23, Setembro 2021

Mentres que pola semana de luns a venres hai un número aceptable de servicios de autobús (5-6), as fins de semana e festivos apenas hai un único autobús as 19:45 horas da tarde-noite, polo que na práctica non serve se queres ir a Ourense ao cine, visitar a alguén, etc. Estaría ben poder millorar isto. Do tren xa non falo porque xa sabemos como estamos dende fai un par de anos.

22, Setembro 2021

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o alcalde de Maside, José Manuel Iglesias Araújo, asinaron esta mañá un acordo bilateral no que se establecen as bases para o financiamento das obras de reforma do centro de saúde da localidade. No acto, estiveron acompañados pola directora xeral de Recursos Económicos, María Jesús Piñeiro Bello.

O investimento deste proxecto de mellora ascende a 48.399 euros, partida económica que será cofinanciada a partes iguais pola Xunta e o concello. O conselleiro de Sanidade agradeceu a boa disposición do alcalde e o papel de intermediación do delegado territorial para poder asinar este convenio, con tempo suficiente para que se poida licitar a obra e executarse en prazo.

Deste xeito, o persoal e os pacientes do centro de saúde desa localidade contarán, a partir do ano que vén, cun centro de saúde mellor e máis confortable, ademais de mellorar a eficiencia enerxética do edificio e aforrar no consumo.
As obras, logo do informe dos técnicos do Sergas, consistirán na renovación da carpintería exterior, a adaptación do aseo, acabados interiores e a renovación da calefacción.

22, Setembro 2021

O vindeiro sábado, día 25 de setembro ás 11 horas, terá lugar a andaina cultural “Camiño de Nós” ambientada na viaxe a pé que realizaron dende Ourense a Santiago, en 1926, Ano Santo, os galeguistas do Grupo Nós: Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas, Xavier Pardo, Afonso Vázquez Monxardín, Lois Feixoo e Antón Sánchez.

Para rememorar un camiño que xa existía dende a Idade Media, a organización ten prevista a ambientación oportuna baseada na tradición e nas investigacións históricas. Farase fincapé na rememoración cultural, na que haberá xinetes a cabalo, carreteiros, arrieiros, música tradicional, etc., unha forma de que os participantes se acheguen á historia e ao patrimonio cultural e natural da nosa comarca.

A ruta coincide co Camiño dos Arrieiros, importante vía de comunicación e de transporte de mercadorías, especialmente o viño, dende o Ribeiro a Compostela.

Neste percorrido histórico do tramo carballiñés entre Ourense e Compostela, poderán participar as persoas e colectivos interesados. As inscricións poderán presentarse no Departamento de Cultura ou ben por correo electrónica en oixcultura@carballino.gal

O percorrido será de4,5/5 km aprox. (10 km ida e volta aprox.) Pola Normativa COVID-19 é obrigatorio o uso de máscara e manter a distancia de seguridade necesaria. Ás 11,00 h. será a cooncentración e punto de encontro na Ponte Veiga, logo continuará a andaina a través de Ponte Veiga,A Costiña,Barro,O Pazo,Madarnás (entregarase froita e auga),A Esgueva e Ínsua dos Poetas.

Organiza:
Fundación Ínsua dos Poetas
Concello do Carballiño
Asociación de Concello do Camiño de Nós
Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Secretaría Xeral de Cultura, Xacobeo 21-22, Deputación de Ourense-Ourensanía
Patrocinan:
Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Xacobeo 21-22
Deputación de Ourense - Ourensanía

21, Setembro 2021

Os socialistas do Irixo recordan que "a limpeza do río Viñao era unha demanda dos socialistas que xa dende o ano 2016 levamos os plenos do Irixo diversas mocións para a limpeza do rio Viñao e outra media ducia de mocións relacionadas ca conca hidrográfica". Por esto é que agora "o grupo municipal socialista celebra que a Confederación Hidrográfica acometese a limpeza do rio Viñao ao seu paso pola Ponte, no Irixo".

Recordan que "o portavoz socialista do Irixo Iago Fariñas Valiña, reuniuse no seu día co Presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil José Antonio Quiroga Díaz para solicitar a limpeza do rio Viñao, xunto con outras actuacións, especialmente o seu paso pola Ponte". Para o PSdeG, o concello do Irixo "suspende en canto a xestión municipal relacionada ca conca hidrográfica, así tódolos anos debido a súa nefasta xestión, a veciñanza do Irixo paga en sancións á Confederación Hidrográfica preto de 20 mil euros, O Irixo suspende en limpeza e conservación dos seus ríos cun saneamento deficitario ou inexistente, fosas sépticas sen legalizar ou vertendo o rio directamente cando non o medio dun rego ou dunha silveira sen fosa séptica", aseguran.

Agradecen os socialistas o traballo da Confederación Hidrográfica Miño Sil e do seu presidente José Antonio Quiroga Díaz e instan o goberno municipal e o seu alcalde "a que faga unha xestión real e transparente para toda a veciñanza, que pasa por acometer o saneamento integral do Irixo para manter a limpeza dos rios, como xa teñen demandado reiteradamente en diversas mocións".

21, Setembro 2021

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou as bases do programa de Termalismo Saudable e Cultura Termal de 2021, que oferta estancias e tratamentos en sete balnearios da provincia, facilidades para a mobilidade e a oportunidade de coñecer os recursos naturais e culturais da provincia. Unha iniciativa que procura o desenvolvemento e promoción dun sector económico e social estratéxico no marco do plan "Ourense, Provincia Termal". As axudas incluídas neste programa concederanse por orde de recepción das solicitudes ata esgotar o seu orzamento total, que alcanza os 40.000 euros.

O programa de Termalismo Saudable consta de dúas modalidades: estancias balnearias con ou sen transporte en tren, e tratamentos terapéuticos sen estancia. As estancias balnearias, con axudas que van desde os 10 ata os 60 euros, terán unha duración de seis días, de luns a sábado, en réxime de pensión completa, incluíndo 10 técnicas balnearias, a posibilidade de revisión médica e animación social. Para as estancias con transporte en tren, os usuarios teñen incluído o billete de ida e volta desde algunha das "estacións termais" que participan no programa –referidas no convenio subscrito entre Deputación de Ourense e Renfe- con destino á estación de Ourense. Neste caso, os balnearios proporcionan o traslado ata as instalacións e rutas culturais seleccionadas. Existen tamén estancias con ou sen tren para grupos formados por un mínimo de 20 persoas. Os tratamentos terapéuticos sen estancia (reumatolóxico e respiratorio) inclúen axudas de entre 20 e 70 euros, con consulta médica e a posibilidade de realizar 35, 20 ou 10 técnicas balnearias repartidas ao longo de 15 días.

O programa de Cultura Termal financia con entre 10 e 20 euros estancias de fin de semana nos balnearios da provincia de dous días de duración, de sábado a domingo, incluíndo pensión completa e dúas técnicas balnearias para adultos.

Os balnearios adheridos ao programa son os de Baños de Molgas, O Carballiño, Arnoia, Laias, Lobios, Cortegada e Caldas de Partovia. As solicitudes poderán presentarse por vía telemática (termalismourense.com) desde o día seguinte á publicación destas bases na Base de datos Nacional de Subvencións.

21, Setembro 2021

   Las nuevas leyes parece que no tienen mucha cabida en Carballiño por lo que se ve. Lo de no fumar en terrazas ni cerca de otras personas se lo siguen pasando por el forro todo el mundo. Lo de no llevar atado y con bozal el perro igual, lo de recoger sus cosas ya ni te cuento. Y lo de circular a 30 o a 20 dependiendo de la calle se ve que tampoco.

   El otro día una energúmena al volante de un volvo rojo de los nuevos se me puso hecha una fiera porque pobre de mi iba en bicicleta por el medio del carril, será que no puedo hacerlo en ciudad. A mayores le diría a esta señora que iba a 30 km/h. con lo que ya voy al limite de la velocidad máxima, cosa que rebasó con creces al adelantarme y que si llega a estar un radar la risa no me iba a pasar en un mes, a ella estoy seguro que no le iba a hacer gracia ninguna. 

   Ese mismo día, volviendo de un viaje, entre con mi coche obviamente a 30 km/h., pero el que venia detrás se le quemaba la cena porque no se cansó de hacer sonar el claxón, y más en la zona del Gadis donde hay múltiples pasos de cebra, será que dan premio si atropellas a alguien. 

   Así que me pregunto si en Carballiño la gente está tan sumamente estresada como para comportarse de esta manera o es que simplemente son tan antisociales, incívicos y maleducados como hacen ver. Lógicamente, la mayor parte de estes problemas son del consistorio quien tiene que poner orden y hacer cumplir las normas.

20, Setembro 2021

Con esta nova convocatoria de axudas que ven de resolver a Dirección Xeral do Maior e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, a do Carballiño pasará a ser a comarca galega con máis Casas do Maior, cada centro terá unha capacidade de 5 prazas, que serán gratuítas para os usuarios, que deberán ser persoas maiores de 60 anos e a diferencia de convocatorias anteriores, non terán necesariamente que ter recoñecida discapacidade algunha. A atención será de lúns a venres cun máximo de 8 horas diarias.

No caso da comarca carballiñesa, os 10 novos proxectos están promovidos por persoas físicas, que recibirán en cada caso unha axuda de 59.058 euros en 3 anualidades (2021, 2022 e 2023), polo que as axudas suman un total de 590.580 euros para estas 10 novas Casas do Maior nos concellos de Boborás, Maside, San Amaro, O Irixo, Piñor e Punxín.

Boborás poderá contar con 3 centros, promovidos por Ana María Pereira, Ana María Vidal e José Manuel Lois.

Maside terá 2 novos proxectos, cuxas promotoras son María Luisa Rodríguez e Ana Belén Fernández.

San Amaro abrirá 2 novas Casas do Maior, das que serán as titulares as emprendedoras Cristina Vázquez e Antonia Suárez.

Completan a relación de proxectos subvencionados para a apertura deste servizo na comarcas, os promovidos por Purificación Fernández no concello do Irixo, Rosa María Dacunha para o municipio de Piñor e Manuel Pérez en Punxín.

As persoas beneficiarias destas axudas teñen agora dous meses de prazo para achegar a documentación requerida na convocatoria e acreditar o acondicionamento dos inmobles nos que se ubicarán estas Casas do Maior.

 

17, Setembro 2021

O programa "O país das bandas" achega dous concertos esta fin de semana, no Carballiño na Praza da Veracruz o sábado 18 ás 12:30 horas a cargo da Banda Xuvenil de Barro-Pontevedra; e o domingo 19 ás 17 horas na Praza do Concello de Piñor, coa Banda de Música de Chapela.

Ademáis, a Banda de Música de Boborás ofrecerá un concerto ás 18:15 horas deste domingo no entorno da capela da Saleta, en Astureses, onde ás 19:30 horas tamén do domingo acturá o Mago Deimi, ambas actividades programadas polo concello de Boborás.

Completa este programa musical Os Coribantes, a banda de música tradicional galega volve a O Carballiño, este sábado 18 a partir das 19 horas cun espectáculo na Praza da Veracruz no que estarán acompañados das Pandeireiteiras de Dorrón. Tamén este sábado na Praza Emilia Pardo Bazán do Carballiño actuará a compañía de títeres Fantoches Baj, todo elo no Setembro cultural do concello do Carballiño, que tamén inclúe para a tarde deste venres dia 17 -ás 19 horas- o espectúculo "Camiñantes e Cantantes" da orquestra La Oca Band, acompañada de Pili Pampín e Manuel Manquiña.

No Irixo, este venres ás 20 horas "O Camiño de Nos", no parque da praia fluvial do Irixo.

Finalmente, no Novocine de Leiro, temos 3 películas en carteleira: "D Artacán y los 3 mosqueperros", "Shang-Chi" e "García y García"

 

 

17, Setembro 2021

Primeiro coa tradicional procesión da imaxe de San Cibrán polas rúas máis céntricas, e logo coa misa solemne no Templo da Veracruz, a parroquia carballiñesa celebrou hoxe a festividade do patrón do Carballiño.

Pola tarde, ás 19:00 horas na praza da Veracruz está programada por parte do concello a única actividade festiva que temos este 17 de Setembro no Carballiño, o espectáculo musical "Camiñantes e cantantes", no que a orquestra La Oca Band contará con colaboración dos artístas Manuel Manquiña e Pili Pampín.

17, Setembro 2021

Hace unos días, tres patrullas de la Policía Local de Carballiño y una de la Guardia Civil se encontraban en la Avenida do Balneario en una situación de extrema violencia que se desarrolló en un domicilio, donde se vendían drogas a diario (discusiones, peleas). Varios vecinos de la Avenida do Balneario ya han denunciado esta situación a la Guardia Civil pero, hasta el momento, las actuaciones realizadas no han dado ningún resultado. 

Con el fin de reducir la inseguridad y la delincuencia que se produce en esta calle, sería recomendable que tanto la Guardia Civil como la Policía Local incrementen la vigilancia y el control en la misma, antes de que sea demasiado tarde. 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS