9, Setembro 2012

O Arousa S.C. impuxose por 3-1 ao C.D. Arenteiro no partido xogado no campo municipal da Lomba de Vilagarcia, tras intensos 90 minutos de futbol por ambos equipos, con tres goles locais que chegaron noutros tantos desaxustes defensivos dos carballiñeses, que maquillaron o marcador cun gol de penalti transformado por Dabarca.

C.D. Arenteiro: Macía, Tazos, Xurxo, Dabarca, Pana  (Carlos Escudero, m. 61), Iago, Roberto Dacosta, Bardelás, Cancelas ( Marcos Sotelo, m. 45), David Soares e Javi López.

Goles:

1--0 : minuto 3, centro desde a esquerda, a defensa do Arenteiro non se entende, e deixa que Hugo remate de cabeza.

2-0  : minuto 50, outro despiste defensivo dos carballiñeses, aproveitao novamente Hugo  libre de marca ao borde da área pequena para marcar o segundo do Arousa.

2-1 : minuto 65, penalti sobre David Soares. A pena máxima é transformada por Dabarca.

3-1 : mintuo 78, Ramón Caamaño, libre de marca, cruza o balón inalcanzable para Macía.

Comentario: Unha magoa os erros do Arenteiro en defensa, porque se non fose asi, o partido probablemente rematase cun marcador máis equilibrado. De feito, na primeira parte, Javi López e David Soares a punto estiveron de marcar, e xa no segundo periodo, có 2-1 no marcador, o Arenteiro pudo empatar o partido nun balón medido de Dacosta á cabeza de Soares, que éste desperdiciou. Asi e todo, o Arousa xogou cunha velocidade máis e foi xusto vencedor do encontro, ainda que o Arenteiro tivo as súas opcións para traerse polo menos un punto da súa visita a Vilagarcia.

ARENTEIRO - RIBADUMIA, O DOMINGO 16 ÁS 6 DA TARDE

En plena celebración das festas do Setembro, os carballiñeses reciben en Espiñedo ao potente Ribadumia, según todas as quinielas ún dos máximos favoritos este ano a acadar o ascenso á terceira división. O equipo do Salnés presentaráse en Espiñedo con xogadores da talla de Luis Alberto, Rubén ou Fran Castaño, sen esquecer ao seu central Sergio Portela, outra das figuras do equipo.

O Arenteiro recupera para este partido a Gabriel, Iglesias, Prada e Cristián, e sen novidades no resto do plantel, polo tanto Dacosta poderá presentar o mellor once posible.

ARRANCA A COMPETICION NA LIGA GALEGA XUVENIL E INFANTIL.

Na categoria xuvenil, o equipo da E.M.F. Arenteiro recibe ao Vilalonga, o sábado 15 ás 6 na Uceira.  Antes, as 12 do mediodia, na liga infantil debuta o conxunto da E.M.F. Arenteiro ante o Ribeiro, tamén no campo da Uceira.

 

7, Setembro 2012

Socialistas e nacionalistas fixeron balance de lexislatura autonómica en clave comarcal. O BNG desplazou ata O Carballiño aos deputados Alfredo Suárez e Tareixa Paz, e os socialistas difundiron un comunicado de prensa.

O BNG considera que "Feijóo só se acordou da comarca para traer a incineradora"

Para os nacionalistas do BNG "o balance da lexislatura no ámbito da economia productiva é demoledor" e como consecuencia desa política do goberno do Partido Popular "está a situación dramática que representa o aumento do número de persoas desempregadas, O Carballiño foi no segundo trimestre deste ano a comarca na que máis se incrementou o número de persoas desempregadas, e no último ano incrementouse en 500 as persoas desempregadas, o que representa o 30% en relación a súa poboación activa", asegurou a deputada Tareixa Paz.

O desolador panorama comarcal que describiron os nacioanalistas fan "que a única perspectiva de futuro, sobre todo para os máis xóvenes, sexa a sangria da emigración, algo que xa ven sendo habitual no Carballiño". 

Como exemplos máis negativos dos efectos do goberno de Feijóo na comarca carballiñesa están "as políticas no sector primario, que foron nefastas, como podemos ver coas explotacións de carne de vacún que aínda existen na comarca, e que están en situación crítica, ou o momento polo que atravesa a o pequeno comercio local, que coas últimas medidas do goberno de Rajoy, foi practicamente a estocada final", subliñaron os deputados do Bloque Nacionalista Galego, que compareceron na sede local acompañados pola concelleira Aúrea Francisco e membros do consello local da formación nacionalista.

A Agrupación Comarcal do PSdG-PSOE afirma que "a comarca tocou fondo baixo o mandato de Feijóo"

Tamén os socialistas inciden nas "taxas de desemprego máis altas da súa historia" e fan especial fincapé "nos 3 anos de nulas inversións, e coa paralización de anteriores proxectos".

Desde a Agrupación Socialista falan de "castigo e escarmento particular" á comarca do Carballiño e apuntan incluso entre as motivacións "as desavenencias e falta de relacións entre os rexidores do Partido Popular e o propio Feijóo, que non fixeron máis que empeorar os problemas que sufre a nosa poboación".

Como exemplos do "castigo" de Feijóo á comarca do Carballiño poñen os socialistas  "o peche da Fundación Comarcal, o Instituto Termal, a suspensión da ampliación da residencia do Cornuval, o centro de interpretación castrexa de San Cibrán de Lás, a promesa incumplida de instalación dunha gran empresa no parque empresarial do Carballiño e outra en Cea, a construcción dun centro sanitario no Carballiño que quedou en nada, o peche de centros educativos, o abandono da residencia de tempo libre ou a inoperancia do plan Agader", relatan.

 

 

6, Setembro 2012

Dunha parte, o pleno da corporación carballiñesa, e doutra o consello da Xunta, aprobaban de forma practicamente simultánea o convenio entre ambas administraccións para realizar as obras da praza da Veracruz.

O acordo da continuidade ás obrigas asumidas polo executivo autonómico no convenio asinado en 2006 e actualiza e regula o marco xurídico-administrativo, unha vez que o proxecto inicialmente previsto foi obxeto dunha reforma, tras ser paralizado o mesmo pola alta contestación social que suscitou entre a poboación carballiñesa.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraesctruturas, ten orzamentado un importe para a execución das obras que ascende a 1,2 millóns de euros, dos que algo máis de 775.000 xa están executados. A cantidade restante, algo máis de 430.000 euros, están contemplados nos orzamentos de 2012.

Este novo convenio  regula as bases de colaboración e cooperación técnica e económica, entre Xunta e Concello, en substitución do acordo asinado o 11 de setembro de 2006, que finalizou na súa vixencia o 31 de decembro de 2011.

Ambas partes comprometense ao inminente reinicio das obras, que teñen como obxetivo a urbanización neste espazo que rodea ao templo da Veracruz..

4, Setembro 2012

O Candidato dos socialistas á Presidencia da Xunta elixíu O Carballiño "como non podía ser doutro xeito para o primeiro acto serio que fago nesta campaña", subliñou Pachi Vázquez.

Nun dos salóns do Aparthotel Arenteiro, acompañado de varios membros das agrupacións locais da comarca, o ex-alcalde do Carballiño comezou a súa intervención proclamando que "teño a Galicia na cabeza pero O Carballiño no corazón, donde realmente empezei e temos que empezar por aquí, por eso vamos traballar coa xente toda do Carballiño, e queremos traballar con alguén máis que coa xente do partido, traballar cos cidadáns, ésta vai ser a nosa campaña, para chegar a todas e cada unha das esquinas da comarca", enfatizou.

Vazquez anunciou unha campaña de proximidade "casa a casa, sen que quede un solo colectivo, social, cultural, deportivo, empresarial, de discapacidade, ó que non lle vaiamos pedir o seu apoio para cambear a dirección desta crise".

"Singularmente no Carballiño quero facer un chamamento especial a 3 sectores que necesitamos para poñer de novo en marcha un modelo distinto fronte a un Partido Popular que cada vez máis o único que fai é máis paro e máis recesión, nos vamos a parar esto", manifestou o candidato socialista, referindose expresamante a eses 3 sectores "os xóvenes, vamos apostar pola política de emprego, maiores, non pode ser que o Partido Popular queira cargarlle a crise ós nosos maiores, un pensionista que cobra 400 euros non pode pagar os medicamentos, que os pensionistas do Carballiño sepan que se nós ganamos a Xunta nos 100 primeiros dias de goberno suspenderémos o decreto de copago, e finalmente, ás mulleres, a dereita está poñendo en marcha unha política que bota á muller do mundo do traballo, a dereita  sempre quixo a muller na casa traballando sen cobrar", subliñou.

O líder dos PSdG-PSOE á presidencia da Xunta nestas vindeiras eleccións manifestou "o compromiso có Carballiño e a Comarca, o que vai siñificar se acadamos os nosos obxetivos, non vamos a insultar a Feijóo nin a pelearnos có PP, senón pedirllle axuda á xente para cambear este país, e eu podo decirlle á toda a xente do Carballiño que dimos mostras cando gobernamos o concello e na Xunta que sempre atendimos todas as reivindicacións, autovia, depuradoras, carreteras, parque municipal, locales sociales, sempre nos volcamos có Carballiño, imaxínádevos agora o que nos pode tocar a todos", sentenciou o candidato socialista.

 

 

3, Setembro 2012

A proposta do Alcalde de Boborás será remitida á Xunta de Galicia "xa que os concellos non temos competencias para facélo", manifestou Caamaño.

O rexedor municipal sorprendeu o pleno da Corporación con esta proposta cando se acordaban os dous festivos locais do concello de Boborás para o ano 2013, que serán o 13 de Xuño -festividade de San Antón- e o 19 de Setembro, dia da romaría da Saleta. Caamaño manifestou entón que "tomamos este acordo porque temos que fixar os dous festivos no calendario laboral, pero tiña que ser a Xunta quen estudiase suprimir os festivos de ámbito local, porque non teñen ningún sentido de ser, aínda máis agora que se fala de suprimir festivos de carácter nacional, que están moito máis arraigados".

O concelleiro de MOVE Boborás, José Benito González Trigás, propuxo -sen éxito- que se conservase como festivo o dia de San Antón e que se rotase o segundo festivo local, cada ano coincidindo coa festa de unha das parroquias do municipio. Trigás ironizou coa proposta de Caamaño "é curioso que propoña suprimir os festivos un home que ten 15 dias de descanso laboral polo seu convenio e antigüidade", dixo o concelleiro en COPE O Carballiño.

3, Setembro 2012

Por vez primeira desde que se celebra o certame teatral carballiñés, a organización non conta con subvención da adminstracción autonómica, que deixou ao FETEGA e a outros festivais galegos sen axuda económica

Manteñen o seu compromiso có FETEGA a Deputación de Ourense e o Concello do Carballiño, aos que se suman "50 empresas e comercios do Carballiño, e varios patrocinadores, a eles e tamén ás duas institucións que siguen colaborando con nós, incluido o concello que incluso aumentou a súa aportación, é posible manter o festival, a pesar de ter o orzamento máis baixo desde o ano 2003, preto dos 18.000 euros", subliñou a directora do Festival, a actriz carballiñesa Josi Lage.

Para ver a programación, prema no arquivo adxunto:

 

2, Setembro 2012

O Arenteiro tivo que remontar o gol do Mondariz F.C. que se adiantou no marcador cando se xogaban aínda os primeiros minutos do partido, logo, dous goles de Iglesias, ún que cada parte, deixaron os 3 primeiros puntos do campionato en Espiñedo.

C.D. Arenteiro: Macía, Tazos, Xurxo, Dabarca, Pana, Iago (Bardelás, m. 78), Gabriel, Cancelas (Marcos Sotelo, m. 57), Roberto Dacosta (Cristián, m. 85), Iglesias e Javi Lópèz (Prada, m. 45). O ärbitro expulsou por doble amarela a Gabriel no minuto 88 de partido.

Goles:

0-1. Minuto 9, fallo na cobertura do Arenteiro e un dienteiro visitante coloca un balón inalcanzable para Macia.

1-1. Minuto 28, un balón colase polo centro da defensa visintante e Iglesias, á carreira, axusta un tiro raso ao fondo da portería.

2-1. Minuto 64, un medido centro de Marcos Sotelo desde a banda dereita sobre á área pequena é rematado por Iglesias.

Comentario: Victoria traballada do Arenteiro ante un equipo ó que o partido se lle puxo moi pronto de cara e no que o seu xogador máis destacado foi o porteiro, que fixo un par de intervencións moi meritorias. Se a esto engadimos que o Arenteiro tivo unha tarde moi irregular, concluirémos que o Mondariz resultou ser un rival bastante máis flouxo do esperado, xa que chegaba a Espiñedo como unha das revelacións da categoria na tempada anterior. Hoxe, pouco demostrou.  Pola súa parte, o Arenteiro, aínda tendo en conta a baixa esta tarde de David Soares, terá que mellorar bastante se quere sacar adiante os partidos da casa con máis solvencia.

AROUSA - ARENTEIRO, O DOMINGO 9 ÁS 18,30 HORAS EN VILAGARCIA

Complicado desplazamento do Arenteiro atá o campo da Lomba para enfrontarse a ún dos galos da categoria, os arousanos forman parte do grupo de favoritos para pelexar polo ascenso, aínda que comezou con bastantes dúbidas o campionato e agora mesmo, igual que os carballiñeses, chegan á terceira xornada co mesmo balance: unha derrota e unha victoria.´

O equipo de Ramón Dacosta acude á cita de Vilagarcia coa baixa de Gabriel, que cumple partido de sanción. No lado positvo, poderá contar con David Soares, que polo mesmo motivo tivera que perderse o partido do pasado domingo ante o Mondariz.

31, Agosto 2012

No Arenteiro será baixa o dianteiro David Soares, ao que o árbitro ensinou a segunda amarela unha vez rematado o partido de Sanxenxo, o que conleva un partido de sanción. Non obstante, Dacosta xa poderá contar con Marcos Sotelo e Cristian.

Enfronte, e neste debút ligueiro en Espiñedo estará o Mondariz, unha das revelacións do campionato o ano pasado, e que por vez primeira se presentará no campo de Espiñedo. Os carballiñeses esperan acadar os 3 pirimeiros puntos tras as boas sensacións da segunda parte do partido de Sanxenxo.

MEMORIAL FUSI

Este fin de semana xógase a 3ª edición do Memorial Fusi, co que se homenaxea a Faustino José Pérez Sanmartín, o que fora xogador do Arenteiro e monitor da Escola Municipal de Fútbol, falecido fai unhos anos en accidente de tráfico.

Pavillón Ourense - Barbadás, e Arenteiro - Lalín, xogarán as semifinais o sábado 1 de setembro no campo da Uceira. A gran final será o domingo ás 12 do mediodia no campo de Espiñedo, con entrada gratuíta.

O Memorial Fusi está organizado pola Área de Deportes do Concello do Carballiño.

31, Agosto 2012

O secretario de Educación do PSdeG de Leiro, Iván Barreiro Rodríguez, denuncia o “desleixo e a falta de interese” do PP de Leiro coa cultura, xa que a biblioteca municipal leva pechada dende o pasado 21 de agosto e permanecerá así ata o vindeiro 7 de setembro.

 A falta de persoal é a razón esgrimida polos populares para tal feito, segundo afirma Barreiro, pois a responsable da mesma encontrase de vacacións e o grupo de goberno local non ten intención de encontrar substituto/a, denotando un “absoluto pasotismo”.

 Neste sentido, reafirmarse de novo a nula implicación do PP coa cultura, sobre todo cos nenos e coa xente maior que esixen dispor do servizo de biblioteca na tempada de verán, que é cando os cativos dispoñen de maior tempo de lecer e, precisamente, cando no concello non existe ningunha outra actividade.

 Os socialistas de Leiro destacan o descaro co que o grupo de goberno alardea de superávit nas contas mentres ocorre isto. “Din que dispoñen de diñeiro nas arcas municipais pero non son quen de contratar a unha persoa que substitúa á bibliotecaria”.

 Neste sentido, nin sequera tentaron buscar a unha persoa que, de forma voluntaria, quixera abrir a biblioteca sen contraprestación algunha. “Simplemente gobernan para pasar o tempo”, sentencia.

 

 

 

31, Agosto 2012

Forzas da Comandancia da Garda Civil procederon a desenvolver entre os día 29 e 30 de agosto un operativo contra o tráfico de estupefacientes nas localidades de Vilariño, no municipio de Piñor, e Malladoiro, en Vilamarin.

No operativo levouse a cabo a detención de tres persoas, como supostos autores dun delito contra a saúde pública, unha de nacionalidade estadounidense, outro de nacionalidade armenia e unha terceira persoa de nacionalidade española.

Efectuados rexistros, nun invernadoiro de Malladoiro interviñéronse 308 quilogramos de rama e folla de marihuana e nun domicilio de Vilariño (Piñor) 1079,6 quilogramos de folla, rama e gromo de marihuana, resultando un total de 1.387,6 quilogramos. Calculase que o seu valor no mercado podería acadar 1,5 millóns de euros. Ademais interveuse documentación, 7 terminais móbiles e 1.670 €. en efectivo.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS