
O PSdeG-PSOE de Leiro denuncia a “pinza” política do PP e o BNG para discriminar aos mozos e mozas que estudan en primaria, secundaria, bacharelato e FP do concello e aos que lles negan axudas para material escolar. As e os socialistas critican a “falla de miras” de ambas formacións políticas, que votaron en contra de dúas emendas do PSOE para ampliar as axudas a estes niveis formativos e para que se preparase unha modificación de crédito, facendo uso do remanente, de tal forma que estas axudas fosen efectivas neste curso escolar.
Dende o grupo municipal socialista en Leiro sinalan que as emendas socialistas buscaban completar unha moción presentada polo BNG e na que solicitaban que nos orzamentos de 2025 se contemplase unha partida de axudas paras as crianzas de entre 3 e 5 anos do CEIP Emilia Pardo Bazán. As e os socialistas consideran que ditas axudas “son insuficientes” e reclaman que “se amplíen as axudas aos estudantes de primaria, secundaria, bacharelato e FP do municipio, así como que non se agarde a 2025 para habilitar dita partida”.
O voceiro do PSdeG-PSOE en Leiro, Manuel Rodríguez Vázquez, afirma que este “bloqueo sistemático” do PP e o BNG deixa en evidencia “unha clara discriminación por parte de estas formacións políticas ao resto de rapaces e rapazas doutras idades, xa que na moción orixinal só se contemplarían axudas a 7 crianzas do concello, excluíndo ao resto”. Neste senso, o edil socialista pon de manifesto que “apoiamos iniciativas que supoñan unha mellora na escolarización do municipio, pero sen discriminación”.
Rodríguez Vázquez considera que “nun tema tan delicado como as axudas para material escolar, non podemos discriminar a ninguén” e sinala que “os dous concelleiros socialistas decidimos absternos ante un atropelo como o perpetrado por BNG e PP, xa que consideramos que se está discriminando de forma absoluta e total ao resto de rapaces e rapazas con idades por riba dos 5 anos”.
Por último, o PSdeG-PSOE de Leiro pídelle ao PP e BNG “altura de miras políticas” e lémbralle ao alcalde, Francisco José Fernández, que “municipios da mesma corda política como Boborás, amplía estas axudas municipais a tódalas idades, sendo dunha maior contía, cando o grao de estudos ou escolarización é maior”.

Deputadas e deputados do Grupo Provincial Socialista acudiron ao Carballiño para avaliar o impacto do novo mecanismo de reparto de fondos sobre a base de criterios obxectivos entre concellos posto en marcha pola Deputación de Ourense (CooperOu) grazas á iniciativa e esforzos do PSdeG-PSOE. “Quero agradecer ao Grupo Provincial Socialista na Deputación o traballo feito, xa que esta era unha demanda histórica do noso partido”, subliñou o alcalde carballiñés, Paco Fumega, quen exerceu de anfitrión durante a visita.
Segundo Fumega, “para o Carballiño representa un cambio substancial, xa que antes contabamos con subvencións anuais de 45.000 euros e agora esperamos inxeccións de fondos cada exercicio de arredor de 600.000 euros, ofrecéndonos unha autonomía aos concellos que antes era impensable”. O alcalde carballiñés amosou ás deputadas e deputados provinciais o estado de avance duns traballos para “separar as augas fluviais das fecais”, licitado por máis de 110.000 euros.
Fumega tamén mencionou as obras que se están a levar a cabo na Rúa Serra de Martiñá e evocou ou as que están a permitir aumentar a capacidade da depuradora municipal. “Amais dos traballos en curso na capital municipal, tamén estamos a operar moitas máis actuacións noutros núcleos do concello, nas zonas rurais, así como iniciativas deportivas e culturais que se poden sufragar grazas ao novo plan único de financiamento aprobado grazas aos socialistas na Deputación de Ourense”, afirmou o rexedor.
Cara unha meirande autonomía municipal
“Unha vez máis estamos a comprobar con satisfacción que este novo sistema de reparto de fondos sobre a base de criterios obxectivos, e non por afinidade política, permite aos concellos acometer obras realmente necesarias, así como planificar os traballos e prioridades para os vindeiros exercicios, que era algo imposible baixo o anterior sistema”, sostén Álvaro Vila, voceiro do Grupo Provincial Socialista na Deputación de Ourense.
“Non cabe dúbida que o CooperOu representa unha revolución para os concellos da nosa provincia que antes, por moito que petaran á porta da Deputación, non conseguían financiamento para aqueles proxectos que realmente eran necesarios para a veciñanza”, conclúe Vila, acompañado dos membros do Grupo Socialista na Deputación Elvira Lama, ex alcaldesa de Xinzo de Limia, Susana Rodríguez, tenente de alcalde de Amoeiro, Aurentino Alonso, tenente de alcalde no Barco de Valdeorras, e Emilio Díaz, alcalde de Melón.
“Os meus compañeiros na corporación provincial están a traballar para perfeccionar o plan único, para que se incrementen os fondos destinados aos concellos, sen os cales hoxe non sería posible ningunha destas obras que estamos a desenvolver no Carballiño”, sentenzou Fumega.

Concello e Deputación van poñer en marcha un tratamento selectivo do lixo coa instalación de dous composteiros comunitarios que a partir de 2025 poderán utilizar os veciños das zonas de Corzos e A Uceira que se sumen a este programa piloto, polo que se beneficiarán dunha bonificación do 30% no recibo da recollida do lixo.
A concelleira de Servizos Públicos do concello do Carballiño, Rosa Fuentes, explica nesta entrevista o funcionamento e normativa deste programa.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse ata o concello de Boborás para, da man da súa alcaldesa, Patricia Torres, supervisar o comezo dos novos traballos de consolidación e acondicionamento no Castro de Cameixa, co obxectivo de ampliar a súa investigación e revalorización.
A actuación enmárcanse no Plan de intervencións arqueolóxicas da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, que neste ano contempla un total de 32 accións en 30 concellos de todo o territorio.
Manuel Pardo explicou que, cun orzamento de 17.300€, estas tarefas veñen dar continuidade ás campañas anteriores, realizadas desde 2018, para favorecer a posta en valor deste sitio histórico de obrigada referencia na bibliografía especializada porque permitiu reformular os distintos períodos da cultura castrexa. Así, con esta nova actuación, o Goberno galego leva investido ata o momento no xacemento máis de 75.000€.
Os labores, cun período estimado de 15 días, concéntranse en limpezas e roza de vexetación da contorna, na diagnose do estado de conservación e na consolidación dos restos arqueolóxicos descubertos. Ademais, tamén se fará un levantamento topográfico en tres dimensións da área de actuación e un debuxo das estruturas exhumadas. Todo isto complétase coa recollida de mostras e documentación gráfica.

Os alcaldes de Noventa Padovana e O Carballiño, Marcello Bano e Francisco Fumega, respectivamente, efectuaron unha sinatura simbólica do irmandamento entre ambos concellos durante o acto inaugural da Fiera del Folpo.
Ao acto, ao que tamén asistiu o presidente da provincia de Padua, Sergio Giordani, entre outras autoridades, evidenciou a importancia que se lle concede en Noventa a este irmandamento, polo que o agradecemento dos representantes institucionales ao alcalde do Carballiño e á delegación institucional que o acompañou foi moi significativo.
Pola súa parte, Francisco Fumega expresou a súa satisfacción polo acordo de amizade entre ambos concellos e brindou o seu apoio para seguir colaborando na proxección dos respectivos patrimonios gastronómicos, turísticos e culturais.
Na súa alocución en castellano, o alcalde carballiñés contou cun traductor. No día da inauguración estímase en ducias de miles de persoas as que asistiron á Fiera del Folpo, que se prologará ate este martes e que é unha das festas máis multitudinarias da provincia de Padua.
Un gran mural en recoñecemento do irmandamento entre Noventa Padovana e O Carballiño foi descuberto fronte ao concello desta localidade da provincia italiana de Padua nun acto ao que asistiron os alcaldes de ambas localidades, Marcelo Bano e Francisco Fumega.
Este acto tamén contou coa asistencia de diversos concelleiros e concelleiras de Noventa Padovana, entre eles o de Turismo e a de Cultura, así como do concelleiro de Turismo do Carballiño, Manuel Dacal, ademáis dos integrantes da comisión municipal creada para este irmandamento, a tesorería da Asociación de Pulpeiros do Carballiño, Mari Ángeles Lage, e o representante das asociacións culturais, Carlos Rodríguez.
Neste mural, no que figuran os escudos do Carballiño e Noventa Padovana, ademais do provincial de Padua e o da rexión de Véneto, ensálzase o feito histórico do irmandamento entre ambos concellos a propósito das súas respectivas festas do pulpo, e se destaca a oportunidade de intercambiar experiencias e colaborar en materia de gastronomía, turismo e cultura, co obxectivo de fortalecer a economía de ambos concellos. Tamén se lembra a importancia desta feira de Noventa Padovana, baseada nunha tradición de mediados do século XVIII.
A continuación, os alcaldes reuníronse na alcaldía, situada nun palacete do século XVIII, xunto cos concelleiros, onde intercambiaron posibles propostas de colaboración en materia de patrimonio gastronómico e cultural, e en turismo, abrindo incluso a posibilidade de colaborar en algún proxecto común europeo. Máis tarde, as autoridades percorreron ás instalacións da Fiera del Polpo, que serán inauguradas este sábado pola tarde nun acto oficial ao que están invitados o alcalde e o concelleiro carballiñeses, así como o resto da delegación.
La Fiera del Folpo conta con máis dun centenar de postos de degustación gastronómica, entre eles o pulpo, ducias de postos con outro tipo de productos, dous grandes espazos de atraccións para pequenos e mozos, e dous grandes escenarios con música de Djs de ámbito nacional e internacional.
A pesares da chuvia, varios milleiros de persoas abarrotaron a Feira, un anticipo da gran afluencia que se agarda este sábado e domingo, pois son ducias de miles de persoas as que acuden a esta celebración, que comparte amizade coa Festa do Pulpo do Carballiño e foi o argumento para irmandar ambos concellos.

Hoxe 25 de outubro, o músico galego Isidro #Vidal, oriúndo do Carballiño, presenta o seu novo EP, producido polo talentoso músico galego Adrián Solla. Este traballo de tres temas, inspirado nas vivencias da súa recente xira por Estados Unidos, reflicte a fusión entre a súa herdanza galega e a cultura americana. Gravado durante o seu paso por cidades icónicas como Nova York, o EP ofrece unha experiencia sonora onde o persoal e o cultural converxen.
Ao longo da súa xira, #Vidal levou o nome do Carballiño e o seu Festa do Polbo a terras americanas, participando en dúas catas de polbo en New Xersei, onde os chefs locais interesáronse pola súa opinión e tomaron nota das súas recomendacións. Este acto foi un símbolo da conexión entre a súa música e as súas raíces, integrando as súas tradicións en novos contextos.
O EP é unha homenaxe á mestura de culturas, cunha narrativa onde a nostalxia, a identidade e a exploración musical entrelázanse. A través de tres composicións, Isidro convida o oínte a percorrer esta travesía sonora:
•"Alalá de Manhattan": Este tema naceu nunha camiñada nocturna polas rúas desertas de Manhattan. Ás 3 a.m., o silencio da cidade que nunca dorme converteuse en inspiración para este canto lento e profundo, que contrasta co bulicio diúrno de Nova York.
•"Path to New York": Inspirado por unha viaxe en tren desde Newark a Nova York, este tema capta o ritmo da vida urbana americana. Con influencias musicais propias da escena neoiorquina, esta melodía evoca a enerxía e a estética visual dese traxecto cara á Gran Mazá.
•"Muiñeira de Brooklyn": Unindo as súas raíces galegas cos sons modernos dunha festa en Brooklyn, #Vidal ofrece unha versión fresca e dinámica da tradicional muiñeira. Este tema pecha o EP, simbolizando o diálogo entre culturas que marcou a súa xira.
Coa produción de Adrián Solla, o EP non só reflicte a evolución artística de Isidro #Vidal, senón tamén unha homenaxe ás paisaxes sonoras descubertas durante o seu paso por Estados Unidos. Cada canción convida o oínte a viaxar xunto a el, explorando novas emocións e sons nunha contorna que desafía as fronteiras entre o tradicional e o contemporáneo.
O EP estará dispoñible en todas as plataformas dixitais a partir do 25 de outubro de 2024.
Link a plataformas dixitais: https://tr.ee/6MNMzXiCTg

Nova edición da nosa Tertulia dos Venres, emitida neste venres 25 de outubro de 2024.
Con destacada participación da audiencia de COPE O Carballiño, e os nosos habituais contertulios Manuel Noguiera, José A. Barge, Sebas Lamazares e Fátima Gomez, e coordenada por Xan Pinal.
Escóitaa aquí:

A organización das Xociviga 2024 reformula o certame cinematográfico carballiñés e pasa a ser un Festival Internacional de Curtametraxes.
Nun acto celebrado na casa do concello do Carballiño, os responsables da Asociación Xociviga Mario Filloy e Daniel Filloy, acompañados e apoiados polo concelleiro de cultura Diego Fernández deron a coñecer as distintas sección deste Festival Internacional de Curtas que terá lugar no Carballliño entre o 20 e o 24 deste próximo mes de novembro. E que serán as seguintes:
XENTES: A competición internacional do certame, que estará formada por 4 curtas galegas (Xentes de aquí) e 18 curtas non galegas (Xentes de acolá).
Un xurado profesional entregará o premio a Mellor Curtametraxe e a Mellor Curtametraxe Galega.
XÉNESE: A competición de curtas nacionais realizadas por directores e directoras noveles menores de 30 anos. Un xurado novo entregará o premio a Mellor Curtametraxe Xénese.
VIDEOCLIPS (en liña): Competición de vídeos musicais galegos que se realizará a través das Redes Sociais. O premio darase por votación popular.
XERMOLAR: Sección non competitiva de curtas infantís de todo o mundo. Haberá proxeccións para centros de Educación Primaria e abertas ao público.
As curtas seleccionadas anunciaránse proximamente, pero xa podemos adiantar algúns datos de interese:
Houbo unha participación de cerca das 1000 curtametraxes, procedentes de 39 países distintos.
Entre as seleccionadas, haberá curtas previamente estreadas en certames de gran relevancia internacional como o Festival de Cannes (Francia), o Festival Internacional de Cine de Venecia (Italia), o Festival Internacional de Cine de Berlín (Alemaña) ou o Festival Internacional de Cine de Animación de Annecy (Francia). Entre outras grandes novas, estrearemos por primeira vez en España unha das curtas da Sección Oficial do Festival de Cannes.
Teremos na nosa selección: 1 estrea mundial, 1 estrea internacional, 3 estreas en España e 20 Estreas en Galicia.
Na sección internacional fíxose unha aposta importante pola animación para adultos, con grandísimas curtas avaladas polos mencionados festivais, e que merecen na nosa opinión ser descubertas polo público das Xociviga.
Entre outras actividades aínda por anunciar, realizaránse proxeccións en colaboración cos centros de ensino, de alumnos de Educación Primaria e Secundaria dos centros carballiñeses.
As proxeccións públicas serán gratuítas no Auditorio Manuel María do Carballiño. As curtas programaranse por bloques correspondentes as seccións XENTES, XÉNESE e XERMOLAR (infantil) e haberá un voto do público, que puntuará á saída de cada sesión por curtametraxe visualizada. A Programación e horarios anunciaranse nos vindeiros días.

Ya no se recogen las terrazas, ni de día ni de noche. Es una apropiación de los espacios públicos con más cara que espalda.
Y el alcalde les deja, todo bien. Aquí cada uno que haga lo que le da la gana. Pagan por todas esas mesas? Pagan por tenerlas día y noche?
Cada vecino puede poner lo que quiera delante de la puerta o ese privilegio solo se lo permiten el alcalde y el concejal de la hostelería a los bares?
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- …
- seguinte ›
- última »