
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, reuniuse co alcalde de Avión, Antonio Montero, ao que lle trasladou que a Xunta executará obras de reforzo de firme na estrada entre A Ermida e Beade (OU-212), ao seu paso polos municipios de Avión e Beariz.
Na estrada OU-212 procederase á rehabilitación localizada mediante fresado e reposición, en zonas comprendidas entre os puntos quilométricos 6+250, concretamente na saída cara o núcleo Beariz e o 8+820, na entrada a Liñares.
Estas reparacións beneficiarán aos veciños dos concellos de Avión e Beariz. Ethel Vázquez tamén lle explicou ao rexedor que na estrada OU-212, no treito entre os PK 0, na Ermida, e 6+250, á saída de Beariz, no marco doutro contrato, tamén se estenderá un tratamento superficial para proceder á regularización da vía e posteriormente aplicarase en todo o ancho da calzada un microaglomerado en frío.
Ademáis, a veciñanza de Avión veráse beneficiada pola actuación na OU-212, que finaliza a 1,5 Km do límite entre Beariz e Avión.
Nestes tempos tan cambiantes, nos que se vive ás presas e tantas cousas son volátiles, chámame a atención, mentres miro para a "caixa tonta", que aínda se emite o xa clásico Informe Semanal na televisión pública.
Vexo que o último reportaxe está adicado, por motivos de lamentable actualidade, ós vertedoiros de neumáticos fora de uso. Amósase o problema que representan e a continuación proponse a solución máis racional. Esto é, o reciclaxe. Ilústrase a información coas imáxenes do funcionamento dunha planta cuia actividade é precisamente eso: o reciclaxe de NFU. Vese como unha responsable de empresa amosa o producto que obteñen e como enumera tódalas aplicacións que son sobradamente coñecidas (Canchas deportivas, asfaltados, calzados, aislantes sonoros, parque infantís...).
Como veciño que son de Maside, non podo menos que relacionar o contido deste reportaxe, co fantánstico proxecto empresarial que os nosos responsables municipáis tiñan para a nosa poboación.
Lembro como ó alcalde de Maside, enchíaselle a boca falando das tres erres nos medios. Tamén lembro que nun acto de irresponsabilidade decía que a planta que quería instalar era de reciclaxe. Quero pensar que un rexidor municipal, obrigado a defender os intereses dos seus veciños, fai estas declaracións por ignorancia, falta de información ou apatía, pois una vez se púxo en evidencia que o maravilloso proxecto era de valorización enerxética, utilizando un método que a Lei califica de sistema de incineración, non tendo nada que ver coa reciclaxe, sería verdadeiramente lamentable que Celso Fernández directamente quixera facer pasar por tontos ós veciños. ¿Pensaría de verdad o primeiro edil que a poboación non se iba informar adecuadamente, cando se lles pretendía colar "con calzador" un proxecto perxudicial que foi rechazado en varias localidades? Ou tamén pode ser que lle importara un bledo a opinión dos veciños. De feito, o que suscribe a presente, ten escoitado de un dos concelláis, que por suposto lle baila a auga a Don Celso, que aquelo poñíase en Maside "Sí ou sí".
Pois vai ser que non, Don Celso. A xente non lle é tonta e por sorte ten a posibilidade de informarse e sacar as súas propias conclusións. Plantexar por parte do alcalde que o proxecto era de reciclaxe, ademáis de ser, como diría o fabuloso José Mota, un "mentirusco atao con piedra", coido que é un temerario intento de ningunear ós veciños.
Parece ser que o máis doado para atraer empresas a un concello que non conta PXOM consiste ofrecer unha masa forestal, para aqueles proxectos que son rechazados alí onde se presentan.
Os xestores serios loitan por proxectos serios para o seu pobo, e non se ofrecen a empresas xeradoras de moitos máis perxuicios que postos de traballo. Vamos Don Celso, que o que non quere ninguén, non o temos por que tragar en Maside anque sexa para maior gloria da alcaldía e todo o seu grupo de goberno.
"O maior argumento esgrimido polos portavoces de PSOE e BNG foi que tacharon de oportunismo a mocion presentada polo PP", manifestan os populares. Entenden que con esta postura "antepoñen os celos propios de protagonismo ante os intereses xerais da poboación do Carballiño.
Na moción do grupo provincial do PP ínstase ás administraccións a mellorar os servizos de transporte público entre O Carballiño e Ourense.
Para acceder ao comunicado do Partido Popular prema no arquivo adxunto:

A hostalería carballiñesa clausura este venres, a tempada da “Ruta das Tapas”, ofrecendo pinchos da gastronomía internacional.
Esta iniciativa que aglutina a 29 cafeterías, bares e mesóns, dedícase nesta ocasión á emigración, polo que os locais decidiron render homenaxe á gastronomía daqueles países aos que emigraron os carballiñeses.
Así, na mostra realizada hoxe para presentar este evento exhibíronse tapas de platos tradicionais da gastronomía de Arxentina, Venezuela, Panamá, México, Suiza, Alemania e Portugal, entre outros países.
O acto desenvolveuse na Praza Maior coa asistencia dos hostaleiros, de emigrantes, do concelleiro de Turismo, José Manuel Dacal, e do alcalde, Francisco Fumega. Tanto Fumega como Dacal destacaron o éxito da iniciativa e agradeceron aos hostaleiros a súa creatividade e empeño por mellorar a calidade dos produtos que ofrecen, que é esencial para gañar clientes e incrementar os atractivos turísticos da vila.
Asemade, agradeceron a asistencia dos emigrantes, a quen recoñecen un papel fundamental no crecemento do Carballiño. Os pinchos poderanse desgustar nestes 29 locais ao prezo de 1 euro este venres, 28 de maio, a partir das 20,00 h. Será tamén o último día para cubrir os boletos que permitirán entrar nun sorteo de case 1.000 euros, que se celebrará dentro de quince días. A “Ruta das Tapas”, que se celebrou os últimos venres de mes dende finais do pasado ano, voltará a realizarse no outono deste ano.
Perdonen que no sepa expresarme bien en gallego, con lo cual, lo hare en castellano....si a alguien le molesta pues que no lo lea, que le vamos a hacer....
estos dias, escucho mucho de la policia local de carballiño, para ser sincero, creo que solo hay dos que de verdad se lo curran y es a los que mas critican, asi de injusta es la vida, no pretendo ni provocar a nadie ni juzgar a nadie, alla cada cual con su conciencia, si es que la tiene....pero si voy a decir lo que pienso y veo que aun es mas real
yo les preguntaria a cada uno de ellos, que es un policia local?? en que consiste su trabajo?? porque cobra un sueldo a final de mes?? y muchas mas preguntas que ninguno me contestaria y que este humilde ciudadano tiene algunas respuestas; hay locales por devocion, pq lo viven, pq les gusta lo que hace, les gusta ayudar, pq adoran su trabajo, de eses solo conozco a uno, señor@s...uno!!!, de cuantos disponemos en carballiño??? pues dicho queda, y quizas sea el mas atacado pq cuanta envidia hay en el mundo, cuanta maldad, y sobre todo, cuanta prepotencia....
señores policias locales, su trabajo consiste en ayudar a los ciudadanos en todo lo que se requiera, logicamente estar tomando unos "cafes" durante una hora o mas creo que no entra en su labor diaria, pero no estoy segura, igua si es su labor y les pagamos, pq si, les pagamos nosotros, todos los ciudadanos.... para que esten de bar en bar y tiro pq me toca....pues señores, su trabajo creo, solo creo ehhhh, que no es ese....pero como no entiendo de na, tendre que enterarme, y si es asi, yo quiero ser policia local yaaaaaa
me parece haber leido en alguna parte de que ahora se quejan de los turnos, de que no hay un jefe o no se que, pero vamos a ver, si tienen un jefe, que unos tienen mejores turnos que otros, quizas....y??? en la lista del paro hay turnos?? es solo por saber ehhh.....es tanta la envidia?? o es tanta la pereza??
señores policas locales, cobran gracias a nosotros, estan ahi, gracias a nuestros impuestos, creo y solo creo, que deberian al menos respetar al ciudadano y atendernos cuando los necesitemos y dejarse de tonterias, porque sabes ustedes?? politicos de pacotilla ya tenemos muchos, vamos, que de eso estamos servidos, asi que...dejen la politica al lado y dediquense a trabajar que es por lo que le pagan, y si no quieren, pues a casita que hay gente que si quiere trabajar de verdad y sin mirar turnos ni mirar tonterias politicas
por cierto, me callare muchas cosas porque soy muy respetuoso y no juego con el pan de nadie, pero....lo que daria de si este tema...

Unha sentencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Ourense estima o recurso presentado por "Promociones Rúa Principal S.L.", a sociedade propietaria da casa Soto, contra o acordo do pleno da corporación municipal do dia 29 de Xullo de 2015 que estimara o recurso de reposición contra o acordo anterior do 6 de Maio de 2015 de proposta de compra desta propiedade, na rúa Tomás María Mosquera.
O acordo inicial fora promovido polo anterior goberno municipal do Partido Popular, logo, tras as elección municipais e o cámbeo de corporación, prosperou o recurso de reposición -que apoiarán PSdeG, BNG e Alternativa Veciñal- que anulaba a operación de compra venda.
Nos fundamentos de dereito, a sentencia afirma que tras o acordo que anulaba a proposta de compra, do mesmo non se deu traslado aos propietarios o que causou a súa indefensión "toda vez que existiendo un acuerdo de compra-venta, el mismo quedó sin efecto por la estimación del recurso, del que la parte actora no tuvo conocimiento, dado que no se dió traslado".
Contra esta sentencia cabe recurso de apelación, no prazo de 15 dias unha vez que o concello reciba a notificación, ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
A sentencia condena ao concello do Carballiño a pagar as costas deste procedemento xudicial.

Arredor de cen escolares do centro público da Uceira visitaron hoxe, acompañados polas súas profesoras, a praza de abastos, dentro dunha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia para achegar os mercados de abastos á mocidade.
O alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Adolfo Nogueira, recibiron aos estudantes e ao profesorado á porta da praza, que estaba moi engalanada con globos e banderolas co lema desta campaña “Quere o teu mercado”.
Tanto o alcalde como o concelleiro referíronse á importancia das prazas de abastos, que ofrecen alimentos frescos e son un xeito moi cercano e personalizado para realizar a cesta da compra cada día. A continuación realizouse un percorrido polos distintos postos de carne e peixe, onde carniceiros e pescadeiras lles explicaron aos escolares as propiedades dos alimentos e a conveniencia de mercalos na praza.
Por vez primeira dende que existe este rexistro o municipio do Carballiño rebasa a cifra das 4.000 persoas incritas, xa que según os últimos datos actualizados do CERA son 4.015 os electores residentes no extranxeiro que son orixinarios do municipio carballiñés.
En apenas unha década, o CERA carballiñés experimentou un notable incremento, ao pasar dos apenas 3.000 incritos do ano 2006 a estes 4.015 electores residentes ausentes, persoas que están inscritas neste censo electoral e declararon que o seu concello de orixe é O Carballiño.
No ámbito comarcal, aínda que rexistra un leve descenso, tamén e siñificativo o CERA de Boborás, con 2.431 inscritos. Por arriba dos mil electores no extranxeiro tamén se sitúan Maside -con 1.515-, O Irixo -1.057- e Beariz -1.045-.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 568
- 569
- 570
- 571
- 572
- 573
- 574
- 575
- 576
- …
- seguinte ›
- última »