O outro dia petoume a porta a una señora moi botada para adiante, si a Sra alcaldesa do Irixo, viñan cun calendario por a porta e moito conto dese que trae ela, como se as que a vimos nacer non souperamos ben quen e a Susana iglesias e compañía… di vostede moitas cousas que non debería, o problema e que non se escoita, e todos lle sorrimos e nadie lle contesta a esas cousas que di pero estamos desexando que volte voste a farmacia porque nese posto era no que realmente podía facer por un sueldo algo sincero e dende logo non decía as cousas que di, donde esta ahora solo fai poñer unha cara cando sabemos que ten outra. A xente do Irixo non se convence por un calendario ou una libra de chocolate e menos por uns cafes nos bares, esta vostede facendo o contrario do que pensa, faga e diganos o que queira, sabe e sabemos que non foi capaz de ocupar ese posto con humildade e xenerosidade, esperamos moita xente, incluida a que lle sorrimos e falamos o caso que volte voste a farmacia ou se ali non a queren xa para a sua casa… so lle din que a queren ahí os que din unha cousa e pensan outra ou os que estanlle a mamar do teto do concello directa ou indirectamente porque son coma vostedde xente interesada. feliz nadal a boa xente do Irixo no que non se incluie a sua actual alcaldesa e compañía….

Dende fai unhas semanas, atópase mal estacionado un vehículo na rúa dos Carboeiros, xusto antes do cruce coa estrada de Pontevedra. A localización do vehículo é especialmente problemática,de feito, xa se produciu un accidente entre dous vehículos. Este mal estacionamento obriga aos condutores que se dirixen á autoestrada a invadir o carril contrario, poñendo en perigo os vehículos que circulan correctamente polo seu carril e que proceden desta.
Quero tamén denunciar a deixadez de funcións por parte das autoridades. Este é un punto polo que pasan diariamente a policía local e a Garda Civil e ignoran completamente esta situación. Parece que a súa única preocupación son os vehículos mal estacionados os días de feira.

Escoita aquí a entrevista a entrevista a Francisco Fumega, na que o alcalde carballiñés fai balance de 2024 na xestión municipal e avanza os principais proxectos do concello carballiñés para 2025.
Peeo que es esto de un sakudito "mami", donde estamossss.
Y un coche de proteccion civil con sirenas acompañando y haciendo el tonto.
D everdad a este nivel llegamos?

José Antonio Barge, Maria Luisa Rodríguez, Sebas Lamazares e Manuel Nogueira estiveron xunto a Xan Pinal nos estudios de COPE O Carballiño nunha nova entrega da Tertulia dos Venres, a correspondente a este 20 de decembro de 2024.
Escóitaa aquí:

Estimados Sres. que xestionan este servizo,
Dende o pasado mes de xullo deixaron "abandoados" restos de un moble na rua monte do moucho (e a que une o pavillón de deportes co lugar de ollal na parroquia de Veiga).
Chamei a este servizo para solicitar que recolleran os mencionados restos, fun por alí en duas ocasions, e a contestación sempre e a mesma: EN BREVE PASAREMOS A RETIRALOS.
A día de oxe os restos do moble ainda siguen alí, cada vez en peor estado por as inclemencias do tempo.
Preguntome si os ciudadans do nos querido pobo solo estamos para pagar impostos en logo a hora de prestarnos un servizo, parece que non existimos.
Unha vez máis, pregolle que pasen a recoller estos restos, están o lado do contenedor da basura.

Un grupo de mozos e mozas do Carballño son os promotores desta iniciativa que vive este sábado dia 21 de decembro a súa terceira edición, a Panamá-Venezuela que foi bautizada co nome dos dous bares do Carballiño nos que se inicia e remata a ruta.
Arrancará ás 9 da mañá no Bar Panamá, con sorpresa da organización para os máis madrugadores, e rematará chegada a noite no Bar Venezuela. No camiño, outros 23 locais da hostalaría carballiñesa serán visitados polos participantes, con xantar incluido por 15 euros no Pendello.
Non faltará a animación musical, que estara a cargo de Perrito Piloto, Os 3 Galeguiños e a mítica charanga do Doctor Anchoa.
No PODCAST de COPE O Carballño podes escoitar a Elisa, Carlos, Raúl e Pablo Marino, falándonos do Panamá-Venezuela.

Unanimidade no Parlamento de Galicia, cunha ausencia e polo tanto 74 votos a favor da proposición non de lei presentada polo grupo do Partido Popular e defendida polo deputado carballiñés Argimiro Marnotes e para "instar á Xunta á que esixa do Goberno do Estado a execución de accións inmediatas de mellora da N-541 para reducir a alta sinistralidade desta via, adaptando a mesma ás necesidades do tráfico, asi como dos habitantes dos núcleos de poboación polos que decorre".
O acordo unánime do Parlamento de Galicia, que contou ademáis do PP, o apoio dos grupos parlamentarios do BNG e PSdeG e o único deputado de Democracia Orensana, tamén recolle a petición de que se realice un estudio de viablidade que contemple a construción dunha autovia ou vía de alta capacidade entre O Carballiño e Pontevedra.
O Parlamento Galego apoiou asi as reivindicacións do Pacto de Pedre, que integran os concellos de Punxín, Maside, O Carballiño, Boborás, O Irixo, Beariz, Cerdedo-Cotobade e Pontevedra, e que tamén conta co apoio das Deputacións de Ourense e Pontevedra.
Escoita aquí a intervención de Argimiro Marnotes:

Dous productores de mel do concello de Boborás consiguen o recoñecemento entre os mellores meles de Galicia, no certamen anual das catas dos queixos e meles de Galicia, correspondente a este ano 2024 no que andamos, que ven de outorgar a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.
Ademáis de recoñecer os productos das diferentes Denominacións de Orixe Protexida e Indicacións Xeográfica Protexida, este ano introducíuse unha nova categoria, a que acolle a aquelas marcas adheridas ao selo de Artesanía Alimentaria.
Na cata de meles presentáronse 65 mostras, e e novo, entre os mellores meles de Galicia volve estar "Doce Bágoa " a marca de Terras de Boborás, de Johnny Trigás e ubicada en Cameixa, que desta vez consigue o "Ouro", no apartado de Artesanía Alimentaria de Galicia.
Ademáis, tamén conseguíu a "Prata" da Asociación Galega de Apicultura o productor de Feás, Franscisco Janeiro Labandeira, premiando neste caso o seu mel de castiñeiro.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- …
- seguinte ›
- última »