16, Novembro 2016

Temos en Maside algo que parece ser un monumento á ineptitude e que se podería incluír nesa gran cesta das obras públicas absurdas como son , gardando as oportunas distancias, aeroportos sen avións, hospitales que non abren, casas da cultura sen cultura e unha ringleira máis de despropósitos.

Leva varios anos ahí e aínda non se sabe que é ou qué quixo ser. Simplemente está ahí coma o que é: un mamotreto absurdo, un canto á inutilidade, un estorbo. Unha morea de cartos  criando mofo e vendo pasar o tempo coma unha proba máis da, incompetencia e a desidia municipales.

Ese óbice de cemento, ese adefesio, esa xigantesca deposición urbanística atópase ahí sen máis. Non da ningún servizo público nin se obtén del aproveitamento algún para a veciñanza.

O único consuelo que queda é saber que alo menos todo o gasto que se fixo tanto en material  de construcción como de ferretería necesarios para erixir semellante disparate, quedóu en establecementos do pobo... Faltaría máis!!

 

15, Novembro 2016

O Centro Galego e o resto das Casas Rexionais de Lleida promocionarán a Festa do Pulpo do Carballiño como un dos grandes eventos gastronómicos de Galicia.

Así se comprometeron as directivas destas entidades durante o acto de presentación da LV Festa do Pulpo nas Xornadas Culturais da Federación de Casas Rexionais con motivo do XXXV aniversario desta federación, ao que asistiron o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e o concelleiro de Turismo, José Manuel Dacal. Fumega e Dacal viaxaron a Lleida por invitación do Centro Galego desta cidade para impartir unha conferencia sobre a Festa do Pulpo do Carballiño, que se celebrou no salón de actos desta entidade coa asistencia de tres concelleiros do grupo de goberno municipal da cidade, dos presidentes das casas rexionais de Aragón, Castela-León, Extremadura, Cantabria e Andalucía; do presidente dos empresarios, do vicepresidente da Federación de Asociacións Veciñais e de numeroso público que encheu o local.

O alcalde carballiñés realizou unha exhaustiva exposición da historia e da relevancia da Festa do Pulpo a nivel galego e estatal, como o amosa a declaración de Festa de Interese Turístico Nacional, e explicou que se estaba a traballar para conseguir a declaración de interese internacional, co que se daría un salto cualitativo moi importante. Asemade, o alcalde comentou os recursos turísticos do Carballiño e da comarca, destacando especialmente os balnearios e os proxectos de modernización que se realizan neste momento.

Ao remate do acto houbo un intercambio de agasallos entre o alcalde, o presidente do Centro Galego e o presidente da Federación de Casas Rexionais. Previamente a este acto, as autoridades carballiñesas realizaron un percorrido pola cidades e os seus monumentos máis característicos, acompañados polo presidente do Centro Galego, Xosé Terceiro Folgar, e outros membros da directiva da entidade, e despois visitaron o concello de Lleida, onde foron recibidos en audiencia polo teniente alcalde, Joan Gómez, e o concelleiro de infraestruturas, José Domínguez.

Tanto as autoridades municipais como a directiva do Centro Galego amosaron o seu interese por asistir á Festa do Pulpo do Carballiño, tra-la invitación realizada polo alcalde carballiñés, que expresou a súa satisfacción pola deferencia do Centro Galego e do “Ajuntament” de Lleida co Carballiño e a Festa do Pulpo.

15, Novembro 2016

O prazo para a presentación de propostas sobre o Parque Municipal prorrógase ate o 23 de decembro.

Ainda que estaba previsto que este prazo rematase precisamente hoxe, a concelleira de Medio Ambiente, Érika Paz, tras consultar aos portavoces dos grupos municipais, considerou oportuno ampliar o tempo de recepción de ideas.

Para adoptar esta medida tomouse en consideración o incremento de propostas realizadas nas últimas semanas, así como unha petición realizada polo concelleiro independente Marco Reboredo.

O concurso de ideas para o proxecto integral do Parque Municipal foi convocado pola concellería de Medio Ambiente a finais do mes de xullo, e o prazo para a presentación de propostas comezou o 1 de agosto. Sen embargo, foi neste último mes cando se intensificou a recepción de ideas, polo se considerou convinte ampliar un mes máis o concurso, ata o venres 23 de decembro.

Según Érika Paz, moitas propostas chegaron a raiz do anuncio do remate do prazo previsto inicialmente, o 15 de novembro, polo que resulta de interese amplialo para dar a oportunidade a todas persoas, asociacións ou entidades a expresar as súas ideas sobre o futuro do parque municipal. Na páxina páxina web do concello (www.carballiño.gal) ofrécese un modelo de instancia para presentar as propostas, que se deberán formalizar a través do Rexistro do concello.

15, Novembro 2016

Como Concello "preocupado" polos veciñ@s, o meu non ia ser menos, e que se conserven tradiciòns culturaìs, como o magosto,  pareceme xenial e apoio na sùa totalidade.

O que eu, como veciño, NON apoiarei xamaìs, è que se malgasten cartos,   de todol@s veciños nunha macroborracheira, e se lle inculque òs rapaces alì presentes, à cultura de beber, como sinònimo de troula, e o Concello apoie isto todo. È a herdanza que nos quere deixar, parecelle pouco o panorama que vemos a diario nas terrazas dos bares.VERGOÑENTO SR.ALCALDE! 

Xamaìs lle deu a vostede, por apoiar o comercio local, serà porque na sua casa frecuentase o de outras localidades, VERGOÑENTO SR. ALCALDE!

Xamaìs pensou vostede,  en apoiar os pobos do Concello cun servicio pùblico de transporte, para que os veciños poidan acudir o mesmo, pero Sì con cartos dos veciños se van buscar traballadores o poboado que  vostede tanto quere, VERGOÑENTO  SR. ALCALDE!.

Agora,  vou sentarme na miña cadeira frente a ventà, pechar os ollos, e recordar a miña infancia niste maravilloso pobo, cando non paraban de pasar coches pola Principal, cando pasaba xente polas aceiras, cando os nenos xogaban na alameda e na praza, cando......xa abrin os ollos, que tristeza!

 

14, Novembro 2016

O Plan de Emprego prosigue co programa de formación dos 60 alumnos e alumnas seleccionados, segundo o calendario previsto para este mes de novembro e o de decembro. Precisamente, hoxe remata o curso de técnicas de búsqueda de emprego, que está distribuido en sete módulos, e mañá comezará un curso de prevención de riscos laborais, de 60 horas de duración. En canto remate este curso, procederase a impartir outro de soldadura e calderería de 100 horas de duración.

O primeiro curso que se levou a cabo, tras da presentación deste plan denominado “Carbaemprega”, o pasado 28 de outubro, estivo relacionado coas novas tecnoloxías e versou sobre iniciación á informática e elaboración de bases de datos, así como de currículos. Foi impartido na aula do CEMIT do concello.

O obxectivo deste plan, que foi impulsado pola concellería de Promoción Económica que coordina Adolfo Nogueira, e que conta co financiamento da consellería de Economía, é formar aos alumnos e alumnas para adquirir habilidades que lles permitan acceder a un posto de traballo. A prevision é que ao remate do plan se poida acadar o 40% de inserción laboral.

PRESENTACIÓN CURSOS POBOACIÓN XITANA

Na aula do Cemit tamén se presentou hoxe, coa presencia da concelleira de Benestar, Igualdade e Saúde, Marina Ortega, un curso sobre “adquisición e desenvolvemento de habilidades sociais e hábitos laborais” de 15 horas de duración, e outro de “Alfabetización dixital” de 15 horas de duración, dirixidos ao colectivo de poboación xitana do Carballiño. Estas actividades realízanse dentro do programa “II plan galego de inclusión social”, que promove a consellería de Traballo e Benestar, e que conta co cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e Fondo Social Europeo 2014/2020.

11, Novembro 2016

O novo ciclo de humor “Carballiño Comedy 2” traerá ao auditorio cinco destacados monologuistas do panorama artístico nacional e galego.

Trátase de Enrique SANFRACISCO, Ángel MARTÍN, Álex O´DOGHERTY e os galegos Xosé A. TOURIÑÁN e Carlos BLANCO. Enrique Sanfrancisco abrirá o ciclo o 10 de decembro, e o pechará Carlos Blanco o 8 de abril. Touriñán estará o 14 de xaneiro; Ángel Martín o 18 de febreiro, e Álex O´Dogherty o 4 de marzo.

O prezo de cada monólogo mantense en 10 euros se se adquire de forma anticipada, e 12 euros o día da actuación na billeteira. A venta anticipada realízase nos restaurantes A Fuchela e Comonacasa, ou a través da web TICKETEA.COM.

Tanto o concellleliro de Cultura, Diego Fernández, como os productores de Moitamerda Producións, Juan Pablo Quintela e Indalecio Caballero, que presentaron hoxe o evento, resaltaron a superación do listón do cartel da primeira edición, que foi xa moi importante, e que suscitou o interese de preto de 1.500 persoas, cunha media de 300 espectadores por sesión.

Diego Fernández agradeceu á productora a súa aposta polo Carballiño como vila ourensá de referencia de espectáculos de ámbito estatal que non se terían conseguido doutro modo, e animou aos carballiñeses, aos veciños da comarca e aos da provincia en xeral a acudir a estas sesións que son como un bálsamo para esquecer os problemas cotiás e divertirse.

Destacou así mesmo o significado deste ciclo para a hostalería local, xa que atrae a xente de fóra e contribúe á dinamización das cafeterías, dos mesóns e dos restaurantes os sábados de espctáculo.

O produtor Juan Pablo Quintela referiuse ao apoio do concello do Carballiño á cultura e destacou o interese amosado polo concelleiro para que este ciclo se siga desenvolvendo na vila carballiñesa a pesar da forte competencia que existe con outras vilas e capitais de Galicia. Dixo que a productora Moitamerda Producións, que organiza o ciclo en colaboración co concello, fixera un gran esforzo para conseguir un cartel de renome como o que se presentaba, e que nalgún caso os espectáculos son rigurosa estrea en Galicia, como é o caso do humorista Ángel Martín.
Tamén dixo que se quería comezar cun primeiro prato do máximo nivel como o que representa o artista Enrique Sanfrancisco, que actuará o sábado 10 de decembro. Para este monólogo xa se poden adquirir as entradas de xeito anticipado.

Todas as sesións celebraranse en sábado e co mesmo horario de comezo, ás 21,00 h., tal e como xa sucedera no primeiro ciclo.

11, Novembro 2016

O Grupo Municipal Socialista no Concello de Leiro quere denunciar a pouca vergoña que amosa o grupo de goberno do PP, tentando limpar a súa imaxe mediante convocatorias que teñen máis de paripé ca doutra cousa. No día de hoxe, os socialistas tiveron coñecemento de que se realizaron unhas probas para a selección e contratación de 4 peóns forestais para o mantemento das zonas verdes do municipio. Dende o PSOE de Leiro cren que esta convocatoria só resposta a un lavado de cara do grupo de goberno, tentando aparentar transparencia e bo goberno, cando todo o mundo coñece as prácticas caciquís coas que soe operar o Partido Popular nos Concellos da provincia de Ourense. Os socialistas coidan que cunha convocatoria onde os membros do tribunal calificador son, prácticamente, designados polo Alcalde, ten poucos visos de manter a parcialidade, coñecendo os antecedentes do rexedor. De feito, presuntamente, xa se chamaron ás persoas que van ser escollidas finalmente, a quen se lles fan unhas bases adecuadas á súas características. Dende o PSOE denuncian que este procedemento de selección pouco ten que ver coa transparencia nin co respecto á concorrencia competitiva que se debe asegurar dende as administracións públicas. Os socialistas de Leiro consideran que o goberno trata de tomar o pelo á cidadanía con estes procesos, supostamente, amañados, cando todo o municipio sabe que entran os de sempre, ano tras ano. Os socialistas, co seu Portavoz á cabeza, Manuel Rodríguez, esixe total transparencia nos procesos de selección e persoal do Concello de Leiro e que calquera persoa poida presentarse ás probas en igualdade real de condicións.

11, Novembro 2016

Parece que hay dinero de sobra para hacer levantar y rehacer aceras que ya existen y otras obras menores que nadie demanda pero no hay dinero para otras cosas más urgentes como arreglar de una vez los colectores del rio carrás a su paso por el centro de salud.  El olor que despiden es nauseabundo e inaguantable. Una vergüenza que arrastremos este problema desde hace muchos años y que ahora con la lluvias se agrava más.

gobernantes del pueblo ponganse a trabajar en lo que de verdad importa y no en cosas menores que solo sirven para la galeria y la fotito.

10, Novembro 2016

Qué alegría qué alboroto outro canciño piloto. Parecían alonxados os tempos nos que un alcalde carballiñés viaxaba a Alemania pra facerse amigo dun pulpo, un tal Paul. Pero non, non eran tal alonxados, pois tal xesta sentou cátedra e calou na doctrina da "progresía carballiñesa". Hoxe como daquela, viaxa a conta dos cartos dos carballiñeses dispostos a arranxar dun golpe todos os problemas dos carballiñeses e carballiñesas (como eles dirían). Teñen un as na manga, promocionar en LLeida a festa do polbo, o que seguramente para Dacal será o motor da economía carballiñesa, ou unha aposta decidida de futuro nas verbas de Fumega.

Dementres os problemas de sempre seguen vivos. Un servizo de recadación que deixa prescribir débedas. Numerosos problemas co persoal do concello, motivados por unha política rancia e caciquil herdada do pachismo. Unha sociedade, a carballiñesa, afogada por unha decadencia dun concello que non atopa o camiño. Desafortunado declive do comercio, alarmante baixón na hostelería, perda de postos de traballo de calidade, incerteza para os xevenes mozos e mozas, políticas cínicas e caciquiles que cando están na oposición predican unha cousa e cando chega ao goberno fan todo o cotrario, e un largo etc...

Este panorama semella non dar síntomas para a esperanza, pero non debemos desfallecer, o futuro está garantido por unha segunda fila de progres estrella, léase o concellal de todo e ao mesmo tempo porta-voz, ou o fillo do alcalde de Maside, brillantemente colado neste concello por porta xiratoria progre. A garantía de futuro vai de portas, portavoz e porta xiratoria. Ata que a sociedade carballiñesa lle de portazo..

10, Novembro 2016

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e o concelleiro de Turismo, José Manuel Dacal, viaxarán esta fin semana a Cataluña para asistir a un acto de promoción da LV Festa do Pulpo no Centro Galego de Lleida.

Así mesmo, terán unha recepción no concello desta cidade catalana. Ambos eventos terán lugar o luns, 14 de novembro, e enmárcanse no contexto da celebración das Xornadas Culturáis Federación Casas Rexionais que coincide co XXXV Aniversario da Federación de Casas e Centros Rexionales de Lleida.

A visita prodúcese por invitación da directiva do Centro Galego de Lleida, presidida por Xosé Terceiro Folgar. Esta entidade foi fundada no ano 1977 e conta na actualidade con máis de setecentos socios, na súa maioría galegos.

Ten unha sede cun salón de actos e unha copiosa biblioteca de mais de 3.000 volúmenes e desenvolve multitude de actos culturáis e festivos durante todo o ano. Incluso celebra a súa propia Festa do Polbo, que vai xa pola 19 edición.

Neste mes de novembro teñen lugar as Xornadas Culturáis Federación Casas Rexionais, que comezan o día 10 e rematan o día 20. Como un dos actos previstos e anunciados está a promoción da Festa do Pulpo do Carballiño, e por iso tanto o alcalde como o concelleiro de Turismo recibiron unha invitación para disertar sobre este evento festivo.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS