
A Xunta aproba de forma inicial o Plan Básico Municipal de Beariz para dotar o concello dun instrumento eficaz de ordenación do territorio.
A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, informou ao alcalde de Beariz, Manuel Prado, da resolución pola que se aproba inicialmente este Plan.
Trátase dun instrumento urbanístico básico que permitirá ao municipio ourensán ofrecer capacidade de acollida residencial e económica.
No que se refire á tramitación, tras a aprobación inicial de hoxe, o documento someterase a información pública durante dous meses e solicitaranse todos os informes preceptivos previos para a súa aprobación definitiva.
O Plan para este concello, que conta cunha poboación de 946 habitantes, clasifica un ámbito de solo urbano consolidado, denominado solo urbano de Beariz; e en canto a núcleos rurais, delimita 21 nun total de 3 parroquias.
O documento tamén categoriza solo rústico de protección ordinaria e solo rústico de especial protección forestal, das augas, de infraestruturas, patrimonial, paisaxístico e de espazos naturais.
Ademais o Plan cataloga ata 520 elementos que se corresponden con Bens de Interese Cultural (1) ou Bens Catalogados a nivel arqueolóxico (71), arquitectónico (428) e etnolóxico (28).

O PSdeG pon de manifesto que "tras as diversas noticias semanas atrás, nas que se falaba do delicado estado estado da Mancomunidade, dende o PSdeG-PSOE de Boborás demandan maior transparencia e claridade acerca do seu estado, xa que ata o de agora moito se falou do seu mal estado pero descoñecense as cifras económicas da Mancomunidade, polo que consideran deberiase sermáis transparente coa veciñanza".
Ademais -engaden- que debería estudarse ben o modelo a seguir, xa que a situación e canto menos paradóxica, o haber mais concellos fora da Mancomunidade ca dentro dela, xa que actualmente so Irixo, Beariz, San Amaro, ademais de Boborás, forman parte dela, ademais de estar O Irixo en trámites para abandonala, o que agravaría aínda mais a xa grave situación,e ao que se suma Boborás, onde nos últimos tempos tamén se están a estudiar distintas opcions para a prestación dos servizos mancomunados, subliñan.
Por todo esto dende o PSdeG-PSOE de Boborás, "demandan en definitiva maior transparencia na Mancomunidade de Concellos do Carballiño, e que se tomen as medidas necesarias para garantir a súa continuidade ou ben se busquen novas fórmulas para a prestación deses servizos, sempre da maneira máis beneficiosa para a veciñanza".
Finalmente, o PSdeG de Boborás manifesta que "a Xunta de Galicia debería mostrar unha maior implicación na prestación do Servizo de Axuda no Fogar, xa que actualmente a súa infrafinanciación supón un grave problema para os concellos de menor tamaño".

Muy bien, querida, pero que no te pese la vagancia.
Pon también cuanto puntúa la entrevista.
Gracias

A Productora Pares o Nones trae a O Carballiño ao humorista gaditano Miki Dkai, este próximo domingo dia 27 ás 18:30 horas no auditorio do Carballiño co seu espectáculo "Sois Maravillos"
O monologuista andaluz, famoso polas súas aparecións en programas televisivos como Cronicas Marcianas ou El Club de la Comedia, estará por vez primeira no Carballiño e cun espectáculo con vocación solidaria, xa que unha parte da recadación en concepto de entradas será a beneficio da asociación ASPADI do Carballiño.
O prezo das entradas, 11 euros, e poden adquirirse en venda anticipada nas propias instalacións de ASPADISI, no café-bar A Solaina, na Fuchela, ou no enlace:
https://www.woutick.es/evento/57564/entradas-miki-dkai-sois-maravillosos...
Esta emisora de radio sortea 5 entradas dobles entre a súa audiencia, para entrar neste sorte debes enviar o teu nome e apelido antes das 13:30 horas deste xoves 24 ao whatsap de COPE O Carballiño: 698127241.
Os premiados daránse a coñecer a través da radio na nosa programación local.

Espazo Común trasladará ao próximo pleno da corporación carballiñesa unha moción na que demandará diversas medidas para mellloras no CEIP Calvo Sotelo, no Conservatorio de Música, asi como no servizo municipal de conciliación, no que pedirán unha ampliación do seu horario ata as 21 horas.
Noutra moción, o grupo municipal de ESCO centraráse na sanidade pública no municipio, e máis en concreto no centro de saúde do Carballiño, incidindo na precariedade dalgunhos dos servizos sanitarios e mesmo no retraso no proxecto de construcción do futuro CIS do Carballiño.
Escoita aquí a entrevista á concelleira Érika Paz no Mediodia de COPE O Carballiño.
Din os de Espazo Común que hai oscurantismo. Pero as bases están publicadas para quen queira consultalas no taboleiro de anuncios dos concellos involucrados.
Para os vagos deixo aquí o resumo:
BAREMO SELECCION ALUMNADO DOS OBRADOIROS DE EMPREGO DIRIXIDOS A MELLORAR A EMPREGABILIDADE DAS PERSOAS MOZAS INCLUÍDAS NO FICHEIRO DO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL. (max. 10 puntos).
CRITERIOS PUNTOS IDADE
De 18 ata 20 anos. 0,50
De 21 ata 22 anos. 0,50
De 23 ata 24 anos 1,50
De 25 ata < 30 anos 2,00
DISCAPACIDADE ≥ 33% (Sempre que poidan realizar os traballos) 1,00
Experiencia laboral (Segundo vida laboral actualizada)
Ningunha ou inferior a 6 meses 2,00
De 6 a 36 meses 1,00
> 36 meses 0,50
NIVEL DE FORMACIÓN
Baixa(que non posúan un carne profesional, certificado de profesionalidade de nivel 2 ou 3, título de F.P. ) Ata graduado en ESO. 2,00
Media (que posúan un carne profesional, certificado de profesionalidade de nivel 2, FP ciclo medio ou Bacharelato) 1,00
Alta (que posúan certificado de profesionalidade de nivel 3, título de FP de ciclo superior ou titulación universitaria) 0,50
PARTICIPACIÓN EN OBRADOIROS antes dos cinco anos previos á realización deste obradoiro
A NON participación noutro obradoiro de emprego 2,00
PERTENZA A COLECTIVOS DESFAVORECIDOS OU EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL (documentación acreditativa). 1,00

A Deputación de Ourense, a través do Inorde, celebra os seus 25 anos de asistencia ininterrompida ao Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, promovendo a presenza de dous restaurantes, “de tal xeito que redobramos esforzos sumando ao tradicional espazo dedicado á provincia e aos seus produtos de calidade un restaurante cos hostaleiros da capital”, dixo o presidente do Inorde, Rosendo Fernández, na presentación de este evento gastronómico que se celebrará en Expourense entre os próximos días 24 e 27 de outubro.
Rosendo Fernández, que felicitou a Expourense polo 25 aniversario “dun salón totalmente pioneiro en España”, puxo en valor a aposta que desde 1999 vén de facer o Inorde, e polo tanto a Deputación, “pola promoción dos nosos produtos agroalimentarios”.
Unha liña de traballo que tamén ten outro importante piar na colaboración público-privada, apuntou. Así, o tradicional restaurante “Provincia Enogastronómica” conta coa cooperación de empresas punteiras como Coren e Grupos Cuevas, ao tempo que promociona o programa de Razas Autóctonas dando protagonismo este ano “aos gandeiros ourensáns especializados na produción de cordeiro de ovella galega, un dos pratos estrela deste menú, marinado con viños das catro denominacións de orixe de Ourense”. Estas novas elaboracións con base de cordeiro estarán acompañadas con Pataca de Galicia, produto vinculado ao Centro Agrogandeiro da Limia, e o pan de Cea grazas á colaboración da Indicación Xeográfica Protexida deste produto.
Con todo, Rosendo Fernández puxo énfase na colaboración coa Unión de Hostaleiros de Ourense, que suporá ofrecer aos público unha mistura entre a gastronomía tradicional e a nova cociña baixo o paraugas da marca Ourense Enogastronómica. “Un exemplo de posta en valor do motor turístico que ten que ser a cidade, apostando por un modelo de calidade que nace da cooperación entre Expourense, a Deputación de Ourense a través do Inorde e maila Unión de Hostaleiros Ourensáns.
O presidente do Inorde lembrou que a presenza da Deputación en Xantar completarase coa presenza dos dous xeodestindos turísticos que xestiona, Trevinca-Valdeorras e Terras de Celanova-Serra do Xurés, presentando produtos como viños e queixos.
Tamén terán protagonismo en Xantar dous proxectos asociados ao turismo, a produción agrícola e a dinamización do territorio: a promoción da Vía da Prata como principal itinerario xacobeo da provincia e as actuacións formativas que desenvolve o Inorde para as persoas interesadas en elaborar as súas producións no Centro de Transformación de Cantoña..
--

Van maís de cinco meses desde que se asfaltaron algunhos tramos da estrada que vai a Lugo, a N540, permanece sen a sinalización horizontal, un perigo e sobre todo os dias de neboa.
Nas últimas datas foron varias as persoas que se dirixiron a nós con queixas sobre a máis que dúbidosa selección de persoal realizada para o obradoiro de emprego Carbomas que tivo lugar en datas recentes.
Despois de buscar información sobre o proceso nas páxinas web dos tres concellos participantes (O Carballiño, Boborás e Maside) non fomos quen de atopar nada ao respecto polo que só poidemos acceder aos escasos datos publicados no taboleiro físico do Concello do Carballiño.
Con asombro, comprobamos que na puntuación final para baremar aos candidatos, foi decisiva a entrevista persoal realizada por un tribunal con representantes das tres administracións, contando case tanto na puntuación final como a situación persoal.
No caso do Carballiño resulta chocante pois esta modalidade de entrevista persoal para a selección de traballadores foi derogada no ano 2015, sendo concelleiro de persoal Adolfo Nogueira nada máis chegar ao goberno, para cumplir coa promesa de evitar que esta práctica que se presta excesivamente para “colocacións a dedo” seguise sementando dúbidas e inxustizas.
Se temos en conta o tipo de preguntas que se realizaron neste caso concreto, as sombras aínda son moito máis longas pois, segundo nos contan os participantes, foron do tipo:
-Qué modulos hai neste obradoiro? -Para que idades é este obradoiro?
Quremos pensar que non houbo ningunha clase de nepotismo nesta selección pero o oscurantismo, a esaxerada valoración da entrevista persoal e o histórico do PPSOE nestas lides fannos ter moitas dúbidas.
Así, nos vindeiros días pediremos toda a información relacionada con este proceso, incluídas as actas que deberan estar publicadas para o acceso de tódolos interesados.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- …
- seguinte ›
- última »