Deportes

O último partido da primeira volta do campionato de liga e primeiro do ano 2016 saldouse co marcador inicial de 0-0, aínda que o Arenteiro mereceu algo máis que o equipo do Porriño, por xogo e ocasións de gol, pero ao final o marcador non se moveu, e repartíu un punto para cada contendente.
Os verdes tiveron que remontar un marcador adverso dende o minuto 12 de partido, tras o gol inicial do Sporting Celanova. Logo, o Arenteiro empatou por mediación de Victor Gallego no minuto 43, e xa na postrimería do encontro Esteban fixo o gol da victoria ( 1-2 ) que clasifica ao Arenteiro para a seguinte ronda do torneo de copa.
O Club deu a coñecer este sábado a decisión na súa páxina WEB e nas redes sociais. O técnico dirixirá por última vez ao equipo este domingo 27 de Decembro no campo de San Rosendo de Celanova en partido de volta dos octavos de final da Copa Deputación ante o equipo local do Sporting Celanova ( 0-0 na ida en Espiñedo).
Un gol en cada parte derrotou ao Arenteiro na súa visita a Lalín, unha derrota dos verdes con matices, xa que tras unha mala primeira parte, tras o descanso o Arenteiro foi superior e mereceu, polo menos, o empate. Non obstante foron os do Deza os que se levaron o partido tras sentenciar cun segundo gol, que ademáis foi en claro fora de xogo.
Moi pronto se puxo o partido de cara para os pontevedreses do Marcón At. que no minuto inicial de partido non desaproveitaron o desaxuste defensivo do Arenteiro para poñerse por diante no marcador. E tamén moi pronto, no minuto 9, fixeron o segundo gol. 
O partido estivo marcado polas imprecisións defensivas que propiciaron os catro goles que poideron verse no Estadio do Couto e unha deficiente arbitraxe do colexiado ourensano Renny Mazaira, que se tragou un penalti de libro -tanto él como o auxiliar de banda- sobre Vitti xa co 2-2 no marcador. Deu como legal o primeiro gol do Ourense, precedido dunha falta ao porteiro do Arenteiro.
Quizás no peor partido do Arenteiro no que vai de liga no Estadio de Espiñedo, os verdes lograron -eso foi o mellor da tarde- volver á senda das victorias, deixando atrás unha série de 3 derrotas.
Un autogol de Dani Arbo abríu o camiño da victoria do Portonovo ante o Arenteiro, ata ese momento, minuto 57, o partido estivera bastante igualado e ramplón, xa que  ningún dos contendientes sobre o campo de Baltar fixera méritos para adiantarse no marcador, que finalmente conseguiron os portonovenses tras a xogada de infortunio do central do Arenteiro.
Cando ao cuarto de hora da segunda metade o Arenteiro consigue poñer o 2-0 no marcador de Espiñedo, ninguén podía esperarse que en apenas dous minutos desperdiciase unha vantaxe tan importante e que os verdes acabasen perdendo o partido. Pero asi aconteceu, de nada serviron os dous goles iniciales dos carballiñeses, o segundo de penalti, porque logo o Gondomar daríalle a volta ao marcador.
O Arenteiro non foi capaz de puntuar na súa visita a Mondariz, onde caeu derrotado por un solitario gol dos locais no minuto 74 de partido, aínda quedaba tempo por diante para a reacción, pero ésta non chegou. Antes, os dous equipos tiveron boas ocasións para marcar, ás máis claras dos locais, que foron mellores no cómputo dos 90 minutos, e polo tanto, xustos vencedores.

Páxinas