A proposta que o Partido Popular vai trasladar á Corporación Municipal do Carballiño persigue un doble obxetivo, concentrar os servizos de transporte de viaxeiros nun mesmo espacio e atopar unha ubicación céntrica para a construcción dun novo centro de saúde no Carballiño. Vai para dous anos que o Alcalde, Carlos Montes, anunciara o inicio de xestóns municipais para a adquisición por parte do Concello de terreos o máis céntricos posible, e que reunisen as condicións axeitadas, para poñelos a disposición da Xunta de Galicia con vistas á construcción dun novo centro sanitario na localidade. Incluso se apuntara por parte dos responsables municipais a intención de convocar un concurso público para que os propietarios interesados poidesen presentar as súas ofertas. Todo se quedou en nada. Agora, o Partido Popular quere reactivar este proxecto e ademáis introduce unha variante, a da concentración dos servizos de transporte de viaxeiros na actúal estación de ferrocarril, o que deixaría sen uso a actúal estación de autobuses, onde se ubicaría o novo centro de saúde. Con esta opción, o Concello non tería que facer ningún investimento na compra de terreos, sería suficente con solicitar a desafectación por parte da Xunta, como propietaria da estación de autobuses. Tan só faltaría a negociación co Adif para que dea luz verde a esta operación. O portavoz do Partido Popular considera que "é un clamor entre o sector do transporte agora que se fala de estación intermodal en Ourense, que no Carballiño fagamos algo así, sería bó para as empresas e bó para o cidadán do Carballiño". Argimiro Marnotes tamén subliña como desa maneira se resolvería o problema de encontrar unha ubicación céntrica para a construcción dun novo centro de saúde no Carballiño, xa que os terreos que ocupa a estación de autobuses teñen carácter dotacional, xa non sería necesaria ningunha recalificación urbanística. O Partido Popular agardará ó vindeiro mes de febreiro para presentar esta proposta ó Pleno da Corporación porque en opinión de Marnotes "despois de dous anos que leva o Alcalde buscando terreos, non sabemos nunca se busca ou non busca, ou pasa coma tantas outras cousas que vai levando o vento"
Un Arenteiro encoraxinado e cunha aptitude moi distinta a amosada o pasado domingo en Espiñedo, con capacidade e boa disposición, sorprendeu no campo do Lourambal atá o esta noite invicto lider da categoria, o Porriño Industrial, que sufríu asi a primeira derrota da temporada. O partido correspondia o campionato de liga na preferente, e fora aprazado no seu dia debido o elevado número de baixas por lesión e enfermidade no equipo carballiñés. Tras o patinazo do pasado domingo ante o Nogueira, poucos eran os optimistas neste desprazamento ante o líder e neste partido nocturno no que o Arenteiro demostrou que fora de Espiñedo é un equipo moi distinto. Malia que o Porriiño afrontaba o partido mermado polas baixas de cinco titulares, por lesión e expulsiós, comezou adiantandose no marcador no minuto 41 de partido, tras unha indecisón en defensa entre Michel e Tacón, e asi se chegou o descanso. Na segunda parte o Arenteiro foi quen de remonatar o partido. No minuto 48 Martín lograba o empate a pase de Oliveira, e cando xa se xogaba o tempo de desconto, no m. 94 Tacón lograba o gol da victoria tras executar unha falta directa. Tres puntos de ouro para este sorprendente Arenteiro.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas adxudicou, de xeito provisional, as obras de acondicionamento do entorno do Templo de Veracruz. A empresa adxudicataria foi Misturas Obras e Proxectos S.A., por un importe de 957.882 euros. Esta actuación consiste nas obras de urbanización e pavimentación do contorno do templo de Veracruz , e teñen un prazo de execución de dez meses.O anterior departamento responsable en materia de ordenación asinou en setembro de 2006 un convenio de colaboración entre o Goberno galego e o Concello de O Carballiño, polo cal se comprometía a financiar o 100% das obras de reurbanización. Posteriormente, esta colaboración modificouse e para iso o anterior executivo asinou tres addendas ao convenio; a primeira e a segunda formalizáronse para axustar as anualidades establecidas e a terceira asinouse ao incrementar a contía aportada pola Xunta -en case 80.000 euros- para aumentar o ámbito de actuación
A Consellería de Medio Ambiente reactivou esta colaboración a través da autorización polo Consello da Xunta dunha addenda ao convenio. Esta decisión esta xustificada pola necesidade de modificar as anualidades e prolongar a vixencia do acordo, coa finalidade de adaptar as contías económicas coas fases de execución dos traballos.
Este tipo de actuacións redundará na mellora do espazo público, na modificación parcial dalgunhas das redes de infraestruturas dos servizos urbanísticos existentes e na dotación de redes na vía de nova construcción. O Partido Popular do Carballiño, que deu a coñecer a adxudicación da obra por medio dun comunicado informativo, puxo de manifesto "a satisfacción pola rápida actuación da Xunta nos últimos meses, no que vai ser o proxecto máis importante do Carballiño nos últimos anos"
As obras teñen como base o acondicionamento do contorno do templo de Veracruz. Os traballos céntranse en mellorar e cualificar o contorno do templo e construír unha nova rúa, a rúa Antonio Palacios, así como mellora o trazado e a aliñación da rúa dos Canteiros. Estas dúas vías, xunto coa de Evaristo Vaamonde, delimitarán o recinto do ámbito do templo. O convenio asinado tamén fixa que se acondicionará o propio contorno do edificio, co tratamento superficial e a incorporación de árbores e de vexetación.
A medida afectará a todos os centros de ensinanza non universitaria, como os pertecentes a rede galega de escolas infantís, que non terán actividade durante a xornada deste mércores 16 de decembro. O motivo é a previsión dun fenómeno meteorolóxico adverso, polo que as autoridades optaron pola suspensión cautelar da actividade nas aulas para "que non se produzca ningunha incidencia no acceso dos escolares e preservar a seguridade do alumnado, profesorado e persoal non docente". A Dirección Xeral de Emerxencias decretou a alerta laranxa por neve, tras as prediccións en forma de neve por enriba dos 300 metros, subindo a cota según avance o dia. Desta maneira, e según a axencia estatal de meteoroloxía, poderíanse acadar atá os 2centímetros de neve nas zona noroeste da provincia de Ourense, que poderían subir atá os 10 centímetros nas serras do Suiído e O Testeiro, nos Concellos de Avión, Beariz e O Irixo.
A operación, que levan a cabo a Policia Xudicial e a Garda Civil do Carballiño, continua aberta e non se descartan novas actuacións. De momento, cinco persoas foron imputadas como presuntos autores de diversos delitos de roubos, apropiación indebida, e incluso simulación de roubos, tras as investigacións que se viñeron realizando desde o pasado mes de xullo en relación o esclarecemento de diversos feitos delictivos contra o patrimonio, dos que resultaron afectadas as UTE que realizan as obras do AVE na Comarca do Carballiño, concretamente UTE Carballiño e UTE Maside. As imputacións a estas cinco persoas producense despois das investigacións e toma de declaración a traballadores destas emprresas, e persoal directivo e de seguridade. No curso das investigacións realizaronse visitas e inspeccións a centros de clasificación e reciclaxe de materiais férricos, localizandose vendas por valor de 60.000 euros, e acadando as cantidades controladas un peso de 300.000 kilos, constatandose ademáis a existencia de irregularidades nos cobros e expedición de facturas.
A proxección que inaugurará esta nova experiencia será a da película "Millenium 2 ", a segunda entrega da triloxia inspirada no "Best-Seller" de Stieg Larsson, que poderémos ver no auditorio do Carballiño na derradeira fin de semana deste ano. E xa os dias 2 e 3 do vindeiro mes de xaneiro haberá cine infantil. Despois, as proxeccións cinematográficas sucederánse durante todo o ano, eso sí, de momento cunha periodicidade mensual, unha vez o mes, aínda que se o público responde a idea da concelleira de cultura é programar cine con carácter quincenal. Asunción Rivero vé asi cumplido un obxetivo que dá resposta a "unha inquietude que me viñeron presentando veciños, xóvenes e comerciantes, desde que ocupo a concellería de cultura, a de ter novamente cine no Carballiño, cubrindo un espacio desatendido desde que pecharon as salas de cine". Para facer posible esta programación cinematográfica estable, o Concello do Carballiño deu de alta o auditorio como sala exhibidora ante o Instituto das Cencias cinematográficas e audiovisuais, do Ministerio de Cultura, de tal maneira que coa nova lei do cine perimitirá que O Carballiño "entre no cirucuíto de exhibición de salas de cine". A Concelleira de cultura tamèn destacou o esforzo que ven de facer o Concello do Carballiño, dotando o auditorio dun bó equipamento para a exhibición cinematográfica, despois do investimento de 45.000 euros, un esforzo que espera siirva agora ofrecer Ó Carballiño non só unha nova oferta cultural senón tamén "un impulso económico para comerciantes e hosteleiros, xa que esperamos que a xente doutros Concellos veñan ó cine Ó Carballiño, e aproveite para comer e realizar outras actividades".
En 94 minutos de partido o Arenteiro foi incapaz de tirar nin tan xiquera unha vez con perigo entre os tres paos da portería rival, e eso que enfronte tiña ó colista da categoria, o Nogueira de Ramuín, que polo visto no municipal de Espiñedo é un equipo máis propio da primeira rexional que da preferente. Pois este endeble rival foi capaz de tutear ó Arenteiro e, se temos en conta as ocasións que creou nos primeiros vinte minutos de partido, tampouco sería unha inxustiza que se houbese levado os tres puntos, e se non aconteceu asi foi pola candidez dos seus dianteiros e tamén, nun par de ocasións, polas excelentes intervencións do meta local Iván, acaso o único que pode salvarse do grotesto espectáculo que ofreceu este Arenteiro. Sen entrar a valorar que no equipo faltaban por lesión varios titulares, o certo é que sobre o terreo de xogo, os que sairon estiveron completamente perdidos e sen saber qué facer co balón, sen dar sensación de equipo en ningún momento. Na defensa, un coladeiro que non soubo aproveitar o Nogueira; un obtuso centro do campo e adiante un ataque romo ou practicamente inexistente, salvo dúas xogadas personais e ailladas, unha de Oliveira e outra de Martín, na que estivo a punto de soar a flauta. Foi todo o que ofreceu este paupérrimo Arenteiro que nos últimos seis partidos como local suma dous puntos, con catro derrotas e dous empates. E aínda así os máis fieis seguen achegandose a Espiñedo, eso si, unha afección tan decepccionada e fria como a tarde deste domingo 13 de decembro, festividade de Santa Lucía, a protectora da vista, á que deberiámos encomendarnos porque a este Arenteiro parece ser que a vista élle a dun "tuerto" .
A páxina vweb do Concello do Carballiño aparece desde fai varias semanas presidida pola fotografía dunha mezquita turca, tralo ataque da que ven de ser obxeto por parte de piratas informáticos, e sen que os responsables municipais advertisen esta circustancia. Ademáis da foto da mezquita, tamén aparecen varios textos en inglés, ún deles co nome dos piratas informàticos que "hackearon" www.carballino.org, a páxina oficial do concello carballiñés. asi como outro texto no que figura un E-Mail de conctacto e a dirección dunha páxina web turca que acolle varios foros de debate. O insólito é que transcurridas varias semanas, os responsables municipais recoñeceron esta mañá descoñecer a situación.
A empresa Iberbanda foi a adxudicataria do contrato de concesión para desenvolver o proxecto de implantación e posterior explotación dunha rede de banda ancha para o acceso á internet nas comarcas do Carballiño e o Ribeiro, que financia a Deputación Provincial mediante axudas Feder para o desenvolvemento rural e urbano, cun investimento que ronda o millón de euros. Trátase do programa "Terras do Avia", que abrangue os concellos de ambas comarcas, cunha pobación total de 49.261 habitantes, dos que o 85% dos mesmos, é decir, 41.858 terán a posibilidade de conectarse o sistema WIMAX de banda ancha para acesso a internet, coas prestacións da alta velocidade, a implantar progresivamente durante o vindeiro ano 2010, coa instalación de estacións base WIMAX e radioenlaces punto a punto, que darán cobertura atá o 85% da poboación intercomarcal. Iberbanda desenvolverá un plan de implantación técnica da rede en tres fases, estando prevista a primeira delas para maio de 2010, cunha cobertura arredor do 37% da poboación á que se lle ofertará o servizo. No mes de xullo de 2010 a cobertura deberá chegar ó 83%, e finalmente, no mes de setembro de 2010 deberá quedar cuberta o 100% da poboación. Cada usuario que elixa este sistema de conexión a internet pagará unha cuota de 39 euros ó mes.
Xusto reparto de puntos no campo redondelán de Santa Mariña, nunha tarde de sábado típicamente invernal, con chuvia durante todo o partido e un terreo de xogo en moi deficientes condicións para a práctica do fútbol. Con este panorama, non quedaba outra táctica que xogar ó pelotazo e eso foi o que fixeron unhos e outros que, asi e todo, puderon marcar algún gol. Para o Arenteiro, a mellor oportunidade foi para Martín, sen embargo xa nos últimos suspiros do encontro o meta Iván, nunha extraordinaria intervención, impedíu que Kennedy sentenciase o partido a favor do Choco. No Arenteiro, os mellores volveron ser Diego Soto e Iago, asi como o regreso de Nacho Currás,dando maior solvencia á liña defensiva, que despois de varias xornadas por fin consigue deixar a porteria a cero.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 749
- 750
- 751
- 752
- 753
- 754
- 755
- 756
- 757
- …
- seguinte ›
- última »