28, Xaneiro 2010

Tan só o 18,36% dos fogares das Comarcas do Carballiño e o ribeiro contan con acceso a internet, alomenos así o pon de manifesto a última enquisa sobre as condicións de vida das familias galegas relativa ás novas tecnoloxías, que ven de publicar o Instituto Galego de estatística. Con este dato confirmase que as Comarcas do Carballiño e O Ribeiro van moi por detrás doutras zonas de Galicia, xa que a media galega de acceso á rede acada ó 33% dos fogares, polo tanto, 15 puntos por debaixo no ámbito das dúas comarcas en relación á media autonómica. A "fenda dixital" inter-comarcal tamén se confirma noutros datos deste mesmo estudio do Instituto Galego de Estatística, xa que se utiliza menos o ordenador, realizanse menos compras a través da rede, e tamén se dispón de menos teléfonos móbiles que no resto de Galicia. Así, a porcentaxe da poboación maior de cinco anos que se conecta habitualmente a internet representa o 31,09%, aproximadamente unhas 14.400 persoas no conxunto das dúas comarcas. E tan só o 6,81% da poboación intercomarcal utilizou internet nas súas realcións coa administracción, serían desta maneira arredor de 3.300 persoas as que realizaron algún trámite coas administraccións públicas a través da rede. En canto ós fogares que contan con ordenador, son o 29,68% nas comarcas do Carballiño e O Ribeiro. Bastantes máis en relación ó resto de Galicia, tanto no acceso a internet como na súa utilización.

27, Xaneiro 2010

Unha empresa con domicilio social en Salamanca ven de solicitar un dereito de investigación en montes do Concello de Avión, nunha zona próxima ás localidades de Couso e Rubillón, con vistas á posible explotación mineira de estaño e wolframio. Un acordo do departamento territorial de Ourense  da Consellería de Economia de Industria somete a información pública a petición de dereito mineiro a favor da empresa "Salamanca Ingenieros S.A.". O prazo de exposición  pública é de trinta dias, e durante este periodo todas aquelas persoas ou entidades  que se consideren afectadas poden examinar o expediente e mesmo presentar as posibles alegacións no mesmo departamento territorial da Consellería de Industria. A actividade mineira, arredor da extracción de estaño e wolframio, non é nova na nosa Comarca, xa que este recurso mineiro xa se aproveitou no monte do Marcofán, en Beariz, ou no Testeiro, na zona que corresponde ó Concello do Irixo, onde a actividade mineira mantivose atá finais dos anos sesenta e incluso principios dos setenta do século pasado. Nalgunhas localidades como Cebral, Froufe ou Subirol, deu ocupación laboral á practica totalidade dos veciños da época, sobre todo durante os anos da segunda guerra mundial, cando o wolframio foi considerado como un material estratéxico. Agora, 40 anos despois, unha empresa volve interesarse polos seus dereitos mineiros, e desta vez no Concello de Avión.

25, Xaneiro 2010

O Concello de Boborás aprobou a súa adhesión o Consorcio do Noroeste, unha agrupación na que están integradas varios Concellos, todos eles gobernados polo PSOE, como son os de Maside, Piñor e Punxín, e outros da Comarca do Ribeiro, un proxecto inter-municipal ó que se une agora o Concello de Boborás, gobernado polo Partido Popular. A proposta de adhesión a este Consorcio do Noroeste parte do propio grupo de goberno do Concello de Boborás, que lidera o Alcalde Cipriano Caamaño. Ademaís da integración do Concello de Boborás no Consorcio do Noroeste, tamén se aprobaron os estatutos que rixen esta asociación de Concellos, e nos que figuran as funcións e actividades que desenvolverá, entre as que están a xestión dos servizos de recollida deresiduos sólidos, os servizos sociais ou a consecución e desenvolvemto de proxectos e recursos europeos. Na actualidade, O Concello de Boborás forma parte da Mancomunidade de Concellos do Carballiño e tén cedido o servizo da recollida do lixo á Deputación Provincial. Ademáis, nesta mesma sesión plenaria extraordinaria da Corporación Municipal de Boborás, tamén se aprobou a relación de obras que se solicitarán a través do Fondo Estatal de Investimento Local, para este ano 2010. Serán o acondicionamento do local social de Brués e o seu entorno; mellora da rede de residuais e bombeo de auga na parroquia de Laxas; proxecto de aforro enerxético en Pazos de Arenteiro, e nos edificios da Casa do Concello e o Centro de Saúde de Boborás, e na mesma Consistorial unha obra de mellora da accesibilidade para as persoas con discapacidade. Seguiráse incidindo na mellora da seguridade vial nas estradas, e para este ano acometeráse esta actuación no treito ente Albarellos e Salón. No centro social de Cameixa instalaráse unha cociña para dar servizo á persoas con dependencia,. acometeráse a mellora da calefacción no centro social de Albarellos, e a adecuación da pista polideportiva de Feás, asi como un proxecto de ampliación das redes multimedia para o acceso libre ás redes de telecomunicacións. Completan esta relación actuacións de interese social, consistentes na contratación de dúas perosas como auxiliares par o servizo de axuda no fogar. En total, son 329.000 euros os que o Concello de Boborás vai destinar a financiar  estas obras. 

24, Xaneiro 2010

Unha segunda parte tonta do Arenteiro deixou escapar outros tres puntos de Espiñedo, que está sendo un auténtico chollo para os equipos visitantes, desta foi o Ribadumia quen se impuxo con toda xustiza e foi merecedor incluso dunha victoria máis ampla, se temos en conta as ocasións creadas por unhos e outros no cómputo do partido. Con dúas partes diferenciadas, na primeira un discreto Arenteiro que a tres minutos do descanso lograba situarse por diante no marcador por medio de Nicol. O mesmo xogador tería a oportunidade de ampliar a ventaxa na derradeira xogada do primeiro periodo. Na reanudación, ós cinco minutos chegaría o gol do empate e desde entón o Ribadumia fíxose co partido, cun Arenteiro desaparecido do terreo de xogo e con clamorosos fallos defensivos, sen control e ningún tipo de reacción. Marquitos comezou a facer cámbeos e foi pior o remedio cá enfermidade, o Arenteiro volvíase máis torpe conforme pasaban os minutos e o Ribadumia, en xogadas a balón parado e o contrataque remataba a faena con dous novos goles. Quinta derrota do Arenteiro no que vai de liga en Espiñedo, o dito, un chollo este ano para os equipos visitantes. O próximo que pode aproveitarse da ganga é o Xuventude de Sanxenxo, o vindeiro domingo dia 31, xa que o Arenteiro volve xogar na casa.

22, Xaneiro 2010

O paro aumenta en todos os sectores e en todos os Concellos sen excepción, según os datos do Ministerio de Traballo correspondentes o pasado mes de decembro, e nos que se recolle tamén a evolución mensual e anual, tanto en porcentaxes absolutas como relativas. Das 2.185 persoas rexistradas como demandantes do emprego na Comarca do Carballiño, o 58% corresponde á capitalidade comarcal, o Concello do Carballiño tén 1.246 persoas no paro, das que 686 son mulleres e 560 homes, sumando un total de 217 novos parados durante o último ano. Por sectores, o de servizos é o que máis demandantes de emprego rexistra, son 657 persoas. Séguenlles a construcción, con 216 parados, e a industria, con 210. Sen emprego anterior son 137 os contabilizados e , finalmante, 26 no sector da agricultura. No resto da Comarca, Maside é o segundo Concello no ranking do paro, cun total de 267 persoas sen emprego, seguido do de Boborás con 183. Por atrás, situanse San Cristovo de Cea con 118 persoas incritas no paro, O Irixo con 96 e San Amaro con 95, por diante de Piñor que suma 88, Punxín 63 e Beariz con 33 persoas que esperan conseguir traballo.

21, Xaneiro 2010

As investigacións levadas a cabo pola Garda Civil tras o último roubo de xoias do pasado dia 8 nunha vivenda da localidade carballiñesa do Penedo, na parroquia de Partovia, concluiron coa detención de dous veciños do Carballiño e unha terceira persoa, unha muller con domicilio en Ourense, e como presuntos autores dun delito de roubo. A Garda Civil procedeu no transcruso da xornada de onte a detención de A.V.R. de 20 anos, e A.F.M., de 19 anos, ambos veciños do Carballiño e A.B.R, de 21 anos, de nacionalidade portuguesa e veciña de Ourense, como presuntos autores do roubo na vivenda de C.A.V., onde se apoderaran de xoias por valor de 7.000 euros. As xoias foron intervidas pola Garda Civil en dúas xoierías da cidade de Ourense, onde foran vendidas. Os tres detidos pasaron hoxe a disposición xudicial no Xulgado de Instrucción nº 1 do Carballiño, tras tomarlle declaración, o Xuiz decretou libertade con cargo para os tres detidos.

20, Xaneiro 2010

O Concello do Irixo levará a cabo durante este ano 2010 un proxecto de reforma integral das iluminacións públicas, que incluirá ademáis un plan de aforro enerxético, todo elo financiado a través do Fondo Estatal de Investimento Local. Na actualidade, explicou o Alcalde Manuel Penedo en Cope O carballiño "aínda temos no Concello do Irixo unhos cincuenta pobos nos que a compañía eléctrica nos cobra o consumo por tanto alzado, según o número de luces, e facturandonos 12 horas diarias de consumo, tanto no inverno coma no verán, o que non tén moito sentido". A reforma faráse na totalidade das iluminacións públicas, unha cen, e ademaís da modernización das infraestucturas, acometeráse un plan de aforro enerxético no que se investirán algo maís de douscentos mil euros. Penedo calcula que tras este investimento, o Concello do Irixo pasará a aforrar arredor do corenta por cento do gasto actuál, que está por enriba dos oitenta mil euros anuais. O Alcalde do Irixo tamén manifestou na súa intervención radiofónica que "tén que quedar moi claro que non se vai apagar ninha luz en ningún pobo, e que este proxecto vai supoñer unha mellora sustancial no servizo, ademáis dun aforro económico considerable para o Concello, que poderá destinar este diñeiro a outras necesidades"

19, Xaneiro 2010

Os pais e nais de alumnos do colexio Calvo Sotelo que están a demandar que se complete o proceso de implantación da xornada única trasladaron esta mañá a súa protesta atá a sede da Consellería de Educación, en Santiago de Compostela. Mentres a maioria facía pública a súa petición ás portas da Consellería, un grupo de oito pais e nais foron recibidos polo Secretario Xeral da Consellería, ó que fixeron entrega dun escrito con trescentas sinaturas de apoio a esta reivindicación. Tras esa reunión, os pais desplazados a Santiago valoraron positivamente a postura de diálogo do Secretario Xeral de Eduación, do que acadaron "un compromiso serio para estudiar o noso caso e buscar unha solución" declarou en Cope O Carballiño Ricardo Paz, como portavoz deste colectivo de pais, unha solución que se tratará de buscar " coa elaboración dun novo estudio sobre os costes no transporte escolar, facilitandolle documentación detallada ós pais, e colaborando unhos e outros na procura dunha solución que fora económicamente máis viable". De feito, e tras esa reuníon desta mañá na Consellería de Educación, as nais e pais desplazados a Santiago decidiron en asemblea desconvocar a protesta prevista a partir de mañá, e que consistiría en non enviar os fillos a clases, unha medida de presión que queda aplazada atá mediados do mes de febreiro, a tenor do que suceda nos vindeiros dias.

17, Xaneiro 2010

Sen excesos, ó práctico e tamén con algo de fortuna, asi se presentou o Arenteiro este sábado en Eiroás, onde calquera resultado que non fose a victoria sería un paso atrás para as aspiracións do equipo carballiñés. Eso sí, para asegurar os tres puntos houbo que esperar ós últimos suspiros do partido para que chegase o 0-2 da tranquilidade definitiva tras unha indecisión por parte da defensa do Covadonga . Antes, no ecuador da segunda parte Martín fixera xa o primeiro gol ó aproveitar un balón que non pudo atallar o meta local. O partido deste sábado tivo dúas partes nitidamente diferenciadas, unha primeira na que o dominio foi bastante alterno e na que o Covadonga pudo adiantarse dúas veces por medio de Iglesias. Tamén o Arenteiro tivo a súa ocasión nos primeiros campases nas botas de Diego soto. Na reanudación, o partido convertíuse nun monólogo do Arenteiro, sobre todo a partir de quedarse o Covadonga con dez trala expulsión dún dos seus dianteiros por protestar ó árbitro. Co 0-1 no marcadar o Arenteiro pudo marcar nun par de ocasións, e nunha delas Martín enviou o balón ó poste, tras esta xogada o carballiñés tivo que abandonar o terreo de xogo, mancado polo porteiro locatario coa súa impetusosa saída. En defintiva, o Arenteiro cumpliu o trámite e sumou os tres puntos ante un rival que non gaña desde o pasado mes de outubro. Unha victoria que sitúa os carballiñeses segundos na clasificación a un punto do líder Choco, e superando nun punto a Porriño e Estradense, os tres perderon nesta xornada, que resultou,pois, redonda para o Arenteiro.

15, Xaneiro 2010

O colectivo de nais e pais do CEIP Calvo Sotelo do Carballiño, partidarios da implantación da xornada única neste centro escolar, anunciaron varias medidas de protesta ante a Consellería de Educación, da que demandan que se complete o proceso para que os pais poidan decidir a modalidade de horario escolar que queren para os seus fillos. O vindeiro martes dia 19 trasladarán esta petición en forma de protesta atá a sede da Consellería de Educación en Santiago de Compostela, ónde ademáis esperan poder entrevistarse có Conselleiro, Jesús Vázquez, e coa intención de facerlle entrega dun escrito coas sinaturas de apoio a demanda dos pais. E xa adiantan tamén que os dias 20,21 e 22 os seus fillos non acudirán ó centro escolar, para  facer valer "o noso dereito a manifestar a nosa opinión". Neste sentido, manifestan que "o que estamos a defender é simplemente o dereito de todos os pais e nais a decidir, independentemente de que sexan favorables ou non ao cámbeo de xornada". O proceso de aprobación de cámbeo horario iniciouse co acordo favorable tanto do claustro como do consello escolar, pero viuse frenado no pasado mes de decembro có informe desfavorable da Unidade Técnica de Transportes da Delegación Provincial da Consellería de Eduación, contrario ó cámbeo horario o entender que no caso concreto deste centro escolar conlevaría un aumento no coste do servizo, unha valoración que non comparten os pais, e en todo caso, entenden que tampouco ese argumento pode invalidar o seu dereito a decidir. Denuncian, ademáis, que " a actitude da administracción foi totalmente irresponsable, xa que firmou un contrato por 10 anos cas empresas de transporte en data posterior  a ter coñecemento de que o noso centro quería intentar cambear a xornada"

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS