18, Novembro 2009

Dende a Concellería de Igualdade e Benestar do Concello do Carballiño, a súa titular, a concelleira do BNG Aúrea Francisco ven de emitir un escrito no que manifesta a "súa repulsa e malestar pola subvención municipal á 2ª subida a Cabanelas", que se vai celebrar esta vindeira fin de semana. O motivo desta protesta ten que ver coas publicacións deste acontecemento automobilístico que organiza unha escudería carballiñesa. A Concelleira critica como ó lado de distintas empresas e entidades, entre as que figuran a Deputación de Ourense, A Xunta de Galicia e o propio Concello do Carballiño, aparecen "anuncios de negocios ou empresas que teñen como actividade principal, precisamente vivir do fomento de actitudes e comportamentos sexistas". Ademáis, manifesta que "sen querer entrar a valorar máis en profundidade estas actividades", recorda como na propia lexislación sobre igualdade especifícase que nos proxectos e actividades sufragadas total ou parcialmente con diñeiro público debese garantir que a linguaxe ou os contidos sexan non sexistas. Finalmente, a Concelleira carballiñesa "lamenta profundamente estes feitos, que se producen a poucas datas de celebrarse o dia internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, e por iso instamos a todos os organismos de carácter público a que revisen os espazos ou publicacións onde figure propaganda institucional, para que estes despropósitos non se repitan". Áurea Francisco é a Concelleira de Igualdade e Benestar no goberno municipal bipartito do Carballiño, que desde o pasado mes de outubro forman PSOE e BNG.

17, Novembro 2009

Con motivo da “Campaña de sensibilización e fomento da reciclaxe dos Residuos Sólidos urbanos” levada a cabo pola Deputación Provincial de Ourense, convídase ós veciños desde o Concello de San Cristovo de Cea convidase a toda a veciñanza a asistir ás charlas informativas que terán lugar nos centros sociais das distintas localidades do municipio, entre o 19 de novembro e o 4 de decembro de 2009. 

-Cea.19 de novembro.as 18:30 horas - Lugar Multiusos
-S. Facundo.20 de novembro ás 18:30 horas - Lugar Centro Social
-Vales. 23 de novembro 18:30 horas - Lugar Centro Social
-Bustelo. 24 de novembro 18:30 horas - Lugar Centro Social
-A Grela. 25 de novembro 18:30 horas - Lugar Centro Social
-Casasnovas. 26 de novembro 18:30 horas - Lugar Centro Social
-Pereda. 27 de novembro 18:30 horas - Lugar Centro Social
-Fatón.27 de novembro 20 horas –Lugar Bar de Fatón
-Faramontaos de Viña. 30 de novembro 18:30 horas - Lugar Centro Social
-Toubes. 1 de decembro 18:30 horas - Lugar Centro Social
-Lamas. 2 de decembro 18:30 horas - Lugar Centro Social
-Oseira. 3  de decembro 18:30 horas - Lugar Centro Social
-Cea. 4 de decembro – Lugar Multiusos – CHARLA DE REMATE cunha conferencia sobre medidas de aforro da auga  e repartiranse embudos para botar o aceite doméstico en botellas de plástico para logo levalos ós novos contedores de aceite situados na Praza Maior e ó remate da Rúa España.
Así mesmo, nos pequenos núcleos do Concello nos que haxa contedor amarelo, dous monitores visitarán porta a porta ós veciños informando da importancia da reciclaxe e da existencia do punto limpo.

17, Novembro 2009

Visiblemente afectada, e tamén "sorprendida de que sexa Marnotes quen fale deste tema, porque aquí todos nos coñecemos", a concelleira socialista do Carballiño Asunción Rivero, a quen o PP involucrou nun fraude de lei por "regalarlle un contrato de traballo para liberala coma concelleira", compareceu esta mañá ante os medios e despois de pasar unhos dias fora do Carballiño, para dar resposta as acusacións do Partido Popular. Rivero confesou sentirse orgullosa da súa humilde orixe familiar e de "terse feito a sí mesma" e nese sentido o que máis lle molestou foron "as dudas sobre a miña valía profesional". Tamén engadiu a concelleira socialista que sobre a súa vida profesional non tén por qué dar explicacións a ningúen, e que tratou e tratará de seguir compaxinando a súa vida profesional coa actividade pública que desenvolve no Concello do Carballiño. Preguntada sobre si a súa relación laboral tivera que ver coa Xunta de Galicia, Asunción Rivero recoñeceu que "evidentemente sí, pero creo que me avala a miña valía profesional".

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Asunción Rivero concelleira socialista no Carballiño

16, Novembro 2009

A praza maior de Cea acollerá o vindeiro sábado 28 de novembro o que será, seguramente, o derradeiro gran magosto popular deste ano na nosa Comarca. E é que, tal como ven sendo xa habitual nos últimos anos, o Concello de San Cristovo de Cea ven retrasando a celebración desta festa ós últimos dias de novembro. Para esta ocasión, contaráse con música en directo, a animación estará a cargo dun dúo musical, e a festa faráse baixo carpa, asi que non haberá problemas coa meteoroloxía. O menú prrevisto será a base de empanada, chourizos asados con pan, queique, castañas, viño e auga, e os bonos que terán un coste de 5 euros por persoa poden retirarse atá o dia 25 na casa do Concello de San Cristobo de Cea.

16, Novembro 2009

O programa, que será moi práctico e ameno, está dirixido a persoas de todas as idades, que poderán participar nas distintas actividades que se van desenvolver, entre elas, charlas impartidas polo experto micólogo Ricardo Mínguez, presentación de libros de micoloxia, saída ó monte para recoller cogomelos, talleres de cociña, e atá unha cea-degustación que terá lugar o sábado dia 21 e que servirá para clausurar estas xornadas organizadas polo Concello de Maside, que se iniciarán o dia anterior, o venres 20. Cada participante reicibirá un diploma acreditativo, e ademaís, coincidindo coa celebración destas xornadas levaráse a cabo un concurso fotográfico e para os maís cativos outro concurso, neste cso será de debuxo e orientado ó almnunado de ensinanza infantil e primaria dos centros púlblicos de Maside. Ademáis, os asistentes recibirán un receitario de cómo conservar e cociñar cogomelos, elaborado por Daniel García Fernández, veciño de Maside e xefe de cociña do restuarante Mosteo de San Clodio. A incripción para estas xornadas é gratuíta e para poder asistir á cea-degustación do sábado haberá que abonar 5 euros. Para máis información, pode consultarse en www.concellodemaside.es

16, Novembro 2009

O Goberno Municipal do Concello de Boborás ven asegurando nos últimos meses que as axudas que concede ás familias polo nacemento de fillos está contribuíndo en gran maneira ó aumento da natalidade neste Concello. Según os datos municipais, no pasado 2008 houbo 13 nacementos e no que levamos de 2009 xa son 23 os novos veciños recén nacidos que pasaron a engrosar o padrón municipal de habitantes. Sen embargo, as optimistas avaliacións dos responsables municpais foron matizadas pola portavoz do BNG en Boborás María Dolores Cachafeiro, xa que no transcurso da súa interveción de hoxe no programa "A Mañá de Cope" a nacionalista asegurou que o Concello de Boborás está dando estas axudas a "familias que viven fora de Boborás, polo que se trata dunha política engañosa que non tén moito sentido". A ordenanza municipal que regula a concesión destas axudas contempla unha axuda de 500 euros por cada recén nacido no Concello de Boborás, e 50 euros mensuais durante os dous primeiros anos de vida. En total, O Concello de Boborás xa leva desembolsado un total de 20.750 euros.

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Mª Dolores concelleira do BNG en Boborás

15, Novembro 2009

O Arenteiro xogou por vez primeira na súa historia un partido campo de futbol da Uceira, onde se enfrontou en partido de liga ó Caselas, e perdeu por 0-2. O mal estado no que se atopaba o terreo de xogo do campo de Espiñedo, onde tería que xogarse o encontro, levou a directiva do club a adoptar esta decisión na mesma mañá do domingo, e despois de comprobar a gran cantidade de auga que se acumulaba no terreo de xogo de Espiñedo, que parecía maís unha piscina que un campo de fútbol. Por este motivo, o encontro trasladouse o novo campo de herba artificial da Uceira, onde malia as fortes e continuas chuvias caídas no Carballiño durante toda a fin de semana, pudo celebrarse o partido con absoluta normalidade. O bó estado no que se atopaba o moderno terreo de xogo da Uceira sorprendeu e mesmo recolleu os eloxios dos aproximadamente 150 afeccionados que desafiando a desapacible tarde achegaronse a presenciar o encontro. A magoa, o resultado, novamente adverso para un Arenteiro empeñado en perder na casa o que gaña fora. A victoria visitante fraguouse na primeira media hora de partido, xa que o Caselas saíu máis metido no encontro ca un Arenteiro que non espabilou atá os últimos dez minutos da primeira parte. Xa na segunda metade, o partido foi practicamente un monólogo verde, con atá media ducia de ocasións fallidas ante a meta do Caselas, que conseguiría o seu segundo gol xa no minuto 90. O resultado, desta vez, pudo ser atá algo inxusto se se quere, pero tamèn é certo  que o equipo que non é capaz de facer gol tampouco merece gañar un partido. En definitiva, terceira derrota nesta liga do Arenteiro, e as tres como local, que deixan os carballiñeses en terceira posicicón na clasificación, a dous puntos do Estradense, segundo calsificado, e a cinco do líder Porriño Industrial e próximo rival do Arenteiro no desplazamento do vindeiro domingo.

13, Novembro 2009

O Portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Argimiro Marnotes, asegurou hoxe "un fraude de lei para liberar á unha concelleira do PSOE no Carballiño", en referencia á concelleira Asunción Rivero, agora á fronte do departamento muncipal de cultura, educación e xuventude, e atá fai unhos dias, antes de asinarse o pacto co BNG, responsable municipal de servizos sociais, sanidade e planificación urbanística. Según o PP, a concelleira carballiñesa "leva traballando cerca dun ano para a asociación de mariscadores e mariscadoras de Galicia", unha asociación con sede en Vigo. Pregúntanse os populares como "se pode entender que esta persoa poida atender  o traballo polo que lle pagan, pois a non ser que sexa nos horarios propios do manrisqueo, é imposible, xa que de todos é coñecido que pasa as mañás e as tardes no Concello". Considera ademáis como pouco ético que , nos tempos que corren e cando o traballo é o que maís preocupa á xente, se lle regale un soldo a unha persoa, mentres "Ó PSOE no Carballiño éncheselle a boca falando do progresistas que son, polo que é o momento de desenmascarar a estas persoas". O Partido Popular, que califica o caso de grave, recorda o parentesco de Asunción Rivero co ex-Presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño, xa que "estamos a falar da prima de Touriño como a presentou Carlos Montes nas eleccións muncipais de 2007, ou a concelleira do PSOE no pobo de Pachi Vázquez, ex-Conselleiro de medio ambiente". Finalmente, o Partido Popular manifesta unha dúbida, que se debería aclarar, "saber quen destes dous foi o que lle facilitou o contrato a Asunción Rivero".

12, Novembro 2009

As bancadas da oposición, valeiras.

Os catro represantes da oposición na Corporación de Boborás non asistiron o pleno extraordinario celebrado a última hora da tarde. A hora de iniciar a sesión , o Alcalde Cipriano Caamaño amosou a súa sorpresa ante a ausencia, e inmediatameente despois ironizou decindo que "podiamos gardar un minuto de silencio porque a oposición parece que está morta". O pleno celebrouse coa presencia de 6 concelleiros do Partido Popular, faltou ún, suficientes para completar o quorum en primeira convocatoria. A continuación, Caamaño dirixiuse o público presente no salón de actos, defendendo a medida de recortar as iluminacións públicas porque "había un exceso de luces e a maioria da xente estaba dacordo con eesta proposta". A decisión da oposición de non acudir a esta sesión plenaria adiantámola desde esta emisora no programa "A Mañá de Cope". Os catro concelleiros e concelleiras que integran os grupos municipais do BNG e PSOE decidiron non acudir a esta convocatoria. A medida acordouse como sinal de protesta "por non seren atendidas as demandas veciñais e tras declaracións insultantes por parte do Alcalde cara a oposición en distintos medios de comunicación", xustificou a portavoz do BNG Maria Dolores Cachafeiro. A concelleira nacionalista explicou que " a controvertida decisión do Alcalde de apagar a determinadas horas o alumeado público provocou nos veciños e veciñas certa alarma social, que o BNG recolleu e trasladou o Alcalde xa no pasado mes de setembro". Tamén manifestou que, durante este tempo, lonxe de buscar unha solución e reunirse cos grupos políticos, tal como se lle pedía, o Alcalde "lévase prodigando nos medios de comuncicación co único obxetivo de descalificar, e agora atopámonos coa convocatoria dun pleno extraordinario onde nin na orden do día nin no expediente que se lle facilita á oposición figura para nada algún punto onde se trate o tema que está a preocupar verdadeiramente ós veciños de veciñas". Esta decisión de non acudir ó pleno, inicialmente adoptada polo BNG, foi secundada polos concelleiros do PSOE. As bancadas da oposición permaneceron valeiras por primeira vez na historia recente do Concello de Boborás.

11, Novembro 2009

O responsable municipal de Obras e Urbanismo, Manuel Amil, ven de reunirse co xerente de Xestur Argimiro Marnotes, unha xuntanza na que tamén estivo presente o Alcalde Carlos Montes, para analizar a problemática na avda. de Compostela, relativa ás defiencias derivadas da obra de reforma que se acometeron recentemente, daquéla non se separaron as augas pluvias do alcantarillado, e desde entón veñense producindo inundacións nos baixos e sotos de varios edificios, e na propia rúa, que xa teñen provocado varias incidencias no tráfico. Amil asegurou que se están estudiando posibles solucións para levar á practica e solventar esta problemática, que ven motivando as protestas dos veciños afectados. O Tenente Alcalde tamén anunciou que xa encargou a elaboración ós servizos técnicos muncipais un estudio de avaliación da seguridade vial nas rúas do Carballiño, coa finalidade de proxectar fucturas actuacións e tamén adaptar e correxir na medida do posible as deficiencias que se detecten, na procura de mellorar tanto a seguridade como a accesibilidade nas vias carballiñesas Neste senso, para este xoves dia 12 á unha da tarde, o Concelleiro vaise reunir coa veciñanza da rúa Virtude, e coa idea de consensuar a mellora da seguridade vial nesta rúa na que o tráfico aumentou considerablemente no último ano e desde que se prohibíu o acceso desde o cruce de Ribadavia a través da rúa Ribeiro. A intención de Manuel Amil é acometer a construcción de beirarúas para mellorar a seguridade vial nesta rúa que enlaza o cruce de Ribadavia coa rúa San Cibrán.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS