7, Agosto 2012

Unha gran expectación de público e mediática  acompañaron por terceiro ano consecutivo un novo record carballiñés, ao presentar o prato de polbo á feira máis grande do mundo, desta vez 3,20 metros.

Arredor de 2.000 tapas de polbo á feira -según os cálculos dos organizadores-  sairon do prato xigante, en cuxa presentación empregaronse 250 kilos de polbo, maxistralmente picados a modo de exhibición polas polbeiras de Arcos tamén en tempo record, que logo acompañaron de aceite, sal groso e pimentón, como manda o ritual.

A Praza Maior do Carballiño converteuse por unhos momentos en punto de atracción mediática e algunha televisión de cobertura nacional conectou en directo para o seu telexornal, mentres que outras moitas cadeas de televisión e radio, tanto de ámbito galego como español, gravaron reportaxes do acontecemento.

FESTIVAL INTERNACIONAL DE MUSICA E DANZA

A Praza Maior convertiráse en escenario dunha nova edición das Xornadas de Folclore, que organiza a Deputación, e que traerán atá O Carballiño grupos folclóricos representativos de diversas culturas do mundo, será o mércores dia 8 a partir das 22,30 horas.

O "PULPO DE CADENA 100" CHEGA AO CARBALLIÑO O VENRES POLA NOITE

O locutor e DJ de CADENA 100 "El Pulpo" presentador do exitoso morning show "Buenos Dias Pulpo", que se emite nesta cadena de radio para toda España sábados e domingos de 7 a 11 horas, ofrecerá o seu espectáculo na Praza Maior do Carballiño o venres dia 10 a partir das 23,30 horas

BATUCADA E TIRADA DE FOGOS ARTIFICIAIS

Ademáis do xa tradicional concurso de camisetas das peñas da festa do polbo, a programación de actividades da Festa do Polbo ofrece o sábado 11 a animación musical dunha "BATUCADA" en horario de tarde e noite, e a 1ª Tirada de fogos da Festa do Polbo, ás 24 horas. O espectáculo estará a cargo da "Pirotécnia Abad" e lanzaráse desde o barrio de Toscaña, a carón da ponte sobre o río Arenteiro.

 

6, Agosto 2012

O acto formaba parte da programación da 50 edición da festa do polbo, e xuntou na casa do concello a  ex-edís que formaron parte das distintas corporacións municipais que tivo o concello do Carballiño.

Acudiron á convocatoria cursada polo concello numerosos concelleiros e concelleiras que durante as últimas décadas participaron da vida municipal carballiñesa, aínda que tamén houbo algunhas notables ausencias que non responderon á invitación que "pretende simbolizar en todos vos os 200 anos de existencia do excelentísimo concello do Carballiño, os 200 anos de historia que ten este concello que nacía grazas á constitución de 1812", suliñaba o actúal Alcalde Argimiro Marnotes, promotor desta xuntanza.

Tras o recibimento do que foron obxeto ao son do himno do antigo reino de Galicia a cargo da Banda de Gaitas do Carballiño, os asistentes a este acto escoitaron unha breve alocución do Alcalde, que agradeceu a súa presenza, manifestando que "ninguén mellor ca vos sabe os sacrificios e o tempo que hai que dedicarlle a actividade municipal, e tamén as satisfaccións que podemos ter por ter servidos aos nosos veciños".

Maarnotes aproveitou este acto "dos 200 anos do noso concello para ensalzar a figura das administraccións locais, agora precisamente, que parecen ún dos males do actúal sistema, son os concellos a base da nosa democracia, as institucións que máis preto están da cidadanía á hora de traballar por resolver os seus problemas", remarcou.

Chamados ún a ún, os edís presentes recibiron un agasallo conmemorativo deste acto, logo fixeron unha "foto de famila" na Praza Maior e escoitaron un concerto da Banda escola de Música do Carballiño.

 

6, Agosto 2012

Asi o recolle unha resolución da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, impoñendo esta sanción económica ao propietario dunha vivenda no Iglesario "como responsable da comisión dunha infracción contra o patrimonio cultural de Galicia".

O procedemento ten que ver coa obra de ampliación dunha edificación na que se pechou a solaina existente, nunha vivenda sita no lugar do Iglesairo, dentro do núcleo histórico de Pazos de Arenteiro, no municipio de Boborás.

A resolución recolle que o propietario da vivenda executou a obra sen a preceptiva autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, sendo obxeto de denuncia por parte doutro veciño da mesma localidade, que ademáis daba conta da construcción dun anexo na vivenda da polémica, e facendo constar que "a localidade de Pazos de Arenteiro está declarada conxunto monumental histórico-artístico e que é obxeto de especial protección por parte da administracción".

Tanto o recurso de alzada como as posteriores alegacións feitas polo denunciado foron desestimadas pola Xefatura Territorial da Xunta e resolve "impoñer unha sanción de 7.900 euros por infracción ao patrimonio cultural de galicia, ordenando repoñer as cousas ao seu anterior estado".

5, Agosto 2012

Os xóvenes socialistas do Carballiño reuníronse para constituir unha nova Executiva carballiñesa da agrupación, da que saíu elexida como nova Secretaria Xeral Miriam Fernández.

Os militantes aprobaron o Informe de Xestión da executiva saínte, donde Juan José Nogueira estivo como Secretario Xeral durante 4 anos, e indicou que “somos unha agrupación en crecemento, donde intentamos que cada mozo/a teña o seu espacio e cada un de nos pasa e aporta un pequeno gran de area para que cada mozo e moza poida acadar as súas metas”.

 A única candidatura presentada, encabezada por Miriam Fernández, estivo apoiada polo 100% dos militantes. A nova Secretaria Xeral das xuventudes asume o cargo “con ilusión, compromiso e traballo, e o coñecemento de que no Carballiño hai moito que facer”, ademáis invita aos mozos/as da vila a traballar man a man “o futuro e o presente depende de nos”.

Miriam Fernández, estudante do último ano de Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela chega á secretaría despois de afiliarse as XSG no ano 2009.

Completan o resto da Executiva Jorge Cervantes como Secretario de Organización e Comunicación, César Rodríguez asume a Secretaría de Igualdade e Movementos Sociais, Santiago Rodríguez a de Educación e Formación e Rubén Rodríguez a de Cultura, Deportes e Medio Ambiente. Como única  vogal exercerá María del Pilar López.

Está agrupación ten como obxetivo interaccionar cos xóvenes coñecendo as súas inquedanzas e tratar de evolucionar dentro desta vila, “estamos rodeados de xente con afán de aprender, de traballar e de conseguir os seus propósitos”, manifestou a nova responsable local das Xuventudes Socialistas.

 

 

3, Agosto 2012

O encendido da iluminación artística nas rúas carballiñesas anuncia o inicio da semana grande da festa do polbo, que se prolongará con diversas actividades diarias atá o domingo dia 12 de agosto. Na Pista Roxa celebrase o 1º Campionato de Billar "Poolpo", que incluirá unha exhibición do campión do mundo David Alcaide, o sábado dia 4 ás 21 horas. Tamén terá lugar a primeira verbena que animará unha orquestra na noite do sábado na Praza Maior.

O domingo 5 a "1ª Andaina da Festa do Pulpo" que sairá as 9 da mañá desde o campo da festa de Arcos e completará un percorrido de 16 kim. polos arredores do Carballiño, inauguraráse a Feira de Artesanía que se instalará na praza Pardo Bazán e a rúa Rosalía de Castro, e pola tarde o DJ. TIBU e un taller de Pulpoflexia animarán unha festa infantil na Praza Maior.

XORNADAS TÉCNICAS GASTRONÓMICAS SOBRE O POLBO

O Alcalde do Carballiño agradeceu no acto de presentación a colaboración que presta a esta iniciativa o INORDE, representado polo seu xerente Xosé Manoel Rodríguez, quen felicitou ao concello carballiñés por conseguir "facer desta festa un espectáculo" e potenciar unha actividade "que ten a súa importancia para a economia local, xa que cada pulpeira é unha empresa", dixo. O Xerente do IINORDE aplaudiu "unha idea xenial, como son estas xornadas, con profesionais de prestixio que prestixiarán aínda un chisco máis o pulpo do Carballiño"

Este "SHOW COOKING" desenvolveráse entre os dias 7 ao 9 de agosto no Carballiño. Constantino Iglesias, da empresa Velizza que patrocina as xornadas, salientou o gran nivel dos profesionais participantes e animou aos hosteleiros carballiñeses e ao público en xeral a coñecer "unhas técnicas de elaboración do pulpo que serán todas elas novidosas para cociñar o pulpo".

O Martes 7 a Asociación de Enólogos presentará a ponencia-debate "El vino y el pulpo", que coordenará Pepe Vieira. O mércores dia 8 celebraráse unha cata comentada e guiada por Luis Padin, e un taller de cociña a cargo de Taky, gañador de varios premios nacionais.  E finalmente, o xoves  9, presentaráse unha ponencia e taller impartido polo prestixioso cociñeiro Flavio Morganti, mentres que Isaac Martín Pena  dirixirá un taller infantil de cociña. Todas as actividades son gratuítas.

 

1, Agosto 2012

A institución muncipal que preside o Alcalde Manuel Penedo renuncia este ano á organización do evento festivo. O 1º Tenente Alcalde, Manuel Cerdeira, era o principal organizador da convocatoria, que contaba co apoio oficial do Concello.

A Festa do Cabalo do Concello do Irixo, que durante os últimos 12 anos convocaba o primeiro domingo de agosto a centos de  seguidores na carballeira do Tellado, non contará este ano coa programación de actividades por parte do concello, aínda que un grupo de afeccionados ten previsto celebrar unha pequena xuntanza e un xantar de confraternidade.

Non obstante, son malos tempos para a confraternización no municipio do Irixo, que aínda non conseguíu superar o clima de crispación social que vive este concello a raiz da polémica pola instalación da incineradora. A unhos dias vista da celebración das festas do 15 de agosto na parroquia de Santa María do Campo tampouco ningún veciño se fixo cargo da súa organización, as "festas do 15" son as máis representativas de todo o municipio e a súa celebración tamén corre serio perigo.

30, Xullo 2012

As treboadas dos pasados dias agravaron a problematica da caida de árbores secas sobre o Avia e o Arenteiro "o que representa ademáis dun problema medio-ambiental, un perigo para a seguridade das persoas", denuncia o BNG.

O Concelleiro nacionalista da Corporación de Leiro culpa da situación "á pasividade que manteñen tanto a Confederación Hidrográfica, como a Xunta e o Concello de Leiro, estou farto de chamar a atención  sobre este asunto nos plenos da corporación e pasan de todo, esto é unha vergoña", apunta Luis Pérez Estévez "Ficol".

Son varios centenerares de árbores secas as que poden verse nas ribeiras do Avia e o Arenteiro, nos tramos "urbanos" ao seu paso polas vilas de Leiro e O Carballiño, respectivamente. Moitas destas árbores caeron como consecuencia dos remuiños de vento que se rexistraron nas treboadas da pasada semana, unhos sobre as ribeiras e outros sobre o propio cauce dos rios.

"Ficol" advierte do perigo que representan estas árbores "o outro día unha enorme ponla de milagre non caeu enriba dunha persoa que estaba a pasear polo río aquí preto de Leiro, ademáis os troncos acumulanse nangunhos sitios como a ponte das Poldras, e eso representa un perigo para a mesma ponte", suliñou.

28, Xullo 2012

A paraxe natural da "Insua dos Poetas", sita na carballiñesa parroquia de Madarnás, acolleu este sábado a 4ª edición deste encontro cultural no que se citaron numerosas personalidades do mundo da cultura galega.

A convocatoria recoñeceu o traballo e a traxectoria desenvolvida por persoas e entidades en diversos ámbitos. Entre os recoñecementos estivo o que se tributou a Antonio González Bernárdez "O Cura de Loureiro", fundador da Cooperativa "Santa Mariña" asentada na parroquia de Loureiro, no municipio do Irixo. Foi ún dos máximos valedores da "resistencia veciñal contra a incineradora que pretendía intalarse no Irixo", un movemento veciñal que tamén foi recoñecido pola organización deste evento cultural.

Nesta edición da Festa da Palabra tivo lugar a entrega dos segundos Premios Sete Carballas, e deuse a coñecer a escultura asinada por Manuel Penín ‘Irmaus’, que pasa a formar parte do escenario da Insua dos Poetas. Trátase dunha obra na que o escultor ourensán fai unha alegoría do poema 'Irmaus' que o poeta publicou no libro Longa noite de pedra e que pasar por ser, sen lugar a dúbidas, un dos máis coñecidos do vate de Celanova.

Xunto ao conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez Abad, participaron nos actos os secretarios xerais de Cultura e Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García respectivamente; o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín; o académico numerario Xesús Alonso Montero; e o biógrafo de Celso Emilio Ferreiro, Ramón Nicolás, participaron neste evento literario que organiza anualmente a Fundación Insua dos Poetas e que está presidida por Luís González Tosar, presidente do Centro PEN-Galicia e promotor deste proxecto cultural que ten a súa sede nesta paraxe natural, nas inmediacións da localidade da Esgueva, na parroquia de Madarnás, no ámbito xeográfico do municipio do Carballiño.

A organización decidiu dedicaralle a cuarta Festa da Palabra a Celso Emilio Ferreiro, no ano en que se conmemora o centenario do nacemento do autor e o medio século da publicación de Longa noite de pedra. Esta actividade programada cada ano no mes de xullo quere favorecer o diálogo entre a literatura e as diferentes artes ou calquera outra actividade que favoreza a liberdade creativa.

A obra máis coñecida do poeta de Celanova, Longa noite de pedra, cuxa primeira edición data de 1962, desbordou o ámbito lingüístico do galego para converterse nas décadas dos sesenta e setenta do pasado século nun referente da lírica máis comprometida, implicada na denuncia da orde social imperante e na busca dunha nova realidade.

27, Xullo 2012

A festa, organizada polo Concello de Avión celebrase na súa octava edición o 27 de xullo, cunha variada programación de actividades que comezarán ás 8 da tarde e prolongaránse atá a unha da madrugada.

Este ano, dúas agrupacións de mariachis: Michoacán e Garibaldi farannos entoar de novo as típicas e coñecidas rancheiras. Música en directo para crear un ambiente acolledor, no que os asistentes se sentirán transportados a México. A iso contribúe tamén a asistencia de tres dos mellores restaurantes mexicanos existentes en Galicia: Chilam-Balam de Vigo, Mesón Mexicano de Tourón en Pontecaldelas e o Rincón Azteca en Carballiño.

Dende a edición de 2011 os carteis están dedicados a grandes personalidades das artes e as ciencias de México. O ano pasado o personaxe seleccionado foi Frida Kahlo; este ano o cartel está dedicado á figura do xenial humorista "Cantinflas".

Para os máis pequenos tamén haberá actividades. Poderán romper as típicas piñatas, e gozar dun inchable e un touro mecánico.

Este ano, e como novidade, algunhas das mulleres que participan no Taller de Pintura de Avión, expoñerán e poñerán á venda cadros con motivos mexicanos. Tamén haberá un posto no que se venderán piñatas feitas a man.

Dende o Concello de Avión invitan a todo o mundo a que se achegue a coñecer a nosa Festa Mexicana e con ela unha parte "chiquita" de México, de Avión, as súas xentes e os seus costumes. Se o que busca é un venres diferente e transportarse a México sen saír de Galicia, sen dúbida, esta é a súa festa.

24, Xullo 2012

 

Un total de 23 xogadores iniciaron este pasado lúns as sesións de pretempada ás órdes de Ramón Dacosta. A falta de algunha incoporación de última hora para reforzar a parte de atrás do equipo, dase por practicamente pechada a composición dun plantel que terá unha media de idade de 23,5 anos.

O Presidente José Antonio Iglesias "Cadavid" dirixíu unhas palabras de benvida neste primeiro adestramento en Espiñedo, nas que animou aos xogadores "a levar o nome do Arenteiro e do Carballiño con orgullo e dignidade e pelexar para estar entre os mellores da categoria".

Dos 23 futbolístas que defenderán ao Arenteiro 2012-2013 na preferente sur do fútbol galego, 10 son da casa, e o resto, salvo Kennedy, proceden do fútbol provincial.

PORTEIROS: Continuan Pachi e Samuel e incorporase Macia, procedente do C.D. Lalín, última fichaxe.

DEFENSAS: Dabarca, Escudero, Prada, Pana, e Igor, que continuan do ano pasado. Incoporanse Tazos, Xurxo e o xuvenil Somo.

MEDIOS: Takón, Gabriel, Marcos Sotelo, Bardelás e  Kennedy, que xa estiveron na tempada anterior, e aos que se suman Roberto Dacosta, Iago Garrido e o xuvenil Oscar.

DIANTEIROS: Continuan no equipo Iglesias, Cancelas e Canexón. As novas altas son Cristian Dacosta e David Soares.

PARTIDOS DE PRETEMPADA:

O domingo dia 5 de agosto ás 7 da tarde presentaráse o C.D.Arenteiro en Espiñedo en partido fronte á U.D. Barbadás, da 3ª división. O domingo seguinte, 12 de agosto, xogaráse o trofeo "Festa do polbo", tamén en Espiñedo, ante o Coruxo F.C., o equipo vigués da segunda división B.

COPA DEPUTACIÓN NA PEROXA

No terceiro fin de semana de agosto o Arenteiro xogará a fase previa da Copa Deputación entre equipos de preferente e 1ª autonómica, a eliminatoria a partido único será no campo da Peroxa, ante o equipo local.

PRIMEIRO PARTIDO DE LIGA EN SANXENXO

O C.D. Arenteiro xogará o primeiro partido de liga a domicilio, será o domingo 26 de agosto viaxando ao campo do recén descendio Xuventú de Sanxenxo. O primeiro partido de liga como equipo locatario en Espiñedo será o domingo 2 de setembro ante o Mondariz. Na terceira xoranda de competición ligueira, os carballiñeses desplazaránse atá o campo da Lomba de Vilagarcía, para enfrontarse ao Arosa S.C.

 

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS