O grupo ecoloxista cita a existencia de "documentos oficiais que proban como na canceira do Carballiño, entre os meses de marzo, cando se descubriron ducias de cans mortos violentamente e enterrados nunha fosa con cal, e o mes de xuño, foron sacrtificados outros 55 cans". Según esta nova denuncia de Matar por Matar Non, trataríase polo tanto "da metade dos que sobrerviron a primeira matanza". Os ecoloxistas consideran que se no primeiro caso o asunto foi de gravidade extrema, neste segundo episodio e tendo en conta as numerosas xaulas desocupadas e o escaso número de cans que sobreviviron, a situación toma tintes dramáticos e escandalosos, e detrás da mesma estaría "ou ben algún tipo de desalmado que por non levar traballo mata os cans, ou que estos crueis acontecementos responden a unha intencionalidade de resolver o problema e os gastos da canceira, mediante o sistema de eliminar os cans alí recollidos". Ademáis, dase a circustancia que nos últimos meses apenas se están recollendo animais, nin no Carballiño nin no resto da Comarca. De feito, nas últimas semanas numerosos cans abandonados andan soltos, tanto polo casco urbano como polos arredores. Desde Matar por Matar Non, pídese que se investigue a identidade de quen se cree con inmunidade de desafiar á lei, a Garda Civil, e incluso ó proceso por maltrato animal con resultado de morte que segue aberto no Xulgado do Carballiño. Finalmente, os ecoloxistas, que puxeron novamente estos feitos en coñecemento do Seprona, fan un chamamento ós responsables do novo goberno municpal do Carballiño para que abran unha investigación que aclare esta segunda matanza nestas instalación muncipais, ó tempo que se reactive a comisión de investigación pendiente, porque actúar doutra maneira "convertiraos, non só en cómplices, senón tamén en encubridores dunha das maiores ignomias cometidas contra animais indefensos en calquera lugar do noso país"
As actividades terán lugar os vindeiros dias 14 e 15 deste mes de novembro, na pista roxa e no salón de actos da casa do Concello do Carballiño. "Bioterra 2009" nace coa idea de combinar a ecoloxía, o consumo responsable, e o comercio xusto e local. Intalaránse arredor de 20 postos de productores locais e ecolóxicos, e asociacións vencelladas ó comercio xusto e local. No acto de presentación, Rebeca Carreiro, da asociación cultural Pepa Loba, salientou que o principal obxetivo desta ferira "é revalorizar e dar a coñecer ós productores e cooperativas de producción ecolóxica, asi como reivindicar o comercio xusto local como unha forma de vida sostible có medio ambiente".
Ademaís, e como actividades complementarias á feira, celebraráse unha charla de iniciación á micoloxia "O reino dos fungos: identificación e conservación", ás doce da mañá do sábado 14 no salón de actos da casa do Concello, asi como obradoiros de cociña micolóxica e outro de cestería con mateirais de refugallo. Coa organización de "Bioterra 2009" colabora o Concello do Carballiño a través da concellería de medio ambiente, o seu titular, Bernardo García comprometeu o apoio do seu departamento con esta inciativa, e aplaudíu o traballo desenvolvido pola asociación Pepa Loba, un colectivo aínda de recente constitución no Carballiño e que aposta pola cultura da sostibilidade na relación da sociedade co seu entorno.
A Policia Local do Carballiño procedeu nas últimas horas á dentención de dous conductores que superaban a taxa de alcohol, e circulaban cos seus vehículos en zona urbana. O primeiro deles, despois de que unha chamada anónima alertara sobre a presencia dun conductor que se dispoñía a subir ó coche con evidentes signos de embriaguez. O vehículo foi interceptado na rúa Aller Ulloa, e unha vez realizada a proba de alcoholemia ó conductor, E.M.M. de 53 anos e veciño do Carballiño, deu unha taxa en aire de máis de 0,90. No segundo caso, axentes da Policia Local detiveron a F.V.R, veciño de Cenlle, por negarse a facer a proba de alcoholemia, despois de que fose sorprendido circulando por dirección prohibída.
Doutra parte, a Policia Local busca o conductor ou conductores, que ocasionaron varios golpes en vehículos estacionados en distintas rúas do Carballiño. Alonmenos, son dúas as denuncias presentadas por propietarios de vehículos correctamente estacionados nas rúas Ribero e San Cibrán. Ademáis, outro vehículo chocou contra o peche exterior dunha dunha vivenda na rúa Alberto Vilanova. Os feitos ocurriron durante a pasada madrugada e tres casos os infractores deronse á fuga.
Un cativeiro Arenteiro, como cativeiro foi o partido, logrou traer os tres puntos para o Carballiño. Os verdes fixeron desta vez da necesidade unha virtude e malia as numerosas baixas no equipo titular, aprobeitaron as contadas ocasións e primeiro Fran, e despois Martín, e xa a once minutos para o final Diego Soto, conseguiron os tres goles para neutralizar os dous marcados polos cambadeses. Un partido gris, igual que a tarde, o visto no campo de Burgans e ante un Cambados que moito terá que traballar se quere manter a categoria. Mentres, o Arenteiro, case con un equipo de circustancias, tivo desta vez a sorte de cara e conseguíu unha victoria que lles permite os verdes seguir a estela de Porriño, o líder a catro puntos, e o Estradense, segundo clasificado do que o Arenteiro se sitúa a ún punto ocupando a terceira posición na táboa clasificatoria, e aínda a tiro deses dous primeiros postos que dan dereito ó ascenso á terceira división. Claro que se ese fose o obxetivo, este Arenteiro tén moitísimo que mellorar.
O acidente ocorreu ás 8,53 desta mañá de sábado na estrada N-541 ó seu paso polo Carballiño, no punto kilométrico 27, estó é, na curva do Cornubal, a carón da ponte desta estrada sobre o río Arenteiro. Según a información aportada pola Garda Civil de tráfico, o accidente consistiu nunha colisión forntal entre dous vehículos, un renault clio e un Nissan Patrol. No primeiro viaxaba un veciño de Ourense, de 67 anos de idade, que resultou con feridas graves e foi trasladado en ambulancia ó complexo hospitalario de Ourense, mentres que o todoterreo era conducido por un veciño da localidade de Lerma, na provincia de Burgos, que sufríu feridas leves. Efectivos do Grumir do Carballiño traballaron para limpar a calzada e deixar a estrada expédita para o tráfico.
O Concello de Beariz está a organizar o “I concurso infantil de postais do Nadal”. Poderán participar todos aqueles nenos e nenas entre 3 e 12 anos que estén censados no Concello de Beariz. Así que, se eres de Beariz e tes entre 3 e 12 anos, anímate e participa, e ademáis poderás gañar un lote de material escolar por valor de sesenta euros.Qué podes facer para participar?
Só tes que recoller no Concello ou no Colexio de Beariz un sobre que contén unha cartulina onde tes que facer o teu dibuxo relacionado có Nadal.
Identificación:
No reverso de cada dibuxo deberá figurar o número que no Concello ou Colexio nos asignen no momento de presentar os traballos có fin de garantir o anonimato. NON LLE POÑAS O TEU NOME.
Prazo de admisión:
Poderá presentarse no Concello ou no Colexio un debuxo relacionado co Nadal por neno/a, en color ou branco e negro. Tes de prazo ata o día 24 de novembro. No sobre indicarase: “I Concurso Infantil de Postais do Nadal 2009”.
Xurado:
O xurado estará formado por un representante do Concello, por a directora do colexio e por un membro dos servizos sociais da Mancomunidade. O fallo será emitido na última semana do mes de novembro.
Premios:
O Concello establece os seguintes premios:
Primer premio: lote de material escolar valorado en 60 euros e será o dibuxo que o Concello de Beariz utilice na postal para felicitar o Nadal.
Segundo premio: lote de material escolar valorado en 40 euros.A entrega de premios levarase a cabo no lugar, día e hora que previamente se comunique.
Exposición:
Cos debuxos recibidos faráse unha exposición de postais que estará no Colexio ata o día 18 de decembro e a partires desta data ubicaráse na casa do Concello.
A medida de aforro acordada polo grupo de goberno de Concello de Boborás, apagando unha parte das iluminaciòns públicas en todas as localidades do ámbito municipal, segue sendo motivo de controversia entre a veciñanza. O último episodio aconteceu no transcurso dunha reuníón que mantiñan o Alcalde Cipriano Caamaño e un numeroso grupo de veciños da parroquia de Feás, e que abandonou o Alcalde cando tomou a palabra o portavoz do PSOE neste Concello, Alberto Otero. Os veciños que acudiran á casa do concello entenderon entón que "o Alcalde deixounos plantados e coa palabra na boca", o que levou a algún dos presentes a recriminarlle esta postura ó rexidor municipal e provocou momentos de certa tensíon. Agora, e a traves dunhas declaracións no programa de Xan Pinal, na mañá de Cope O Carballiño, Cipriano Caamaño calificou de "encerrona ó Alcalde" esa reunión e culpou de orquestrar a mesma ó portavoz muncipal socialista.(Declaracións que pode escoitar abrindo o AUDIO ADXUNTO).
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións de Cipriano Caamaño, alcalde de Boborás
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas subvenciona a posta en marcha dun total de 5 proxectos de Axenda 21 Local, por un importe global de 320.000 euros. Así o vén de anunciar a través do Diario Oficial de Galicia, no que se anuncia a contratación deste proxecto que beneficiará aos concellos de O Carballiño, Oza dos Ríos, Ribadeo, Lalín e Cuntis. A Axenda 21 Local é un documento que desenvolve un Plan de Acción Municipal baseado na integración, con criterios sostibles, das políticas ambientais, económicas e sociais do concello, e que xurde da participación e toma de decisións consensuadas entre os representantes políticos, persoal técnico municipal, axentes implicados e a cidadanía en xeral. O Diario Oficial de Galicia publicou a resolución pola que se licita a contratación para a implantación e desenvolvemento da Axenda Local 21 dos núcleos de sostibilidade de O Carballiño, Oza dos Ríos, Ribadeo, Lalín e Cuntis, por 320.000 euros. A finalidade é a contratación dunha empresa que se encargue da implantación e desenvolvemento das Axendas 21 Locais nestes Concellos.
Entre os traballos a levar a cabo pola empresa adxudicataria están a elaboración de auditorías de sostibilidade, o desenvolvemento de plans de participación social, a través da elaboración de enquisas, entrevistas, mesas de consulta cidadá, o desenvolvemento dun plan de seguimento e finalmente o establecemento dun plan de acción local. Os traballos compleméntanse coa creación dun sistema de información xeográfica para cada un dos núcleos no que se plasmará a información recollida ao longo dos traballos anteriores e dunha páxina web na que se publicará toda a información referida as Axenda 21 nos repectivos Concellos.
A Axenda 21 Local, dende a súa formulación inicial, expón a participación da comunidade como esencia do proceso. Esa participación centrarase en elaborar unha planificación do desenvolvemento local seguindo as pautas da sostibilidade.
Dende O Grupo Municipal do Partido Popular do Carballiño, agardan "que esta resolución da Xunta de Galicia sexa do agrado dos veciños e veciñas, pois servirá para ter un mellor control das actividades medioambientais que se fagan no municipio, e sirva para non ver fantasmas onde non os hai, pois unha vez máis, demostrase que a Xunta de Galicia está en disposición de colaborar có Concello do Carballiño, naquélo que sexa preciso".
Primeiro día de traballo para o grupo municipal do BNG, tras tomar posesión das súas repectivas concellerías, e primeira comparecencia ante os medios como novos resposables do goberno do Concello do Carballiño para Manuel Amil, Aúrea Francisco, Maria Jorge e Bernardo García, que fixeron unha declaración de intencións sobre o que van ser a súas pautas e principais claves na súa acción de goberno. O novo Tenente Alcalde do Carballiño, Manuel Amil, aprobeitou ademaís para pedir "lealdade instiucional" ó Partido Popular, do que solicitou expresamente o apoio na Parlamento Galego para diversas ennmendas ós orzamentos autonómicos, nas que se piden varias actuacións para O Carballiño. Bernardo García marcase como ún dos seus obxetivos a mellora dos servizos de recollida do lixo e limpeza e o coidado dos espacios públicos, no departamento de medio ambiente. E finalmente, as concelleiras Maria Jorge e Aúrea Francisco, anunciaron as súas prioridades nas concellerías de igualdade e benestar, e animación social.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Rolda de prensa do BNG
Felipe Pérez Carral, de 41 anos de idade, era veciño da parroquia de Seoane, aínda que residia na avenida do balneario do Carballiño. Traballaba para unha empresa de construcción, e no momento do accidente limpaba cristais, subido a unha plataforma elevadora, a unhos doce metros de altura. O guindastre desplomouse sobre a rúa por causas descoñecidas e provocou a morte tanto de Felipe como dun segundo traballador da mesma empresa, de nacionalidade peruana. O accidente produciuse na localidade de Arrefice, a capital de Lanzarote, nas illas Canarias.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 752
- 753
- 754
- 755
- 756
- 757
- 758
- 759
- 760
- …
- seguinte ›
- última »