14, Setembro 2009

O boleto obtivo cinco acertos, un premio de 2ª categoria, dos que houbo catro en toda España no sorteo do Gordo da Primitiva corrspondente a este pasado domingo dia 13 de setembro. Foi validado no Bar-Casa Ramón da Almuzara, no Concello de Boborás, e segundo contou a esta emisora Ignacio, xerente deste establecemento comercial, o boleto premiado era de dúas apostas e foi selado a última hora do pasado sábado, momentos antes de cerrarse o horario de validación. Non se coñece a identidade do posuidor do boleto, que tan só fallou o número clave, o cero, se chegara a acertalo obtería un premio de primeira categoria, non hobo ningún neste sorteo, polo que tería recibido arredor de seis millóns de euros.

13, Setembro 2009

Con dous auténticos golazos, o primeiro de Martín cun zurdazo desde o borde da área grande que se colou polo ángulo da portería, e o segundo de Alfredo, ó executar de forma maxistral unha falta e cando o partido entraba na súa recta final, foron suficientes para ganar esta tarde no campo do Revel ante os locatarios do Sanxenxo, que marcou o seu gol por medio dun penalti que se inventou o árbrito do encontro. O mellor deste segundo desplazamento consecutivo dos verdes foron os dous goles e a victoria, xa que o Arenteiro xogou un partido moi irregular, sobre todo na segunda parte. Consumidas tres xornadas de liga, o Arenteiro conta os partidos por victorias e suma nove puntos que o manteñen líder, agora xa en solitario, e con dous puntos de avantaxe sobre Estradense e Arousa, que son segundo e terceiro.

12, Setembro 2009

"Dende fai unhas semanas o Concelleiro de Obras Edelmiro Mateo, ven utilizando o vehículo pertenecente ó Concello do Carballiño,  que ata antes do verán estaba sendo usado polo Notificador do Concello, que agora vese obrigado a facer as notificacións a pe,  incluso  con recorridos de quilómetros para levar as notificacións ós veciños do pobo", afirmase nun comunicado remitido hoxe ós medios de comunicación. Este mesmo concelleiro fai unhos anos fora recriminado polo Partido Popular polo uso do camión do Concello para facer a súa vendima, polo que, parece evidente, que se volve poñer ó descuberto o seu particular estilo de entender a administración, según pón de manifesto o Partido Popular, que tamén afirma que este concelleiro sempre tivo a súa disposición un coche do Concello, pero estos eran vehículos do propio departamento de obras.

 Agora, non chegándolle con eso -denuncia o Partido Popular-  fai que o persoal de notificacións do Concello faga o seu traballo camiñando, o  quitarlle unha ferramenta de traballo importante para un correcto funcionamento dun servizo que moitas veces debe de ser áxil e rápido polas cuestións que manexa.

 "Parece evidente, tanto o abuso de poder, así como o abuso particular sobre bens municipais e tamén se fai notar, unha vez máis, un total descontrol en materia de persoal, cando se permite que un traballador municipal non poida desenvolver ben a súa laboura por falta de autoridade sobre o Concelleiro de obras”.

 Meses atrás, dende o Partido Popular presentáranse unha serie de preguntas, aínda sen contestar, sobre a utilización dos vehículos municipais, polo control do seu combustible, e pola súa custodia.

 

 

12, Setembro 2009

(Redacción. Lolo Carril) 17 xogadores forman a expedición do Arenteiro para desplazarse este vindeiro domingo atá Sanxenxo, ónde xogará no sintético do Revel desde as seis da tarde o segundo partido consecutivo da liga fora de Espiñedo. Por primeira vez, entrou na convocatoria o centrocampista Fran, que sufrira un pequeno percance nun dedo no primeiro partido da pretemporada fronte ó Sp. Celanova. Se o árbitro o permite, xa que tería que xogar cunha protección, Fran sería entón titular no lugar de José Juan, que foi sancionado cun partido de suspensión trala súa expulsión o pasado domingo en Ribadumia. En canto o resto do equipo, xogarán os mesmos que golearon ó Ribadumia a domicilio, cunha úncica salvedade, xa que Marquitos  podería dar entrada a Valeiras na liña defensiva en sustitución doe Jorge, xa que o colombiano non pudo adestrar con normalidade durante a semana. Desta maneira, Martín sería o úncio dianteiro e repetiría o resto do equipo. Enfronte, un Sanxenxo moi correoso no que a forza física é a súa baza principal para equilibrar as súas debilidades técnicas.

11, Setembro 2009

O Pacto de Goberno que PSOE e BNG preparan para o Concello do Carballiño parece que está xa moi preto e tan só pendiente dalgunhos detalles, alomenos esto é o que se desprende das manifestacións feitas hoxe polo Alcalde Carlos Montes, partidario de establecer un pre-acordo que podería asinarse xa de forma inmediata, de tal maneira que a finais deste mes de setembro ou principios de outubro poida celebrarse unha sesión da Corporación Municipal e para presentar ó Pleno o que sería o novo Goberno Muncipal Bipartito para o Concello Carballiñés.

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Declaracións alcalde do Carballiño, Carlos Montes

11, Setembro 2009

A medida vaise acometer de forma inmediata e xa a partir da semana que ven, e consistirá no apagado das iluminacións públicas entre as 2:30 e as 6:30 da madrugada, e prolongaráse con este mesmo horario durante os meses de inverno. Desta maneira, O Concello de Boborás -asi o cuantificou o Alcalde Cipriano Caamaño nunha interveción nesta emisora de radio- pasará a aforrar aproximdamente cincuenta mil euros o ano, que se investirán no mantemento e melloras doutros servizos públicos, sobre todo nos relativos á area social. Esta medida, en todo caso, terá carácter experimental e mentres perdure a situación de crise económica na que estamos inmersos, e que afecta directamente á economia municipal. Ademáis, Caamaño tamén aclarou que o Concello de Boborás está aberto a estudiar posibles suxerencias ou alternativas que poden presentar  os veciños, entrer elas, a posiblidade de deixar encendidas as iluminacións, mantendo acesas de cada dúas ou tres luces, unha. A medida levaráse a cabo en todas as localidades do Concello de Boborás, sen excepción algunha.

10, Setembro 2009

A aula “Conectad@s ó Mundo”, da Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense, sita no Centro Sociocomunitario de Carballiño da remate nesta semana ós cursos de verán impartidos dende o mes de xuño, no que a formación estivo dirixida a introdución en internet, utilización do chupete ou Pen driver e manexo de messenger con video-conferencias para persoas adultas. O acceso libre a aula tanto de adultos como nenas/os cun total de 79 usuarios dende finais de xuño ata a data; foi tamén de utilidade vacacional  por parte de persoas en situación de paso na vila, visitada por persoas de Madrid, Asturias, e Barcelona. A partir do mes de outubro as nenas/os previamente inscritos comezan a formación en horario de 18:00 a 19:00 horas; no caso das/os usuarias/os adultos o comezo dos cursos terá lugar a partir da 2ª semana de outubro, en horarios de maña e tarde para formación orientada e con horarios de acceso libre programados. As actividades de Ludoteca e  Yoga, terán continuidade tendo  no caso de esta última que realizar unha preinscripción durante o mes de setembro.

Para estar o día das actividades tamén  poden acceder o blog: www.blogoteca.com/conectadas

 

9, Setembro 2009

Casimiro Campo, portavoz do PP en Maside

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Maside vai solicitar a convocatoria dun pleno extraordinario da Corporación e co obxetivo de pedir explicacións ó Grupo de Goberno do Alcalde Celso Fernández, en relación a varias demandas veciñais. Asi o adiantou na súa intervención no programa "A Mañá de Cope" o portovoz do PP en Maside, Casimiro Campo. Entre esas demandas, estará unha vez máis a petición de acondicionamento das estradas e camiños que resultaron estragados polas obras do ave e a autoestrada, en todo o territorio municipal. Os populares entenden que hai deixadez por parte dos responsables municipais á hora de esixir ás empresas que executaron estas obras que reparen os danos causados. Outra das problemáticas nas que os populares incidirán nesa sesión extraordinaria é  a deficiente cobertura na telefonía móbil na localidade de Dacón e arredores, ónde fai aproximadamente un ano se instalou unha antena, pero non entrou aínda en funcionamento, sen saberse cál é o motivo deste retraso. E tamén se interesará o Partido Popular pola seca da fonte da Praza Maior de Maside, que desde fai unhos dias está sen auga, algo que nunca se recorda en Maside, e non son poucos os veciños que botan a culpa desta seca á polémica obra de instalación dunha marquesina para a parada de autobús ó lado da fonte, unha ubicación que foi moi constestada tanto por unha parte da veciñanza como polo propio Partido Popular.

9, Setembro 2009

"Preguntádelle ós do BNG" , asi constestou o Alcalde Carlos Montes á pregunta sobre o reinicio das negociacións que manteñen socialistas e nacionalistas á procura dun acordo para establecer un goberno bipartito no Concello do Carballiño.Tampouco foi moito máis explícita a Concelleira de Servizos Sociais, a socialista Asunción Rivero. Preguntada sobre esta mesma cuestión, a Concelleira evitou dar información algunha sobre o estado no que se atopan as negociacións, e incluso chegou a afirmar que non sabía se chegara a celebrarse esa reunión que onte desvelamos desde Cope O Carballiño.Tamén dixo que estas negociacións -se existen- terían que levarse con total discrecionalidade.

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Declaracións de Asunción Rivero concelleira do PSOE

8, Setembro 2009

PSOE e BNG volvían reunirse onte para retomar as negociacións orientadas á sinatura dun pacto de goberno no Concello do Carballiño, un acordo para o que resta de mandato municipal atá o ano 2011. O verán supuxo unha interrupción nestas negociacións e, agora, a intención de unhos e outros é que o posoble acordo se produza de forma inmediata, durante este mes de setembro no que andamos. Na reunión bilateral que se celebraba onte volveron abordarse unha série de puntos que os nacionalistas consideran como irrenunciables para formar parte dun goberno bipartito, e unha vez que xa se avanzou no pago ós proveedores despois de aprobarse por parte da Corporación Municipal a solicitude dun préstamo ó Estado para abonar facturas correspondentes ó ano 2008 e anteriores. Sen embargo, aínda están sobre a mesa outras peticións do BNG, tales como a realización da auditoria ou a reorganización na política de persoal. Ainda que non houbo declaracións tras a reunión, pudemos saber que durante a mesma houbo puntos de coincidencia e outros nos que perduran as discrepancias, eso sí, ambas partes teñen claro que de suscribirse o acordo tería que producirse de forma inmediata, xa que do contrario cada vez quedaría menos tempo para completar o mandato, e xa non tería moito sentido unha operación política deste calado. A resposta corresponde agora ós socilaistas, que deberían contestar nos vindeiros dias.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS