Unhas sorríntes Asunción Rivero e Aúrea Francisco protagonizaron esta mañá ún dos traspasos de competencias que se viviron nos distintos departamentos muncipais, tras facerse efectivo o decreto da Alcaldia dando conta da delegación de competencias das distintas concellerias que forman a nova estructura do equipo de goberno do Concello do Carballiño, desde hoxe integrado por socialistas e nacionalistas. Asunción Rivero deixou o seu lugar en Servizos Sociais, que pasou a ocupar Aúrea Francisco, ademáis de sorrisos, simbolizaron o traspaso cun dossier informativo. Os outros novos inquilinos do Goberno Municipal tamén tomaron posesión dos seus cargos, aínda que non houbo instantáneas tan mediáticas, polo menos tan sorrintes, en obras e urbanismo Edelmiro Mateo cedeu o seu despacho a Manuel Amil, e Maria José Pérez fixo o propio con Bernardo García. Máis familiares foron os cámbeos dentro das áreas que se intercambean os socialistas, como o protagonizado por Inmaculada Ucha, que tras presentar a programación do Outono Teatral, cedeu o cargo a Asunción Rivero. O vindeiro xoves dia 5, celebraráse o pleno da Corporación Municpal ó que se dará conta do decreto da Alcaldia coa nova estructura que desde hoxe tén o goberno municipal do Carballiño, formado xa por PSOE e BNG.
Terceiro tropezón consecutivo do Arenteiro en Espiñedo, tras a derrota ante o Barbadás e o empate có Cruceiro, chegou unha nova derrota e desta vez ademáis de forma contundente por cero a tres ante o Portonovo. O equipo das rias baixas non fixo nada do outro mundo, simplemente aprobeitar as dúas ocasións que tivo de gol, e un penalti para impoñerse desta maneira a un Arenteiro con alarmante falta de pegada, e fallón nos últimos metros. O Arenteiro atragántaselle os partidos na casa, ante unha parroquia que volveu ser numerosa pero bastante decepcionada pola evolución do equipo en Espiñedo. A verdade é que a afeccíon permanece bastante apática, e máis que animar ó equipo -apenas o fixo- censurou coas súas protestas a labor arbitral, que pudo influir decisivamente no resultado, xa que o segundo gol do Portonovo estivo precedido dun fora de xogo e antes, xa concedera un penalti ós portonovenses por unha posble falta de Jorge sobre Cebreiro, que inicialmente pitou fora da área e tras as protestas visitantes cambeou de opinión e sinalou o punto dos once metros. O árbitro principal, da delegación de Lalín, un tal Soto, mellor que se dedique a outra cousa, porque o seu non é a arbitraxe. Nefasto. Claro que unha mala arbitraxe non pode ser desculpa nunha derrota merecida pola escasa capacidade de reaccón do Arenteiro. O domingo que ven, en Cambados, a recuperar o perdido.
Os feitos aconteceron este domingo pola mañá, na parroquia de Mudelos, cando os veciños alertaron á Policia Local da presencia de dúas persoas entrando nunha vivenda da localidade. Os axentes localizaron nas inmediacións a unha destas persoas que, unha vez que advertíu a presencia policial, tratou de fuxir nun automóbil, sendo entón interceptado e detido. Trátase de D.B.M., de 45 anos de idade e veciño de Vigo, que portaba unha pistola do calibre 9 curto, que estaba cargada. O vehículo fora roubado en Vigo e no seu interior encoutrouse unha escopeta de caza, tamén cargada, roubada a un veciño do Irixo. Momentos despois, nas inmediacións da Igrexa Parroquial de Mudelos foi detido o acompañante, que resultou ser N.F.G, de 43 anos e tamén veciño de Vigo. Según a Policia Local, posiblemente tamèn pudo participar nos feitos unha terceira persoa, que non foi localizada. Os dous detidos, que foron trasladados ás dependencias da Garda Civil do Carballiño, pasarán este lúns a disposiciciòn xudicial.
A Corporación de Leiro en sesión de pleno
A iniciativa de reivindicar a existencia desta ruta xacobea partíu inicialmente da asociación cultural "Castela Auriense" que preside Pablo Lorenzo, e deu lugar posteriormente a constitución da "Encomenda do Camiño Xacobeo do Ribeiro", un colectivo ó que se adheriron varios Concellos polos que atravesaría este camiño xacobeo, entre eles Padrenda, Castrelo de Miño, Ribadavia, Boborás, Avión ou Forcarei. A nova asociación leva maís dun ano traballando na documentación para achegar á Xunta de Galicia para lograr o recoñecemento oficial desta ruta xacobea que, procedente do norte de Portugal, atravesaría as actuais comarcas do ribeiro e O Carballiño para dirixirse á Terra de Montes, polo Concello de Forcarei e chegar a Compostela a través da bisbarra de Tabeirós. Na "Encomenda do Camiño Xacobeo do Ribeiro" estaban representados Concellos gobernados polos tres grandes partidos, PP, PSOE e BNG. Ainda así, restaba o apoio doutros Concellos, como os de Arnoia, Beade e Leiro, que non chegaron a formalizar a súa adhesión nesta asociación.No pasado mes de setembro, as diferencias xurdidas no seo da xunta directiva da "Encomenda" deron lugar a creación dunha segunda asociación, constiuida baixo a denominación "Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro". En tempo record, esta nova asociación conseguíu a adhesión do Concello de Leiro, xa que o 23 de outubro presentaba un escrito no rexistro municipal deste Concello, e seis dias despois, este pasado 29 de outubro, a petición foi trasladada ó Pleno da Corporación, que a aprobou. O acordo obriga ó Concello de Leiro a prestar os apoios necesarios para sacar adiante este proxecto, que se considera de suma importancia, non só desde o punto de vista histórico, senón tamén unha oportunidade única para o desenvolvemento socio-económico e turístico dos Concellos polos que decorre este camiño, para o que se agarda o recoñecemento institucional por parte da Xunta de Galicia.
Ningunha sorpresa nas áreas que xestionará o BNG, tal como lles vimos avanzando desde Cope O Carballiño, Manuel Amil será o novo concellleiro de obras, urbanismo e planificación urbanística, Bernardo García estará á fronte de medio ambiente, mentres que Aúrea Francisco -igualdadade e benestar social- e Maria Jorge -animación social- repartense a área de servizos sociais. As novidades están, pois, nas áreas que dirixirá o PSOE. José Antonio Barge, que se queda con seguridade cidadán, cede a súa responsabilidade en persoal, que asume directamente o Alcalde Carlos Montes. Inmaculada Ucha quedase con facenda e réxime interior, e perde cultura en favor de Asunción Rivero, que pasa a ser a súa nova titular e completará as súas competencias con educación e xuventude. Maria José Pérez ocuparáse de servizos públicos, participación cidadán e sanidade, deixando medio rural en favor de Edelmiro Mateo, que ademáis xestionará parte da brigada de obras. Manuel Dacal continúa en deportes, comercio e turismo, e Francisco Gómez en festexos, termalismo, industria e novas tecnoloxias.
O novo goberno municipal será efectivo desde o vindeiro lúns dia 2 de novembro, cando o Alcalde asine o correspondente decreto, e desde entón, os concelleiros e concelleiras terán xa competencias plenas nas súas respectivas áreas. E moi probablemente, o xoves dia 5 convocaráse o pleno da corporación muncipal, ó que se lle dará conta da nova estructura. En canto a xunta de Goberno, pasará a estar integrada polos socialistas Edelmiro Mateo, Inmaculada Ucha e Maria José Pérez, e os nacionalistas Manuel Amil e Aúrea Francisco.
Trátase da finca con número rexistral 18406, de vintesete áreas de extensión de terreo, coñecida como a “Pena dos Namorados” e na que actúou unha das escolas-taller do Concello do Carballiño, que levou a cabo diversas obras de acondicionamento, sita na zona do parque etnográfico do río Arenteiro.Según a documentación expedida este pasado día 27 de outubro de 2009 polo rexistro da propiedade do Carballiño, a titularidade da finca corresponde a José Antonio Otero e Encarnación Alvarez, Rafael Otero e Maria Carmen Ramos, e Adolfo Otero e Julia Janeiro, e según o título de compraventa formalizado o dia 3 de setembro de 1977. Desde entón, non se producíu ningún cámbeo na titularidade desta propiedade que fose elevado a escritura pública. A nota simple informativa do rexistro da propiedade do Carballiño relativa a esta finca da pena dos namorados recolle tamén unha anotación preventiva de embargo sobre a mesma por parte do xulgado de primeira instancia e instrucción feita con data do pasado dia 21 deste mesmo mes de outubro no que andamos.
Dias atrás, o Partido Popular solicitou ó Alcalde o Carballiño que aclarase a situación legal desta parcela, e da súa titularidade, advertindo que de non poder demostrarse por parte do Concello que é propietario desta parcela “estariamos falando dunha maís que posible malversación de fondos públicos” o investir diñeiro público nunha propiedade privada.
O Carballiño e Ourense quedarán desde esta semana conectados por estrada en apenas 15 minutos, unha vez se proceda a apertura ó trafico do acceso directo desde O Carballiño coa AG-53, a autoestrada Ourense-Santiago. Según pudo saber Cope O Carballiño o ramal quedará aberto ó tráfico tras un acto oficial de inauguración que contará coa presencia do Presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo e o Conselleiro de Medio ambiente, Teriritorio e Infraestructuras, Agustín Hernández. O acto, xa confirmado oficialmente,cebraráse ás cinco da tarde deste xoves dia 29 de outubro, de tal maneira que desde entón quedará xa aberto o vial á circulación de vehículos. Desde as catro da tarde, e cada 15 minutos, sairán autocares desde a estación de renfe do Carballiño para aqueles veciños que queiran acudir a este acto institucional que terá lugar no enlace deste vial coa autoestrada, nas inmediacións do viaducto do Viñao.
O ramal, que arranca na N-541 na nova rotonda da Fontela, tén unha lonxitude de 5,2 kilómetros que transcorren na súa totalidade dentro do ámbito municipal do Concello de Maside. Tén sección de autovia, con dous carrís para cada sentido da circulación, e ademáis conta cun doble enlace á altura da vila de Maside. Para a súa execución foi precisa a expropiación de 414 fincas, todas elas no concello de Maside, e na obra da súa execución investironse 27,3 millóns de euros, e outros 2,6 millóns que se destinaron ó pago das expropiacións.
Outros Concellos da Comarca que tamén presentaran os seus proxectos deberán seguir agardando, xa que de momento as súas peticións non foron atendidas pola consellería de traballo e benestar da Xunta de Galicia. Quenes sí resultaron benficiarios neste reparto foron os Concellos de San Cristovo de Cea e Leiro, que terán os seus respectivos obradoiros de emprego, no caso do concello panadeiro será a primeira vez no que se vai desenvolver un proxecto destas características, mentres que no Concello de Leiro será xa o terceiro. A mediados do mes que ven levaránse a cabo os procesos de selección do director, persoal e alumnado de ambos obradoiros, que terán unha estructura parella, con 25 alumnos en cada caso e tres módulos. En Cea, serán de xardinería, carpinteiría de albanelería, que se ocuparán na recuperación de fontes e fornos comunais existentes nas distintas parrroquias do municipio. Mentres, en Leiro adicarán a súa actividade na obra de construcción dun centro social en Gomariz, aproveitando unha casa propiedade dos veciños da localidade, asi como no acondicionamento dun camiño peonil no campo de abaixo de Leiro e dúas actuacións maís na parroquia de Berán, onde se acondicionará a praza da sede da Entidade Local e o acceso ó balneario de Berán. Para elo, contará con módulos de Albanería, canteiría e outro de recuperación de áreas degradadas. De cumplirse as previsións anunciadas a través desta emisora de radio polos Alcalde de Cea e leiro, en ambolosdous casos os obradoiros iniciarán a súa actividade a finais do mes de novembro ou principios de decembro, e terán continuidade durante doce meses.
O Grupo municipal do Partido Popular no Concello do Carballiño, ven de comunicar que no Diario oficial de Galicia de hoxe luns 26 de outubro, publicase unha resolución do 23 de setembro de 2009, da Consellería de Economía e Facenda, dentro do marco denominado “actuacións para infraestructuras en polígonos industriais” na que se concede unha axuda que vai facer posible unha demanda dos empresarios do Polígono da Industrial da Uceira, a mellora da iluminación pública nesta zona industrial.
A aportación da Xunta de Galicia para a execución deste Proxecto é de 71.257,67 €.
Dende o Grupo Popular do Carballiño, insístese na boa disposición da Xunta de Galicia coas solicitudes que se presentan dende o Carballiño, sendo esta unha nova mostra.
Finalmente, o Grupo municipal do Partido Popular, aprovéita esta ocasión para recordarlle ao Equipo de Goberno, que se deben de recuperar as conversas que o Partido Popular do Carballiño iniciara cos promotores e constructores para darlle un novo impulso a este sector "con vistas á promoción conxunta do Carballiño e das das súas vivendas, iniciativa ésta, a que dende o Concello se lle fixo caso omiso, e que por parte dos empresarios do sector fora moi ben recollida".
O pacto ó que chegaron esta semana PSOE e BNG para gobernar xuntos o Concello Carballiñés foi un acordo "dirixido, orquestado e firmado polas cúpulas autonómicas de ambolodous partidos", ésta é a interpretación que se fai desde o PP do Carballiño, un pacto "fora de tempo e electoralista, que non busca o benestar dos veciños do Carballiño, senón salvagardar a xestión política dos dirixentes autonómicos destas dúas formacións ca vista posta en fucturos pactos nas vindeiras eleccións municipais de 2011". O Patido Popular entende, desta maneira, que o pacto decidíuse desde Santiago, eso sí, polo tanto no mesmo tería xogado un papel decisivo un carballiñés, o ex-Alcalde Pachi Vázquez e actúal secretario xeral do PSOE galego. Esa é a lectura que fan os populares, que agora e unha vez que entre en vigor o acordo, exercerán unha oposición muncipal xa en solitario e que pasará a ser minoritaria dentro da Corporación Municipal, con cinco concelleiros fronte ós 12 que sumará o grupo de goberno bipartito de socialistas e nacionalistas.
Mentres, desde o PSOE, e por medio dun comunicado de prensa, defendese a lexitimidade do pacto e "dun acordo de goberno democrático e lexítimo, e no que priman os intereses xerais dos veciños do Carballiño". Destacan os socilaistas que será o grupo de goberno maís numeroso da historia democrática , consecuencia "das eleccións municipais de 2007 que conformaron unha maioria progresista e de esquerdas que conseguíu deixar o partido popular cos peores resultados electorais da súa historia no Carballiño". Finalmente, os socialsitas critican o PP do Carballiño por "estar máis preocupado en enchufar ós membros do seu grupo que en preocuparse dos problemas dos veciños do Carballiño".
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións portavoz do PP Argimiro Marnotes
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 753
- 754
- 755
- 756
- 757
- 758
- 759
- 760
- 761
- …
- seguinte ›
- última »