16, Xaneiro 2024

Pachi Vázquez volve á palestra electoral dunhas autonómicas, desta vez como nº 1 na candidatura do Espazo Común Galeguista, unha coalición electoral integrada por pequenos partidos nucleados ao redor da figura do político carballiñés, que nestas mesmas eleccións ao Parlamento de Galicia no ano 2013 chegara a selo candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta de Galicia. 

Tamén sorprendeu o Partido Popular na súa candidatura para estas eleccións autonómicas do próximo dia 18 de febreiro, xa que recuperou para a primeira liña política ao carballiñés Argimiro Marnotes, que levaba anos retirado da vida política activa e centrado nas súas responsabilidades como presidente do Club Deportivo Arenteiro. Figura no posto número 9 da candidatura popular.

No PSdeG-PSOE, trala defenestración da carballiñesa Marina Ortega, incluíu no número 2 da súa candidatura a un representante do Ribeiro, en concreto ao ribadaviense Ignacio Gómez.

A representación comarcal complétase coa presenza de Manuel Nogueira, como número 3 na candidatura provincial de Podemos Galicia. 

14, Xaneiro 2024

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, mantivo este domingo unha xuntanza co alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, e empresarios do concello e da súa contorna na que abordaron as necesidades en materia de emprego da zona e os programas que se desenvolven neste eido neste municipio a través da colaboración que manteñen a Xunta e a Administración local.

Un dos temas principais que se abordaron na xuntanza foron as ferramentas coas que conta a Xunta para facer fronte ás 15.000 vacantes laborais que existen na actualidade no mercado de traballo de Galicia. Así, a conselleira e o alcalde acordaron seguir a avanzar na importancia de ofrecer ás persoas sen emprego unha formación axustada ás demandas do tecido empresarial.

Rivo explicou que a Consellería está nun proceso de escoita para poder reforzar a colaboración entre as administracións para que as persoas que xa están traballando, como as que buscan emprego, continúen formándose para o seu perfecto encaixe no mercado laboral.

14, Xaneiro 2024

Quiero quejarme del ruido de musica y terrazas que hacen las cafeterias de los soportales hasta muy de madrugada, no dejando descansar, entre la musica alta, los gritos y el ruido de las terrazas. Descansar es un derecho y creo quue deberian tomar medidas porque no es ocasional. No todo vale . Gracias .

14, Xaneiro 2024

A chuvia que caía nesta mañá de domingo sobre O Carballiño non impedíu que a mobilización convocada pola Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Carballiño e comarca consiguíse un notable éxito de participación, unha das máis numerosas que nos últimos tempos se recordan na capitalidade comarcal.

Os datos aportados a COPE O Carballiño pola Policia Local do Carballiño eleva a participación nesta manifestación a unhas 1.500 persoas, a maioría delas fixo o percorrido marcado pola organización desde a Praza do Emigrante ata o Centro de Saúde, onde concluíu a protesta, na que tomaron parte familias enteiras nun ambiente reinvindicativo e festivo, facendo soar instrumentos musicais e utensilios ruidosos ao seu paso polas rúas carballiñesas.

A convocatoria contou cunha numerosa representación política, detrás das súas súas pancartas participaron nesta marcha polas rúas do Carballiño cargos dos grupos políticos, os que mais socialistas, BNG e Espazo Común. A protesta tamén foi apoiada polo concello do Carballiño.

A Plataforma reuníu en apenas mes e medio un total de 8541 sinaturas á súa causa, esixir da Consellería de Sanidade que se recupere o servizo de pediatría no centro de saúde do Carballiño, que se repoñan as dúas prazas de pediatría a xornada completa, nun servizo que atende a máis de 2.300 nenos e nenas da comarca en idade pediátrica, e ven sendo atendido por médicos puericultores nos últimos meses.

Ademáis, xa solicitaron unha entrevista co Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, co que se reunirán no transcurso da semana que ven, según avanzaron deste o gabinete do propio conselleiro, para demandarlle unha solución inmediata a esta situación de precariedade na atención pediátrica no Carballiño.

14, Xaneiro 2024

https://www.laregion.es/articulo/o-carballinho/concello-carballino-recal...

A raíz del titular de esta noticia que ha salido publicada este fin de semana en el diario La Región, quería preguntar por si alguien sabe la respuesta si eso significa que tendremos que esperar 18 meses para ver empezar las obras del nuevo centro de salud?  Lo pregunto porque como en una de las últimas tertulias de Cope Carballiño, el tertuliano Manuel Nogueira afirmó en respuesta a uno de los whatsapps recibidos que el proceso de cambio de suelo dotacional de transporte a sanitario era muy rápido y que llevaba 1 mes máximo. 

Por si alguien sabe algo más al respecto que nos pueda aclarar.

13, Xaneiro 2024

O dia 13 de xaneiro de 2024 quedará na memoria dos arenteiristas, coa primeira e polo tanto histórica visita a O Carballiño do segundo equipo dos culés, o Barça Atletic, ese equipo dirixido polo mítico xogador do Barsa e da selección mexicana, Rafa Márquez, un equipo plagado de talentosos xóvenes fútbolistas en formación nesa gran fábrica do fútbol que é a Masía.

O Arenteiro venceu por 2-0, e ademáis con bo fútbol e dous golazos para enmarcar, doutros non menos talentosos xóvenes futbolistas como son Luis Chacón e Alex Cardero.

Preto de 2.000 arenteiristas tiveron o privilexio de velo en vivo en Espiñedo, e outros moitos miles a través das retransmisións das televisións autonómicas de Galicia e Catalunya, e a plataforma FEF.TV.

E foi  tamén o dia no que o himno do Arenteiro fíxose realidade: "Berra o vento con orgullo esta canción, e dille a todos quen vai ser o campión, deica uns anos nin barsa nin madríd, ide tremendo que xa estamos aqui..."

Escoita aquí o himno do Arenteiro:

https://www.youtube.com/watch?v=x_pFIWSw6XU&ab_channel=MiiMaTube

 

 

13, Xaneiro 2024

Isto só pode pasar no Irixo....e seguimos coas obras no local da Banda de Gaitas e non hai mellor lugar que poñer o material no patio do colexio (onde entran os nenos) e estes días caeron os valos, ou están abertos mentres os nosos fillos están alí.
Como a señora alcaldesa non ten cabeciña, ¿non podes facer algo Iago?
¿Ou hai que pedirllo a "segunda alcaldesa"?

12, Xaneiro 2024

O líder do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, retomou esta tarde a rolda de reunións comarcais que iniciou a finais de novembro pasado, no marco dun novo sistema de coordinación que ten por finalidade mobilizar o partido por todo o territorio, ademais de coñecer de modo directo as necesidades da cidadanía a través dos representantes locais populares.

Ao redor de 200 persoas acudiron ás dúas cita programas para esta tarde: a reunión comarcal do Ribeiro, celebrada no Novocine de Leiro, e a convocatoria do Carballiño que tivo lugar na casa da Cultura. Procedeuse a nomear aos coordinadores en ambas comarcas. No Ribeiro serán César Fernández e Rodrigo Aparicio. Polo que respecta a Carballiño, as persoas designadas son o portavoz na vila do Arenteiro, Lino González, e o alcalde de Piñor, José Luis González.

En ambas reunións, Luis Menor explicou que o novo modelo de traballo na provincia ten por obxectivo fixar cauces para unha máis eficiente coordinación, pero sobre todo para “escoitar e abordar os asuntos comarcais que vos preocupan”. O presidente popular reclamou aos representantes locais “pouca confianza e moito traballo” ante o proceso electoral das autonómicas. “Esta é a única receta que coñezo para conseguir a victoria e impedir que as chantaxes e coaccións partidistas desguacen Galicia, como está a facer Sánchez con España”. “Non temos nada ganado”, remarcou Menor, que comparou as eleccións galegas co traballo que se realiza nos comicios locais, “petando en todas as portas, falando un por un con todos e cada un dos vecinos e explicando o proxecto que nos propón Alfonso Rueda: as certezas que necesitan as galegas e os galegos fronte a extorsións”.

ÓRGANO PERMANENTE

Estes novos órganos comarcais, que están a ter unha moi positiva acollida, están composto polas alcaldesas, alcaldes, portavoces, concelleiros, presidentes de agrupacións locais, cargos institucionais e de goberno no caso de pertencer a unha determianda comarca e mesmo persoas invitadas pola dirección provincial. A súa periodicidade será semestral, con alo menos dúas convocatorias ao ano aínda que tamén podernase celebrar sempre que sexa preciso.

12, Xaneiro 2024

Bos días, quero decirlle ós seres racionales ( propietarios de cans) que cando cagan os seus seres irracionales  (cans)  a MERDA  hai que apañala, se non eres capaz de facer eso,  non teñas can.

As aceras da Avenida de Compostela están cheas de MERDA DE CANS, e son de cans grandes , son de bo tamano, por favor seamos civicos.

Deberia ser obrigatorio facerlle  unhas probas as persoas,   sobre todo  MENTAIS  tanto pa ter ANIMAIS como para REPRODUCIRSE  xa que estamos creando unha sociedade de parasitos, ignorantes, incultos, arrogantes,  etc, que da moita pena e moita tristeza sair da casa.

12, Xaneiro 2024

 O servizos de transporte público no Carballiño e comarca, a polémica sobre a sanidade pública, a mobilización da Plataforma cidadán convocada para este próximo domingo no Carballiño, e outros asuntos de actualidade, tamén os comentarios da audiencia de COPE O Carballiño, protagonizan a Tertulia deste venres dia 12 de xaneiro.

Podes escoitála no audio adxunto:

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS