23, Novembro 2024

Xa bastante filtro teñen feito dende a Cope..., senon esto arderia... pero tu empeza por aplicarte o conto... e firma xa tu co teu nome e apelidos... e non veñas dar aqui leccións de nada, e menos tu.... non se viu aqui nada escrito de ningun traballador... non mintas que tu xa te delatas... se che escoce rascate que ainda che vai escocer moito mais....

22, Novembro 2024

Na tertulia deste venres 22 de novembro acompañan a Xan Pinal nos estudios de COPE O Carballiño, María Luisa Rodríguez, Manuel Nogueira, Fátima Gómez e José Antonio Barge.

Entre os asuntos tratados está o interés do alcalde de Ourense, Gonzálo Jácome, por emitir a súa televisión Auria no Carballiño, tras o cese nas súas emisións de Badal Novas fai unhos meses atrás.

Escóitaa aquí.

21, Novembro 2024

O persoal da residencia pública de mairoes do Carballiño, que xestiona a empresa GESMEDICAL DIS SL, concentrouse este xoves ás portas do centro convocado polo Comité de Empresa, para demandar melloras tanto nas condicións de traballo como na atención asistencial.

O Comité de Empresa valora moi positivamente o apoio a esta primeira protesta, asegurando que "tivo o apoio de preto do 100% dos traballadores e traballadoras" desta residencia pública, que ten unha capacidade asistencial de 80 prazas, a maioría de persoas dependentes.

21, Novembro 2024

Estamos todos los dias con la misma critica dirigida a los dirigentes do Concello do Irixo y ciertos trabajadores.

Creo que las denuncias estas anonimas se acabarian cuando tuvieran que poner el nombre de quien la formula.

Porque ese tipo de personas no serian tan valientes de hacer esa critica si se vieran identificadas,es muy facil criticar sin dar la cara ni poner quien es el autor.

Sin mas un vecino 

Un saludo

21, Novembro 2024

O xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada, anunciou esta tarde no Parlamento de Galicia a inminente ampliación do persoal de enfermería nos Puntos de Atención Continuada (PAC) do Carballiño, asi como nos do Barco de Valdeorras, Xinzo de Limia e Ourense, con 12 novos profesionais desta especialidade.

Así, e no marco da Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego, o responsable do Servizo Galego de Saúde explicou que desde xaneiro de 2025 estes centros sanitarios de atención primaria verán incrementados os seus recursos humanos de acordo á demanda asistencial que rexistran na actualidade.

En resposta a unha pregunta parlamentaria, José Ramón Parada remarcou que a planificación do persoal dos PAC realízase en función da poboación e das cargas de traballo, e non da equiparación entre persoal sanitario.

Neste sentido, apuntou que no caso da provincia ourensá “a súa dotación é semellante á do resto das áreas sanitarias galegas”. Actualmente, a área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras conta con 14 Puntos de Atención Continuada, aos que se engaden dúas Zonas Especiais (A Gudiña-Mezquita e A Veiga-O Bolo).

Sobre este particular, e en alusión ás novas incorporacións de persoal, precisou que os PAC de Ourense, O Barco de Valdeorras, Xinzo de Limia e O Carballiño “terán unha equiparación completa”, no que atinxe á ratio médico-enfermeira.

21, Novembro 2024

O xoves 21 de novembro, levouse a cabo unha manifestación na Residencia de maiores da xunta , situada no cornuval , e con xestión privada, empresa Gesmedical .

As traballadoras e  usuarios, reclaman traballo e condicións dignas.

Parece que dende fai uns meses a cousa non é o que era e deixa moito que desexar a nova administración .

O Carballiño debía apoiar a estas traballadoras e os usuarios do centro

Que triste chegar a vello e que os coidados que recibes non sexan os máis adecuados

Que triste traballar e que nin recibas un trato digno  nin un soldo en tempo e forma

21, Novembro 2024

Polos estudios de COPE O Carballiño pasou o técnico do Polo de Emprendemento, Javier Pegito, un servizo da Xunta de Galicia que está ubicado no antigo Centro Comarcal, no Cornubal.

Presta asesoraramento personalizado gratuíto a todas a persoas que decidan emprender un proxecto empresarial, tamén contan cun escaparate de negocios minoristas dispoñibles para aquelas persoas que xa buscan iniciar un proxecto xa consolidado, facilitando a transmisión de empresas establecidas en Galicia.

Ademáis, tamén forman parte da Estratexia Retorna da Xunta, un paquete de medidas co obxetivo de favorecer a integración no mercado laboral das persoas retornadas, asi como a creación de empresas por persoas galegas retornadas.

Ecoita aquí a entrvista a Javier Pegito:

20, Novembro 2024

Para a próxima semana dan comezo as obres de construcción da futura residencia de maiores promovida polo concello de Piñor, no antigo centro social, unha edificación que será reformada e ampliada.

Ademáis, o alcalde piñorense repasa o resto da actualidade neste concello, facendo referencia ás obras de adecentamento da contorna do novo albergue de peregrinos no Arenteiro, o inminento inicio da activadede no Obradoiro de Emprego Ruta da Prata conxuntamente cos concellos de Vilamarín e San Cristovo de Cea, ou o proxecto de embelecemento da rotanda de acceso á autovia, no Reino.

Escoita a entrevista a José Luis González no PODCCAST de COPE O Carballiño:

19, Novembro 2024

En resposta a anterior denuncia en relacion a anterior denuncia quero informar por se alguen non se acorda, foron vendidos a mans privadas durante o goberno do señor Aznar, que ben sabido era do PP ( foi vendido por ADIF,  que ERA O SEU PROPIETARIO ATA AQUEL ENTON, e si, seria un sitio cojonudo para o novo centro de saude, ata un alto cargo da Xunta o dixo termpo atras, magoa que eso xa nunca vaia poder ser

19, Novembro 2024

O concelleiro de Espazo Común acudíu aos estudios de COPE O Carballiño para aclarar a postura do seu grupo en relación á polémica suscitada polo procedemento que está a seguirse no concello carballliñés para a constitución da mesa de contratación para licitar a adxudicación do servizo do ciclo da auga no concello do Carballiño.

Sen dúbida, o contrato máis importante da historia do Carballiño, xa que ascende a 60 millóns de euros para os próximos 20 anos.

Podes escoitar a entrevista íntegra a Pachi Vázquez no PODCAST de COPE O Carballiño.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS