turístico do Carballliño". 

Finalmente, poñen de manifesto que "dende a agrupación local do PsdeG-PSOE esiximos do alcalde do Carballiño que poña a atención necesaria para resucitar este espacio turístico, comezando polo seu manteñemento ata a apertura do Parque Etnográfico e a súa promoción, así como revitalizar e pór en funcionamento eficaz o cámping municipal. Todo  iso está a dar unha imaxe moi negativa do Carballiño que é necesaria erradicar".

17, Agosto 2012

Entenden que as informacións aparecidas nos medios de comunicación son "a todas luces contradictorias e confusas" polo que demandan "un exercicio de responsabilidade e se fale de forma clara neste asunto".

As 3 Plataformas constituídas para opoñerse á instalación da planta incineradora remitiron un escrito dirixido ao Presidente da Xunta e ó Conselleiro de Medio Ambiente no que lle piden "unha comunicación oficial do seu posicionamento ao respecto  e sen ambigüidades nin medias tintas e aclare dunha vez por todas se seguen adiante ou non coa idea de instalar a planta incineradora de residuos no Irixo".

Recordan, ademáis, que desde o pasado mes de decembro de 2011 cando se anunciou este proxecto por parte do Conselleiro de Medio Ambiente "a falta de transparencia foi a tónica dominante" e quedou sobradamente de manifesto como "as movilizacións populares do Irixo, O Carballiño e Lalín denotaron ás claras que a preocupación é máxima e que a xente non está disposta a admitir que se xogue co noso futuro", subliñan.

16, Agosto 2012

A baixa de Kennedy, que deixou a disciplina do C.D. Arenteiro por decisión do propio club, será cuberta por Javi López, un xogador que chega O Carballiño despois de militar a tempada pasada no equipo de As Pontes, da 3ª división.

Trátase dun interior esquerdo polivalente, de 26 anos, que con anterioridade xogara no Cidade de Santiago e no C.D. Lalín, e que ata fai unhos dias estaba na órbita do C.D. Ourense, aínda que finalmente as xestións feitas polo Presidente José Antonio Cadavid, fixeron que o xogador dezano se decidira polo Arenteiro. Esta mesma semana incorporase aos adestramentos ás órdes de Dacosta.

O PARTIDO DE COPA NA PEROXA O DOMINGO 19 ÁS 17,30 HORAS

Este pasado mércores dia 15 os carballiñeses desputaban o quinto partido de pretempada en Nogueira de Ramuín, derrotando ao equipo local por 1-3, con dous goles de Cancelas e ún de Iglesias.

O domingo dia 19 de agosto xogaráse o partido de COPA DEPUTACIÓN, eliminatoria a partido único, no campo do Marco ante o equipo local, A PEROXA F.C., a partir das cinco e media da tarde.

15, Agosto 2012

Alfredo Cruz, o Ex-Alcalde Socialista de Punxín, manifestou nesta emisora de radio que comparte o malestar veciñal porque a situación que está vivindose neste municipio pola auga "é de cárcere".

Referíase concretamente á problemática que afecta á localidade de Ourantes onde -según o Ex-Alcalde- a auga do abastecemento non reúne as condicións de salubridade necesarias para o consumo humano " temos un problema moi serio co arsénico na auga, esto é moi grave, temos analíticas que demostran que houbo atá un 23% de arsénico, o Alcalde tiña que ter informado aos veciños con bandos, e non se fixo nada, esto é de cárcere, outros por menos están inhabilitados", afirmou Alfredo Cruz.

O Ex- Alcalde está, ademáis, moi molesto coa actitude do actúal rexedor municipal do Partido Popular, por culpabilizalo do incremento nos recibos da auga, xa que o socialista foi o que  asinou en 2007 o contrato con Aquagest para a xestión do servizo municipal de auga no municipio de Punxín.

Alfredo Cruz declarou en COPE O Carballiño que "cando nos chegamos ao concello non chegaban 40 mil euros ao ano para mantemento e averias, era algo descomunal, aquelo era unha auténtica desfeita, e pensamos que con Aquagest podiase solucionar todo aquél problema". O Ex-Alcalde explicou que foi daquéla cando "pedimos un informe xuridico á Deputación porque Punxín non ten valor xurídico por ter menos de mil habitantes, por eso foi a Deputación quen fixo o estudio do contrato que asianos con Aquagest, e aquél informe foi favorable", remarcou.

"Despois a partir do 2009 e 2010 empezamos a acusar a crise, e no 2011 antes de deixar nós o concello xa lle comunicamos a Aquagest que tiñamos un problema pola rebaixa nas aportacións do Estado e da Xunta, e que tiñamos que revisar o prego de condicións, que é revisable cada 2 anos, e xa daquéla lle dixemos que había que revisalo e que ademáis non lle ibamos aprobar os incrementos que propoñían", manifestou Alfredo Cruz.

Finalmente, o ex-rexedor socialista recordou como despois de perder as eleccións "e quero recordar que por 8 votos, no primeiro pleno que se celebrou o primeiro que fixo o novo Alcalde foi aprobarlle todo a Aquuagest, e deso nos non podemos ser responsables".

12, Agosto 2012

Duas victorias, ante Coruxo F.C. e Valenzá, e dúas derrotas, as colleitadas ante Barbadás e C.D. Ourense, é o balance do C.D. Arenteiro nesta pretempada.

O primeiro partido ante a U.D. Barbadás saldouse cunha derrota por 0-1, nun partido cos dous equipos aínda pouco rodados e no que o Arenteiro deu a cara ante o recén ascendido á 3ª división. Neste partido a nota negativa foi a lesión do porteiro local e nova fichaxe do Arenteiro, Macia.

No único dos catro partidos que se desputou fora de Espiñedo, ante a Valenzá de 1ª autonómica, os carballiñeses golearon por 0-6, nun partido no que os carballiñeses foron netamente superiores, como indica o marcador.

Ante o C.D. Ourense, outravolta en Espiñedo, os carballiñéses xogaron unha moi interesante primeira parte na que se foron o descanso con empate a ún tanto no marcador, tras adiantarse o C.D. Ourense, David Soares empataba para os carballiñeses. Xa na reanudación,  e con moitos cámbeos en ambos bandos, o equipo de segunda B marcou outros dous goles para deixar o tanteo final de 1-3. O Arenteiro xogou un bó primeiro tempo ante o empuxe ourensanista.

A sorpresa chegou o dia da festa do pulpo, no que o Arenteiro logrou impoñerse por 1-0 a o outro equipo galego da segunda B, o Coruxo de Vigo. Foi suficiente un solitario gol conseguido maxistralmente por David Soares, tras unha xogada persoal. Durante toda a primeira parte os carballiñeses mantiveron a raia ao equipo vigués. Na reanudación, tras ir dando Dacosta entrada no equipo a varios xuvenís o partido desequiliboruse e o Coruxo pasou a dominar claramente, aínda que non conseguíu materializar. Incluso o porteiro local Pachi se permitíu o luxo de desviar o balón nun penalti.

 

12, Agosto 2012

A Festa do Polbo do ano 2013 estará dedicada a Vigo, asi o anunciou minutos antes de dar incio o xantar deste ano o Alcalde Argimiro Marnotes "esta é a nosa idea e estámolo cumplindo, dar a coñecer todos os anos a quen se lle vai dedicar a festa o ano seguinte".

"Dedicarlle a festa a Vigo é un acto de xustiza, despois de terlle dedicado outros anos a festa a outras cidades galegas, de todos é coñecida a gran interrelación de Ourense e O Carballiño con Vigo, aquí mesmo temos hoxe a moitos vigueses gozando da nosa festa do pulpo", manifestou o alcalde carballiñés.

A decisión do Concello do Carballliño, gobernado polo Partido Popular, de dedicarlle á festa a un municipio gobernado polos socialistas, suscitou múltiples comentarios conforme se ía coñecendo a noticia. Non obstante, o propio Alcalde de Vigo, Abel Caballero, que acudiu ao xantar no recinto oficial remarcou que "a cooperación institucional debe estar por enriba independientemente das pertencias políticas, somos alcaldes de 2 concellos que quermos o mellor para os nosos municipios e o ano que ven brindarémos por Vigo e O Carballiño, estarémos encantados de estar aquí, agora temos un ano por diante para traballar e preparar a festa do ano que ven", dixo.

A presenza de Caballero non pasou desapercebida e concitou moitas miradas entre as mesas máis próximas a onde sentou a xantar o rexedor vigués. A máis próxima desas mesas estaba precisamente ocupada polo grupo municipal socialista do Carballiño, ningún dos seus integrantes se achegou ata Caballero para saúdalo. Ao final, cando Caballero xa se dispoñía a abondonar o recinto, o Alcalde do Carballiño acompañouno atá a mesa onde estaban os integrantes do grupo muncicipal socialista, e daquéla tivo lugar ese saúdo protocolario.

 

12, Agosto 2012

Outro ano máis a Festa do Pulpo volveu demostrar o seu gran poder de convocatoria ao atraer a miles de visitantes ata O Carballiño, 80.000 persoas -según os datos facilitados desde o Concello- deronse cita este fin de semana, tanto no casco urbano como no parque municipal, ónde a hora do xantar era misión imposible encontrar unha mesa dispoñible entre os restaurantes ambulantes que se intalaron na zona central do parque carballiñés.

Mesas de familia, de amigos ou peñas repartidas por todo o parque prolongaron a festa ata ben entrada a tarde, e no recinto do concello a sobremesa tamén se alongou por máis tempo en relación a outros anos, acaso debido a expléndida meteoroloxía, apenas 24 graos, ideal para a celebración, sen a excesiva calor doutros anos.

Na recepción institucional feita baixo carpa na explanada da entrada principal do parque homenaxeouse aos polbeiros e polbeiras de Arcos, a quen se lle dedicou esta 50 edición da festa, personalizandose ese recoñecemento na "Morocha", unha das máis veterenas pulpeiras de Arcos, que aos seus 89 anos dixo "que xa era hora de xubilarse e deixar paso aos máis xóvenes". O Alcalde do Carballiño fíxolle entrega dun agasallo conmemorativo, consistente nunha pintura de Juan Valcárcel alegórica da feira. Tamén recibiron esta obra o resto dos representantes institucionais, entre eles a Secretaria Xeral de Turismo, Carmen Pardo, que recordou como "por fin esta festa xa está desde este ano declarada de interés turístico nacional".

O Alcalde Argimiro Marnotes, comezou a súa internvención dirixindose a un grupo dunhas 150 persoas que se manifestaban contra a instalación da incineradora, "boas tardes a todos e boas tarde á xente do Irixo, esperamos que moi pronto teñamos noticias e que esas noticias sexan as que todos esperamos", as palabras de Marnotes foron recibidas con aplausos por parte dos manifestantes, que en todo momento gardaron silencio e levaron a cabo unha protesta "respetuosa coa festa", como indicaron.

10, Agosto 2012

As  Plataformas contrarias á incineradora no Irixo decidiron aproveitar a afluencia de público á festa do pulpo que se celebra este domingo para convocar unha manifestación "silenciosa".

O punto de encontro será a Casa da Cultura do Carballiño, ás 12 do mediodia do domingo "para lembrar aos veciños a vixencia deste problema, e aos representantes dos diferentes Partidos Políticos a firme oposición das Comarcas do Carballiño e O Deza a este atentado, en forma de toneladas de lixo, ao que nos pretende someter a Xunta de Galicia", afirman.

As Plataformas Inceneradora Non do Carballiño, a Coordenadora Veciñal do Irixo e Incineradora no Deza Non invitan a toda a cidadanía "a acudir de forma educada e respetuosa coa festa, para facer oír a voz da protesta en data tan sinalada".

9, Agosto 2012

O Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, visitou  o concello  de Leiro para inaugurar a súa casa consistorial, que vén de ser remodelada. O conselleiro estivo acompañado durante a súa visita polo delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, o rexedor da localidade, Francisco José Fernández, e o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández.

O Casa do Concello de Leiro recibiu unha subvención da Dirección Xeral de Administración Local pola que se lle achegaron 73.000 euros destinados a súa reforma e acondicionamento. As obras centráronse fundamentalmente na mellora da accesibilidade ao edificio e na ampliación do Salón de Plenos, cuxo espazo resultaba insuficiente.

Rueda manifestou ocompromiso da Xunta cos pequenos concellos, como é o caso de Leiro -cuns 1.800 veciños-, así como "co reequilibrio territorial e cos concellos de menor tamaño; a través de medidas como o Fondo de Compensación Ambiental, que permitiu a moitos destes concellos contar cuns ingresos extras moi necesarios", manifestou..

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS