A victoria ante o Unión Grove mete ao Arenteiro na loita para salvarse do descenso, tras os 3 puntos ante os grovenses queda antepenúltimo na clasificación, aínda que agora a tan só 4 puntos do Verín C.F., o equipo que marca a liña para conservar a categoria, polo menos para librarse do descenso directo.
C.D. Arenteiro: Pachi, Xurxo, Gabriel, Carlos, tazos, Alex (Iago), Pablo Piñeiro, Kennedy, Prada (Bardelás), David Soares (Martín) e Marcos Sotelo (Tacón).
O Partido: Polo menos emoción non lle faltou a un encontro no que os xogadores de ambos equipos tiveron que facer un esforzo físico extra polo lamentable estado do campo de Espiñedo, moi tocado pola chuvia, emoción polo marcador e a importancia dos puntos en xogo nun partido no que houbo atá 3 penaltis, dous a favor do Arenteiro. O primeiro aos 10 minutos sobre David Soares, que Kennedy desperdicia lanzando o balón fora. Aos 36 minutos o árbitro decreta un novo penalti na área visitante, esta vez sobre Kennedy, que transforma Tazos adiantando aos verdes. Xa na segunda parte, aos 66 minutos trallazo de Alex dende 25 metros directamente á escadra da portería do Grove, inalcanzable para o porteiro. Cando o partido parecía definitivamente resolto volve a incertidume tras marcar os visitantes de penalti, cometido por Iago, que víu a vermella directa nesa xogbada, corría o minuto 82 e o Arenteiro quedabase con 10 xogadores, foi suficiente para aguantar o resultado atá o final.
Argimiro Marnotes chegou minutos antes das 10 da mañá ao xulgado para comparecer ante a xuíza Pilar de Lara, onde prestou declaración no marco da operación Pokémon. O Alcalde chegou acompañado polos avogados carballiñeses Luis Rúa e Ricardo Perea.
O rexedor municipal respondeu ás preguntas da xuíza instructora, que lle imputou os supostos delitos de tráfico de influencias e revelación de secretos.
Á súa chegada aos xulgados, Marnotes manifestou que acudía para "cumplir co meu deber con absoluta e tranquilidade" e coa intención "de que todo se aclare".
A Xuíza decretou libertade e sen medidas cautelares tras a súa declaración
A comparencia do alcalde durou hora e cuarto aproximadamente, según a súa propia declaración ao abandonar a sede xudicial, sobre as 12 e media da mañá. Marnotes manifestou sentirse aliviado "tras responder a todas as preguntas que me fixeron tanto a xuíza como o fiscal e o meu abogado". A xuíza decretou para o alcalde do Carballiño libertade e sen impoñer ningún tipo de medidas cautelares, mantendo os cargos que se lle imputan.
Antes de proceder a súa aprobación definitiva, o concello do Irixo deberá resolver as alegacións promovidas pola veciñanza, asi como por asociacións e entidades parroquiais do municipio.
En total, son 43 as reclamacións e alegacións que foron presentandas en tempo e forma durante o periodo de exposición pública do documento, que rexistra unha relación de 525 propiedades que o concello do Irixo pretende inventariar como bens municipais. Depósitos e traídas de auga que no seu dia foron construiídas e financiadas polos veciños, e tamén fontes, eiras ou incluso cruceiros, figuran na ampla lista de propiedades que veciños e entidades consideran que son de propiedade comunitaria ou privada, e polo tanto non deben figurar como bens municipais, tal como pretende o grupo de goberno do Alcalde Manuel Penedo.
ADXUDICADAS OBRAS POR IMPORTE DE 39.000 EUROS
A Mesa de Contratación concello do Irixo adxudicou á empresa Benigno Alvarez as obras de acondicionamento dunha fonte-lavadoiro na localidade de Dadín, como a rehabilitación dun forno e un muiño no lugar de Vila, onde tamén se procederá á sinalización de antigas explotacións mineiras, actuacións éstas que acomete o concello do Irixo con finalidade turística. As obras serán financiadas cunha subvención da Deputación e fondos municipais.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de adxudicar a obra de urbanización do contorno do Centro de Interpretación da Cultura Castrexa de San Cibrán de Lás cun orzamento de 254.000 euros, estará rematada, se non se producen retrasos, en setembro de 2013.
Estes traballos inclúen a execución de gabias e redes de drenaxe, a retirada de elementos existentes (bancos, mesas, etc.) e a pavimentarase da zona do acceso de servizo, á terraza da cafetería e o acceso ao castro. A continuación executaranse valados de peche da fronte da parcela, incluíndo o peche principal, a porta de acceso rodado, a porta de acceso peonil e os peches con enreixado metálico. Instalaranse luminarias exteriores para o alumeado do percorrido de acceso ao castro e remplazaranse as tullas existentes por outras plantas co obxectivo de recuperar o aspecto orixinal dese área.
A Consellería de Cultura e Educación está traballando para poñer en marcha o Centro de Interpretación no menor tempo posible, que se estima que será no último trimestre do ano, unha vez estean rematadas as obras de urbanización, estea lista a conexión da rede eléctrica de media tensión e se estableza un modelo de xestión
Respecto a xestión do Centro de Interpretación, a Consellería de Cultura e Educación está buscando o modelo más eficiente e menos custoso para a Xunta de Galicia. Por este motivo, a pasada semana, responsables da Consellería reuníronse co alcalde de San Amaro para tratar este asunto. Fai uns meses ofrecéraselle ao alcalde a posibilidade de que o concello asumira a xestión e explotación do complexo mediante a sinatura dun convenio, que, co obxectivo de garantir a súa viabilidade, iría acompañada dunha subvención reguladora por parte da Xunta.
A corporación de San Amaro, tras estudar as condicións da Xunta de Galicia, declinou a oferta de xestión municipalizada do Centro. Agora, a Consellería de Cultura e Educación iniciará os trámites para sacar, mediante un procedemento de concesión que sairá a concurso público, a explotación e xestión do Parque.
Con aproximadamente 25 hectáreas de extensión, o xacemento arqueolóxico coñecido como a ‘Cidade de San Cibrao de Lás’, é un dos castros máis grandes e monumentais da Comunidade Autónoma. O seu bo estado de conservación, o estado actual da escavación e a monumentalidade das súas defensas, fan del un referente, tanto desde o punto de vista da investigación como turístico.
A importancia deste xacemento xa foi obxecto da atención dos investigadores fai case un século, posto que entre os anos 1922 e 1925 xa escavou neste xacemento arqueolóxico Florentino López Cuevillas, continuando cos traballos Xaquín Lorenzo Fernández nos anos 1948-49. Anos despois, na década dos 80 e inicios dos 90, as actuacións foron desenvolvidos baixo o amparo do Museo Arqueolóxico de Ourense. Estas escavacións continuaron en datas máis recentes cara a súa posta en valor.
O Centro de Interpretación da Cultura Castrexa de San Cibrao de Lás é unha das actuacións máis ambiciosas previstas no seo da Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico (RGPA). A RGPA é un programa que pretende fomentar as accións de posta en valor do patrimonio arqueolóxico de Galicia. A través da investigación, protección e difusión procúrase achegar ao público en xeral o noso patrimonio, á vez, que se garante a súa conservación e se continúa a afondar na súa investigación.
A proposta da alcaldia faráse por medio dunha moción que se presentará ao pleno da corporación municipal do Carballiño para o seu debate e aprobación.
Con esta iniciativa pretendese "dar exemplo de transparencia" á cidadanía, imitando asi unha decisión que xa adoptaron outros concellos galegos, que xa crearon un rexistro de bens e dereitos patrimoniais dos seus concelleiros "nun claro exemplo de promover accións tendentes a incrementar o grao de transparencia na administracción e xestión pública", apuntase dende o goberno do concello carballiñés.
Ademáis, as declaracións dos concelleiros electos "serán publicadas na páxina Web do concello, polo que se garante o acceso público a estos datos, sen necesidade de telos que solicitar oficialmente no concello", subliñan.
O Alcalde de Leiro asinará nos próximos dias o convenio coa Xunta de Galicia para a construcción do Centro de Dia que se ubicará nesta localidade ribeirán.
O proxecto ten un orzamento de 1 millón de euros, que aporta a administracción autonómica. Para esta anualidade de 2013 orzamentaronse 200.000 euros, pola súa banda o concello de Leiro pon a disposición os terreos no que se vai contruir o edíficio, nun solar que foi adquirido no seu dia polo concello cun investimento de 70.000 euros. Prevese que as instalacións teñan capacidade para acoller a 68 persoas.
O rexedor municipal, Francisco José fernández, mostrou a súa satisfacción pola sinatura deste convenio "porque podemos decir que xa comeza a ser unha realidade este centro de dia, que ademáis é o único que se contempla para as comarcas do Ribeiro e O Carballiño". Fernández salientou "a importancia que terá a apertura deste servizo para as persoas maiores, pola que representa a mellora asistencial da comarca, e tamén porque se van crear unhos postos de traballo estables".
Un gol en propia meta dos carballiñeses no minuto 22 fixo que os carballiñeses tivesen que encarar o partido co marcador en contra, que acabarían por ampliar os locais co tempo xa cumplido, no minuto 92.
O infortunio de Pablo Dabarca, que fixo o gol en propia meta, descompuxo a un Arenteiro que xa non foi quen de enderezar o rumbo do partido xogado no campo do Carballo da localidade de Atios, no municipio de Porriño, onde os verdes ofreceron unha bastante pobre imaxe. Os xogadores do Arenteiro reclamaron un penalti sobre Soares no minuto 73 de partido, que o colexiado pontevedrés Veiga Gómez non quixo ver na área do equipo local. Xa no tempo de desconto, Fondevila facía o 2-0 defintivo. O Arenteiro perdeu a Iglesias no minuto 15 de partido, por lesión.

Son as dúas claves que avanzou o concelleiro de obras e urbanismo, Magín Daparte, en relación aos traballos de redaccion do PXOM carballiñés.
Os redactores do futuro regulamento urbanístico traballan na idea de ampliar o parque empresarial do Carballiño para dotar ao municipio de máis solo industrial, a zona elexida situase nas inmediacións da localidade de Seoane e a estrada do eixo do Ribeiro, dándolle asi continuidade ao actúal parque empresarial.
Outro dos obxetivos do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal será a reserva de solo dotacional para a construcción dun novo cemiterio. Aínda que a este respecto, o concelleiro recoñeceu que de momento e a dia de hoxe non hai unha decisión tomada sobre as dúas posibles alternativas, ben a ampliación do actúal cemiterio interparroquial de Señorín-O Carballiño ou fixar a súa ubicación noutra zona, en todo caso o novo cemiterio sería entón de titularidade municipal.
Daparte explicou que o actúal planeamento urbanístico do Carballiño data do ano 1999, e polo tanto non recolle a lei do solo de Galicia, que foi aprobada posteriormente, unha normativa á que se adaptará xa o novo PXOM carballiñés. O concelleiro tamén avanzou as previsións para completar a súa tramitación, pretendese presentar o seu adianto para o ano 2014, e a súa aprobación definitiva non sería antes do ano 2016.

Tratase dun estudo feito pola Deputación Provincial no que se analiza a situación económica, laboral, empresarial e social, asi como a súa evolución nos últimos anos.
As conclusións máis destacadas do informe reflicten que esta comarca presenta unha alta supervivencia empresarial malia o peche de industrias representativas. Ainda malia a crise económica, as estatísticas mostran que o tecido empresarial resistiu a un nivel que non se afasta moito da media provincial, e que ata supera neste parámetro a outras zonas con forte contribución ao Valor Engadido Bruto de Ourense, como son Valdeorras, A Limia ou O Ribeiro.
Segundo o estudo, O Carballiño é a quinta comarca da provincia con mellor comportamento do censo de centros de traballo, o que da conta dun bo nivel de resistencia desde o punto de vista da supervivencia empresarial.
Onde a crise si mostra efectos máis evidentes é no mercado laboral, sobre todo nos municipios rurais da comarca carballiñesa, que acumula o maior crecemento porcentual do paro rexistrado desde 2008, cunha taxa de variación do 58%. Con todo, O Carballiño está entre as cinco comarcas ourensás con maior supervivencia de centros de traballo.
En canto á tecnoloxía, un total de 383 traballadores exercían a finais do ano pasado nos sectores de alta e de media-alta tecnoloxía na comarca do Carballiño. É a segunda cifra máis importante, só por detrás dos 2.250 afiliados que contabilizaba a comarca de Ourense dentro destes epígrafes de actividade.
É dicir, O Carballiño xera o 11% dos postos de traballo provinciales vinculados aos sectores de alta e media-alta tecnoloxía. A seguinte unidade comarcal en peso relativo é Valdeorras -pero lonxe do Carballiño-, cun peso relativo sobre o total da provincia que se limita ao 4,8%. Ademais, O Carballiño é xunto con Viana a única comarca ourensá na que creceu no último ano o número de afiliaciones nos sectores tecnolóxicos.
Por outra banda, é o territorio máis especializado de Ourense nos referidos sectores de alta e de media-alta tecnoloxía, que abarcan desde a industria química e os produtos farmacéuticos ata a informática, as telecomunicaciones, a automoción e o I+D.
Con todo, o Observatorio Económico Ourensán detecta como dato negativo que, no último ano, esta comarca sufriu un importante incremento do paro rexistrado nos sectores tecnolóxicos. A taxa de variación entre 2011 e 2012 conseguiu o 27% e a do período 2009-2012 disparouse ata o 63%, vinte puntos porcentuales por encima da media provincia e a dobre velocidade de crecemento con respecto da media galega.
O estudo sinala que a comarca do Carballiño figura por detrás das tres comarcas da provincia nas que subiu o número de centros de traballo durante a crise -Terra de Trives (5,8%), Verín (1,9%) e Ourense (1,1%)- e xusto a continuación de Allariz-Maceda (-0,8%).
O municipio do Carballiño ocupa o quinto posto entre as cabeceiras comarcais que lograron aumentar ou número de centros de traballo en plena crise. Pasou de 1.342 non ano 2007 a 1.378 non ano 2011, o que representa un incremento do 2,7%. As únicas cabeceiras que melloraron o rexistro do Carballiño foron Allariz (12,7%), Pobra de Trives (6,4%), Verín (5,6%) e Xinzo de Limia (5,3%).
Sen embargo, un dous datos máis preocupantes dá análise do Observatorio Económico Ourensán é a deterioración de actividade que se rexistra nos oito municipios rurais da comarca do Carballiño. De feito, entre vos anos 2007 e 2011 non houbo aumento de centros de traballo en ningún deles. En Punxín non hai taxa de variación nin positiva nin negativa, xa que repite número de unidades locais, se ben é certo que se trata do concello con menor achega comarcal, cifrada en tan só 34 centros de traballo.
Noutros dous municipios a taxa de variación do cuadrienio reflicte descensos case inapreciables. Tratase de San Cristovo de Cea, cunha perda do 0,6%, e de Piñor, cunha diminución do 1,1%. No resto da comarca, só Maside consegue evitar unha baixada inferior ao 10%. En concreto, perdeu ou 6,1% dous seus centros de traballo, mentres as estatísticas de San Amaro (-23,1%), Boborás (-21,9%), Beariz (-17,6%) e O Irixo (-13,6%) fan que O Carballiño sexa a segunda comarca da provincia con maior achega ao ranking provincial dous vinte municipios que perderon -en proporción- máis centros de traballo durante a crise. Só a bisbarra dá Limia presenta unha contribución máis alta, con sete concellos.
O mercado laboral da comarca do Carballiño é o máis castigado pola crise non conxunto dá provincia. No período 2008-2012, presenta a peor taxa de variación do paro rexistrado, cun incremento do 57,6%, ao pasar de 1.628 a 2.565 parados. Só outras dúas bisbarras ourensás sufriron, xunto con Carballiño, un crecemento superior ao 50%. Tratar de Allariz-Maceda, co 53,4% de aumento; e de Ourense, co 53%.
Se se estreita o período análise ao último ano, é dicir, se facemos a comparativa 2011-2012, entón O Carballiño remonta dúas posicións entre ás doce bisbarras ourensás, xa que presenta mellores rexistros que Caldelas e Trives. Neste caso, a taxa de variación interanual do Carballiño acadou ou 13,8%, moi en liña coa de Valdeorras (13,7%) e coa de Terra de Celanova (13,7%), e inferior ao 21% que acumularon tanto Trives coma Caldelas.
A pesares dá mala evolución dous últimos anos, os datos de paro rexistrado aínda non son desproporcionados na comparativa paro/poboación. Así, non Carballiño residen ou 8,8% dous parados da provincia e o 0,96% dous de Galicia, cando en poboación representa -con 28.891 habitantes en xaneiro de 2012- o 8,75% do total provincial e o 1,04% do total galego.
Aínda que segue a marcar máximos provinciais, con niveis moi altos, O Carballiño logrou minorar ou ritmo de crecemento do paro non último ano, en comparación cos anteriores exercicios en crise. Na cabeceira de bisbarra ou paro rexistrado medrou un 15,1% ao longo do 2012 e un 72% entre 2008 e 2012.
Non tocante ás afiliacións á Seguridade Social O Carballiño presenta valores intermedios en comparación co resto das comarcass da provincia. No período 2008-2012 perdeu 609 afiliados, que representan o 7,3% do total. Deste xeito non estivo lonxe dá media provincial, que rozou o 7%, nin do valor medio do conxunto de Galicia, situado nun 8,2%. Con ese rexistro do 7,3% de diminución, O Carballiño figura como a sexta bisbarra ourensá con menor descenso no número de afiliacións dende ou inicio da crise.
Na comparativa comarcal do último ano a súa posición empeora, ao ser a cuarta comarca con máis perda de afiliados, en concreto ou 4,4% interanual, só con mellor rexistro que Terra de Celanova (-5,8%), ou Ribeiro (-5,4%) e Valdeorras (-4,9%).
O portavoz socialista lamenta o mal estado das rúas Casanova, Estévez, Carrerira, Padre Eiján e Poreleira, asi como varios camiños no pobo de Cubilledo.
O Grupo Municipal Socialista de Leiro con rexistrou duas mocións nas que insta ó concello a que fiaga un Plan Integral Xeral para reparar as rúas do casco urbán de Leiro, así como facer melloras enerxéticas e de pavimentación nas rúas do pobo de Cubilledo, na parroquia de Gomariz.
O portavoz do PSdG no concello de Leiro, Manuel Rodríguez denuncia que non sexa o alcalde o que por iniciativa propia repare as rúas de Leiro que presentan un estado lamentable a nivel calzada, recollida de augas, buratos e desniveis considerables, no caso das rúas do pobo de Cubilledo en Gomariz a falta de melloras enerxéticas e de pavimentación, obrigaron ós veciños a presentar firmas expresando o seu malestar ante esta situación.
Por último o Grupo Municipal Socialista de Leiro, reclama que o alcalde inclua este Plan Integral de Mellora das rúas do casco urbán de Leiro, e as melloras enerxéticas e de pavimentación do pobo de Cubilledo na partida presupuestaria Municipal para o 2013, e no primero caso incluso no Plan Provincial 2013.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 661
- 662
- 663
- 664
- 665
- 666
- 667
- 668
- 669
- …
- seguinte ›
- última »