Deportes

O equipo carballiñés achegase con esta victoria un chisco máis ao obxetivo da permanencia na categoría da Preferente autonómica, sumando xa 47 puntos, a falta de seis xornadas para rematar a competición. CD Arenteiro: Pachi, Carlos, Dani Arbo, Lois, Pana, Dafonte, Martín Pérez, Bardelás, Sanginés, Choco e Dani Vázquez. Tamén xogaron Manu, Brais e Gele.
O nefasto inicio de partido do Arenteiro, xa perdia 3-0 aos 25 minutos, que serían 4-0 ao descanso, condenou aos verdes á derrota na súa visita a Vigo. O Alertanavia aproveitou a paxara dos carballiñeses durante a primeira parte, e por se fora pouco, dous erros de bulto do colexiado santiagués Vidal Fonseca, para sentenciar o partido.
Por segunda tempada consecutiva os verdes xogarán as seminfinais da copa Deputación, desta vez tras vencer a domicilio ao Nogueira de Ramuín, nun partido que se complicou para o Arenteiro no minuto 32 da primeira parte ao quedarse con 10 xogadores no campo pola expulsión de Dafonte, por doble cartón amarelo.
Os valdeorreses aproveitaronse dos fallos defensivos dos verdes para levarse de forma inobxetable os tres puntos do Estadio de Espiñedo, que rexistrou un extraordinario ambiente, completandose o aforo do graderío, arredor de mil afeccionados.
Os verdes realizaron unha primeira parte primorosa na que borraron do campo ao equipo local, deixando o partido visto para sentencia co 0-3 no minuto 38, tras un gol de Manu e dous de Sanginés. Con esta victoria en Mondariz, o Arenteiro encadena nove partidos consecutivos sen perder e achegase ao obxetivo da permanencia, con 44 puntos.
Empate sen goles no Estadio de Espiñedo no partido de ida de cuartos de final da Copa Deputación nunha tarde de fútbol moi pobre, un resultado que deixa a eliminatoria moi aberta para o partido de volta a xogar o xoves santo. O Arenteiro terá que sair a gañar en Luintra, aínda que tamén lle vale un empate con goles.
Octavo partido consecutivo dos verdes sen perder na competición de liga, esta vez con victoria no estadio de Espiñedo ante o Vilalonga, nun partido no que o árbitro lucense José Manuel Albariño Cruña foi o gran protagonista negativo da tarde, malo de solemnidade, nun partido sen grandes complicacións ensinou 21 tarxetas, delas 2 vermellas directas aos xogadores do Arenteiro Sanginés e Dafonte -
O xurado recoñece asi  o traballo e a actividade que desenvole este centro educativo, o colexio de infantil e primaria Virxe da Pena da Sela do Irixo, no fomento e promoción da actividade física e os hábitos de vida activa.
Xogou na década pasada dúas tempadas co Arenteiro na Preferente, ainda que o seu equipo de toda a vida foi o do seu pobo, o Cortegada. O pasado sábado, agora na categoria de veteranos -contaba 41 anos de idade- desputaba o seu último partido de fútbol cos Veteranos do Ribeiro.
O Arenteiro é o primeiro equipo que gaña esta tempada no campo do potente Portonovo, que malia a derrota continúa en posto de ascenso directo á terceira división. Os verdes saltaron ao campo de Baltar sen complexos e superaron de principio a fin aos locais. Con ésta en Portonovo O Arenteiro suma a súa terceira victoria consecutiva a domicilio.

Páxinas