A Concellaría de Igualdade e Benestar do Carballiño, por medio da súa voceira Áurea Francisco ven de facer público o seu contento e felicitar trala súa reelección á carballiñesa Mª Teresa Miras Portugal como Presidenta da Real Academia de Farmacia. A Concelleira nacionalista destaca a valía e a traxectoria profesional que premian deste xeito a unha muller que xa marcara un fito ao ser elixida no 2007 como primeira muller á fronte, non só da Real Académica de Farmacia senón como a primeira muller á fronte dunha academia no Estado Español. “Debemos felicitarnos –subliña Áurea Francisco- non só por sermos carballiñeses e carballiñesas senón polo feito de que sexa unha muller e desta valía a elixida para este cargo demostrando máis unha vez que ser muller e con formación, cando se pode acceder a ela, nunca vai ser un atranco para o triunfo persoal e profesional”. Tamén se fai referencia o brillante currículo desta muller de ciencia quen amais do seu nomeamento pode presumir dunha longa traxectoria entre a que debemos destacar a Cátedra de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade Complutense, máis dunha ducia de teses doutorais –cinco delas con Premio Extraordinario- e máis de 180 publicacións en revistas internacionais centradas en neurociencia
O Alcalde de Boborás asegurou que as averias que durante as últimas semanas veñen afectando ás iluminacións públicas de varias localidades do Concello de Boborás estiveron provocadas por sabotaxes cometidas sobre a rede eléctrica. Cipriano Caamaño pensa que o autor dos feitos tén unha clara intencionalidade e persigue "queimarme políticamente", declarou no transcurso da súa intervención radiofónica no programa "A mañá de Cope O Carballiño". As manifestacións do Alcalde de Boborás producironse despois das críticas do BNG, en relación os apagóns das últimas semanas, que en varios pobos prolongaronse por espacio de varios dias, afectando a localidades como Feás, Vilachá, Boborás, Porto Pereiras ou Xurenzás, advertindo ademáis o BNG que "de non solucionarse este gravísimo problema, reservámonos as accións que se considere oportunas e mesmamente poñer en coñecemento desta grave situación ás autoridades competentes en seguridade cidadana". Cirpiano Caamaño afirmou que estas averias non teñen nada que ver coas medidas de aforro enerxético que se veñen poñendo en práctica por parte deste Concello, consistente no apagado selectivo de parte das iluminacións públicas, e esixíu da oposición municipal "unha condena expresa destas sabotaxes". Tamén manifestou a súa esperanza para que a Garda Civil investigue e aclare estos sucesos.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións Alcalde de Boboras, Cipriano Caamaño
Non saen as contas, cós números da primeira volta non chegan. O Arenteiro cumplíu na súa ultima visita e derradeira xornada da primeira volta do campionato, gañando en Marín 2-3, pero despide a primeira parte do torneo ligueiro con 34 puntos. Outros tantos na segunda volta serían 68, insuficientes. Agora mesmo, o Arenteiro está a 4 puntos do líder Choco e a dous de Estradense e O Porriño, os tres equipos que temos por diante. E só os dous primeiros ascenden á terceira división. Asi que con estos números na segunda volta, as matemáticas non fallan, estariámos fora dos postos de ascenso. A única solución posible é mellorar a estadiística na segunda volta. Dos 57 puntos en xogo, como mínimo habería que sumar 40, seis maís que nesta primeira volta, 74 puntos serían suficientes para asegurar cando menos o segundo posto, sempre e cando os demáis aspirantes sigan nos mesmos números da primeira volta, porque senón incluso cumpriría algún puntiño maís para amarrar o ascenso. A vindeira xornada, primeira da segunda volta en Eiroás e ante o Covadonga comeza a conta atrás.
A posible implantación da ORA nas rúas carballiñesas non convence ó Partido Popular, partidario de buscar outras alternativas para solucionar a problemática derivada da falla de aparcamentos púlblicos. Non é a primeira vez que desde o Concello do Carballño se apunta esta posibilidade, a aprobación da ordenanza de regulación de aparcamentos (ORA), mesmo desde algún sector do comercio local se demandou un estudio que regulase o aparcamento público de vehículos no casco urbano do Carballiño, xa que a carencia de prazas públicas é unha das queixas que máis se escoitan nos últimos anos entre os automovilístas que se achegan ó Carballiño.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións de Argimiro Marnotes portavoz do PP
A preguntas de Xan pinal no programa "A mañá de Cope", o portavoz do Partido Popular no concello carballiñés, Argimiro Marnotes, adiantou que o seu grupo posicionaráse, chegado o momento, contra a implantación da ora nas rúas carbaliññesas. No seu lugar, o Partido popular vai propoñer un plan alternativo que consistirá, fundamentalmente, no aproveitamento dos solares valeiros que permanecen sen edificar, convertindoos en aparcadoiros públicos e gratúítos. A cámbeo da súa cesión temporal, os seus propietarios quedarían exentos de pagar o imposto de bens inmobles.
O pasado dia 31 de decembro rematou o contrato laboral dos 15 integrantes do Grupo de Intervención Rápida do Carballiño, e deles, só a tres se lles ven de renovar a relación contratual coa Direción Xeral de Emerxencias. Asi se pón de manifesto a través dun escrito remitido ós medios comunciación por parte dos membros que integran o Grumir, e no que ante distintas informacións aparecidas nos últimos dias, tamén aclaran que según as comunicacións que se lles achegou, ós doce traballadores restantes non se contratarán atá o vindeiro mes de marzo. Ante esta situación de precariedade na que se atopa o servizo, o Grumir Carballiñés traslada a súa inquedanza ó conuxunto da poboación, xa que os recursos cos que na actualidade se conta non son os máis apropiados para atender as emerxencias que se poidan presentar. De tódolos xeitos, os doce integrantes do Grumir ós que non se lle renovou o contrato de traballo, acordaron seguir facendo gardas voluntarias, e na medida das súas posibilidades "para non abandoar a súa sorte á xente do Carballiño". Finalmente, o Grumir carballiñés esixe "dunha vez por todas estabilidade laboral dun servizo esencial como é o Grumir e o seu traballo de atención ás emerxencias".
No transcurso da vindeira semana comezarán as obras de construcción da caseta e o resto da infraestuctura necesaria para a instalación do equipo reemisor da televisión dixital terrestre que se ubicará nas inmediacións da localidade de Señorín, que dará cobertura a unha zona do Carballiño, fundamentalmente a vertente do río Carrás, e para garantir unha correcta recepción da TDT na totalidade da zona urbana. O Concello carballiñés realizará a obra civil, mentres que a instalación técnica será financiada pola Xunta de Galicia. Ademaís, os responsables municipais solicitaron un informe técnico para coñecer as posibles zonas de sombra na cobertura da TDT no ámbito territorial do municipio carballiñés. Ademaís deste reemisor de Señorín, xa se sabe que será necesaria mellorar a sinal nalgunhas outras zonas do rural, como na localidade do Varón. Mentres , a zona norte do municipio, as parroquias de Santa Uxía de Lobás e A Piteira, recibirán a sinal desde o emisor instalado no monte do Pico da Peniza. O Concello do Carballiño, igual que os do resto da Comarca, están incluidos na 2ª fase de implantación da TDT, onde inicialmente o apagón analóxico está anunciado para o vindeiro dia 18 deste mes de xaneiro, aínda que esta data é orientativa e podería variar según as distintas áreas xeográficas en función de que poida garantirse a total cobertura da televisión dixital terrestre.
O aforo da casa da cultura do Carballiño quedouse pequeno para escoitar ó candidato á Presidencia provincial do Partido Popular, arredor de 130 persoas –unha parte delas tivo que seguir a intervención de pé- acudiron a esta primeira chamada de José Manuel Baltar para explicarlles ós populares carballiñeses o seu proxecto político. Entre os presentes, atopábanse os responsables locais e Alcaldes do PP na Comarca do Carballiño, con dúas ausencias siñificativas, as dos Alcaldes de San Amaro e Beariz.
Antes, nunha entrevista con Xan Pinal nos estudios de Cope O Carballiño, tivo ocasión de responder a diversas preguntas relativas a este proceso electoral dentro do Partido Popular na Provincia de Ourense, que culminará o vindeiro dia 30 deste mes de xaneiro coa elección dun novo Presidente Provincial, cargo que José Manuel Baltar desputa ó Alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán. Na súa intervención radiofónica, José Manuel Baltar defendeu un Partido Popular “todo o galeguista que se poida ser, porque nós temos un compromiso con Galicia desde que nacemos, non só coa nosa lingua, senón tamén coas tradicións, e con ese pensamento político galeguista que tanto contribuiron a conformar moitos ourensáns, membros da Xeneración Nós”. Tamén incidiu noutros principios e propostas programáticas, nas que “Ourense, persoas e equipo” son palabras claves do seu ideario político para conseguir que “o PP de Ourense siga sendo un referente tanto a nivel autonómico como nacional”. O actúal Vicepresidente do Parlamento de Galicia e candidato a presidir o partido na provincia tén claro que as Comarcas son parte da identidade e a realidade social do país, e por eso “potenciará as xuntas comarcais do partido e unha estructura comarcal, porque a forza dos Concellos e as Comarcas son eixos fundamentais, e creemos nesta realidade comarcal”. Ademaís, José Manuel Baltar adiantou que O Carballiño será sede “dunha escola de verán polos dereitos cidadáns e as libertades públicas”, que se organizará no vindeiro mes de xullo.
O Alcalde do Carballiño, Carlos Montes, asinou un escrito dirixido ó Consello de Contas de Galicia no que solicita "a realización dunha auditoria especifica pola que se poida determinar con exactitude a solvencia financieira do Concello do Carballiño", o escrito tivo a súa saída desde o rexistro municipal do Concello do Carballiño o pasado día 30 de decembro, según deu a coñecer o Bloque Nacionalista Galego por medio dun comunicado difundido hoxe. Tamén aclaran os nacionalistas que esta petición do Alcalde foi "a requirimento do Grupo Municipal do BNG no Concello do Carballiño". A "solicitude" dunha auditoria ó Consello de Contas fíxose coincidir, pois, coa aprobación dos orzamentos municipais para o 2010 cos votos favorables de PSOE e BNG, e foi precisamente nesa sesión da Corporación cando se adiantou a decisión de presentar esta petición ante o Consello de Contas de Galicia. Desta maneira, o novo goberno bipartito desbota a posibilidade de contratar unha auditoria externa das contas municipais dos últimos anos no Concello Carballiñés, tal como acordara o Pleno da Corporación Muncipal, tras unha moción que presentara o Bloque Nacionalista Galego, xa no mes de xullo de 2008. O Consello de Contas de Galicia, ó que os concellos teñen a obriga de presentar os seus balances económicos anuais, xa advertira tempo atrás da complicada situación financieira do Concello do Carballiño e incluso recomendara á instituación municipal carballiñesa un plan de saneamento económico.
Por fín unha alegría en Espiñedo, que rexistrou unha boa entrada. Tiveron que pasar tres meses, desde setembro do ano pasado, para que a parroquia carballiñesa volvese ver gañar o Arenteiro, e aconteceu neste primeiro partido do 2010 ante o Gran Peña, ó que os carballiñeses derrotaron con dous goles e nun partido con bó xogo a ráfagas e no que os vigueses tamén tiveron as súas oportunidades. Sen embargo, desta vez quen mellor definíu foi o Arenteiro. Na primeira parte, un balón de ouro de Marcos Castro sobre a frontal da área foi aproveitado por Martín, deixando atrás a defensa e cruzando o balón de forma impecable ante a saída do porteiro visitante. Na reanudación, o segundo gol cos mesmos protagonistas, galopada de Martín atá atá o fondo e centro sobre a área pequena que cabecea Marcos Castro. E aínda tería o Arenteiro algunha ocasión maís para ampliar o resultado nunha xogada persoal de Nicol, o seu tiro saíu rozando a portería. Tras esta victoria, e tendo en conta o resto dos resultados da xornada, o Arenteiro sitúase quinto na clasificación, a catro puntos dos dous postos de ascenso que agora ocupan Estradense e Choco.
Un home de 89 anos de idade foi encontrado morto no dia de fin de ano na súa infravivenda, sita no pobo de Señorín. Juan P.G. presentaba parte da roupa e do corpo queimado, en posición de tendido sobre o braseiro que utilizaba para quentarse e facer de comer, según a información facilitada pola Garda Civil, que tivo coñecemento do suceso arredor das catro e media da tarde. Tras certificar a súa morte, a autoridade xudicial autorizou o levantamento do cadáver e ordenou que lle sexa paracticada a autópsia, a fin de determinar as casuas concretas que provocaron a morte do ancián. As primeiras hipóteses da investigación apuntan a que o home pudo perder o coñecemento pola inhalación do fume e caer posteriormente sobre o braseiro.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 747
- 748
- 749
- 750
- 751
- 752
- 753
- 754
- 755
- …
- seguinte ›
- última »