O Funeral celebraráse este sábado dia 3 de outubro, a conduccción será ás seis da tarde desde o seu pobo natal de Paioso á Igrexa Parroquial de Vilardecás, no Concello de Maceda. Manuel Borrajo era persoa moi coñecida no Carballiño, onde exerceu a súa profesión de médico desde mediados da década dos anos oitenta do século pasado atá fai apenas seis meses, cando se lle diagnosticou unha doenza da que xa non pudo recuperarse. Contaba sesenta anos de idade. Primeiro, na antiga casa sindical e desde a súa construcción, no centro de saúde carballiñés, Manuel Borrajo foi o médico de cabeceira de miles de carballiñeses. Ademáis, Borrajo tamén participou activamente na vida política local, exercendo como Concelleiro da Corporación Municipal do Carballiño polo extinto partido Centristas de Galicia, durante dous mandatos entre 1987 e 1995. Tamén formou parte da Xunta Local do Partido Popular baixo a Presidencia de Maria Dolores Seijas.
As negociacións dan agora un paso atrás e as posiblidades de que se produza o acordo volven retroceder considerablemente, atá tal punto que para a semana que ven, se non se chega o acordo entre ambas partes, o proceso daráse por roto definitivamente. Na tarde de onte, reuníase novamente unha represntación dos dous grupos municipais e foi precisamente nese encontro cando as posturas volveron distanciarse entre socialistas e nacionalistas, un acordo que se daba xa practicamente por cerrado, a falta tan só de pequenos flecos e a sinatura do documento que recollería as condicións do pacto, pero nesa reunión todo se veu abaixo. Según as noticias chegadas atá esta emisora, foron as executivas do PSOE e o BNG as que botaron o freno a este principio de acordo que xa acadaran os representantes dos dous grupos muncipais. As diferencias -ó parecer bastante notables- están no reparto das áreas e as concellerías que ocuparían unhos e outros no hipotético Goberno Bipartito que sairía tras a sinatura deste acordo. Concretamente, as maiores discrepancias afectarían ás áreas de obras e urbanisno, que na actualidade ocupan os Concelleiros Socialistas Edelmiro Mateo e Asunción Rivero, e que reclaman os nacionalistas para situar á fornte deste área a Manuel Amil. Tampouco hai acordo en quén e de qué maneira se xestionaría a área de servizos sociais e os seus diversos departamentos, como o Centro de Información ás mulleres, ónde a Concelleira Socialista Asunción Rivero é reacia a ceder parte das sáus competencias. Se a todo esto sumamos a reación contraria a este pacto entre as bases tanto do PSOE como do BNG, bastante extendida, o acordo volve a complicarse.
A Dirección Xeral de Tráfico, a través da Xefatura Provincial de Tráfico, formalizará nos vindeiros dias a cesión dun radar móbil á Policia Local do Carballiño. A cesión faráse por medio dun convenio de colaboración en materia de controis de velociadade, que asinarán o Xefe provincial de Tráfico David Llorente e o Alcalde do Carballiño, Carlos Montes, un protocolo de colaboración que se vai asinar no transcurso dos vindeiros días. O Modelo de radar co que pasará a contar a Policia Local do Carballiño é o máis moderno sistema de radar móbil, un "autovelox 105". O aparello poderá instalarse nas marxes das vías onde se leve a cabo un control de velocidade, ou tamén no interior dun vehículo. Ademáis, a Policia Local do Carballiño poderá desde entón comunicar a Dirección Xeral de Tráfico as detraccións de puntos no carné de conducir con motivo das sancións que impoñan por infraccións cometidas nas vias urbanas do Carballiño.
A Empresa Carballiñesa Lorvicon foi a adxudicataria da reforma na rúa Canovas del Castillo, unha obra que conta cun orzamento de 140.000 euros aportados pola Consellería de Industria da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense - a través do plan Terras do Avia - e o propio Concello do Carballiño. Os traballos iniciaránse esta semana e a empresa tén dous meses de prazo para a execución da obra. O Alcalde en Funcións, Manuel Dacal, e o Concellleiro de obras Edelmiro Mateo, presentaron hoxe os aspéctos técnicos do proxecto, que transformará este vial nunha rúa dunha mesma e única altura e sen beirarrúas, o solo será de adoquín aínda que está por decidir si será de cerámica ou granito. A actuación tamén contempla a reposición da rede de saneamento e abastecemento de augas. Unha vez rematada a obra, Cánovas del Castillo pasará a ser peonil e en opinión do Concelleiro de Tráfico José Antonio Barge, que tamén participou na presentación do proxecto, "non se debería permitir desde entón o aparcamento de vehiculos" Desta maneira, o centro da vila ampliará a zona peonil, que abrangue xa a rúa do Paseo, Praza Maior, Praza dos Irmáns Prieto, Praza da Mina e rúa Perfectino Viétez. Ademáis, os responsables municipais xa anunciaron meses atrás a decisión de converter en peonil o barrio de Flores.
"O Concello do Carballiño é recoñecido a nivel autonómico e estatal polos seus afluentes naturais, unha parte dos que son de características minero-medicinais", pon de manifesto a través dun comunicado a Concellería de Medio Ambiente que tamén aclara que "no afán de informar á poboación colocou dous tipos de carteis", os de "auga non controlada sanitariamente" que indican que a auga transcorre de maneira natural e non está clorada, e outros coa lenda "auga potable" cando a auga está clorada e procede da rede de abstecemento municipal. Tamén se asegura que todas as fontes municipais son sometidas a controles sanitarios de forma periódica. As aclaracións do departamento municipal de Medio Ambiente teñen, seguramente, que ver coa denuncia pública que na súa páxina web ven de facer A Asociación Ecoloxista "Matar por Matar Non".
No informe ecoloxista chámase a atención sobre a que se entende é "chocante proliferación de carteis colocados polo Concello Carballiñés ó lado das fontes do municipio, o que chama a atención "dos desconcertados visitantes al constatar que pese a la abundante publicidad calificando a O Carballiño como vila termal y balnearia, tal hecho constata con el abandono sanitario de las innumerables fuentes que encontramos en la villa", manifesta o grupo ecoloxista, que ademáis considera que a maioria das fontes están abandoadas, secas e sucias, e polo tanto sen o debido control sanitario. Unha situación da que son culpables -remarca esta asociación- os xestores políticos locais e a súa desidia. O manifesto completo pode verse no enlace http://www.matarpormatarnon.org/node/901
A rotonda da Alameda foi desta vez o escenario deste accidente de tráfico, no que novamente ún dos vehículos involucrados foi unha moto, nun mes de setembro que está resultado negro nas vias da nosa Comarca en canto a accidentes de tráfico, cos dous motoristas mortos nos sinistros ocorridos nos últimos dias no Paraño e en Maside. No de hoxe na rotonda da Alameda, en pleno casco urbano do Carballiño, ás doce e cinco da mañá, non hai que lamentar víctimas mortais, como nos dous anteriores, aínda que sí un ferido, o motorista, que resultou con lesións nuha perna, coma consecuencia da aparatosa caída. O Accidente produciuse cando o motorista bordeaba a rotonda da Alameda, e perdeu o control ó tratar de evitar a colisión cun automóbil que se incorporaba á rotonda desde a rúa Martínez Avellanosa. O ferido foi trasladado en ambulancia ó Centro Sanitario.
O Arenteiro viaxa co equipo titular ó completo, e coa idea -adiantada polo adestrador Marquitos- de saír ó campo do Alivio cun 4-3-3, que sería o integrado por Iván na portería, unha defensa con Xurxo, D.Soto, Jorge e Nacho Currás; no medio centro estarán José Juan, Iago, Marcos Castro e Alfredo, e na punta o goleador Martín, con Tacón -que entraría no equipo titular- facendo labores de enganche e media punta. Completarán a expedición Valeiras, Victor Oliveira, Fran e Nicol. O obxetivo é volver acadar os tres puntos, sería entón a quinta victoria consecutiva en liga, sendo conscientes de que enfronte agarda un Tomiño que ofrece sempre o seu mellor nivel como locatario. O partido na vila do Baixo Miño comezará ás cinco da tarde do domingo.
O accidente tivo lugar hoxe unhos minutos antes das cinco da tarde, cando o motorista colisionou contra un camión, na estrada N-541, á altura do Concello de Maside, no cruce de Garabás, ún dos puntos negros para o tráfico, e no que se contabilizan varias víctimas mortais nos últimos anos. Atá o lugar do sinistro ordenouse o desplazamento dun helipcótero medicalizado con base en Ourense, que non chegou a aterrizar ó confirmarse o falecemento do home, veciño da localidade de Vilariño Frio, no Concello de Castro Caldelas. Atá o lugar do accidente tamén se desplazaron os efectivos do Grumir do Carballiño, Garda Civil de Tráfico, e unha ambulancia cun médico do Pac do Carballiño, que únicamente pudo certificar a morte do motorista. Trátase do segundo accidente de moto que se produce nun periodo de 10 dias na N-541 ó seu paso pola nosa Comarca, xa que o pasado dia 15 deste mes de setembro, outro motorista perdeu a vida ó sairse da via nas inmediacións do Alto do Paraño.
O vehículo que foi entregado hoxe ó Concello de Maside será utilizado como medio de transporte para o traslado das persoas maiores ou con capacidade reducida desde as distintas localidades do municipio atá o centro de saúde. A adquisición deste novo vehículo, un renault trafic con capacidade para nove prazas, foi posible a través dun convenio que meses atrás suscribiron o Concello de Maside e a entidade crediticia Caixanova en materia asistencial. No acto simbólico de entrega do vehículo estiveron presentes o Alcalde Masidao Celso Fernández, que agradeceu a Caixanova a deferencia que tivo con Maside facendo posible que desde agora sexa posible contar cun medio de transporte público para a xente que máis o necesita "esperando facer un bó uso deste novo servizo". En represntación de Caixanova participou no acto o director de Relacións Institucionais na provincia de Ourense Amadeo Rodríguez Piñeiro, que aproveitou a ocasión para mostrar o apoio de Caixanova á labor asistencial que realiza o Concello de Maside, ónde a entidade crediticia cumple 50 anos de presenza, con dúas sucursais nas localidades de Dacón e Maside.
Asi o anunciou o Alcalde de Boborás a través desta emisora de radio, finalmente descartase a posibilidade de apagar as iluminacións públicas na súa totalidade entre as 2,30 e as 6,30 da madrugada, e como inicialmente estaba previsto como medida de aforro no gasto público. Cipriano Caamaño recoñeceu nunha intervención no programa de Xan Pinal que o anunciou desta medida xerara inquietude entre a veciñanza ó ser utilizada pola oposición "para meterlle medo a xente e decirlle que ían aumentar os roubos e a inseguraridade cidadán", polo que se optará por outra fórmula alternativa que consistirá en apagar as iluminacións de forma parcial, unha ou dúas de cada tres farolas "que é o sitema preferido pola maioria da poboación e así se fará". Con este procedemento o Alcalde de Boborás pensa que o aforro no gasto eléctrico pode ser aínda superior o que estaba calculado que pudera acadarse coa medida inicialmente presentada, apagando a totalidade das luminarias, pero só durante catro horas. Agora, o apagado será tan só parcial e segundo as demandas e preferencias da maioria dos veciños en cada pobo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 756
- 757
- 758
- 759
- 760
- 761
- 762
- 763
- 764
- …
- seguinte ›
- última »