La congoja que tienen algunos (los que todos sabemos, ni hace falta poner la sigla) por la moción de censura en el concello do Carballiño parece que es tanta que ya se critica hasta el carnaval (que manía mezclar una fiesta popular con la política y los políticos) antes de que se celebre, la impaciencia en política en muy mala consejera. Me parece que vais mal.

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, mantiveron unha reunión co alcalde de San Amaro, Fernando Redondo, na que se abordou a evolución dos traballos de posta en marcha do polígono agroforestal situado neste municipio ourensán.
Este polígono agroforestal abrangue unha superficie de 28,03 hectáreas distribuídas en 422 parcelas de 146 propietarios, e xa conta coa declaración de utilidade pública e interese social. A súa orientación produtiva serán os sistemas agroforestais -gandaría e masas de frondosas autóctonas- e os cultivos agrícolas anuais, probablemente alimentación complementaria da gandaría.
Neste encontro, celebrado na Casa do Concello de San Amaro, o conselleiro indicou que, dentro dos traballos de posta a punto do polígono, xa se realizaron actuacións de roza en 2 quilómetros de camiños, co obxectivo da posta en valor dos terreos e a prevención de incendios forestais, ademais de facilitar as tarefas de revisión do parcelario. Neste sentido, estanse a levar a cabo traballos de investigación da titularidade. Prevese que nas próximas datas se poida informar aos titulares dos predios incluídos no polígono dos datos correspondentes ás súas propiedades.
O de San Amaro é un dos 29 polígonos forestais aprobados en Galicia -en diferentes fases de desenvolvemento-, 17 deles na provincia de Ourense. Estes polígonos, creados ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria, supoñen a posta en valor de 9.300 hectáreas distribuídas en 30.120 parcelas propiedades de 8.420 veciños. O primeiro en entrar en produción será, neste mesmo primeiro semestre de ano, o polígono de Oímbra, orientado á cultivos leñosos -como a vide- e a produción hortícola -como o pemento-.
Ben certo e que chove, pero en outros sitios nos que hai actividades tamen, aqui temos a costumbre de facer programas que non se levan a cabo con mil excusas ou de pretender ter un entroido para dinamizar unha vila dentro dunha carpa. Ninguen di nada dentro do concello, o parecer todo esta ben, mentras haxa para futbol, fotos, eleccions, e 4 contentos xa esta.
Visperas de dias festivos , e unha charanga , pobre de nos.
En fin supoño que para Semana Santa mais do mismo, con cousas que nada teñen que ver enchese o programa e xa esta.
Unha pena que O Carballiño vai morrendo de todo por culpa de uns incompetentes. A festa da cachucha no e todo, e ademais fora de fecha.
E nadie vai decir , correxir ou facer algo polo pobo, dos nosos politicos .

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, interveu este domingo nun mitin na casa da cultura do Carballiño, dende onde se comprometeu a que haxa servizo de pediatría axeitado para as necesidades dos nenos e nenas da comarca.
O candidato, que estivo acompañado polo alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e a candidata número 1 pola provincia de Ourense, Carmen Dacosta, ofreceu un mitin no que se centrou especialmente no baleirado de servizos públicos na Galicia interior durante estes últimos 15 anos de goberno do PP na Xunta.
“Comprométome a que non haberá ningún neno sen pediatra no Carballiño, en Ourense, nin en toda Galicia” afirmou un Besteiro que amosou a súa indignación pola situación actual do concello que non conta con nin un só pediatra. Así mesmo, manifestou o seu respaldo á mobilización dos veciños para reclamar este servizo que terá lugar o vindeiro 16 de febreiro. O candidato do PSdeG criticou “as palabras baleiras” de Feijóo e Rueda desta semana en favor da Galicia rural, xa que non entende “como podes dicir defender ao mundo rural, á xente do interior, cando levas 15 anos recortando sistematicamente todos os servizos públicos?”, preguntouse. “A forma de loitar contra o reto demográfico é con máis e mellor sanidade pública, de proximidade, con educación pública e non pechando 1 de cada 10 colexios na última década, con promoción de vivenda e con impulso da economía para crear emprego”, engadiu Besteiro.
O candidato socialista remarcou as propostas que teñen no seu programa de cara a mellorar a atención primaria, como o establecemento dun máximo de 48 horas para ser atendido polo médico de cabeceira, ou a incorporación de novos servizos nos PAC, como o de saúde mental. “Ese é o modelo socialista para evitar que haxa unha Galicia de dúas velocidades, exactamente o contrario do que fai o Partido Popular”, remarcou. Besteiro tamén apuntou á necesidade de reforzar o sistema de pensións público con “remuneracións axeitadas que permitan ter unha vida digna no último tramo da vida”.
Para o socialista non é entendible que nin o PP nin o BNG votaran a favor da suba das pensións no Congreso dos deputados, “é algo que deben explicar a todos os pensionistas galegos”, engadiu. Tamén criticou as palabras de Rajoy que estivo este mesmo sábado no Carballiño, sendo que o ex presidente popular declarou que “ou goberna o PP ou entran os malos”. Para Besteiro estas palabras amosan “o sectarismo que teñen no Partido Popular” e que nunca pensaron en gobernar para todos, só en confrontar e dividir á sociedade”. “Quen pensa que o mundo divídese entre bos e malos, demostra que non é digno de gobernar aos galegos”, sentenciou.

O presidente de honra do Partido Popular, Mariano Rajoy, participou este sábado nun acto político con máis de 400 simpatizantes no Carballiño, onde afirmou que “se todos os que estamos aquí convencemos aos nosos amigos e achegados de que voten o domingo ao PP, Argimiro Marnotes será deputado e o Arenteiro iráse a Primeira División”. Foi no transcurso dunha comida-mitin baixo carpa celebrado no parque municipal do Carballiño.
Tras explicar que as únicas alternativas nestas Eleccións Autonómicas son “o PP e todos os demais”, Rajoy avogou por manter “un goberno que se ocupe dos problemas que lle preocupan á xente, que estea unido e forte, cun presidente sensato, tranquilo e con experiencia como é Alfonso Rueda”. Mariano Rajoy contrapuxo esta opción, “pois o PP converteuse na única referencia política do sentido común en España”, coa que ofrece o BNG, “o máis extremista dos extremistas”. Destacou, ademais, que “o Bloque non engana a ninguén: defende os intereses de Puigdemont, apoia a Bildu e esquécese dos intereses de Galicia”.
Por último, Rajoy apelou á mobilización de cara ao próximo domingo: “Hai que sacar maioría absoluta. Non nos pode pasar o que pasou en xullo, gañando amplamente as eleccións pero sen gobernar porque nos faltaron 4 deputados”.
A secretaria xeral do Partido Popular de Galicia, Paula Prado, explicou no Carballiño que nesta campaña electoral en Entroido “o BNG púxose unha máscara de moderación para intentar enganar aos galegos e esconder a súa verdadeira faciana: Piden, literalmente, a independencia para Galicia e o monolingüismo nas aulas”. Sinalou ademais que “no PP non somos de populismos, non somos de incorporar cousas no programa electoral que non se van a facer, porque nós cumprimos coa palabra dada”, explicou a número dous dos populares galegos, recalcando que “nós somos serios e cumprimos co que dicimos. Somos o partido da liberdade, da liberdade de cultura e da liberdade da lingua”.
O presidente dos populares ourensáns anunciou que é hora de “quitarlle a máscara ao BNG”, e fíxoo lembrando que, pese a que vai dando leccións de loita polos nosos intereses, “votou en contra de todos los concellos de Ourense, incluídos aqueles nos que goberna, rexeitando cos seus votos o novo modelo de financiamento que aprobamos na Deputación”. “O verdadeiro BNG, o que se opón a todo o que veña do PP, ten intencións ocultas no seu programa electoral: Eliminar as provincias para finiquitar as deputacións provinciais, porque din que non teñen funcionalidade, iso si, só lles vale cando gobernan eles”, explicou Menor Por ultimo, logo de evidenciar a “un PSOE que anda desaparecido en Ourense”, Luis Menor quixo apelar á importancia do vóto útil o vindeiro domingo: “Fronte ao caos, as chantaxes e as cesións, o noso é o sentidiño, demostrando que en Ourense hai un partido moi forte e de apoio maioritario que vai falar nas urnas, e con rotundidade, o próximo día 18”.
O candidato José González foi rotundo no Carballiño en apoio de agricultores e gandeiros: “A nosa posición é tan clara como contundente. O Goberno central, a través do ministro Luis Planas, ten que liderar a petición á UE dunha moratoria inmediata de toda a nova lexislación europea que está asfixiando a agricultores e gandeiros, ata que se poida valorar a flexibilización da mesma cunha aplicación progresiva e adaptada a cada territorio, tal e como levamos moito tempo demandando desde Galicia”. Tamén tivo palabras José González referentes á importancia da prevención de incendios forestais, destacando que “apostamos dun xeito decidido pola prevención de incendios forestais, a través dun traballo con fitos como o Centro Integral de Loita contra o Lume de Toén e no que é chave a cooperación institucional, con pancas como o convenio anual coa Deputación de Ourense, potenciado este ano ata os 3,8 millóns de euros e que permite que ata 38 concellos ourensáns teñan con cadanseu tractor de roza, ademais de potenciar as brigadas municipais e reforzar a súa formación”.
Unha chaparrachada, eso dín as malas lenguas. Que na carroza do Anpa oíuse o imno do Pp, que catro ou cinco comparsas que nin unha charanga, que case non hai chocolate e que sabía a café. Que o concelleiro criticou o catering que curiosamente deu a señora Gloria cuanto con outra traballadora do Concello. Que o concelleiro non demostrou moita afinidade coa señora alcaldesa, que os do PSOE non estaban e que ningún medio tiña constancia de dito evento só Badal Novas. Será que o Irixo se ven a menos.
Pois estás no teu dereito que che faga moita gracia que haxa xente que crea no proxecto que representa o CD Arenteiro, que representa o proxecto de moita xente que cree no Carballiño, non entendo -ou si- como che pode molestar, a outros - e asegúroche que somos moitos, máis que gracia o que nos da é moita pena outra serie de actitudes e comportamentos, que no fondo responden a pensamentos binómicos, e por suposto, os que sempre lles asiste a razón suprema.
Non fagas demagoxia para desacreditar un proxecto que fará maís grande O Carballiño, a educación e a sanidade non son de competencia municipal, ter unhas instalacións deportivas, culturais, recreativas, sociais, etc que non sexan unha vergonza para O Carballiño, si son de competencia do concello.

O candidato á Xunta por Espazo Común Galeguista, Pachi Vázquez, ofreceu o primeiro mitin desta campaña na súa terra, O Carballiño, acompañado do número dous da candidatura Xosé Manuel Mosquera, tamén veciño da comarca, e de María Quintas.
Baixo o lema “Ourense, a chave de Galicia”, Vázquez defendeu ante os asistentes que encheron a Casa da Cultura, a importancia de que Ourense conte, afirmando que “hai espazo para unha formación galeguista e que defenda os intereses da provincia e que queira cambiar as cousas”.
Explicou que en Ourense “somos os primeiros en ter as pensións mais baixas, os salarios mais baixos, a taxa de natalidade mais baixa, e cada ano temos 3.500 habitante menos, ao producirse mais defuncións que nacementos”. “Esto é un desastre e hai que cambiar”, dixo, e ese é o obxectivo de Espazo Común Galeguista, ocupar o centro esquerda e, no caso da candidatura de Ourense, conseguir que a nosa provincia conte.
Para elo presenta un plan de choque demográfico con cinco medidas: Posta a disposición de solo industrial a custo cero durante dez anos, bonificación fiscal do 50% para as empresas que se instalen na provincia, bonificación fiscal do 50% para os autónomos domiciliados na provincia, conciliación laboral con guarderías gratuitas e un plan de axuda á vivenda”.
Indicou que “mentres outras formacións apostan por seguir facendo cada vez mais xeriátricos, nos queremos xerar oportunidades de emprego para que as familias queiran vivir en Ourense”.
Vázquez pediu o voto a todos aqueles que queren que a Galicia do interior teña voz na Xunta, destacando que un deputado de Espazo Común Galeguista no Parlamento galego pode definir un futuro de oportunidades para Ourense.
Na tertulia de hoxe o señor Nogueira volveu crear desagrado a un ointe e seguidor de EsCo.
Resulta que EsCo emitía un comunicado no cal informaba que dirixiríase a RTVE para solicitar participar no debate que este medio realizará o 14 de febreiro.
Nogueira explicou claramente que o máis seguro era que desestimarían esa petición. É aquí cando un ointe recordoulle que EsCo ten máis concelleiros que Vox e que Podemos. Xa son ganas de buscarlle as cosquillas ao tertuliano Nogueira. A resposta foi moi clara: esto está na lei electoral, non o digo eu (explicou o tema dos partidos significativos).
Acabouse o tema.
Políticamente poderase estar en desacordo con Nogueira, pero a nivel argumentativo non da lugar a debate posible.

Nova entrega da tertulia dos venres en COPE O Carballiño, no capítulo deste venres dia 9 de febreiro de 2023, coa participación de Sebastián Lamazares, María Luisa Rodríguez, Fátima Gómez e Manuel Rodríguez, coordenada por Xan Pinal.
Podes escoitala no audio adxunto:
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 76
- 77
- 78
- 79
- 80
- 81
- 82
- 83
- 84
- …
- seguinte ›
- última »