A Comarca do Carballiño contará este verán con voluntarios que exercerán labores de vixilancia e prevención dos incendios forestais

Data: 
6/7/2009
A Comarca do Carballiño será a única dentro da oprovincia de Ourense, e unha das seis de Galicia, que contarán este verán con voluntarios da campaña de vixilancia e defensa do monte galego, que poñen en marcha conxuntamente as consellerias de traballo e medio rural. O operativo iniciaráse o vindeiro día once de xullo deste mes de xullo e prolongaráse atá o 20 de setembro.

Feijóo pon ó pan de Cea como "exemplo de aposta pola calidade e o sector primario"

en
Data: 
5/7/2009
Feijóo con Lolo Carril

Feijóo con Lolo Carril

A Vila de Cea acolleu este domingo unha das edicións máis multitudinarias na historia da "festa de exaltación do pan", que cumplíu este ano a maioria de idade, 18 anos. Aínda que a afluencia de visitantes foi constante durante toda a xornada, sería arredor do mediodia e a hora do xantar cando se rexistrou un abarrote de público no campo da Saleta e as súas inmediacións. A primeira hora da tarde sumouse á festa o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que foi recibido polo Alcalde de Cea José Luiis Valladares, o Presidente da Deputación José Luis Baltar, o Delegado Territorial da Xunta Rogelio Martínez e o Presidente do Consello Regulador da IXP Carlos M. Rodríguez, xuntos percorreron os stands da festa  e presidiron o acto de entrega de distinciós otorgadas polo Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea, que orzaniza este evento en colaboración co Concello de San Cristovo de Cea. Feijóo sinalou que esta festa "aposta polo tradicional, pola calidade e polo sector primario e tamén por fixar poboación no rural". Ademáis, o Presidente do Executivo Galego destacou o valor das festas gastronónimas de Galicia e dos productos artesais galegos.

Cea celebra este domingo a "XVIII Festa de exaltación do Pan", na que se agarda un novo record de vendas

en
Data: 
3/7/2009
Carlos M. Rodríguez

Carlos M. Rodríguez, durante a súa intervención no programa

O Presidente do consello regulador da IXP pan de Cea, Carlos Manuel Rodríguez, espera que no horizonte dunhos tres anos, cando remate o seu mandato á fronte da Indicación Xeográfgica Protexida, poidan acardarse os dous millóns de unidades de pezas, o que siñificaría triplicar a producción desde a creación deste consello regulador. Estas  optimistas previsións do Presidente foron feitas no programa "a mañá de Cope O Carballiño", nunha emisión especial adicada á "XVIII Festa de exaltación do pan de Cea" e na que Carlos Manuel Rodríguez tamén afirmou que a crise económica non está afectando á venda de pan de Cea "porque este pan é imprescindible en calquera mesa que se precie, e para nada a crise está influindo, ó contrario, cada vez temos máis demanda, sobre todo desde o exterior da nosa Comunidade Autónoma, xa que hoxendia o pan de Cea e coñecido por toda a xeografía española e  aínda é máis apreciado fora que en Galicia". 

O Partido Popular considera que o cartel da festa da cervexa é sexista e pide que se valore a súa idoneidade

Data: 
2/7/2009
Cartel da polémica
O cartel anunciador da "2ª festa da cervexa", no que aparece a fotografia dunha modelo, levou a concelleira do Partido Popular do Concello do Carballiño, Pilar Caride, a "instar o servizo de igualdade do Concello a que valore a idoneidade do cartel debido as súas connotacións sexistas, que non teñen en conta as políticas de igualdade promovidas polas distintas institucións". Esta segunda edición da festa da cervexa celebraráse do 9 ó 12 de xullo na praza maior, organizada por un grupo de hosteleiros da zona centro, coa colaboración do Concello do Carballiño, como figura no cartel anunciador. O Concelleiro de turismo, Manolo Dacal presentou este evento como unha iniciativa máis para dinamizar o verán carballiñes. Ademáis da venda de cervexa de varias marcas e degustación de comida mexicana, polbo á feira, salchichas ou morunos, tamén haberá actuacións musicais e de animación, un trio de mariachis, charangas, un home orquestra e o humorista Xosé Manuel Campos. Seis establecementos hosteleiros do entorno da Praza Maior sumaronse a esta inciativa.

O Concello do Carballiño aprobou a solicitude dun préstamo para pagar 831 facturas a 168 proveedores

Data: 
2/7/2009
Cos votos favorables de Psoe e Bng, e abstención do Partido Popular, A Corporaciòn Municipal do Carballiño aprobou esta mañá o recoñecento extraxudicial de facturas, esto é, recoñecento de facturas que o Concello do Carballiño ten pendientes de pago anteriores ó cerre do exercicio económico do 2008, e por importe dun millón 160.523 euros. En total son 831 facturas correspondentes a 168 proveedores, con cantidades que oscilan entre os 37,38 euros atá os 204.754 que suma o importe máis elevado.

O Concello de Maside contará cun orzamento ordinario de millón e medio de euros para este ano

en
Data: 
2/7/2009
A millón e medio de euros ascende orzamento ordinario do Concello de Maside para o ano 2009, que aprobou esta mañá o pleno da corporación muncipal e cos votos favorables do grupo socialista, mentres o partido popular votou en contra. Casimiro Campo, o portavoz dos populares lamentou que non se conte co seu grupo para acadar unhos orzamentos de consenso. A oposición tamén votou en contra da aprobacióin dos estautos que rexirán o consorcio dos Concellos de Maside, Piñor, Punxín, Carballeda de Avia e Cortegada, que se encargará da xestión do lixo no ámbito muncipal dos respectivos Concellos.

A corporación carballiñesa aprobará este xoves a solicitude dun préstamo estatal por importe dun millón 158 mil euros, para pagar facturas pendientes ós proveedores do Concello

Data: 
30/6/2009
A sesión da corporación municipal do Carballiño, a celebrarse este xoves dia 2 de xullo a partir da unha da tarde, terá un marcado carácter económico xa que se tratarán diversos puntos que teñen que ver coas contas e finanzas do concello carballiñes. Asi, someteráse á aprobación do pleno o recoñecemento extraxudicial de facturas ó amparo do real decreto de medidas extraordinarias e urxentes  para facilitar ás entidades locais o saneamento de débedas e o pago a empresas e autonómos, polo que se procederá ó recoñecento de facturas por importe dun millón 158 mil euros, que tén pendientes de pago o concello do Carballiño. En consecuencia, tamén deberá aprobarse un plan de saneamento  financieiro, ó amparo deste mesmo real decreto, no que se fixa a reducción de gastos en distintas partidas económicas, e recollese o compromiso de devolución do préstamo ó Estado, a razón dunha cuota de 18.900 eruos mensuais durante cinco anos e medio.

Os Concellos de Maside e O Carballiño promoven conxuntamente actividades de lecer

Data: 
30/6/2009
Celso Fernández e Manuel Dacal

Manolo Dacal e Celso Fernández

Intercámbeo de experiencias e actividades entre os rapaces de Maside e O Carballiño, éste é o obxetivo do convenio de colaboración entre ambos Concellos, que presentaron o Alcalde de Maside Celso Fernández e o Concelleiro de deportes do Carballiño, Manolo Dacal. Todos os mércores e venres de cada semana, haberá servizo de transporte en autocar para trasladar ós rapaces desde O Carballiño atá as piscinas muncipais da Rañoa en Maside, con saída desde a praza do emigrante ás dez menos dez da mañá e regreso desde as piscinas de Maside á unha e media da tarde. Desta meneira pretende ademáis ofrecerse unha alternativa ó peche das piscinas municipais do Carballiño debido as obras de reforma que se están executando nestas instalacións. Pola súa banda, o concello do Carballiño organizará unhas xornadas de intercámbeo cos rapaces de Maside no campig do Carballiño, ónde poderán participar dun amplo programa de actividades no parque etnográfico do río Arenteiro.

O Carballiño demanda a creación dunha segunda escola infantil

Data: 
29/6/2009
A petición foi presentada persoalmente á Conselleira de Traballo e Benestar pola Concelleira carballiñesa de servizos sociais, Asunción Rivero, como unha necesiddade para O Carballiño a curto prazo e toda vez que as prazas existentes están xa cubertas para a que iniciará a súa actividade no vindeiro mes de xullo. A Concelleira recordou que a matricula para esta escola Infantil, antes chamada galescola, está aínda aberta atá o dia 10 de xullo, e se non se producen atrancos, procederíase xa a súa apertura no mesmo mes.

A Xuntanza de maiores rexistra un notable descenso de participación, apenas reune a quince mil persoas no Carballiño

Data: 
27/6/2009

Todas as fontes consultadas coinciden en apuntar un notable descenso na participación na Xuntanza de Maiores celebrada hoxe no Carballiño, en relación ás edicións dos últimos anos. A asistencia nin xiquera cumplíu coas previsións  oficiais aportadas desde a Xunta de Galicia, que eran no transcurso da semana entre as vintecinco e as trinta mil persoas, quedandose bastante lonxe desas cifras, xa que probablemente non se pasou dos quince mil participantes na convocatoria deste ano.

Distribuir contido