16, Marzo 2024

La señora alcaldesa de irixo y sus pupilos se dedican ahora a darle ala gente lo que se les ocurra como lo último una cama ortopedica y más cosas en esa misma casa y lo mejor de todo que se la instaló el propio ayuntamiento y con el coche allí y todo y así es como dicen que hai que mirar polos veciños. E carreteras mal e pueblos sin limpiar e pistas cheas de follas e polas, tic tac o tempo acabase alcaldesa. 

15, Marzo 2024

A maxistrada carballiñesa María Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo, pronunciará o pregón de Semana Santa ás 12,00 h deste próximo domingo, 17 de marzo, no templo da Veracruz, antes do comezo da misa. Será o acto que marque o inicio do intenso programa relixioso e cultural realizado pola Confraría da Veracruz para esta Semana Santa. Fernández Galiño referirase na súa intervención ás súas vivencias durante esta celebración no Carballiño.

O mesmo domingo, pola tarde, ás 18,30 h, tras a misa no templo da Veracruz, a Banda de Música Nuestra Señora de la Misericordia de Viveiro ofrecerá un concerto cunha escolla de oito pezas creadas por diversos autores para estas datas de Semana Santa. “Sons cofrades” é o título deste concerto que abarcará creacións musicais de autores como Sergio Larrinaga, Daniel López, Juan Ignacio Busca, Alejandro Blanco, Alejandro Gómez, Francisco José Ortiz, José Manuel Lechuga, Agustín Moyá e Manuel Jesús Guerrero.

15, Marzo 2024

A Deputación de Ourense vén de aplicar un novo sistema dixital para xestionar e obter unha detallada información das características ou incidencias que se rexistran nos 1.850 quilómetros de estradas provincias.

Este novo programa de información xeográfica baséase en imaxes dixitais de 360 graos. Grazas a elas, o persoal da Área de Infraestruturas da Deputación pode recompilar en calquera momento todo tipo de características dunha estrada, como radios de curvatura, rasantes, peraltes, plataformas ou distancias de visibilidade.

Ao mesmo tempo ofrece a posibilidade de coñecer en detalle o entorno da propia estrada, como as condicións orográficas, desmontes, terrapléns, muros, cunetas, zonas de poda e tala, obras de fábrica, drenaxes, cruzamentos, enlaces ou travesías.

O sistema tamén é quen de dar datos concretos sobre os equipamentos que se atopan en cada punto da estrada, entre eles a sinalización vertical e horizontal, elementos de contención, balizas, redutores de velocidade e bandas transversais de alerta que producen sons e vibracións para advertir ao condutor que reduza a velocidade.

Os tramos urbanos das estradas provinciais, así como unha completa identificación do dominio público viario, zonas de protección e liñas de límite para as edificacións tamén están perfectamente rexistradas no programa.

Toda esta información proporciona un coñecemento exacto das características xeométricas, funcionais e estruturais das estradas, ofrecendo así datos de xeito claro, rápido e obxectivo para a súa análise e toma de decisións, optimizando a explotación da rede provincial.

Este traballo tradúcese na creación, edición e xestión de partes de traballo, vixilancia, emerxencias e labores de conservación, poñendo tamén a disposición dos técnicos informes periódicos das actividades realizadas.

Tralo de traballo de recoñecemento dos preto de dous mil quilómetros de vías provinciais realizado mediante un vehículo equipado con cámaras especiais, o sistema incorpora tamén unha aplicación informática para dispositivos móbiles na que o persoal de obra -vixilantes e capataces- poden rexistrar in situ calquera incidencia.

15, Marzo 2024

Escoita aquí a Tertulia de COPE O Carballiño, na que entre outros asuntos análízanse os últimos datos do INE sobre o cremenento vexetativo negativo na comarca ou a afluencia de turístas a O Carballiño no último ano, asi como as últimas polémicas na vida política local.

Participan nesta tertulía de venres 15 de marzo José Antonio Barge, Fátima Gómez, Manuel Nogueira e Sebas Lamazares, con Xan Pinal como moderador, e as aportacións da audiencia de COPE O Carballiño.

14, Marzo 2024

     DISQUE O SEÑOR FUMEGA É CUMPRIDOR. JA."NARANJAS DE LA CHINA". DISQUE ASFALTOU A RÚA MARGARITA TABOADA. NON ERA SEN HORAS.

     PERO RESULTA QUE ESE SEÑOR DO QUE VOSTEDE FALA DIXO NUN PLENO QUE A RUA MARGARITA TABOADA SE IA ASFALTAR XUNTO COA RUA COLOMBIA PARA AFORRAR CUSTOS. "O QUE ENCARECE É MOVER A MAQUINARIA" FUMEGA DIXIT.

      POIS BEN. A RÚA COLOMBIA SEGUE EN ESTADO CALAMITOSO, CON FOCHANCAS, SEN BEIRARUAS, SEN LUCES OU SEXA UNHA CONGOSTRA. E O QUE É PEOR COIDO QUE O SR. FUMEGA AÍNDA NON SABE ONDE ESTÁ ESTA RÚA, SEGUNDO DIXO ÉL MESMO NA COPE.

      ESTO TEN SOLUCIÓN, BAIXE POLA RÚA PORTO RICO E A MAN ESQUERDA RUA COLOMBIA. NON HAI BARES, NIN RESTAURANTES, NIN SEQUERA UNHA TABERNA PERO VIVEN PERSOAS E PAGAMOS IBIS, LIXOS, VADOS...

     

    

     

 

14, Marzo 2024

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou no evento A remuda xeracional na IXP do Pan de Cea, onde puxo de relevo o Plan implementado pola Xunta para garantir o mantemento de negocios a través da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que conta xa con 13 centros activos. No caso do Polo do Carballiño, hai cinco proxectos dispoñibles para que persoas interesadas poidan retomalos tras deixalos os seus anteriores titulares.

En concreto, quen queira facerse con algunha desas empresas alugándoa ou mercándoa pode poñerse en contacto coa Rede de polos a través da páxina web https://polosemprendemento.gal/remuda-de-negocios. Logo, será o persoal desta Rede o que se encargará do acompañamento asesorando, axilizando e facilitando estes procesos de remuda ou de transmisión de negocios.

Celebrada en San Cristovo de Cea, a actividade de hoxe está orientada precisamente a fomentar un intercambio de impresións entre as persoas representantes da indicación xeográfica protexida (IXP) Pan de Cea e o alumnado de Formación Profesional que se está especializando no oficio. Poñendo o foco nesta actividade comercial como dinamizadora do rural, fomentarase o debate e a reflexión co obxectivo de asegurar o mantemento da marca, cunha exposición de conclusións por parte de varias mesas de traballo e cunha visita ao forno tradicional de Aboamigalla con degustación incluída.

O encontro tamén serve para dar a coñecer a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, que presta asesoramento individualizado e gratuíto en calquera fase en que se atopen os proxectos empresariais, co obxectivo de xerar riqueza, dinamizar a economía e fixar poboación especialmente no rural. No conxunto da provincia de Ourense, xa se levan atendido arredor de 300 proxectos, entre os que destacan os do sector servizos, seguidos dos de hostalaría e do comercio.

No caso do Polo do Carballiño, téñense asesorado un cento de iniciativas, un 55% delas lideradas por mulleres. Ademais do centro carballiñés, na provincia ourensá están a funcionar os Polos de Verín, O Barco de Valdeorras e -desde a semansa pasada- tamén o de Baños de Molgas.

13, Marzo 2024

Concordo co anterior comentario. Así da gusto. Rúas arranxadas e asfaltadas. O alcalde Fumega é un home de palabra.

13, Marzo 2024

Os socios da Cooperativa Láctea de Santa Mariña de Loureiro deciden en asemblea este próximo domingo o seu futuro, coa amenaza dun peche que siñificaría o final a case 60 anos deste proxecto que impulsara o párroco Antonio Bernárdez.

Aínda que hai esperanza, a continuidade da marca que elabora productos de tanto prestixio como o kéfir ou o requeixo, podería pasar por unha oportunidade ofrecida por unha gandeira da veciña comarca do Deza, disposta a investir nesta cooperativa. A decisión terána os 47 socios, ningún deles xa en activo, que ten a cooperativa.

Nesta entrevista en COPE O Carballiño, a cooperativista Gloria Bernández e o xerente Marcos Otero, explican as claves da situación actúal en Santa Mariña de Loureiro.

13, Marzo 2024

Onte pasei polo vial 6 do polígono xunto o Mercado do Ganado, hoxe sede do tan de actualidades Grumir e a estrada foi asfaltada en quente   (non con gravilla coma en alguns concellos ) , da gusto ver cómo se arranxan cousas necesarias 

12, Marzo 2024

Os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística correspondense co ano 2022,  e dos mesmos despréndese que a comarca do Carballiño rexistrou un crecemento vexetativo negativo de 340 persoas, xa que o número de nacementos continúa tocando fondo e quedouse en 110 no conxunto da comarca, mentres que o número de defuncións foi de 450.

No Carballiño os nacementos foron 68 e e faleceron 203 persoas. (-135)

No Irixo, o pior dato da comarca, tan so naceron 2 nenos e morreron 47 persoas. (-45)

En San Cristovo de Cea, houbo 5 nacementos e 49 falecementos. (-44)

Boborás rexistrou 3 nacementos e 35 falecementos. (-32)

San Amaro, tivo 6 nacementos e 30 defuncións. (-24)

Punxín, 3 nacementos e 22 defuncións. (-19)

Piñor, 4 nacementos e 18 falecementos. (-14)

Beariz, 2 nacementos e 15 defuncións. (-13)

Maside, o dato menos malo da comarca, con 17 nacementos e 31 falecementos. (-14)

 

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS