A Orquestra Paris de Noia abríu na noite deste pasado xoves a programación festiva, que continúa ata o lúns dia 24.
A Praza Maior de Cea convértese no escenario das verbenas, o plato forte da programación festiva deseñada pola comisión de festas, que repite na organización por segundo ano consecutivo tras a exitosa experiencia do ano pasado.
O venres 21 actúa a Orquestra Philadelphia e "La Década Prodigiosa". O sábado 22 amenizan a xornada a Charanga Ardores e os Gaiteiros Melidaos, e na verbena alternarán a Orquestra Gran Parada e o grupo La Oca. Para o domingo están programados concertos da Banda de Música de Celanova, que ademáis acompañará a procesión e a misa solemne na capela da Nosa Señora da Saleta e na verbena estarán Panorama e Océano. E xa finalmente, o lúns estará en Cea a Banda de música de Arcade e a verbena contará coa Orquestra Olympus.
As festas da Saleta terán este ano un orzamento próximo aos 75.000 euros. As familias de Cea achegan a través das aportacións veciñais arredor dos 40.000 euros, algo máis de 20.000 euros esperanse obter como beneficios do bar da comisión de festas, completandose o orzamento coa cuota que abonan as atraccións festivas e outros ingresos que consigue a comisión de festas mediante a organización de diversas actividades. O Concello de San Cristovo de Cea achega unha subvención de 1.000 euros.

Pais e nais, acompañados cos seus fillos, fixeron o traxecto entre O Carballiño - a marcha partíu da rúa Curros Enríquez- ata o colexio da Uceira, para reinvidicar ante Educación a continuidade do servizo do transporte escolar desde o casco urbano do Carballiño.
A convocatoria partíu da Asociación de Nais e Pais de Alumnos, que esixe un compromiso por parte de Eduación para que se manteña o transporte escolar desde todas as paradas nas que na actualidade se recolle aos nenos.
Desde a ANPA amosaron a súa preocupación tras saberse que aos pais dos alumnos das paradas do Cacheiro e Os Catro Camiños foilles remitido un documento cara o funcionamento do servizo, o que provocou a preocupación da ANPA, ante a posiblidade de que se suprima o transporte escolar naquelas paradas que están a menos de 2 kilómetros de distancia do colexio.
O Alcalde do Carballiño manifestou coñecer a preocupación do colectivo de pais e confirmou "xestiós informativas ante a Consellería de Eduación, onde me aseguraron que non hai previsións de suprimir o transporte porque tampouco variaron substancialmente as circustancias de accesibilidade a dito centro".
Marnotes remitiu un escrito á ANPA no que comprometese "por parte da Alcadia a defender sempre a importante e necesidade do transporte escolar, asunto que á vista do que se nos comunica desde a propia Consellería non corre perigo de eliminarse".
A Garda Civil do Carballiño cerrou unha invstigación de varias semanas procedendo a detención de 4 veciños do Carballiño entre os 25 e os 35 anos, e a un súbdito marroquino de 36 anos de idade.
Según a Garda Civil, son os presuntos autores de varios delitos de roubos con forza rexistrados nos últimos meses nos municipios de San Amaro e O Carballiño, concretamente un bar, unha panadería e 3 vivendas e adegas, onde se apoderaron de diverso material, desbrozadoras, bicicletas, motoserras, carburante e 1.500 euros procedentes da recadación obtida en máquinas rexistradoras.
Os detidos ocultaban os obxetos sustraídos nun monte próximo a O Carballiño, e posteriormente procedían ao seu intercámbeo co súbdito marroquino por hachis, por eso, éste último está detido como presunto autor de delitos de receptación e contra a saúde pública.

O Carballiño celebrou o dia do Patrón San Cibrao coa tradicional procesión do santo polas rúas carballiñesas, despois tivo lugar a misa solemne no Templo da Veracruz, presidida polo bispo da diócese de Astorga e veciño natural da nosa comarca, Camilo Lorenzo.
O bispo de Astorga recordou como precisamente nesta data da festividade do patrón cumplense 60 anos desde que a Veracruz celebrou a primeira misa na honra a San Cibrán, acontecía en 1952. Camilo Lorenzo tamén tivo unha lembranza para o gran promotor da construcción do templo, o párroco Evaristo Vaamonde e tamén palabras "para todos os que desde entón cuidan do templo e desta gran cidade que é O Carballiño".
O C.D. Arenteiro empatou en Espiñedo ante o Ribadumia nun partido que foi gañando ata o minuto 80 e pudo incluso perder nos minutos finais, cando o equipo do Salnés dispuxo dun par de ocasións para levarse os 3 puntos.
C.D. Arenteiro: Macía, Carlos Escudero (Cristián, m. 88), Xurxo, Dabarca, Tazos, Iago, Roberto Dacosta (Bardelás, m. 83), Cancelas ( Gabriel, m.60), David Soares, Iglesias e Javi López (Marcos Sotelo, m. 69).
Goles:
1-0. Minuto 29, nunha das contadas xogadas do Arenteiro ante a portería rival, David Soares leva un balón pola banda dereita, cede a Cancelas e o seu centro vai a cabeza de Javi López que cruza o balón en diagonal ao fondo da portería visitante.
1-1. Minuto 80, en pleno dominio do Ribadumia, un rechace ao borde da área é aproveitado por un dianteiro visitante que envia un zurdazo inalcanzable para Macía.
Comentario: O Ribadumia tivo a posesión do balón e dominou no xogo claramente no cómputo dos 90 minutos de partido, pero atopouse cun inconmesurable Xurxo na defensa carballiñesa, convertido esta tarde no gran baluarte da liña defensiva do Arenteiro, que foi o mellor do equipo neste encontro.
Pontevedra B - Arenteiro, o sábado 22 ás 5 da tarde no campo da Xunqueira.
O carballiñeses chegan á quinta xornada de liga coa idea de sorprender ao filial pontevedrés. Dacosta non poderá contar neste partido con Prada, que xa é baixa segura por unha enfermidade, que o terá aproximadamente mes e medio apartado do equipo.
Asemade, son dúbidas para este desplazamento o lateral Pana, que xa non pudo estar no partido do pasado domingo ante o Ribadumia, recuperandose dunha pequena lesión, e Iago, pendiente dun feliz acontecememento, xa que está a punto de ser pai.
Polo demáis, Dacosta poderá contar co resto da plantilla. O partido xogaráse ás 5 da tarde no sintético da Xunqueira, na zona universitaria de Pontevedra, preto do Estadio de Pasarón.
VERÍN - ARENTEIRO NA COPA DEPUTACIÓN
Non se pode decir que tivese fortuna o Arenteiro no sorteo dos oitavos de final da Copa Deputación, xa que correspondeulle en sorte o Verín C.F., na única eliminatoria na que se van enfrontar equipos de Preferente. Ademáis, a eliminatoria, que segue sendo a partido único, deberá xogarse no José Argiz, o dia 12 de outubro.
A reunión celebrada este pasado sábado na escola de Punxín tivo unha numerosa asistencia, arredor de 120 veciños acudiron á convocatoria, o que representa o 14% da poboación deste municipio.
Na xuntanza acordouse por unanimidade declararse insubmisos no pago do recibo da auga ata que non se chegue a un acordo con Aquagest e o concello sobre as tarifas, ao entender os veciños que os prezos son abusivos e ademáis, non existen garantias sanitarias sobre o estado da auga que abastece algunhas localidades, como é o caso de Ourantes, onde as analíticas encargadas polos propios veciños desvelaron un alto grao de contaminación.
Os veciños que acudiron a esta reunión puxeron de manifesto o seu malestar tanto pola actitude da empresa concesionaria como do Alcalde do municipio "por negarse a negociar unha solución ante as demandas veciñais".
O lume declarouse as 23,30 horas do xoves 13 e deuse por extinguido ás 7 horas do venres 14, pola superficie queimada, representa o incendio máis grande no municipio carballiñés no que vai de verán.
As primeiras estimacións de Medio Rural apuntan a que o lume arrasou 34,8 hectáreas de monte arborado, nas inmediacións da localidade de Bertamil, nunha zona próxima á carballeira da Madanela. Nos traballos de extinción participaron 3 axentes forestais, 5 birgadas, 4 motobombas, 1 pala e o Grumir do Carballiño.
Dase a circustancia que na pasada semana, tamén en idéntico horario da noite, declararase outro incendio nas inmediacións da localidade de Arcos, aínda que daquéla a superficie afectada foi bastante menor.

Un cubo adaptado aos 50 establecementos que participan na iniciativa e colectores de rúa con boca específica para a hostalaría son as novidades desta campaña que ponse en marcha no Carballiño en colaboración coa asociación "Ecovidrio".
No acto de presentación da campaña, o Presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, cualificou o Medio Ambiente como unha prioridade na xestión que desenvolve a institución provincial "a prol da mellora de servizos para os cidadáns e os concellos" e salientou como a Deputación "fai especial fincapé na xestión das augas e os residuos porque a protección do noso medio natural é clave para sermos competitivos e xerar emprego e benestar na poboación".
O Alcalde do Carballiño subliñou como "a recollida do lixo ten experimentado unha gran melloría desde que delegamos o servizo na Deputación, como creo que recoñece toda a veciñanza". Marnotes destacou, asemade, este tipo de campañas "que teñen como obxetivo sensiblizar á poboación da necesidade de impulsar a reciclaxe, neste caso do vidro nos establecementos hostaleiros do municipio".
Germán Rodríguez, xerente de zona de "Ecovidrio" referíuse aos aceptables datos que se rexistraron no último ano no municipio do Carballiño "cun total de 180.140 kilos de vidro, o que siñifica que cada cidadán reciclu unha media de 12,7 kilos de vidro en 2011", unhos datos que se pretende agora mellorar con esta nova campaña dirixida á hostalaría local.
Coa posta en marcha deste novo servizo o goberno municipal do Carballiño pretende "mellorar o contacto entre concello e veciños e ofrecer aos propios gobernantes unha magnifica ferramenta para afondar na problemática local".
A oficina estará aberta na planta baixa da casa do concello, de lúns a venres en horario de 8,30 a 14,30 horas. Calquera veciño que o desexe poderá presentar unha suxerencia, queixa ou reclamación, tras cumprir un impreso que será facilitado na mesma oficina.
Despois, tras o seu rexistro, será estudiada na Comisión Especial presidida pola Concelleira Pilar Caride, que deberá presentar un informe anual ao pleno da corporación. A comisión poderá emitir informes extraordinarios no caso de que as queixas ou suxerncias teñen carácter urxente.
Este novo descenso rexistrado no mes de agosto deixa o número de persoas en situación oficial de desemprego no municipio carballiñés en 1.445, o paro tamén descendeu no conxunto da comarca un 4% no último mes.
Desta maneira, encadenanse catro meses consecutivos -de maio a agosto- nos que o paro baixou no concello do Carballiño en 155 persoas, asi e todo, se comparamos o dato de agosto co mesmo mes do ano 2011, constatase un aumento do 16% na cifra oficial do paro, 201 persoas máis como demandantes de emprego.
No ámbito comarcal, o paro tamén baixou en agosto entorno ao 4%, tras reducirse o número de persoas inscritas como demandantes de emprego en todos os concellos, agás nos de Beariz e Punxín, nos que se rexistrou un leve incremento. Maside e Boborás, con 280 e 204 persoas en paro -respectivamente- encabezan o ranking comarcal, tras os últimos datos actualizados, correspondentes ao pasado mes de agosto.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 674
- 675
- 676
- 677
- 678
- 679
- 680
- 681
- 682
- …
- seguinte ›
- última »