
En COPE O Carballiño conversamos con Carla Miranda, responsable de proxecto de Dano Cerebral Galicia, que organiza as xornadas "Apoio no fogar de pesoas con dano cerebral", que terá lugar en Punxín nas tardes dos dias 25 de novembro, e 4 e 9 de decembro. Podes escoitar a entrevista no PODCAST adxunto a esta información.
Dano Cerebral Galicia abriu o período de inscrición nunha nova edición do curso ‘Apoio no fogar de persoas con dano cerebral adquirido’, unha discapacidade provocada, fundamentalmente, por ictus e traumatismos cranioencefálicos, que afecta a máis de 35.000 persoas en toda Galicia.
Este curso, presencial e gratuíto, está dirixido tanto a profesionais sociosanitarias dedicadas á atención e coidado de persoas con dano cerebral adquirido como a familiares e coidadoras informais. Ten unha duración de dez horas que se van repartir nas tardes do 25 de novembro (16:30 a 19:30), 4 de decembro (16:00 a 20:00) e día 9 do mesmo mes (16:30 a 19:30).
A inscrición pode realizarse a través do do formulario online ao que se accede a través da seguinte ligazón: https://forms.office.com/e/mHwNFp2TNT?origin=lprLink As persoas que completen o curso recibirán un certificado emitido pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), do Sergas.
A Escola Galega de Saúde para Cidadáns, dependente da devandita Axencia, participa na organización da actividade formativa. Dano Cerebral Galicia conta tamén coa colaboración do Concello de Punxín, e co financiamento do Grupo Tragsa, no marco da convocatoria ‘Solidarios Nacionales’.
O obxectivo da formación, que imparten profesionais de Dano Cerebral Galicia, é mellorar a calidade de vida do colectivo de persoas con dano cerebral adquirido través da capacitación de quen que se fai cargo do seu coidado na casa. Ademais, este curso tamén redunda positivamente nas persoas coidadoras, pois aprenderán técnicas que limitarán o seu desgaste, tanto físico como emocional, derivado do labor de atención a unha persoa en situación de dependencia. Así, o temario de contidos do curso combina teoría e práctica e aborda os seguintes aspectos: ‘Detección do DCA’; ‘Pautas para avaliar a evolución da persoa con DCA’; ‘Comunicación coa persoa con dano cerebral adquirido e habilidades comunicativas’; ‘Alteracións cognitivas e condutuais’; ‘Ocupacións: Accesibilidade e produtos de apoio'; ‘Alimentación, deglutición e medicación’; ‘Tratamento da intimidade e da privacidade’; ‘Hixiene, curas e prevención de úlceras’; e ‘Acompañamento no tempo libre e actividades de lecer’.
Dano Cerebral Galicia -ata agora Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)- é a entidade que une e representa as cinco asociacións de dano cerebral adquirido que hai en Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo. Xuntas aglutinan a máis de 2.200 persoas socias.
O dano cerebral adquirido é unha discapacidade que está causada case sempre por un ictus (78% dos casos), pero tamén por traumatismos cranioencefálicos, tumores cerebrais, anoxias ou infeccións. Produce unha serie de secuelas -moitas delas invisibles, provocando unha enorme incomprensión- que se manifestan en diferente medida e cantidade en función da persoa, e que impactan a nivel físico, sensorial, cognitivo, condutual, emocional, traendo tamén fondas repercusións a nivel social e económico.

O alcalde ribadaviense, César Fernández, pediu a toda a veciñanza das comarcas do Ribeiro e O Carballiño, asi como do resto de Galicia, o seu apoio para facer da vila de Ribadavia a que sería primeira localidade galega en gañar o famoso concurso navideño de Ferrero Rocher.
O feito de ser unha das cinco localidades de toda España elexidas para a edición de 2024 para esta competición para conseguir a iluminación de nadal da firma de bombóns, xa está sendo un gran escaparate para visualizar en toda España á capital do Ribeiro.
Podes votar en www.ferrerorocher.com
Escoita aquí a entrevista de COPE O Carballiño ao alcalde de Ribadavia.
Que saberas tu de grupos e de persoas do irixo... de xuntos ou de separados... canto tempo libre tes para escribir esa zorrengada... xa te pareces a alcaldesa mintes tanto como dis q non dis nada... A CULPA E DO MACHISMO... ou non escoitaches a muller galega caracterizada... que pena de Ourensania... igual cuns berros arranxase todo... a partir de ahi so queda comprar os chourizos fora do irixo si e o home da concelleira de xuntos tamara moito mellor... pobriños todos q so queredes o carguiño para mangonear ainda que sexa unhas pancetas... os pobres tocaron algo de poder e perderon o sentido que nunca tiveron,,,,, despois enchesevos a boca de falar do irixo pero que hai de lo mio... a culpa e de todos menos de min... q sigan dimitindo que e o unico que poden facer...
Señores de xúntos dejen las amenazas y quieran más al irixo no a su bolsillos y respeten lo que la mayoría decida
Eu, persoa veciña do Irixo de toda a vida, votei cambio, pero non votei a Xuntos precisamente por Juan Manuel, nada persoal, só por falta de coherencia e bo-rollismo co (ou dependencia do?) PP, que estas cousas víanse vir (Tamara, Susana...).
Con descoñecemento da persoa, logo de ver a oposición que lle fixo ó PP, votei a ó PSdG, é dicir: Iago gañou o meu voto co seu traballo e ca lista que presentou.
Votei PSdG, como podía haber votado Xuntos Polo Irixo, pero a quen NON votei foi ó PP.
Nin eu, nin a maioría da veciñanza: os máis votados, si, pero menos da metade: o 43,7% dos votos foron ó PP, e iso non é maioría, así que deixarse de lerias: ninguén é dono de ningún sillón, os veciños votamos e facemos un préstamo de 4 anos.
Considero que moitos no PP buscan só promoción persoal, algúns outros pasar o tempo, débense aburrir na casa, e como todo o día tampouco se pode estar no bar, deciden meterse en política -como tamén podían irse de viaxe, a un campeonato de tute ou meterse a YouTubers contanto interesantes historias, e iso seguro o farían con máis ánimo, ánimo que eu non vexo en axudar á veciñanza, á vista queda o resultado electoral.
En parte por iso, o Irixo foi morrendo, caendo a poboación, a xente véndose forzada a emigrar -mirade a idade media no 2023 era de 60,1 anos, segundo o Instituto Galego de Estatística.
Neste sentido, Susana, Iago, Rosa e Tamara estiveron a facer un moito mellor traballo ata o de agora -incluso, aparentemente, sen entendérense, e a pesares de tódolos pefís falsos nas redes sociáis botando lixo sobre TODOS eles.
Se fora certo que se planea nas sombras unha moción apoiada polo PSdG, teñan en conta isto: seguramente a maioría dos votantes dele consideramos unha baixeza e unha traición usar os nosos voto para por ó PP no poder, traición ó votante, e ó traballo de Iago na oposición, e un golpe ó bo ambiente que hai no Irixo, que o hai, como di Sussana. Sería a última vez que se votaría ó PSdG.
Así, esíxovos ós que estades e ides estar no PSdG e Xuntos respectar o acordo asinado entre os vosos grupos (aínda que gobernedes en minoría, non pasa nada): con profesionalidade, moderados por un terceiro de ser preciso, falade, negociade, se non dan acordado entre duas posturas, pois elixir cara, cruz, e botar unha moeda ó aire (e isto non é frívolo, faise en moitos sitios polo mundo), pero seguir adiante e que se tomen decisións claras e consensuadas.
Avisados quedades, especialmente o PSdG.

O concelleiro responsable dos departamentos municipais de obras, Tráfico, Seguridade e Mobilidade do concello Carballiñés, Alberto Otero, deu a coñecer nesta emisora de radio o plan de obras programado pola institución municipal para os próximos meses.
Ademáis, o concelleiro tamén atendeu as peticións que no transcurso da súa intervención radiofónica foille trasladando en directo a audiencia de COPE O Carballiño.
Podes escoitalo no audio adxunto:

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración financiará con 220.000 euros un novo Programa Integrado de Emprego compartido por oito concellos do sur de Lugo e cinco da provincia de Ourense.
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, explica que este programa daralle continuidade ao clausurado hoxe en Chantada, tamén financiado pola Xunta con 220.000 euros con cargo á convocatoria do ano pasado.
Ademais de Chantada, participaron os municipios lucenses de Pantón, Bóveda, Paradela, O Saviñao, Sober, Taboada e Carballedo; xunto cos ourensáns de Coles, A Peroxa, San Cristovo de Cea e Vilamarín. Na nova edición súmase Amoeiro (Ourense).
Cada proxecto vai dirixido a 100 persoas desempregadas pertencentes a colectivos con especiais dificultades de inserción laboral, que durante un ano participan en accións formativas encamiñadas a facilitar o seu acceso ao mercado de traballo.
O delegado destacou que a experiencia demostra o resultado positivo deste tipo de actividades, que na súa planificación teñen en conta as demandas do tecido empresarial do territorio no que se desenvolven. No caso do programa que agora comeza, implica a sectores como o agroalimentario, industria, servizos e sociosanitario.
Durante todo o proceso formativo, o alumnado recibe asesoramento e orientación sobre aspectos prácticos como a motivación para buscar emprego, obradoiros de entrevistas, técnicas para potenciar as habilidades sociolaborais, elaboración de currículos ou inscrición en portais de emprego. Tamén hai accións enfocadas ao fomento da capacidade emprendedora e a prospección empresarial. Ademais, está prevista a realización de prácticas profesionais non laborais.
Así mesmo, impártense horas de formación en especialidades concretas. Algunhas das que se prevén nesta edición son manipulador de alimentos, acompañante de transporte escolar ou introdución á apicultura tradicional e ecolóxica.
Señora susana ni no irixo ahí tanto machismo nin usted es tan buena como vos tede nos quere facer ver faga usted como o abogado que quedou como un señor que se viste polos pes e dimita
Que menuda que usted e acusando de machistas a todos os homes de irixo
Susana dimisión

A alcaldesa do Irixo manifestou en COPE O Carballiño que no Irixo non hai ningún tipo de enfrontamento e que o clima que se respira entre a veciñanza é o da tranquilidade.
Susana Iglesias lamenta que "algunhos poucos antepoñan os seus intereses propios aos de traballas polo Irixo", e mesmo afirmou que detrás da situación política do Irixo "está o feito de ser unha muller, non quero ir de vítima, é triste decílo pero continúa habendo moito machismo".
Podes escoitar a súa intervención rafiofónica íntegra no PODCAST de COPE O Carballiño.

María Luisa Rodríguez, Fátima Gómez, Sebas Lamazares e Luis Tosar comentaron con Xan Pinal o máis destacado da semana na Tertulia dos Venres, con especial atención á crise política que vive o concello do Irixo.
Aquí podes escoitala, no PODCAST de COPE O Carballiño.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- …
- seguinte ›
- última »