7, Novembro 2012

Os datos son os que figuran no proxecto presentado pola sociedade "Aerogeneración Galicia",  280 persoas terán traballo na construcción do complexo enerxético que se ubicará en montes do municipio do Irixo.

A Consellería de Industria somete a información pública o estudo de impacto ambiental e a execución do proxecto, que ocupará unha superficie total de 254 hectáreas, das que 175 están localizadas no ámbito xeografico do Irixo, e as 79 restantes no concello de Lalín. No caso da superficie que abrangue ao municipio do Irixo, as 175 hectáreas que serán ocupadas ubicanse nas parroquias de San Cosme de Cusanca e Espiñeira. A relación de propietarios afectados pode consultarse na delegación provincial da Consellería de Industria.

O investimento previsto por Aerogenación Galicia, sociedade promovida pola constructora lalinense Taboada e Ramos, é de 27,3 millóns de euros. As características técnicas do proxecto contemplan a instalación de 8 aeroxeradores de 3.000 kilovatios de potencia nominal unitaria, cunha altura de 94 metros e  e un diámetro de rotor de 112, asi como unha estructura meteoróloxica de 100 metros de alto. O proxecto industrial obtivera en novembro de 2010 unha das puntuacións máis altas no concurso eólico da Xunta.

 

 

6, Novembro 2012

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil comeza esta semana as "Obras de acondicionamento dos ríos Avia e Arenteiro", nos municipios do Carballiño, Leiro e Ribadavia.O obxecto destas actuacións é a limpeza das ribeiras de ambos os dous ríos procedendo á curta e retirada de árbores secas afectadas pola "praga dos ameneiros" que apareceu na primavera de 2009 e que afectou a soamente a esta especie. Ademais, levaranse a cabo actuacións de restauración ambiental, procedendo á estabilización dos noiros que se esborrallasen por caída das árbores enfermas.

Para levar a cabo estas actuacións de restauración utilizaranse técnicas de bioingeniería colocando estacas de salgueiro verde cravadas ao firme e atadas entre se e aos biorrollos para completar a estacada. Por último taparanse e acondicionarán os noiros coa mesma terra extraida, colocarase malla de coco para suxeitar o terreo e se estaquillará con brotes de salgueiro recollidos na zona para consolidar a estabilización.

Co ánimo de minimizar os impactos das actuacións a realizar, daranse as instrucións oportunas para que os traballos respecten ao máximo a vexetación e a fauna autóctonas. Por outra parte, a madeira extraida torarase e preparará para o seu posterior amoreado e transporte un xestor de residuos vexetais apropiado.

No Concello do Carballiño actuarase en ambas as dúas marxes do río Arenteiro e incidirase no tramo comprendido entre a ponte medieval de Veiga e a entrada á piscifactoría do Carballiño. En Leiro actuarase en ambas as dúas marxes do río Avia ao seu paso por esta localidade e incidirase no tramo comprendido ente a ponte da Esperela e a ponte románica de San Clodio. No Concello de Ribadavia a actuación desenvolverase en ambas as dúas marxes do río Avia ao seu paso por este Concello e sobre todo no tramo comprendido entre o regato Eigón e a ponte de Ribadavia, tramo no que encontramos maior incidencia de afección de Phythophthora Alni.  As actuacións teñen un orzamento de 169.459 euros.

6, Novembro 2012

O autor do atraco logrou fuxir levandose un botín de 6.000 euros, tras amenzar a traballadora da oficina cunha arma branca.

A Garda Civil, que abríu unha investigación para aclarar as circustancias do atraco, tivo coñecemento do suceso sobre as 13 horas. Minutos antes, un home a cara descuberta presentabase na axencia colaboradora do Banco de Santander na rúa Alameda de Maside e amenazaba cunha arma branca á única persoa que a esa hora se atopaba na oficina, a encargada da axencia, conseguindo levarse 6.000 euros de diñeiro efectivo.

A axencia na que se cometeu o atraco non está dotada de cámaras de vixiancia.

3, Novembro 2012

Ramón Dacosta xa non é adestrador do C.D. Arenteiro, tras o partido do pasado xoves en Lalín o club prescinde dos seus servizos.

O Presidente José Antonio "Cadavid" volve confiar o futuro do equipo a Francisco Romero, tal como xa fixera fai dous anos cando o actúal presidente xa o chamara para dirixir aos verdes, daquéla, xa coa competición bastante avanzada, non poidera reconducir a situación e o equipo consumaba o descenso de categoria. Ademáis de Romero, que é finalmente o elexido, tamén se fixeran contactos co adestradror ourensano Peluso.

Agora, tras once xornadas de competición ligueira, e co equipo clasificado no antepenúltimo lugar e xa eliminado do torneo de copa, os responsables do club esperan que o cámbeo de adestrador sexa o revulsivo que necesita o C.D. Arenteiro.

2, Novembro 2012

Asi o anunciou o concelleiro de obras e urbanismo do Carballiño, Magín Daparte, as alegacións á mellora do entorno da Veracruz serán rexeitadas polo goberno municipal "porque non temos posiblidades orzamentarias para atendelas".

O grupo municipal socialista presentou 4 alegacións, todas elas en forma de proposta para "mellorar a funcionalidade e a estética do lugar", anunciaba o portavoz dos socialistas no concello carballiñés, Paco Fumega.

As aportacións socialistas pretendian o empedrado dos camiños peonís previstos na futura praza, que se executarán a base de xábrego. Ademáis, propoñían a construcción dunha "fonte claustral na parte dereita da Veracruz", tal como xa deseñara no proxecto orixinal o arquitécto Palacios, e tamén a creación dun parque de xogos infantís, que estaría protexido "con árbores e mesas de pedra que permitise crear espazos de sombra".

Ningunha das aportacións serán tidas en conta "xa que para poder introducir estas melloras necesitaríamos renunciar a outras que xa foron contempladas neste reformado do proxecto, neste momento temos que adaptarnos ó orzamento que temos, aínda que non descartamos que cara o futuro poidamos acometer algunha destas melloras", dixo.

Magín Daparte lamentou que "estas propostas cheguen tan tarde e non se presentaran no seu dia cando dese o concello se pretendeu chegar ao consenso social con este proxecto".

1, Novembro 2012

Dezanos e carballiñeses enfrentabanse nun partido marcado polas urxencias de ambos na táboa clasificatoria, ao final repartiron os puntos nun partido que estivo bastante igualado e cun marcador final que pode considerarse xusto polo visto no terreo de xogo.

C.D. Arenteiro: Macía, Cote, Xurxo, Dabarca, Pana, Gabriel ( Iago), Bardelás ( R. Dacosta ), kennedy, Tazos ( Cancelas ), David Soares e Marcos Sotelo ( Prada ).

Goles:

1-0. Minuto 26, falta sobre a portería do Arenteiro, o balón cólase axustado áo pau dereito da portería de Macia.

2-0- Minuto 35, a mellor xogada do partido, Tazos centra un balón medido aos pés de David Soares, éste xira sobre sí mesmo e cruza maxistralmente fora do alcance do meta local.

Comentario: Partido igualado tanto en xogo, bastante cativeiro por ambos equipos, como en ocasións de gol ante a portería contraria, un par de oportunidades por parte tanto de lalinenses como dos carballiñeses, ambos terán que mellorar bastante se non queren verse abocados ao fracaso nesta liga. Na tarde de hoxe deixaron ver bantantes carencias e xustificaron os postos que ocupan na clasificación.

 

30, Outubro 2012

Asi o confirmaron os responsables municipais. O investimento do Obradoiro de Emprego será de 250.000 euros, dos que o concello deberá aportar algo máis de 20.000 euros.

O proxecto, financiado pola Xunta e elaborado pola Área de Industria e Promoción de Emprego do concello carballiñés comezará a desenvolverse no mes de Decembro, antes deberá poñerse en marcha o proceso de selección do persoal, monitores e alumnos, en total serán 24.

Durante 6 meses, desenvolverán traballos de forxa e xardineiría, cada unha destas actividades contará cun módulo de 8 alumnos.  Os traballos de forxa centraránse na execución dunha pérgola ornamental que se instalará na Praza do Emigrante, a xeito de refuxio para o sol e a choiva, mentres que o módulo de xardineiría desenvolverá a súa actividade nas zonas axardinadas e o parque municipal.

Ademáis, o Obradoiro contará cun módulo de Atención Socio-Sanitaria, que se incluíu neste proxecto en atención a gran demanda que existe para a formación de profesionais para este sector.

30, Outubro 2012

O Concelleiro Manolo Dacal lamentou que "se abandonen unhas instalacións polas que pasaron máis de 15.000 persoas cando nós estabamos no goberno".

Dacal puxo como exemplo desta situación "o derrubamento do pendello do muiño do Anxo" que forma parte deste Parque Etnográfico do Río Arenteiro "xa que fai dous meses que caeu o chan e desde entón permanece en tan lamentable estado, dando unha imaxe moi mala da zona e do abandono ó que está sometido por este goberno".

O concelleiro socialista salientou "o gran esforzo que se fixo nesta zona, que era un basureiro, recuperando e poñendo en valor unha zona que debería ser ún dos grandes activos para o turismo no Carballiño, todos sabemos como estaba aquelo e do traballo que se fixo nas sucesivas escolas taller, para agora deixar que se estrague todo", apuntou Dacal, que no anterior mandato dirixira a área municipal de turismo do concello carballiñés.

29, Outubro 2012

O episodio tivo lugar na tarde deste pasado domingo no Carballiño e o seu protagonista foi D.V.P. de 36 anos de idade, que intentou vender hachis a un Garda Civil.

Daquéla, o axente tras identificarse como tal, solicitou a documentación ao vendedor, éste respostou agredindo ao Garda Civil. Máis tarde, o agresor foi detido como "presunto autor dun delito de atentado contra un axente da autoridade", según a nota informativa difundida dende a Subdelegación do Goberno.

 

28, Outubro 2012

Os carballiñeses non levantan cabeza e caen novamente derrotados en Espiñedo, desta vez ante o Valadares Vigués, aínda que nesta ocasión o Arenteiro mereceu algo máis, pero non tivo sorte ante a portería visitante.

C.D. Arenteiro: Pachy; Cote, Escudero, Dabarca, Pana (Iago), Gabriel, Bardelás (Cristián), Dacosta, Kennedy, Soares e Marcos Sotelo (Tazos).

Goles:

0-1: Minuto 77. Corner sobre a portería local e os carballiñeses repiten o mesmo erro que no partido anterior ante a A.D. Atios, ninguén cubre o primeiro pau e por alí entra un dianteiro do Valladares que remata un balón que Pachy non pode evitar que entre na portería.

Comentario: Unha pena que outra xogada de estratexia se leve os 3 puntos de Espiñedo, unha derrota que non se mereceu esta tarde o Arenteiro. Na primeira metade o Valadares dominou territorialmente, aínda que a única ocasión de gol foi para o Arenteiro tras cabecear Soares dentro da área e salvar Adrián. Na segunda metade os carballiñeses xogaron máis que o rival, tras o gol do Valadares, Kennedy pudo empatar o partido, pero o seu remate de cabeza salvouno prodixiosamente o meta visitante Adrián.

O PARTIDO EN LALÍN XOGASE O XOVES ÁS 16:30 HORAS

O encontro de liga que dezanos e carballiñeses desputan correspondente á 11ª xornada de liga adiantase ao xoves dia 1 de Novembro, festividade de Todos os Santos, o partido xogaráse no Miguel Anxo Cortizo e comezará ás 4,30 da tarde.

Os carballiñeses recuperan para este partido aos sancionados polas expulsións de O Grove, Xurxo, Prada e Cancelas.

O partido de Lalín presentase como un importante test para os carballiñeses, necesitados con urxencia de sumar puntos para sair canto antes dos postos de descenso. Enfronte terá a un Lalín que vive tamén horas baixas, polo que será unha boa oportunidade para puntuar por parte dos carballiñeses.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS