
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funcións, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto e o alcalde da localidade Antonio Montero, visitou o concello de Avión para comprobar melloras realizadas o ano pasado a través das distintas liñas de apoio ao eido local.
Este apoio forma parte dos máis de 1,2 millóns de euros investidos nos últimos anos no municipio que permitiron financiar proxectos a prol da calidade na prestación dos servizos municipais. Por unha parte, visitaron a reforma realizada na casa consistorial co obxectivo de mellorar as dependencias municipais que son utilizadas a diario pola veciñanza. Así, a Xunta investiu case 35.000 euros nestes traballos ao abeiro da Orde de infraestruturas de uso público.
Esta liña de axudas beneficiou o ano pasado a máis dun cento de entidades locais de menos de 30.000 habitantes como Avión e este ano xa se publicou a nova convocatoria mantendo o orzamento de 3,5 millóns de euros. Por outra banda, a través do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local actuouse na mellora da eficiencia enerxética do pavillón deportivo e do centro integral de servizos sociais Alvetus coa substitución das caldeiras existentes por outras novas de biomasa.
Deste xeito, cunha dotación de case 114.000 euros contribuíuse a reducir as emisións cunha enerxía máis limpa, ao mesmo tempo que se reduciron custos. O apoio enmárcase na liña do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local destinada á mellora da eficiencia enerxética dos edificios de titularidade municipal en concellos de menos de 15.000 habitantes.
Tamén mediante o fondo adicional do Fondo de Cooperación Local (FCL) pero doutra das liñas de axudas destinada á compra de maquinaria, equipamento ou vehículos para a prestación de servizos municipais, o concello de Avión recibiu 29.000 euros da Xunta para a adquisición dunha miniexcavadora que facilite o traballo dos operarios municipais do servizo de obras.

A conselleira de Política Social e Xuventude en funcións, Fabiola García, asistiu esta mañá á inauguración da nova residencia de Aspadisi no Carballiño, en cuxa construción o Goberno galego colaborou cunha axuda de máis de 600.000 euros. Durante o evento sinalou que a Xunta colabora co tecido social para levar a mellor atención ás persoas con discapacidade de toda Galicia.
Neste acto tamén participaron representantes doutras institución que tamén contribuiron a financiar este proxecto, que superou un orzamento de 1,2 millón de euros, como foron a Deputación Provincial representada pola deputada de Politicas Sociais Patricia Torres e o concello do Carballiño, cuxa representación encabezou o alcalde Francisco Fumega, ambas institucións achegaron 300.000 e 50.000 euros, respectivamente. A estas axudas hai que sumar as aportacions privadas, tanto de empresas como os donativos de veciños a título particular.
Este centro contará con 32 prazas de atención residencial que estarán operativas nesta mesma semana e que se completarán coa atención prestada no centro ocupacional desta entidade, con capacidade para 25 persoas. A Xunta colabora con Aspadisi no financiamento de prazas nestas instalacións e tamén lle acaba de conceder unha axuda para a adquisición dun vehículo adaptado que mellore a atención dos seus usuarios.

O alcalde de San Amaro, testigo de excepción do incendio que na tarde deste pasado martes destruíu unha parte do mosteiro budista Ventoselo, relata en primeira persoa como en poucos minutos o lume, imparable, destruía o edificio principal do mosteiro.
Podes escoitalo no audio adxunto:

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, mantivo no edificio multiusos de San Cristovo de Cea un encontro con representantes municipais e con persoas traballadoras autónomas da comarca do Carballiño, onde se explicaron os distintos apoios activos por parte da Xunta que se prevén unificar para facilitar a súa tramitación e resolución, segundo o anuncio feito polo presidente Alfonso Rueda.
Na reunión, a conselleira en funcións destacou a contribución dos autónomos da comarca do Carballiño á economía da provincia de Ourese e á galega. Para impulsar as novas altas, precisamente, está aberto o prazo de solicitude da cota cero, coa que o Goberno galego financia ao 100% a cota reducida dos novos autónomos durante os 12 primeiros meses. Tamén poden optar a achegas para os primeiros gastos da actividade, cun orzamento global de de 28,9 millóns de euros.
Así mesmo, están activos outros programas dirixidos aos traballadores autónomos: 8 millóns para conceder axudas de ata 7.000 euros co gallo de desenvolver melloras nos establecementos, 1,5 millóns para outorgar achegas de ata 8.000 euros para volver emprender tras o cese de actividade, 1,3 millóns de euros para a contratación por parte de autónomos de persoas traballadoras indefinidas ou 1 millón para que os autónomos con persoas ao seu cargo poidan contratar a alguén que os substitúan cando o precisen.
A maiores, pódense solicitar as axudas que -cun orzamento de 6,5 millóns de euros- buscan apoiar o emprendemento por parte de autónomos, mutualistas, pequenas e medianas empresas, sociedades cooperativas e laborais, así como de empresas de inserción e centros especiais de emprego. Cómpre sinalar outros apoios importantes como o programa Galicia Emprega, co que se mobilizan 17,5 millóns de euros para incentivar a contratación indefinida dos colectivos máis vulnerables.
Na xuntanza, houbo unha mención especial para a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, que presta asesoramento personalizado e gratuíto en centros como o establecido no Carballiño. Uns centros a través dos que se está a facilitar a remuda xeracional para garantir a supervivencia de moitos negocios, poñendo en contacto as persoas que os queren deixar coas interesadas en retomalos.
Axudas á formación
No encontro tamén se deu conta das axudas dispoñibles á formación, con dúas convocatorias que veñen de publicarse e que poden ser solicitadas por entidades locais ou doutro tipo, coa previsión de dotar logo de persoal empresas da contorna. Trátase da de obradoiros duais, con máis de 39,1 millóns de orzamento cos que se prevé beneficiar 1.820 persoas sen emprego a través da realización de 91 accións. Tamén da de programas mixtos de formación e emprego dirixidos a persoas mozas que, con case 6,6 millóns prevé beneficiar 240 persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil a través de 15 actuacións.
Tamén está aberta a convocatoria de 8 millóns de euros para que empresas galegas cualifiquen máis de 3.000 persoas desempregadas en 2024 a través dunhas 290 accións, con compromiso de contratar polo menos ao 60% do alumnado entre 6 e 12 meses e ao 40% no caso de relacións laborais de maior duración.
Cómpre aludir tamén ás microformacións que se seguirán realizando en colaboración cos clústeres, na liña do sistema de microcredenciais polo que avoga Europa, que permite actualizar competencias de xeito áxil e mellorar as oportunidades laborais dos participantes ao tempo que se dá resposta ás necesidades detectadas en distintos sectores.
Un lume que, ao parecer, orixinouse desde unha chimenea do edificio principal calcinou nas primeiras horas da tarde deste martes unha gran parte do mosteiro budista de Ventoselo, no concello de San Amaro, un dos centros budistas máis importantes de Europa, inaugurado en 2014.
A intervención dos bombeiros do Carballiño evitou que o lume se propagase ao resto do mosteiro, aínda que a cuberta de madeira amenaza con virse abaixo. Calcúlase que máis da metade do mosteiro quedou arrasado polas lapas.
Os bombeiros enfriaron o resto das dependencias da edificación para evitar que se reavivase o lume.
Ningunha persoa resultou afectada polo incendio, ainda que o operativo mobilizado desprazou a efectivos sanitarios, ademáis de bombeiros e forzas de seguridade.

O Subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González animou aos representantes dous concellos da comarca do Ribeiro a “participar activamente e colaborar non despregue e implantación do Plan Único de Fibra Óptica”.
Fíxoo durante un encontro con alcaldes, alcaldesas e representantes institucionais dá comarca do Ribeiro onde tamén lles trasladou ou programa formativo para técnicos que se están organizando e impartindo dende SETELECO coa colaboración de TRAGSA, chamados “Despregamento de redes e instalacións de telecomunicacións” orientados a técnicos dás entidades locais e que forman parte do impulso do Goberno en reto demográfico e transformación dixital. Durante ou encontro, que tivo lugar non salón de plenos do Concello de Melón e non que estiveron presentes representantes dous concellos de Arnoia, Avión, Castrelo de Miño, Leiro, Melón, Cortegada, Ribadavia, Carballeda de Avia, Beade e Cenlle,.
Emilio González puxo de substitución a “gran implicación do Goberno coa implantación dá banda ancha onde nos últimos 3 anos en concellos como Arnoia, Beade, Melón ou a capitalidade dá comarca en Ribadavia, pasaron de non ter banda ancha a que case ou 100% dá poboación poida desfrutar dá alta velocidade supoñendo unha mellora económica e social para a dinamización do Ribeiro.
Na última convocatoria do Plan Unico na provincia de Ourense aprobada non 2023 mobilizaranse 2.802.634 € nos 92 concellos dá provincia chegando aos 2.000 núcleos de poboación. Emilio González puxo á Comarca coma exemplo dá aposta do Goberno polos pequenos concellos, “que están chamados a ser protagonistas dá transformación de España cara un país verde, dixital, sostible e cohesionado, para acadar vos obxectivos do reto demográfico” permitindo que actualmente máis de 2.500 veciños e veciñas teñan facilidade nos seus servizos. O Plan Único está supoñendo un “despegamento máis cara a alta velocidade” na provincia de Ourense, indicou ou subdelegado.
Respondendo a queixa anterior. E obvio que se prohíben aparcar en todo o recorrido carnavalesco sumado a prohibición de usar o parking da Alameda, o resultado e que non haberia sitio no parque municipal nin no resto das ruas para tanto coche estacionado. Non hai solucions fáciles. Bueno sí. O civismo. Os que sacaron os seus coches en pleno desfile demostraron incivismo ao non querer esperar ao remate. Quizás a única solución sexa como ben apuntan acurtar o recorrido circunscribindoo na mina modesta opinión a rua principal e curros Enríquez hasta catro camiños. Pero opinions hai tantas como gustos. En canto as que se desfiaron polo cruce da carretera de Ribadavia supoño sería que as carrozas non collerian en ancho ou alto pola rua do paseo.
Estimado/as organizadores/as del desfile de la Cachucha,
Le escribo para expresarle mi profundo malestar por la mala organización del desfile de comparsas que tuvo lugar el pasado domingo en la fiesta de la Cachucha.
Como espectador, participante de comparsa y amante de esta fiesta, me decepcionó enormemente ver cómo la gente quitaba sus coches en pleno desfile de las calles por las que
estaban desfilando las comparsas así como del parking. Esto no solo interrumpía el espectáculo y el ritmo de las agrupaciones, sino que también suponía un grave riesgo para la
seguridad tanto de los participantes como de los asistentes.
Considero que este hecho demuestra una falta de planificación y de control por parte de los responsables de la organización del desfile, que deberían haber previsto y evitado esta
situación. Asimismo, creo que se trata de una falta de respeto hacia el trabajo y el esfuerzo de las comparsas, que se preparan durante meses para ofrecer un espectáculo de calidad y de
diversión.
Los organizadores alguno allí presente (concejal y policía local), podrán decir que todo estaba controlado, no sintiendo lo mismo las personas espectadoras como comparsas. Varias
personas empezaron a quitar sus coches e irse, cosa que no se podía hacer.
También me pregunto lo siguiente, ¿Por qué hasta la rotonda de la Alameda no se podía aparcar y luego en todo el recorrido si? ¿Quién le encuentra su lógica? Para evitar problemas
de seguridad como los vividos, no debería haber coches aparcados en todo su trayecto.
Otro aspecto de menor relevancia fue que no todas las comparsas hicieron el recorrido, se han desviado por Rúa de Ribadavia. De ahí otra cuestión de la mala organización y falta de
planificación. Mi pregunta es, ¿El recorrido es el más óptimo? A mi parecer, es muy largo y colapsa toda la villa por lo que las medidas de seguridad quedan muy en el aire (así se reflejó).
Por todo ello, se aconseja hacer una reflexión a los organizadores del evento y que tome las medidas oportunas para que este tipo de incidentes no vuelvan a ocurrir en futuras ediciones
de Carnaval y fiesta de la Cachucha.
Le agradezco su atención y su comprensión, y espero que pueda mejorar la gestión de este evento tan importante para la cultura y el turismo de O Carballiño.
Atentamente una persona que se preocupa por la seguridad

A Deputación de Ourense reforzará a súa aposta pola Vía da Prata, tal e como avanza o presidente provincial, Luis Menor, ao entender que “estamos ante un obxectivo estratéxico dinamizador da provincia debido ao enorme atractivo turístico do Camiño Mozárabe-Vía da Prata”, polo que a institución provincial intensificará os esforzos para potenciar esta ferramenta clave para o desenvolvemento da provincia.
Así, para aproveitar o potencial diferencial que supón a chegada do AVE, a intención da Deputación é facilitar que os viaxeiros que chegan á estación de A Gudiña poidan comezar neste municipio o seu camiño en bicicleta, ou ben desde a capital a pé, o que lles permitiría en ambos casos acadar a súa correspondente acreditación. Para elo, vanse articular reunións con diferentes asociacións e colectivos, así como o contacto cos alcaldes dos municipios de A Gudiña, Laza, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía, Riós, Verín, Monterrei, Trasmiras, Xinzo, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Allariz, San Cibrao das Viñas, Vilamarín, San Cristovo de Cea, Piñor e Ourense, coa fin de aproveitar e á súa vez potenciar os recursos de cada concello.
Tal e como avanza Menor, o plan de actuación desta proposta establecerase proximamente a través de un convenio con Turismo de Galicia, coa fin de maximizar os recursos do territorio provincial marcado polo Camiño Mozárabe -Vía da Prata.

Os comedores da hostalaría do Carballiño rexistraron este domingo un cheo completo, a maioría deles xa coas reservas esgotadas desde fai varias semanas, de tal maneira que 2.300 comensais sentaron á mesa nos 21 restaurantes que ofrecían o menú da festa a base do cocido da cacheira do porco, o prato tradicional do entroido na comarca carballiñesa.
Desde que se facía a matanza do porco, a cachucha curábase e reservábase varios meses ata degustala coincidindo co tempo do entroido, unha tradición que se elevou por iniciativa do concello do Carballiño á categoria de festa gastronómica, que cumplíu este domingo 25 de febreiro de 2024 a súa 29 edición.
Este ano, ao coincidir coas eleccións galegas o domingo que seguía o de entroido, que é a data que se adoptou desde fai unhos anos, o concello do Carballiño decidíu pospoñer a súa celebración unha semana, e a pesar de que as condicións meteorolóxicas non acompañaron, con chuvia e frio na maior parte da xornada, non foi impedimento para que enfriase os ánimos da maioria das comparsas para desfilar de novo polas rúas carballiñesas, favorecidas ademáis pola tregua que concedeu a chuvia a partir das cinco da tarde en adiante.
A única actividade do programa que se suspendía foi o fin de festa que estaba previsto na Praza Maior coa orquestra América. Asi e todo, a animación musical non faltou a cargos das charangas, que visitaron os comedores dos restaurantes, tampouco faltou a música dos Liborianos e a animación e troula das carrozas de Cea e Parada de Amoeiro, asi como a maioria das comparsas do carnaval, que tamén aportaron a súa animación polas rúas carballiñesas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 73
- 74
- 75
- 76
- 77
- 78
- 79
- 80
- 81
- …
- seguinte ›
- última »