30, Decembro 2009

As rúas Castelao, Ourense, 25 de Xullo, avda. do balneario ou Astureses, entre outras, todas elas dentro do ámbito urbano carballiñés, serán o escenario de controis de velocidade mediante radar móbil por parte da Policia Local do Carballiño. Os controis iniciaránse na tarde do 31 de decembro e prolongaránse atá o dia 5 de xaneiro, e sucederánse máis adiante de forma periódica, utilizando este novo sistema de radar móbil do que dispón a policia carballiñesa tras a sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello do Carballiño e a Xefatura Provincial de Tráfico. O Xefe da Policia Local, Francisco Valeiras, explicou que esta iniciativa tamén se vai levar a cabo nas principais poboacións da provincia, naquélas localidades que contan con policia local, e que a coincidencia desta campaña no Carballiño con estas datas de celebracións festivas foi un casual, xa que "nos tocou asi  para adaptarnos as disponibilidades do servizo e coordenarnos coa xefatura provincial de tráfico". Valeiras tamén adiantou que durante os primeiros dias "tratarémos que os controis teñan un carácter informativo, ainda que nun futuro haberá tolerancia cero para os conductores que non respeten as normas, e advertindo ademáis que aqueles automovilistas que rebasen as velocidades permitidas, serán sometidos a controis de alcoholemia".

29, Decembro 2009

Sensibilizar a toda a poboación no esforzo por facer un contorno máis saudáble e respetuoso có medio ambiente, éste é o obxetivo dunha iniciativa que se pón en marcha desde a axencia local de sostibilidade, e coa que colabora a asociación de comerciantes do Carballiño. Consistirá no reparto de 20.000 bolsas de papel e 1.500 almanaques de parede, que serán distribuídos a través dos establecementos do centro comercial aberto do Carballiño. No acto de presentación desta campaña de sensibilización cidadán, tanto o concelleiro de medio ambiente Bernardo García coma o presidente do colectivo comercial carballiñes Adolfo Nogueira, incidiron na importancia deste tipo de actividades para lograr un Carballiño máis saudáble e menos agresivo có medio ambiente. E para lográlo son varias as recomendacións que se nos fan nas doce follas deste singular almanaque, consellos que teñen que ver co consumo da auga, a enerxía eléctrica, a calefacción, o transporte e o combustible, os verquidos ás augas e a atmósfera, os ruídos e o tratamento do lixo.

29, Decembro 2009

O Portavoz do grupo municipal do Partido Popular no Concello do Carballiño criticou hoxe no transcurso dunha intervención nesta emisora de radio a premura coa que o grupo de goberno abordou o proceso de aprobación dos orzamentos municipais do 2010, metidos de cheo nas festas do nadal e convocando o pleno en vísperas da noitevella. Para Argimiro Marnotes as datas non son a máis apropiadas e proba delo foi o acontecido esta mañá na convocatoria do consello de participación cidadán, unha reunión á que non acudíu ningún representante veciñal. Ás once da mañá, hora fixada para esta convocatoria, preceptiva antes da celebración do pleno, tán só estaban no salón de actos da casa do concello o Alcalde Carlos Montes e a concelleira e representante do Partido Popular Anayansi Rodríguez. Ante a ausencia da representación cidadán procedeuse a levantar acta da fallida sesión. Marnotes tamén manifestou que "estou vendo cousas moi raras nos últimos dias" en alusión as ausencias dos representantes do BNG nas respectivas comisións informativas, previas a celebración do pleno da Corporación Municipal, convocado para as 13 horas deste mércores 30 de decembro, tendo a sensación "de que maís que un pacto de goberno entre PSOE e BNG, polo visto cos orzamentos, esto parece máis un rodillo do PSOE sobre o BNG", apostillou o portavoz do PP no concello carballiñés.

28, Decembro 2009

Axentes da Garda Civil do Carballiño prenderon ás catro da madrugada de onte domingo a Juan José V.V., de 30 anos de idade, natural de Avión aínda que na actualidade con domicilio en Barcelona, como presunto autor dun delito de lesións ó apuñalar nunha perna a Julio D.P., de 37 anos, veciño de Avión, despois de manter unha discusión no interior dun bar na localidade de Avión. A víctima da agresión foi trasladado o CHOU, con pronostico reservado, según a información facilitada pola Subdelegación do Goberno. O agresor pasará hoxe a disposición xudicial.

Doutra parte, e na madrugada da noiteboa, arredor das catro e media , autores descoñecidos accederon ó interior da sucursal de Caixanova na localidade de San Amaro, tras fracturar os barrotes dunha ventá. Xa no interior da sucursal, forzaron o sistema de apertura da caixa forte, que non conseguiron abrir. A Policia Xudicial practicou unha inpección ocular das instalacións, e procederá o visionado da cámara do sistema de seguridade.

24, Decembro 2009

A campaña desenvolveráse en diversos soportes publicitarios, prensa, radio, tv e folletos nos que se oferta o Carballiño como lugar de residencia. Para atraer ós futuros veciños e antes clientes do sector inmobiliario local, incidiráse na boa cobertura de servizos e tamén na variada oferta de actividades para o ocio, o deporte e a cultura, coas aventaxes de poder acceder a unha vivenda con prezos moi competitivos en relación ós que se ofrecen na cidade de Ourense, onde se centrará a maior parte desta campaña. Outro factor que se tén moi en conta é a calidade de vida que pode atoparse nunha poboación rodeada de natureza cunha ubicación xeográfica privilexiada, a 14 minutos de Ourense por autoestrada, asi como a 48 minutos, tamén por autoestrada, dos aeroportos de Peinador ou Lavacolla, e mesmo a apenas 50 minutos das praias da rías baixas.  A iniciativa promocional, ideada desde a Agrupación de Promotores e Constructores, conta cun orzamento de 40.000 euros, dos que 10.000 euros son aportados polo Concello do Carballiño, e contase tamén coa colaboración do Centro Comercial Aberto e da Asociación de Comerciantes do Carballiño. 

22, Decembro 2009

Un grupo de nais e pais do colexio púlblico Calvo Sotelo do Carballiño -arredor de 70- manifestaronse  este mediodia na Praza Maior do Carballiño en favor da implantación da xornada única neste centro educativo, unha petición que está sendo contestada por outro sector de nais e pais, partidarios da continuidade do horario en horario partido, de mañán e tarde, como está fixado na actualidade. Non é a primeira vez que se plantexa este debate no seo da comunidade escolar, a implantación da xornada única, unha postura que sí é maioritaria entre o profesorado e mesmo no consello escolar do centro, tal commo se puxo de manifesto no acordo adoptado meses atrás, cando se solicitou da administracción que leve a cabo o proceso que regula o decreto para a implantación da xornada única. Precisamente, onte, a Consellería de Educación remitíu ó colexio o informe desfavorable en relación a esta petición no Colexio Calvo Sotelo, un informe do servizo do transporte escolar -que é vinculante- e que desautoriza esta peticiòn, ó entender que a xornada única provocaría trastornos co transporte que nestes momentos non poden ser asumidos. Un  argumento que resulta esperpéntico para os pais partidarios da xornada única, ó entender que co novo sistema horario non se aumentaría o custo do servizo, tal como se manifesta no informe. A comisión de nais e pais que convocou a protesta desta mañá, pide que se revise ese infome, que se permita a votación na que os pais deberán pronunciarse nun ou noutro sentido, e de non ser así anuncian que levarán a cabo outras medidas de presión.

22, Decembro 2009

O roubo foi cometido entre as oito e as dez da mañá deste pasado lúns dia 21, ese intervalo de dúas horas foi o que aproveitaron os ladróns para entrar na vivenda dunha veciña do Carballiño, R.R.B., de 63 anos de idade, que ven de presentar a correspondente denuncia ante a Garda Civil. Según o seu propio testimonio, os ladróns apoderaronse de 4.800 euros en efectivo que esta muller gardaba no domicilio, e tamén se levaron diversas xoias valoradas en 13.550 euros. Para entrar na vivenda, os autores do roubo forzaron a porta de entrada.

21, Decembro 2009

Cativos e maiores poderán disfrutar dun variado programa lúdico e de animación cultural que programou para estas datas do nadal e ano novo o Concello de San Cristovo de Cea, e que se inicia o dia de noiteboa coa visita do "Papá Nöel", que fará un percorrido polas rúas de Cea a partir das dez da mañá en adiante. Os dias 28 e 29 de decembro os nenos e mozos entre os 8 e os 18 anos de idade poderán participar nunha estadía subvencionada na estación de esquí de Cabeza de Manzaneda. A inscripción deberá facerse atá o 24 de decembro, e os participantes empadronados no Concello de San Cristovo de Cea terán que pagar 30 euros,e 42 os non empadronados, incluíndose pensión completa, autobús, seguro de viaxe e actividades, tales como a piscina climatizada. A xa clásica visita a Pazolandia fixouse este ano para o mércores 30 de decembro, sendo tamén necesaria a incripción, neste caso aberta atá o dia 28. Tamén para os máis cativos, será o "Ludinadal con Xogaventura", con xogos, obradoiros, globomagic, manualidades e outras actividades, os dias 4 e 5 de xaneiro en horario matinal. Completará esta programación a tradicional cabalgata de reis, ás cinco e media da tarde do dia 5 de xaneiro. Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán á casa do Concello, farán o seu desfile polas rúas de Cea e trasladaránse finalmente ó pavillón de deportes da localidade, onde repartirán agasallos e farán entrega dos premios do concurso de tarxetas do nadal organizado polo Concello de San Cristovo de Cea.

21, Decembro 2009

As Concellerías de Cultura e Deporte do Concello de Boborás veñen de programar varias actividades para os  veciños e veciñas do municipio, e que terán lugar durante as vacacións do nadal, xa que boa parte das mesmas están dirixidas ós maís pequenos. Do 28 ó 31 de decembro, de dez da mañá á unha da tarde, o colexio "Nosa Sra. de Xuvencos" acollerá un obradoiro de arranxos de nadal. Xa na primeira semana de xaneiro, desenvolveránse o resto das actividades programadas. O dia 2, membros da asociación cultural "Os Serandeiros", moitos deles veciños de Boborás, percorrerán os pobos do Concello, animando á veciñanza a cantar os reis. O dia 3, pola tarde, e novamente nas dependencias do colexio púlblico, celebraráse a xa tradicional Festa de Nadal, na que haberá xogos, actuacións e faráse entrega dos premios ós gañadores do 3º concurso municipal de postais. E tamén se celebrará unha merenda, á que están convidados todos os veciños e veciñas do Concello. Xa finalmente, o dia 4 será a visita o parque de atraccións de Pazolandia, no recinto de Expourense, con saída en autocar desde Boborás ás dez e media da mañá e regreso ás dúas e media da tarde. Esta actividade está reservada para nenos e nenas entre os catro e os dezaséis anos, que deberán inscribirse con antelación nas oficinas municipais do Concello de Boborás, atá o dia 30 de decembro.

21, Decembro 2009

Fin de semana para esquecer para os equipos máis representativos do deporte carballiñés, ambos resultaron goleados nos seus respectivos desplazamentos. O Arenteiro colleitou unha incontestable derrota por catro goles a cero na súa visita á parroquia canguesa de Aldán, onde se atopou cun Rápido Bahía moi superior desde o principio ó remate do partido, os cangueses non deron opción a un Arenteiro outra vez incapaz de crear nin xiquera unha ocasión de gol. O recén ascendido Rápido Bahía, dando unha lección de fútbol moderno, borrou do campo ós carballiñeses, que volveron estar apáticos e sen ideas do qué facer no campo. Un caos na defensa e unha parsimonia total no resto do equipo explican unha derrota que só as boas intervencións do porteiro Iván González evitaron que o resutado fora aínda máis escandaloso. O Arenteiro, que xogou a última media hora con dez pola expulsión por doble amarela de Oliveira, volveu amosar a súa pior cara desta tempada, desta vez esqueceuse incluso que non xogaba en Espiñedo.

Tampouco foron ben as cousas para o Carballiño F.S, no seu desplazamento ó lider da categoria. O Parrulo do Ferrol endosou un severo 8-2 ós carballiñeses, un excesivo castigo para o visto na cancha, e truncando así a case inmaculada marcha do equipo de Colmenero nesta competición da primeira A do fútbol sala. Malia esta derrota, o Carballiño F.S. conserva a segunda posición na táboa clasificatoria, a cinco puntos do lider.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS