De cumplirse as previsións do Portavoz do BNG Manolo Amil, o celebrado hoxe foi moi probablemente o derradeiro ó que asistíu o seu grupo como oposición, xa que o pacto cos solicialistas é inminente e antes dunha semana debería acadarse o acordo definitivo. Amil considera que xa se está cumplida "a prudencia" do proceso e agora "hai que pasar das palabras ós feitos", de tal maneira que antes de rematar este mes de setembro debería darse por cerrado o pacto entre PSOE e BNG que dará paso a un novo Goberno Bipartito no Concello do Carballiño. Un acordo que xa se da por feito tanto nunha coma noutra formación política.
En canto á sesión plenaria, acordouse deixar sobre a mesa a moción do PSOE propoñendo a creación dun parque infantil acuático na zona das Barcias, no parque municipal, atá madurar máis este proxecto. A Corporación acordou instar a Fomento para que regule o estacionamento de vehículos no recorrido urbano da Estrada N-541, e solicitando que se prohiba o aparcamento a camións e autocares. En canto a moción do PP sobre a emisora muncipal, o Pleno manifestouse a favor da súa continuidade aínda que se estudiarán medidas para reducir os costes económicos na xestión deste servizo de radiodifusión.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Manuel Amil voceiro BNG Carballiño
Un feito insólito na historia festiva da nosa Comarca, o que acontecía este ano na localidade de Arenteiro, na parroquia de Barrán, ónde as festas na honra á Virxe Peregrina quedaban suspendidas en plena celebración o pasado domingo día 13, tras decidilo asi a Comisión de Festas, e como sinal de luto e condolencia pola morte repentina dunha moza de 32 anos de idade, veciña da parroquia, unha morte que deixou conmocionada á veciñanza e que motivou a suspensión do programa festivo. Agora, tras as negociacións da Comisión coas orquestras, as festas reanudanse este xoves 24 de setembro cunha verbena que estará amenizada por "América S.L.", e continuarán o venres 25 coa festa e verbena na que alternarán o grupo "Aramio" e a orquestra "Os Satélites". Éstas da Peregrina no Arenteiro son, xunto as da Milagrosa no Reino, as festas festas máis representativas do Concello de Piñor.
O Portavoz Socialista na Corporación Municipal de Boborás denunciou hoxe -nunha intervención en Cope O Carballiño- a preocupante situación financieira e de endebedamento do Concello de Boborás, e que se situaría nunha débeda de 1.068.000 euros, a día 31 de decembro de 2008, cantidade que o portavoz socialista manexa en base os datos recollidos do Ministerio de Economia e Facenda. Alberto Otero asegurou que na actualidade o de Boborás é o segundo máis endebedado da Comarca do Carballiño, e sería o número 12 entre os 93 Concellos da Provincia de Ourense, algo que contrasta coa situación de fai tan só unhos anos atrás cando Boborás presumia de ser un Concello rico en con superavit. Precisamente, esta delicada situación financieira do Concello de Boborás estaría detrás -manifestaba o o portavoz socialista- da decisión de apagar as iluminacións públicas e como medida de aforro no gasto municipal. Unha decisión "que non é a maís idónea para un Concello Rural e cunha poboacion moi envellecida, xa que aumentará a inseguridade e propiciará que os veciños abandonen Boborás para ir vivir a cidades nas que se sentirán máis seguros". Insistiu o portavoz socialista no que considera é unha alta carga para a economia muncipal, os gastos en persoal e a remuneración que recibe o Alcalde e os Concelleiros do Grupo de Goberno, unhos 60.000 euros ó ano, ós que sumou 28.000 maís que recibe o Asesor da Alcaldia. Finalmente, Alberto Otero (DECLARACIÓNS EN AUDIO) manifestou que non era certo que a maioria da poboación apoie que se recorten as horas de iluminación, tal como afirmara o Alcalde, e que "son numerosas as Asociacións de Veciños que están recoñendo sinaturas contra este acordo".
CERTIFICACIÓN DO SECRETARIO-INTERVENTOR DO CONCELLO DE BOBORÁS . Tras a intervención hoxe do portavoz socialista no programa "A mañá de Cope", o Concello de Boborás difundiu un certificado do Secretario interventor no que se fai constar que a día 1 de setembro de 2009, a débeda contraída polo Concello de Boborás a longo prazo ascende a 669.745 euros.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Concelleiro do PSOE en Boborás
A medida de aforro no gasto municipal anunciada polo Concello de Boborás e consistente no apagado das iluminacións públicas durante catro horas, de 2,30 a 6,30 da madrugada, está provocando un carrusel de críticas por parte dos grupos da oposición. O PSOE aproveitaba a celebración da romaría da Saleta para achegar á veciñanza a súa postura contraria a esta decisión, e criticando coma o Concello de Boborás recorta servizos públicos co pretexto da crise mentres gasta o diñeiro en pagar soldos ós Concelleiros do Grupo de Goberno, ó Alcade e ó seu Asesor. Nunha intervención no programa "A mañá de Cope", onde foi entrevistado por Xan Pinal, o Alcalde de Boborás rexeitou as criticas dos socilaistas e asegurou que o gasto en persoal en Boborás - un 19% do orzamento total- está moi debaixo doutros Concellos da Comarca, e puxo os exemplos de Maside ou Punxín, ónde este mesmo capítulo ascende o 30% e o 36% do orzamento total dos respectivos Concellos. Caamaño mantén que o noventa por cento da veciñanza do Concello de Boborás está a favor desta medida de racionalización dos horarios nas iluminacións públicas "que permitirán manter servizos como o xantar sobre rodas, axuda no fogar, o punto de atención á infancia e outros irrenunciables para o Concello de Boborás" (DECLARACIÓNS DE CIPRIANO CAAMAÑO EN AUDIO)
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Alcalde de Boborás, Cipriano Caamaño
O Carballiño volveu hoxe a normalidade na vida cotián tras deixar atrás unhas Festas do Setembro, as deste ano, caracterizadas polo escaso ambiente, moi probablemente as máis pobres, en animación e afluencia de público ás actividades programadas, de toda a historia recente do Carballiño. Orquestras que non se corresponderon co nivel que demandan unhas festas que, por historia e tradición, son as mellores entre as vilas da provincia. Un programa que desta vez non estivo á altura do que teñen que ser as festas máis representativas do Carballiño, cun sonoro fracaso de convocatoria dos chamados concertos estelares, como acontecia con Navajita Plateá -e eso que era noite de venres e víspera de fin de semana- que apenas logrou reunir a 400 espectadores, algo somellante o que acontecera o dia anterior con Cómplices, noutro dos concertos máis frios e flouxos dos útlimos anos no que é a historia destas festas do Setembro. Con este panorama, non é impropio que o Alcalde do Carballiño Carlos Montes e tamén Presidente da Comisión de Festas, fixera esta mañá unha profunda autocrítica sobre o desenvolvemento festivo e adiantáse que promoverá un periodo de reflexión sobre o modelo organizativo e de programación destas Festas do Setembro cara vindeiros anos. (DECLARACIÓNS EN AUDIO).
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións do alcalde do Carballiño Carlos Montes
A Praza Maior de Cea na Saleta 2008 (foto concellodecea.com)
Unha vez despedidas as Festas Carballiñesas de San cibrán, a vila de Cea toma a alternativa festiva na nosa Comarca, coa celebración das Festas da saleta, que comezaban o pasado xoves coa noite da Xuventude e que viven, tanto hoxe domingo como mañá luns os seus dias grandes. Para a xornada dominical destas festas da Saleta 2009, as actividades inicianse cos pasarrúas da extraordinaria Banda de Música de Muimenta, que acompañará a misa solemne e procesión ó mediodia, e ofrecerá despois concertos ás duas e as sete da tarde. As cinco, xógase no Lodairo o partido de fútbol da primeira categoria autonómica que enfronta o C.D.Cea e o Ponte-Ourense. Tamén pola tarde actuarán as pandereiteiras de Cea, que xunto a Banda de Gaitas do Concello de Cea, son a aportación musical local a estas festas, que terán xa pola noite o seu punto máis álxido coa verbena que amenizarán o grupo América e a orquestra Tango. Xa para a xornada do lúns 21, festivo de carácter local no Concello de San Cristobo de Cea, haberá misas pola mañá na Capela da Saleta, con acompañamento da Bana de música de Celanova, que ademáis ofrecerá pasarrúas e concertos, ás dúas e as oito da tarde na Praza Maior de Cea. E xa na verbena que despedírá a Saleta 2009, xa na madrugada do martes, actuarán as orquestras Ledicia Espectáculo e Poceiro, ésta última considerada como a orquestra revelación deste verán en Galicia, con 16 músicos sobre o escenario e a voz de Miguel Torres. Coa celebración destas Festas da Saleta na vila de Cea, despídese o carrusel festivo de verán na Comarca do Carballiño.
A cativeira sesión de fogos artificiais da noite do pasado dia 16, a primeira das dúas sesións destas Festas do Setembro, que tivo unha duración de apenas 10 minutos, motivou que o Alcalde do Carballiño - que exerce como Presidente da Comisión Organizadora- presentase unha queixa verbal ante os responsables da Pirotécnia contratada polo Concello do Carballiño para esta tirada, que non cumplíu coas expecfativas e defraudou pola súa breve duración. Montes traladou persoalmente a súa decepción ós piroténicos asturianos unha vez que rematou a sesión, e nunhas declaracións nesta emisora manifestou que "o resultado da sesión non se correspondeu co que se lle paga", ainda que non aclarou se lle pedirán responsabilidades por posible incumplimento contratual. Ademáis, Montes dixo que "o que non cumple nas festas ten un castigo", polo que esta empresa pirotécnica non volverá nos vindeiros anos ás festas carballiñesas, e como castigo ó paupérrimo espectáculo ofrecido.
As sesións de fogos artísticos é unha das actividades maís tradicionais e con máis gancho popular nas Festas do Setembro, sendo cada ano unha das actividades que maís público congregan, desde os tempos nos que estas sesións ainda se celebraban na praza maior, dáquela co espectácular fogo fixo, "as famosas rodas", como popularmente se lle chamaba no Carballiño. O certo é que , ainda sendo seguramente a actividade máis seguida da programación festiva, estas sesións foron perdendo bastante nos últimos anos debido o escaso orzamento que se destina por parte da Comisión de Festas á contratación destas sesións. E tamén cada ano descende o público, de feito o pasado dia 16 esta sesión foi, probablemente, a menos seguida dos últimos tempos. Unha magoa porque "os fogos do Setembro" é unha das actividades senlleiras que dan identidade ás Festas do Setembro.
O Patrón San Cibrán inicia o seu recorrido polas rúas carballiñesas
O Carballiño celebra este 17 de setembro o seu dia grande, festivo local no Concello do Carballiño, e xornada central das festas na honra ó Patrón San Cibrán. As dez da mañá o tradicional disparo das bombas de palenque anunciaran a toda a veciñanza o inicio da programación festiva, á que hoxe se suma a charanga do “Dr. Anchoa” que animará coa súa música tanto as rúas como as tascas do Carballiño. As once e media sairá desde o Templo da Veracruz a Procesión de San Cibrán para protagonizar o seu tradicional recorrido dun 17 de setembro polas rúas carballiñesas, unha procesión que estará acompañada pola música da “Banda da Escola Naval de Marín”, que por segundo ano consecutivo cumple con esta misión. Despois da Misa Solemne, que estará cantada polo Orfeón do Carballiño, a Banda Mariñeira ofrecerá un concerto na praza da Veracruz. Trala sobremesa, a programación festiva reiniciaráse ás cinco da tarde co concurso da chave na explanada da entrada do parque municipal, mentres que os nenos terán a súa cita na praza maior nunha tarde reservada hoxe para os xogos populares. A verbena estará hoxe amenizada pola orquestra “Paris de Noia”, que instalará o seu escenario móbil na Praza Maior. As once e media da noite terá lugar o concertos de “Cómplices” na Praza do Emigrante, e á unha da madrugada completaráse a programación coa tirada de fogos, na Alameda, que estará a cargo de “Pirotécnia La Gallega"
O Accidente produciuse nas inmediacións da localidade do Regueiro, no treito da estrada N-541 que decorre dentro do ámbito municipal do Concello do Irixo, nos montes do Paraño. Por causas que se descoñecen, o motorista saíuse da via e faleceu ó pouco tempo de producirse o sinistro. O Servizo do 112 informou que solicitou o desplazamento do helicóptero de Emerxencias, aínda que xa non foi necesaria a súa intervención. O accidente ocurríu arredor das cinco e media da tarde, e a víctima mortal foi un veciño de Ourense, de 30 anos de idade.Tratase do segundo accidente de moto e de gravidade que se rexistra nesta estrada N-541 en catro dias, xa que o pasado sábado e tamén nas inmediacións do alto do Paraño outros dous mozos resultaron con feridas graves tras protagonizar un accidente con dúas motos, que ademáis provocou un incendio forestal ó prender un lume orixinado por unha chispa.
O Grupo Municipal do BNG no Concello de Boborás non comparte esa decisión do Grupo de Goberno do Alcalde Cipriano Caamaño. Nunha entrevista no programa de Xan pinal na "mañá de Cope", a portavoz do BNG Maria Dolores Cachafeiro asegurou que é numerosa á veciñanza que lles está a achegar a súa disconformidade por esta medida, amosando a súa inquietude xa que temen que a falla de iluminación aumente o número de roubos, asi como outros riscos que incrementarán a inseguridade cidadán, neste horario entre as 2,30 e as 6,30 da madrugada, no que se apagarán as iluminacións públicas en todas as localidades do Concello, e como medida aforradora para estos tempos de crise.A Portavoz do BNG tamén manifestou que o seu grupo está dacordo cunha política de racionalización do gasto público, pero considera que apagar a iluminación pública é un total desacerto. Polo tanto, o Bloque Nacionalista Galego solicita ó Goberno Muncipal de Boborás que reconsidere a súa decisión, que en ningún caso se produza o apagado da iluminación pública e propón que se busquen outras medidas de aforro no gasto, e que en ningún caso a falla de recursos sexa unha excusa para deixar de prrestar servizos públicos á cidadanía.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 757
- 758
- 759
- 760
- 761
- 762
- 763
- 764
- 765
- …
- seguinte ›
- última »