
"Boom é o meu primero sencillo, o nacemento, o volver a comezar, onde se reinventan os sons tradicionais galegos para ir máis alá do folk tradicional, achegándonos a sons máis experimentais, onde a gaita convive cos aspectotecnolóxicos máis punteiros, fundindo técnicas de interpretación de vangarda co uso de delays e outros moduladores de onda",asi define o gaiteiro carballiñés Isidro Vidal o seu primeiro traballo discográfico.
Foi gravado por Suso Feixón nos estudios SonFeixón e producido por Carlos Mariño. Editado polo selo Clipper´s Sounds, e nunhos dias poderémos compralo a través da venda online e nas tendas especializadas, como na tenda "OZOCOgz", na rúa Curros Enríquez do Carballiño.
No audio adxunto podes escoitar a entrevista de Xan Pinal a Isidro Vidal en COPE O Carballiño, asi como "Boom", o seu primeiro "sencillo".
Recenetemente vimos a dimision de Lino, a cal xa se via vir nos últimos tempos, pero a Xunta de Galicia sigue discrminando os veciños do Carballiño sen pediatras, sen apoio, sen cartos para as instalacions deportivas, o PP presenta mocion no pleno para a mellora de instalacions deportivas e despois votan en contra no Parlamento de Galicia, menuda coherencia que ten o Partido Popular

Punto e final á curta traxectoria de Lino González como portavoz do grupo municipal do Partido Popular no concello do Carballiño, nunha decisión persoal que daba a coñecer esta fin de semana, e na que ademáis de comunicar ao PP a súa renuncia como concelleiro, tamén avanzaba a súa decisión de abandonar toda a actividade política que viña desenvolvendo, tanto a nivel municipal como do Partido Popular, do que formaba parte do seu grupo de asesores na Deputación de Ourense.
A decisión, que se viña barruntando desde fai varios dias, non colleu de sorpresa aos seus compañeiros do grupo municipal nin tampouco ao grupo de persoas máis próximas ao Partido Popular do Carballiño. O pasado martes, nunha entrevista en COPE O Carballiño, Lino González confesaba que botaba de menos a súa vida profesional na entidade bancaria na que traballou ata que iniciou a súa etapa como portavoz do grupo popular no concello carballiñés, "estou fora do banco momentáneamente, pero eu era feliz no meu traballo", declaraba a pasada semana. Dous días despóis, no pleno do concello chamou a atención da corporación a súa actitude pasiva, ata o punto de que actúase como portavoz do grupo popular o concelleiro José Castro-Gil. E tamén resultou moi chamativa a súa ausencia na pegada de carteis coa que se iniciaba a campaña das eleccións ao Parlamento de Galicia, desculpouse de asistir a ese acto por un motivo de saúde.
Non obstante, o momento elixido para oficializar esta marcha non parece o máis oportuno e asi o manifestan desde o entorno do Partido Popular do Carballiño, e tamén desde a dirección provincial dos populares,, ao coincidir co inicio da campaña das eleccións autonómicas, non se entenden as presas repentínas.
A súa nominación como candidato do Partido Popular á alcaldía do Carballiño nas últimas eleccións municipais resultara moi controvertida entre os populares carballiñeses, polo pasado politico de Lino González ligado ao PSOE e a Pachi Vázquez, do que fora asesor no concello do Carballiño. Neses comicios municipais, o Partido Popular con Lino González como número 1 salvou os mobles, conseguíu cinco concelleiros, un máis que no mandato anterior, pero non pudo evitar que Espazo Común -que pasou de 3 a 5- obtivese o mesmo número de concelleiros, incapaces ambos de articular unha alternativa de goberno ao socialista Paco Fumega. Tras tomar posesión da súa acta de concelleiro, estivo despóis varias convocatorias sen acudir ás sesións da corporación.
Coa elección do deputado provincial que lle correspondía ao Partido Popular pola comarca do Carballiño chegou o primeiro sonado desencontro de Lino González co seu partido, desde a dirección provincial apostouse pola alcaldesa de Boborás Patricia Torres para ese cargo, e a decisión levou ao grupo do PP do Carballiño a retirar os avais á candidata proposta polo partido. Posteriormente, o Partido Popular nomeouno asesor do grupo provincial da Deputación.
Agora, tras coñecerse a súa renuncia e o anuncio que abandona toda actividade política, o Partido Popular do Carballiño transmitíu nas súas RRSS un comunicado no que manifesta que " respectamos as razóns de índole persoal de Lino González García, desexámoslle a maior das sortes. Ademáis, agradecémoslle a súa laboura desenvolvida durante estes meses, e especialmente a incorporación de xente con ilusión ao mundo da políltica local".
Érache visto Evaristo.
Unha cronica anunciada, lamentable que un partido político como o PP non tivese un mínimo filtro para evitar un espento asi, como o que ven protagonizando este señor Lino desde o primeiro dia que entrou como concelleiro e suposto portavoz municipal no concello do Carballiño. Nunca é tarde se a dita é boa.

Os Magos do Ribeiro, Chaves-Portugal e do Círculo Auriense xúntanse no Carballiño esta fin de semana para conmemorar a festvidade de S. Xoán Bosco, o patrón da maxia cun gran festival que incluirá talleres de maxia para nenos e nenas de 6 a 12 anos e de iniciación á cartomaxia para maiores, o sábado dia 3 a partir das 4 da tarde en adiante no Hotel-Restaurante O Xardín.
Ademáis, 3 grandes espectáculos: Infantil cos magos Fernando Moreno, Cris e Deime o sábado 3 ás 18:30 h. no Café-Bar Estatequieto. Ás 12 da noite do sábado, no Café-Bar O Caserio, cos magos Ninou, Guto e José Rivera. E finalmente, o domingo dia 4 ás 17:00 horas no Hotel-Restaurante O Xardín, cos magos David Méndez e Camilo Vázquez. Todos eles gratuítos.
Alfonso Medela e Trio regresa á noite carballiñesa dos sábados, e faino coma sempre a ritmo de jazz ás 23:00 h. na Cafetería-Cerveixería Fass.
O Novocine de Leiro estrea "ARGYLLE", a película que proxecta sábado e domingo en pases ás 17:00 e 20:00 horas.
A empresa Rutea organiza a ruta de sendeirismo "Eiras e Fervenzas de Avión", con saída ás 10:30 horas do domingo desde o bar Barqueiro de Avión, e con finalización ás 16:00 horas e despóis de facer un percorrido de 14,5 kilómetros de dificultade media. O prezo da inscripción é de 12 euros a través de contacto@rutea.es e no teléfono 636085133

No PODCAST adxunto podes escoitar a última tertulia de COPE O Carballiño, correspondente a este venres dia 2 de febreiro. Desta vez, participan na tertulia José Antonio Barge, Sebas Lamazares, Fátima Gómez e María Luisa Rodríguez, e moderada por Xan Pinal.

Representantes dos consorcios provinciais contraincendios e salvamento e das forzas sindicais dos bombeiros comarcais mantiveron este xoves dia 1 de febreiro unha xuntanza no Consello Galego de Relacións Laborais onde se chegou a un principio de acordo para desconvocar a folga dos últimos meses, según informa nun comunicado a Xunta.
O texto, asinado por representantes da Xunta, das catro deputacións provinciais e dos sindicatos, prevé melloras nas condicións laborais referidas tanto ao reforzo de efectivos como aos salarios e horarios, entre outras. Así, continuarase coa negociación para acadar melloras laborais nos centros de traballo dos consorcios provinciais de bombeiros das catro provincias galegas, é dicir, nos 24 parques comarcais repartidos por toda a xeografía galega, entre eles o do Carballiño-Ribeiro, con sede no parque empresarial do Carballiño
No acordo prevese tamén crear unha mesa de negociación para concretar a redacción dun novo convenio colectivo e dunha nova Relación de Postos de Traballo (RPT).

Martes, 6
AUDICIÓN DO CMUS e ESMU
20.00 h no Auditorio
Venres, 9 na Praza Maior e nas rúas
12.00 h - Desfile de entroido escolar a partir das
20.30 h – 21.30 (1º pase) - FESTA DE COMADRES E COMPADRES - Disco Show Eletium
23.30 h – 01.30 (2º pase)
Sábado, 10
ENTROIDO INFANTIL na Praza Maior e rúas
De 11.30 á 13.30 h Obradoiro infantil de máscaras e complementos de entroido
16.00 h - Batucada PERCUCAR
16.30 h - Concurso infantil de disfraces
18.30 h - Animación musical
Domingo, 11 na Praza Maior e rúas
12.30 h - Grupo FEITIZO DE PAU
19.00 h - OS LIBORIANOS
Luns, 12 na Praza maior e rúas
20.00 h - FANFARRIA FURRUXA
Martes, 13 na Praza Maior e rúas
17.00 h - GRAN DESFILE-CONCURSO DE COMPARSAS E CHARANGAS
19.00 h - ORQUESTRA ALKAR
Mércores, 14 na rúa Principal e Praza Maior
19.30 h - Representación do ENTERRO DA SARDIÑA por ASPADISI e DAR TRELA
Animación CHARANGA CASTRO BELLO
CHOCOLATADA
Sábado, 24 na Ínsua dos Poetas. Organiza Fundación Ínsua dos Poetas
16.30 h - ENTROIDO DAS NENAS E NENOS (Concurso de disfraces, premios e agasallos, música e xogos, merenda de entroido)
Domingo, 25
XXIX FESTA DA CACHUCHA
11.30 h polas rúas - DESFILE DE FOLIÓNS, COMPARSAS E CHARANGAS
Comparsas (Amoeiro, Cea, Pontevedra, Poio...), folións (Petín, Tameirón...), Os Liborianos
14.00 h nos restaurantes - XANTAR DA CACHUCHA
Charanga Doctor Anchoa - Charanga CLK - Charanga Castro Bello - Grupo Tokaide
17.30 h polas rúas - GRAN DESFILE DE FOLIÓNS, COMPARSAS E CHARANGAS
Os da Caña de Marín, Solfamidas de Campo Lameiro, As Sonecas de Campelo, Os Rexoubeiros de Ourense, O Son da Pedra de Pontevedra, comparsas de Amoeiro, de Cea, folións de Petín, de Tameirón, de Chandrexa de Queixa... ademais das comparsas da vila.
19.30 na Praza Maior GRAN BAILE - ORQUESTRA AMÉRICA
Outras actividades: teatro, cine, exposicións fotográficas...
Sábado, 24 de febreiro no Auditorio
REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS (RGTA)
Teatro para bebés
Obra: CHEGADOS A ESTE PUNTO. BEBÉS
Compañía: Titiribaile
Público: de 0 a 3 anos
PROGRAMA - CINE CLUB CARBALLIÑO
Ás 20 e 22.30 (VOS) no Auditorio
Venres, 2 – FALLEN LEAVES
Venres, 9 – EL SOL DEL FUTURO
Venres, 16 – ANATOMÍA DE UNA CAÍDA
Venres, 25 – DISPARARON AL PIANISTA
EXPOSICIÓNS FOTOGRÁFICAS de Asociación fotográfica O POTIÑOS
CASA DO CONCELLO - FOTOS DE PELICULAS
CASINO - INSPIRACIONS
RUA PRINCIPAL - GALICIA BALEIRADA DE A.F. O POTIÑOS
ASADOR VERACRUZ - AZUL
CAFÉ PLAZA - VIAXES DE SEVE FERREIRO
HOTEL ARENTEIRO - PREMIOS CONCURSO´23
GALERIA ANGO - POTI´21
CAFETERÍA MANXARES - CONCURSO FOTOS

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, estivo hoxe cos estudantes do IES Manuel Chamoso Lamas que se achegaron ao longo da xornada ao Punto de Información Xuvenil itinerante habilitado no centro. Cristina Pichel explicou que o obxectivo é que os estudantes coñezan de preto todos os recursos, programas e axudas existentes en materia xuvenil e, ademais, poidan activar nestes puntos o Carné Xove, que o Goberno galego enviou gratuitamente a todas as mozas e mozos entre os 12 e os 30 anos de idade.
A Consellería de Política Social e Xuventude iniciou a comezos de 2022 esta iniciativa nos sete campus universitarios de Galicia e o ano pasado estendeuse aos Centros Integrados de Formación Profesional. Este curso sumáronse os centros de Secundaria e Bacharelato. Cristina Pichel apuntou que a través destes puntos de información achégase e mellórase a difusión de información de interese para a mocidade.
Os centroS educativos interesados nesta proposta deben solicitala a través do formulario dispoñible na páxina web de Xuventude, indicando o mes do curso escolar no que lles interesa recibir a visita do punto itinerante de información xuvenil. O horario deste punto estenderase, como máximo, ao longo dunha xornada lectiva.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 78
- 79
- 80
- 81
- 82
- 83
- 84
- 85
- 86
- …
- seguinte ›
- última »