22, Outubro 2009

O sábado día 24 de outubro terá lugar no Pobo de Maside a conmemoración do Día da Muller Rural. Este acto está organizado pola Asociación de Mulleres Rurais “Sta. Agueda” de Maside, que conta coa colaboración da Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense,  a Deputación provincial de Ourense e o Concello de Maside. Nesta xornada participarán máis de 370 mulleres pertencentes a Asociacións de Mulleres Rurais da Provincia de Ourense, e que forman parte da federación provincial.

 As actividades comezaran ás 10:30 h. coa chegada das Asociacións participantes e unha recepción na Praza Maior de Maside, polo Presidente da Deputación Xosé Luís Baltar Pumar, o Alcalde do Concello de Maside Celso Fernández López, a Concelleira de Servizos sociais deste mesmo concello, e o portavoz do Partido Popularen Maside; a xornada será amenizada pola  Grupo de gaitas “ Xalundes”.Pasando a degustación dun chocolate con biscoitos, que as mulleres da Asociación Sta. Agueda prepararan como recibimento os/as convidadas/dos.

 O propósito e potenciar e que se valore o papel femenino no traballo do medio rural, intentando promover a igualdade de oportunidades das mulleres no medio rural e incentivando unha maior presenza en tódolos ámbitos ( social, político, económico, laboral...)

 Ao mesmo tempo pretendese que sexa unha xornada de  aprendizaxe e coñecemento do nosos entornos, realizando unha serie de visitas que fagan coñecer os nosos pobos  mais pretos, neste caso o Pobo de Maside, como forón nos casos de anos anteriores Bande, Baltar,  ou O Carballiño.

 

 

 

 

20, Outubro 2009

As asambleas locais de PSOE e BNG deron luz verde o pacto que ambas formacións políticas suscribirán para conformar un novo goberno municpal bipartito no Concello do Carballiño, que pasará a contar cunha ampla maioria de 12 concelleiros. Na oposición quedase en solitario o Partido Popular, con cinco concelleiros. O acordo entre socialistas e nacionalistas deixa atrás cinco meses dunhas negociacións que estiveron por varias veces ó borde da ruptura, pero que finalmente pudo consumarse salvando as diferencias que durante este tempo foron xurdindo por ambas partes, sobre todo no tocante o recelo de unha parte do grupo socialista polo reparto das áreas que reclamaba o BNG para a súa xestión, as de obras e urbanismo, medio-ambiente e servizos sociais. Nos últimos dias, as presións das cúpulas de ambos partidos foi determinante para a resolución favorable das negoaciacións. Desta maneira, e coa integración do Bloque Nacionalista Galego no goberno Municipal do Carballiño, Manuel Amil asumirá as responsabilidades da área de Obras e Urbanismo, aínda que compartindo a xestíón da brigada de obras conxuntamente coa área do medio rural, que seguirán dirixindo os socilaistas. A área de medio ambiente terá á fronte a Bernardo García, mentres que as outras dúas concelleiras do BNG, Aúrea Francisco e Maria Jorge faránse cargo de servizos sociais.

Queda agora por definir a reubicación de responsabilidades e concellerias que obstentarán os oito representantes que os socialistas aportan o novo goberno bipartito, que liderarán o Alcalde Carlos Montes e o poirtavoz do BNG Manuel Amil, que ademáis será Teniente Alcalde.  O acordo recolle que o novo grupo de goberno funcionará coma un ente sen fisuras e baseado en tres principios fundamentais, os de unidade de xestión, autonomia con delegacións plenas ás diferentes concellerías, e eficacia.  Entre os compromisos acadados figuran a realización dunha auditoria, a realizaciòn dun estudio de potenciaciòn dos recursos da radio municipal, a implantación dun plan económico dirixido a apoiar ós pequenos empresarios locais e de contención dos gastos muniicpais, ou buscar unha nova ubicaciòn para a nave de protección civil.Finalmente, o acordo fai referencia a importancia que para o novo goberno muncipal terán proxectos tales como a aprobación dun novo plan urbanístico , ou manter unha liña de transparencia e igualdade na política de persoal e contratación.

19, Outubro 2009

O xuizo quedou visto para sentencia, despois de que tanto a defensa como a fiscal pedisen a libre absolución dos ecoloxistas ós que se lles acusaba de entrar sen autorización á canceira da Medela. A denuncia fora presentada polo traballador do departamento de medio-ambiente  e encargado das instalacións, José Angel Hermida, contra catro ecoloxistas pertecentes as asociacións Amigos da Terra, Matar por matar non e Adega, que o dia 3 do pasado mes de marzo acudiran á canceira para interesarse polo seu funcionamento, do que viñan facendo un seguimento desde tempo atrás. Ese dia, ademáis encontraronse coa existencia dunha fosa na que estaban depositados varios cans mortos, o que dera lugar a unha investigación do Seprona na que se certificara tanto a existencia desta fosa como doutras irregularidades no funcionamento deste servizo municipal, asi como a desapariciòn de 76 cans. Nos dias posteriores, o traballador municipal denunciara ós ecololxistas por entrar sen permiso nas instalacións. No transcurso da vista oral, o denunciante recoñeceu que non coñecia ós ecoloxistas e que foran axentes da Policia Local os que identificaran posteriormente ós denunciados, e tamén adimitíu que no día de producirse os feitos que motivaron a denuncia non existía cartel algún que indicase a prohibición de entrada ó recinto municipal. Pola súa parte, os ecoloxistas manifestaron que detrás da denuncia agochabanse criterios políticos, en referencia ós responsables municipais do Carballiño e coa idea de "amedrentalos" na súa labor de control e denuncia pública de todas as irrregularidades que veñen delatando en relación á canceira do Concello do Carballiño. Tamén aclararon os ecoloxistas ante a Xuíz que non existía ningún tipo prohibición que advertise desta circustancia para acceder a estas instalacións públicas. Ó xuizo non compareceu ningún representante do Goberno Municipal.

19, Outubro 2009

O detido, tras prestar declaración esta mañá no Xulgado nº 1 do Carballiño, foi trasladado ó cárcere de Pereiro de Aguiar. Nas súas manifestacións ante a Xuíza, G.F.L. asegurou non recordar os feitos tras consumir drogas e alcohol, modificando desta maneira a declaración que onte realizara ante a Garda Civil do Carballiño, tras a súa detención, xa que daquela recoñecera a autoria dos feitos, utilizando para a agresión un coitelo que levaba no coche que despois tirara a unhas silveiras. Tamén se soubo tras a súa comparecencia ante Xuiíz, que o preso tiña en vigor dúas órdes de afastamento distintas, unha respecto da víctima deste suceso, desde o pasado mes de setembro, e outra anterior respecto de outra ex-parella. Mentres, Sofia Rial, a xoven víctima deste grave episodio de violencia machista, permanece no servizo de reanimación do CHOU, permanece sedada e con respiración asistida e o seu estado segue sendo grave.Tras romper co agresor, co que mantivo relacións durante catro anos, a moza regresara ó domicilio dos seus país na Arnoia, onde os veciños aseguran que malia a orde de afastamento tiñan presenciado como en varias ocasións o home se aproximara á víctima en actitude agresiva.

18, Outubro 2009

A Garda Civil do Carballiño detivo esta pasada madrugada a G.L.F., veciño de Esposende (Ribadavia), e de 29 anos de idade, como presunto autor dun delito de tentativa de homicidio, ó apuñalar  a súa ex-parella, unha rapaza de 21 anos de idade e veciña da Arnoia, causandolle feridas graves no pescozo. Os feitos ocorriron arredor da unha da madrugada de hoxe domingo á saída dun bar de copas, na rúa Marcelino Enríquez Parrondo do Carballiño. A moza foi trasladada ó Complexo Hospitalario de Ourense, en estado de sedación e con respiración asistida. Foi intervida de urxencia e o seu estado é grave. Sobre o detido, pesaba xa unha orde de afastamento por malos tratos desde o pasado mes de setembro. Instrue dilixencias o Xulgado nº 1 do Carballiño. O suceso causou fonda conmoción nas comarcas do Ribeiro e O Carballiño, sendo o caso de violencia machista máis grave que se recorda nos últimos anos.

18, Outubro 2009

Os datos veñen de publicarse no “anuario económico La Caixa 2009”, que recolle un conxunto de datos estadísticos e indicadores socioeconómicos da totalidade dos Concellos de España. Según o mesmo, O Carballiño retrocedeu una súa actividade industrial e de construcción un 15,2 no quinquenio entre 2003 e 2008, de maneira que as actividades neste sector no pasado ano foron de 268 no Concello carballiñés, mentres que o sector da restauración e bares experimentou un aumento nese mesmo periodo de tempo de 6,6 puntos, atá chegar no 2008 a un total de 178 establecementos neste sector da hostelería. En canto a actividade comercial minorista permanece prácticamente inalterable, xa que só se contabiliza unha actividade menos, 459 en 2008 fronte as 460 do ano 2007. Noutro apartado, recollense as variacións rexistradas no parque móbil ou nos teléfonos fixos, en ambos casos experimentaron siñificativos incrementos. A telefonía fixa pasou de 5.662 liñas en 2007 a 6.151 de 2008, e un aumento de 10 puntos no último quinquenio. No caso dos vehículos a motor, O Carballiño pasou dos 10.055 que estaban rexistrados en 2007 ós 10.607 que se contabilizaron en 2008, dos que 7.769 son automóbiles. E finalmente, o informe recolle outros dous datos, ambos negativos, que son os da evolución do paro e a chamada cuota de mercado. En canto a porcentaxe de persoas inscritas como demandantes de emprego sobre a poboación total, pasou do 5,8 de 2007 ó 6 no 2008, medio punto por enriba da media galega. En canto a cuota de mercado, esto é, a capacidade de consumo da poboación, tamén se perdeu un punto no último ano. A couta de mercado mide o poder adquisitivo do conxunto da poboación tendo en conta diferentes variables socioeconómicas. Ou o que é o mesmo, según este informe económico elaborado por “La Caixa” somos un punto maís pobres, aínda que cunha cuota de mercado de 34 puntos, O Carballiño aínda segue colocado nos postos altos neste indicador económico no conxunto dos Concellos Galegos.

16, Outubro 2009

(Redacción. Lolo Carril) Marquitos xa ten decido o once inicial que desde as cinco da tarde do domingo sairá en Espiñedo para enfrontarse ó Cruceiro de Hio. Na portería segue a alternacia, sendo turno desta vez para Zafra. Na defensa, regresa Xurxo no lateral dereito tras cumplir o partido de sanción, con Alfredo na parte esquerda e Valeiras e Jorge polo centro. Iago e Diego Soto no medio centro, Nicol e Oliveira polos extremos, Fran na media punta e Martín como xogador maís adiantado. Completan a convocatoria Iván, Marcos Castro, Padín, Nacho Currás e Tacón. Enfronte, un Cruceiro de Hio que despois dun inicio de liga titubeante xa acumula agora tres victorias consecutivas, as que veñen de lograr ante Ribadumia, Covadonga e Marín. Tampouco chega en mal momento o Arenteiro, que o pasado domingo recuperaba o liderato da categoria grazas o seu triunfo na Lomba de Vilagarcia ante o Arousa.

15, Outubro 2009

A intercesión divina, ésta parece ser a única vía posible elexida por un grupo de parroquianos de Santa Uxía de Lobás, que co seu Cura-Párroco Emilio Viétez á fronte da iniciativa, decidiron organizar unha novena na honra de San Xudas Tadeo, Patrono dos imposibles, para solicitar a restauración da Igrexa e Mosteiro de San Pedro de Lobás, o conxunto artístico de máis antigüedade no Concello Carballiñés, xa que data do século XIII, e que permanece en completo estado de abandono. Cedido o seu uso ó Concello do Carballiño por parte do Bispado da Diócese de Ourense, a institución municipal anunciou anos atrás, por medio do Alcalde Carlos Montes, a presentación dun proxecto de restauración que estaría financiado con cargo ó ún por cento cultural que o Ministerio de Fomento destina a obras de rehabilitación do patrimonio histórico artístico naquelas zonas que están afectadas polas grandes obras, como é o caso do ave. Do proxecto e das visitas de Montes ó Ministerio nada máis volveu saberse. A novena celebraráse do 15 ó 24 de outubro na Igrexa de San Pedro de Lobás, e despediráse cun xantar de confraternidade no pobo de Mosteiro o vindeiro dia 24.

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Declaracións do cura-parroco Emilio Viéitez

15, Outubro 2009

O portavoz da executiva local do PSOE, Guillermo Dopazo, defendeu e lexitimou o proceso de negociacións que viñeron protagonizando os grupos municipais de PSOE e BNG porque "das eleccións de 2007 no Concello do Carballiño sairon 12 concelleiros progresistas e 5 conservadores", polo que non se entende na executiva socialista as críticas feitas polo portavoz do PP Argimiro Manotes, que o único que persigue -dixo Dopazo- é "buscar lio e que no BNG actúen coma hooligans do Partido Popular". Desde a executiva socialista tamén se negou algún tipo de división interna no grupo municipal de goberno e aseguorouse que o Alcalde Carlos Montes tén todo o apoio do Partido a nivel local, tanto para resolver estas negociacións cos nacionalistas como para liderar o PSOE no Concello Carballiñés.

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Declaracións Guillermo Dopazo portavoz executiva local PSOE

14, Outubro 2009

Os feitos ocurriron minutos despois das sete da tarde na beirarrúa de Conde Vallellano nas inmediacións coa rúa Aldara e nunha liorta na que se viron involucradas varias persoas, unha delas sufríu varias feridas na espalda producidas por arma branca, ó parecer un coitelo, e unha segunda resultou con contusións en varias parte do corpo trala refrega, que provocou escenas de pánico entre os moitos transeúntes que a esa hora pasaban pola rúa Conde Vallellano. A persoa que foi obxeto do apuñalamento é un home veciño do lugar de Outeiro Grande, no Concello de Maside, sufríu polo menos catro incisións na espalda, perdendo abundante sangue atá que foi trasladado para recibir asistencia sanitaria, e atópase fora de perigo. A segunda persoa ferida é veciña do Carballiño. Na refrega participaron alomenos outros dous homes, ambos de nacionalidade colombiana e residentes no Carballiño, membros dunha mesma familia, tío e sobriño, éste último foi detido pola Garda Civil como o presunto autor material do apuñalamento. Policia Local e Garda Civil iniciaron as pescudas para aclarar os feitos, non descartandose que poidan estar involucradas máis persoas na pelexa, que parece ser tivo a súa orixe en problemas personais entre os contendentes no altercado.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS