
Alberto Otero, o representante socialista na corporación de Boborás, aproveitou unha intervención nesta emisora de radio para lanzar esta petición ao alcalde Cipriano Caamaño.
Considera o socialista "que a situación de permanente enfrontamento que temos nos plenos perxudica a imaxe do noso concello". Otero referíuse ademáis "ás ánsias de Cipriano de chamar continuamente á Garda Civil, cando ésta debera estar para outras cousas".
O concelleiro do PSdG fixo unha proposta concreta ao alcalde Cipriano Caamaño que tería como obxetivo rebaixar a tensión política no concello de Boborás "pídolle ao alcalde que reuna aos portavoces, que nos sentemos e falemos, sería o mellor para o concello", subliñou.
Unha vez tivo coñecemento destas declaracións, o alcalde boborense manifestou que "eu sempre estou aberto ao diálogo e a confrontar ideas coa oposición, por suposto que sí, pero co que non estou dacordo nin permitiréi en ningún caso son difamacións ou provoacións, veñan de onde veñan", dixo Caamaño.
Tamén ensuciaron con pintura a sede do Partido Popular do Carballiño ao lanzar sobre a fachada do edificio, na Praza Maior, globos de pintura.
Na rúa Curros Enríquez as pintadas fan referencia ás obras que se executan neste céntrico vial por parte do concello do Carballiño. Precisamente, para esta semana está prevista a convocatoria dunha reunión entre os responsables municipais e os propietarios de locais comerciais nesta rúa carballiñésa, e co obxetivo de decidir sobre o proxecto de peonalización, inicialmente programada de 8 da tarde a 8 da mañá, asi como fines de semana, festivos e dias de feira.
O concello carballiñés procederá "a devolver a parte denegada da paga extra ou o equivalente de Decembro de 2012 aos funcionarios e persoal laboral", durante este mes de Xaneiro.
Nunha nota informativa difundida pola alcaldia aclarase "que non se trata da devolución íntegra da paga extra dese ano, senón de devolver unha cantidade económica descontada no seu dia e que non se axustaba ao periodo exacto de cómputo de dias".
Tamen manifesta que "dende o pasado mes de Novembro estaba previsto que se fixera esta axuste, e xa se tratou na mesa de negociación en Decembro de 2013, a instancias da propia alcaldia, e por medio do escrito presentado por CC.OO. solicitando o mesmo".
"Posteriormente ao acordo tomado na mesa xeral de negociación, presentouse un requerimento xudicial presentado pola CIG, pero o acordo xa estaba tomado de anteman, de tal maneira que se fará efectivo neste mesmo mes de Xaneiro", manifesta a nota informativa da alcaldia do Carballiño.

Os verdes desaproveitaron as numerosas ocasións que tiveron ante a portería rival, e a falta de acertou pagouna o equipo deixando escapar dous puntos de Espiñedo nunha tarde infernal de frio, choiva e vento e co terreo de xogo moi pesado que perxudicou o xogo do Arenteiro ante un rival, o Ramirás, que sigue sendo a besta negra dos carballiñeses.
C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Dabarca, Lois, Oscar, Alex, Bardelás, Gallego, Prada, Manu e M, Sotelo. Tamén xogaron Quiroga, Martín, Canexón e Omar,
O Partido: Faltoulle esta tarde ao Arenteiro a sorte que acaso tivo noutros partidos. Na primeira media hora os carballiñeses sumaron ata catro ocasións de gol, pero non era a tarde dos dianteiros , igual aconteceu na segunda parte, sobre todo na recta final do partido, cando primeiro una volea de Canexón encontrase ao porteiro vistante e un cabezazo de Martín vaise ao poste e o rebote as mans do porteiro. Con todo, a ocasión máis diáfana chegaba no minuto 89 cando V. Gallego senta ao guardameta do Rámirás e despois falla a portería vacía cando xa se cantaba o gol na grada.
Os socialistas consideran as obras de Curros Enríquez unha chapuza, respostalle o alcalde manifestando que están a cumplirse prazos e compromisos.
Comunicado do Grupo Municipal Socialista
O Grupo Municipal dos Socialistas do Carballiño critican a “chapuza” feita polo Concello coas obras na rúa Curros Enríquez e as “escusas e mentiras” sobre a peatonalización parcial da mesma, despois de que o concelleiro de Obras, Magín Daparte, anunciase que a rúa seguirá pechada dous meses máis para renovar o abastecemento de auga.
Os socialistas consideran que esta nova obra é “unha escusa para mantela pechada dous meses máis” e que “todo apunta a que o obxectivo é non abrir a rúa ao tráfico, incumprindo o acordo acadado cos comerciantes”.
Lembran que dito acordo implicaba que a rúa sería peonil tan só fóra do horario comercial, e o resto do día estaría aberta ao tráfico rodado. Fanse eco da indignación dos comerciantes, que ven como o Concello vai “escusa tras escusa alongando no tempo o momento permitir o paso de vehículos pola rúa e incumprimento tras incumprimento xa que nin remataron os traballos no prazo previsto, nin mantiveron os aparcamentos”.
Sinalan que a pesar dos diferentes prazos anunciados para o comezo das obras, estas non empezaron ata finais de novembro, polo que foron feitas “a presa e correndo” para non perder a subvención da Xunta. “O resultado foi unha chapuza, cunha rúa empedrada ás presas, que provocou gran cantidade de charcos e tubaxes e rexistros de auga atascados, e implicou que os comerciantes se viran afectados por ter a rúa en obras durante o nadal”.
“Para rematar de pechar o círculo da torpeza, engadiuse a promesa de que a rúa quedaría aberta ao tráfico a partir do 18 de decembro, logo pasou a ser para o 8 de xaneiro e agora o Concello anuncia que seguirá así dous meses máis”, denuncian os socialistas, que lamentan que os veciños foran “vilmente enganados polo alcalde e o concelleiro de Obras”.
Por elo, os socialistas esíxenlles que convoquen unha reunión para dar explicacións aos veciños e comerciantes afectados, en lugar de seguir buscando escusas. “Que dean a cara e digan claramente se o obxectivo é incumprir o acordado cos comerciantes ou todo era unha estratexia para calmar os ánimos pero que nunca tiveron intención de cumprir”.
Comunicado de resposta do Alcalde
Argimiro Marnotes, alcalde do Carballiño, representando ao actual grupo de goberno municipal, considera positivas as critícas elevadas por parte do PSdeGPSOE en relación á obra da rúa Curros Enríquez. E considéras positivas porque estamos comprobando como todas as criticas deste partido da oposición son a obras e proxectos que foron aplaudidos polos veciños do Carballiño, e é para eles para os que estamos a traballar dende o grupo de goberno, polo tanto unha crítica do PSOE equivale a un éxito do goberno municipal e a un beneficio para os veciños e veciñas desta vila.
Neste mesmo sentido o alcalde carballiñés recordaba que "en pasadas ocasións criticaron, e cualificaron de forma despectiva, proxectos executados por este goberno municipal, como foi o caso do ámbito da Veracruz, cualificada por eles como Lameiro, aínda que para a inmensa maioría dos veciños foi un gran logro e a recuperación un espazo para o desfrute de todos. O mesmo espazo que o PSdeG -PSOE do Carballiño quería encerrar entre muros de formigón".
Con respecto á rúa Curros Enríquez, o alcalde do Carballiño quere manifestar que que, tal como lle dixo aos comerciantes desta rúa, aproveitouse unha subvención da xunta de Galicia para cambiar o aspecto desta, e con fondos propios cambiou un tramo de canalización de auga, separáronse as augas pluviais e modificouse a rede de saneamento, todo iso por un importe total de: 120.000 € e realizada en tempo e forma sen que se prexudicase a subvención concedida.
Así mesmo, e tal como se anunciou aos comerciantes, en xaneiro deste ano, adxudicariamos a obra que faltaría e para a que en 2013 non había partida económica, que é o cambio de canalización dun lateral, onde se producen innumerables roturas na subministración de auga e que provoca moito malestar no comercio e veciños desta rúa. Neste aspecto destaca o alcalde "posiblemente para os socialistascarballiñeses este non era un problema real dos veciños, por iso non dan importancia ou critican unha actuación que vai evitar que se repitan as inundacións nesa rúa".
Esta obra que esta valorada en 48.000 euros se executará de inmediato, e é unha obra na que se introduce unha canalización nova dentro da vella e só se abre a beirarrúa para resolver as acometidas, e para esta obra e por seguridade non se abrirá ao tràfico.
O actual goberno, non só está a cumprir os seus propósitos e compromisos coa transformación desta rúa, senón que, ademais tamén con respecto aos acordos coa apertura desta, e que se fará tan pronto rematei a obra que comezara en breve. Aínda a sabendas que son máis os comerciantes que xa están a favor dapeatonalizacion total da rúa que da apertura ao tràfico, principalmente logo da experiencia na tempada do Nadal, polo que, mentres dure a obra de rede de auga, o grupo de goberno segue aberto a novas propostas, propuetsas que se fixo xa ao concello de forma individual.
En conclusión aínda a pesar do mal gusto do grupo socialista no concello, O Carballiño está a transformarse de forma máis que digna a prol de accesos máis axeitados e que protexen máis dignamente noso gran patrimonio que é a Veracruz e que potencia o noso comercio local. O alcalde do Carballiño manterá, precisamente, unha reunión cos comerciantes da rúa Curros Enríquez a próxima semana, para coñecer a súa decisión de peatonalizar ou deixar como se acordou na última reunión.

Son centos de parcelas no municipio do Irixo afectadas polo trazado da liña do AVE de Vigo, dende o 16 de Xaneiro a relación pode consultarse nas dependencias municipais da casa do concello do Irixo.
Asimesmo, tamén poden consultarse as alegacións que vai presentar o concello do Irixo ao trazado e a súa incidencia ambiental, tras as modificacións introducidas polo Ministerio de Fomento, aos efectos da súa comprobación e posible ampliación.
Tal como lles vimos avanzando dende COPE O Carballiño de radio, o AVE sairá a superficie no municipio do Irixo tras un recorrido en túnel de 18 kilómetros, e tras pasar baixo terra pola localidade do Regueiro, no concello de Boborás. No Irixo, a maior parte do recorrido faráse en viaducto e túnel, sendo tres os proxectados: o de Prexigueiro, dunha extensión de dous kilómetros 278 metros, o da Bugalleira que terá unha lonxitude de dous kilómetros 271 metros, e finalmente o túnel Cangues - A Piteira, dunha extensión de dous kilómetros 392 metros, será a esta altura onde fará o seu enlace coa liña de Santiago de Compostela.
No municipio do Carballiño o número de parcelas e propietarios afectados redúcese a medio centenar.

O concelleiro de obras, Magín Daparte, explicou que "é consecuencia da rotura dunha tubería, debido a que no seu dia a auga que se acumulaba no túnel de ferrocarril desviouse mediante bombeo á tubería do saneamento, e ésta non da abasto".
A rotura provocou unha gran focha na calzada da rúa Ourense á altura da rotonda "que non podemos arranxar mentres non deixe de chover". A incidencia motiva o corte ao tráfico dun carril da rúa , nun punto neurálxico para a circulación, que abserve gran parte do tráfico que accede tanto á rotonda da Fontela como a rúa Alberto Vilanova.
Ademáis, o concelleiro de obras avanzou que "tan pronto como sexa posible contrataráse a obra de asfaltado en quente para reparar a calzada na rotonda da Alameda, asi como en varios viais do casco urbano que necesitan unha reparación urxente".

Usuarios e persoal sanitario volven mostrar o seu malestar pola falla de mantemento do centro sanitario de Piñor, tras denunciar esta situación o pasado 20 de Decembro o concello non levou a cabo ningunha actuación para solucionar a filtración de auga no edificio.
Ademáis da caída de escaiola do teito e dun plafón eléctrico, as deficiencias provocan frecuentes cortes no suministro eléctrico, o que repercute negativamente no servizo. Os sanitarios anuncian unha recollida de sinaturas entre os usuarios e recordan ao alcalde de Piñor que o mantemento das instalacións son responsabilidade municipal. De feito, o de Piñor aparece na relación do Sergas entre os centros de saúde cuxo mantemento é competencia municipal.

Os verdes comezan a segunda volta do campionato sumando outros tres puntos que os afianzan no liderato da 1ª autonómica, tras gañar un partido no que a S.D.C. Arrabaldo vendeu cara a derrota.
C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Diego López, Lois, Óscar, Alex, Victor Gallego, Bardelás, Quiroga, Manu e Marcos Sotelo. Tamén xogaron Prada, Canexón, Omar e Martín.
Goles:
0-1: Minuto 47. Xogada por banda de Marcos Sotelo que centra medido sobre o punto de penalti, Quiroga engaña ao porteiro deixando pasar o balón e Manu marca a placer.
O Partido: Comezou moi forte o Arrabaldo, que dispuxo de dúas boas ocasións para adiantarse no marcador, pero por dúas veces Pachi evitou o gol. Tras o arreón inicial dos locais, o partido, nos primeiros minutos moi incomodo para o Arenteiro, que non lograba adaptarse as reducidas dimensións do terreo de xogo, foise nivelando. Tras o descanso, o Arenteiro fíxose co control do partido, e o Arrabaldo apenas logrou chegar un par de veces á área carballliñesa.
O concurso de licitación convocado polo concello de Punxín queda deserto ao non presentarse licitadores interesados en facerse coa adxudicación do servizo. O alcalde anuncia que non haberá nova convocatoria e será, polo tanto, o concello quen se fará cargo da xestión do servizo.
A comisión da auga, que promovera unha Iniciativa Popular que acadara o apoio de preto do sesenta por cento da poboación total do municipio, anunciou esta mañá por medio do seu portavoz Joaquín Moldes, que a Iniciativa será retirada, unha vez coñecida a decisión municipal.
A Iniciativa Popular, que sería a primeira en presentarse no ámbito comarcal, demandaba que se anulase o concurso de licitación e fose o concello quen se fixera cargo da xestión directa do servizo municipal de abastecemento de auga e saneamento no municipio de Punxín, como finalmente vai ser, según o anuncio do rexedor municipal, Manuel Vázquez.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 638
- 639
- 640
- 641
- 642
- 643
- 644
- 645
- 646
- …
- seguinte ›
- última »