18, Agosto 2014

A 31 edición das Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia "destacaron este ano polo significado incremento de participación e asistencia do público tanto nas sesións cinematográficas como nas actividades paralelas", apuntan dende a organización. 

O programa destas actividades tíñanse iniciado tempo antes coas proxeccións do rural, unha iniciativa apoiada e en colaboración coa Federación das Asociacións de Veciños do Carballiño, e que, dado o excelente resultado desta primeira tentativa, preténdese non só repetir a experiencia senón ampliala de cara as próximas edicións.

Alfonzo Zarauza presentou a súa película "Encallados" nas XOCIVIGA, no auditorio da Veracruz e o pasado sábado , realízabase no Carballiño a preestrea da súa outra película,  "Os fenómenos", que nos próximos días será presentada no  Montreal World Film Festival (Canadá) e será a partir de outubro cando se inicie a distribución comercial.

A presencia de LAURO ANTONIO

Un dos clásicos da cinematografía portuguesa, Lauro Antonio, estivo presentando o seu film "Manhá submersa" o primeiro film que se exhibira nas XOCIVIGA  na primeira edición no ano 1984 e que foi unha das producións de referencia para os cineastas galegos de aqueles mementos

ENCONTRO DE PROFESIONAIS DO AUDIOVISUAL DE GALICIA E PORTUGAL EN XOCIVIGA

Profesionais do sector do audiovisual de Galicia e Portugal mantiveron un encontro no marco das XOCIVIGA no que estableceron unhas líneas básicas de colaboración e participación en proxectos conxuntos que teñen que ver coa formación sobre a realización, montaxe e produción, dentro dos programas dos festivais de cine, e o intercambio de iniciativas que inclúan a promoción da distribución e exhibición das cinematografías galegas e portuguesa en ambos os dous países, comezadas este ano coa colaboración do Festival Internacional de Braga (BRAGACINE)  e o Festival Internacional de Curtametraxes de Évora (FIKE).

CONCURSOS

MARCOS NINE ganador do  Premio ao Mellor Curtametraxe "en 5 minutos" das XOCIVIGA_2014

O xurado calificador do concurso de curtametraxes XOCIVIGA 2014 formado por:
-Manolo González, investigador e experto do audiovisual galego
-Severiano Casalderrey, Director do Festival Didáctico de Cine de Animación (ANIRMAU)
-Artur Barros, Director do Festival Internacional de Cine Independiente de Braga (BRAGACINE)
e Anxo Santomil como representante das XOCIVIGA

unha vez revisadas as bases da convocatoria do concurso publicada por XOCIVIGA, acordou conceder os seguintes premios:

-1º Premio ao mellor curtametraxe "en 5 minutos" XOCIVIGA_2014 a "O IMAXINARIO INFANTIL" de Marcos Nine
-Premio á mellor idea orixinal á curtametraxe "NOSTRUM"  de Iris Justo
-Premio ao mellor curtametraxe "2 minutos en móbil" á curtametraxe "MEU PAI"  de María Fondado

-Premio do Público "A NOITE DA VÉSPERA" de Jesús Soto Filloy

AIDA PAZ IGLESIAS GANADORA DO 1º PREMIO DO CONCURSO DE FOTOGRAFIA XOCIVIGA 2014

O xurado calificador do concurso de fotografía XOCIVIGA 2014 integrado por:
-Manuel Blanco Guerra da Asociación Fotográfica Potiños
-José Luis  Fernández da Asociación PhosGalicia
-Carlos Vázquez, fotógrafo profesional
e Anxo Santomil como representante das XOCIVIGA

Unha vez revisadas as bases da convocatoria do concurso publicada por XOCIVIGA e despois dunha selección previa, acordou conceder os premios seguintes:

-1º Premio á fotografía titulada "LIBERTAD" da autora Aida Paz Iglesias

-2º Premio á fotografía titulada "SEN TÍTULO" da autora Olalla Rodríguez Soutullo

-Mellor fotografía sacada con móbil á fotografía titulada "O MUNDO AO REVÉS"  do autor Jose Alfonso Rodríguez Romero

 

15, Agosto 2014

Foi no transcurso dunha reunión informativa organizada pola propia asociación veciñal, a totalidade dos asistentes mostraronse contrarios ao borrador da reforma do Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello carballiñés. máis concretamente, no que afecta á parroquia de Seoane.

Os veciños fixeron patente a súa disconformidade non so pola redución do solo urbanizable, que é común a todas as parroquias, senón que ademáis, no caso de Seoane, manifestaron o seu disgusto pola proxectada ampliación do Parque Empresarial atá practicamente os lindes de varias vivendas.

A veciñanza asistente a esta reunión solicitou que a asociación traslade  ás autoridades locais a inmediata anulación do proceso de aprobación do novo PXOM pola "restrición do desenvolvemento urbano dos núcleos da parroquia e a agresividade que suporía a integración da suposta actividade industrial á beira das vivendas de Seoane".

Finalmente, decidiron proceder a recollida de sinaturas que mostren "a oposición frontal e contundente de toda esta parroquia" ao novo proxecto de PXOM.

15, Agosto 2014

Ante o Pabellón da división de honra xuvenil, o Arenteiro empatou a dous goles nun partido xogado no campo dos Remedios de Ourense.

Bastante ben o Arenteiro na primeira parte, chegando ao  descanso con 0-2, con dous goles de Brais. Mal na segunda parte, tras os cámbeos, o Arenteiro perdeu o control do xogo e acabou cedendo un empate nos últimos minutos do partido.

SD Chantada 1 CD Arenteiro 1

Partido xogado no campo do Sangoñedo ante o equipo locatario, a SD Chantada da preferente norte. 

Curiosamente, foi o chantadino Brais quen inaugurou o marcador para o Arenteiro, ao aproveitar un centro de Sanginés dende a banda dereita.

Tralo descanso, o árbitro premiou aos locais cun inexistente penalti na área carballiñesa, transformado en gol polo equipo local. Ata o final o marcador xa non se moveu.

CD Arenteiro 2 Verín CF 2

Ante os verinenses empate a un gol ao descanso, e ao final de partido a dous tantos. Dani Vázquez e Oli, éste último de penalti, marcaron os goles carballiñeses nun partido no que Miki López utilizou a totalidade de xogadores dispoñibles.

Dani Arbo, Alex Santiago, Quiroga e Manu -lesionados- foron os ausentes neste encontro. Dafonte sigue con progresión na súa recuperación. Ante os verinenses, tamén resultou lesionado Bardelás.

CD Arenteiro 4  Maside F.C. 0

Ante os masidaos marcaron os goles Dani Vázquez, Sanginés, Brais e Pana.

13, Agosto 2014

O Grupo Municipal Socialista do Carballiño láiase das malas condicións meteorolóxicas do pasado domingo, durante a celebración da LII Festa do Pulpo, pero sobre todo "láiase da falla de previsión do alcalde e o seu grupo de goberno, que non foron capaces de buscar unha alternativa ante a posibilidade de choiva. Esta actitude só se pode cualificar cunha palabra: deixadez".

 Recordan comoa as máis de mil persoas que ocuparon o recinto oficial do concello no Parque Municipal tiveron que permanecer máis de tres horas baixo unha chuvia persistente que só se puido mitigar con impermeables e paraugas, califican a situación como "unha auténtica vergoña que a xente que pagou a súa tarxeta para xantar no recinto tivese que facelo baixo a chuvia".

Por isto -engaden-  "a imaxe que se ofreceu do que é sen dúbida unha das festas gastronómicas de máis sona de Galicia, foi deplorable. E o é máis aínda se temos en conta que nesta edición o concello contaba cunha subvención de 25.000 euros da Xunta de Galicia".

Neste senso, recordan que hai anos xa sucedera unha situación semellante, que se solventou montando un sistema de carpas na Avenida do Arenteiro, a tan só cen metros do recinto oficial.

Aseguran que "tanto o servizo meteorolóxico de Galicia como o Estatal pronosticaban con moita antelación unha probabilidade do 100% de chuvia durante todo o día do domingo, nin o alcalde nin o seu grupo de goberno foron quen de buscar unha alternativa que dise colleito aos convidados e persoas que adquiriron as súas tarxetas para asistir ao xantar".

Os asistentes á Festa do Pulpo "estiveron á altura, non así os gobernantes do Concello do Carballiño, que volveron a evidenciar a súa deixadez e o pasotismo máis absoluto, xa que nin sequera foron capaces de ter un mínimo de previsión nun dos eventos festivos máis destacados da nosa vila", concluen dende o PSdG.

 

 

 

 

 

9, Agosto 2014

No peor día do ano e nas peores horas posibles, comezou a chover ás 10 hora da mañá e foi indo a máis no transcurso da xornada, ata facélo con máis intensidade á hora da comida.

O mal tempo non impedíu que a festa volvese a rexistrar un éxito de convocatoria, seguramente con menos xente no parque, aínda que os grandes favorecidos foron os restaurantes do Carballiño que, na súa maioria, rexistraron cheos nos seus comedores.

No recinto do concello 1.200 persoas, baixo paraugas en man, cubriron a totalidade das mesas dispoñibles. Á primeira hora da mañá os responsables municipais barallaron a opción de trasladar o xantar a un recinto cuberto, finalmente optaron por mantelo na súa ubicación tradicional ao aire libre, aínda que as prediccións meteorolóxicas non eran tan desfavorables como despois resultaron.

Antes do xantar, na explanada do parque municipal, levouse a cabo a recepción oficial aos representantes das Federacións de Asociacións de galegos en Cataluña, a quen de dedicou este ano a festa. Neste acto tamén participou o conselleira do medio rural e mar, Rosa Quintana, e outras autoridades autonómicas e provinciais.

No transcurso da comida no recinto do concello, e tal como ven sendo costume nos últimos anos, deu a coñecerse a dedicatoria da festa para a vindeira edición, a do ano 2015, será ao concello de A Coruña.

 

 

8, Agosto 2014

Marcaron os goles do Arenteiro Dani Vázquez, Sanginés e Marcos Sotelo, e un defensor lalinense en propia meta. 

Moi boa imaxe dada polo equipo verde ante un Lalín co que volverá enfrontarse en competición oficial na liga de preferente. Miki López utilizou aos 19 futbolistas dispoñibles para este partido, que estiveron -todos sen excepción- a un gran nivel.

O próximo test de pretempada será no Estadio de Espiñedo o xoves dia 14 de Agosto ás 21 horas fronte o Verín CF.

Dani Arbo completa o capítulo de fichaxes

O defensa Dani Arbo incorpouse ao equipo na convocatoria de Lalín, aínda que non dispuxo de minutos no terreo de xogo. O xogador militou na última tempada no Poligono San Cibrao, antes xa o fixera en preferente co Ponte Ourense, e en terceira co Verín e no fútbol asturiano. Ten 27 anos.

7, Agosto 2014

A xustiza non ve indicios de que o alcalde de Cea, José Luis Valladares, esixira un soborno, tal como afirmara o empresario de "Las 5 Jotas", que no seu dia asinara un convenio co concello de San cristovo de Cea para ubicar esta empresa no parque empresarial do Fondo de Cea. 

A titular do Xulgado nº 1 do Carballiño, que decretou o arquivo do procedemento tamén concluíu que non se observou nin se pudo acreditar un "enriquecemento anormal" do alcalde ceano.

Comunicado da alcaldía de San Cristovo de Cea

O pasado día 24/06/2014 o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución do Carballiño decretou o arquivo do procedemento que por suborno se iniciara de oficio contra o Alcalde e o Secretario Municipal, en virtude do testemuño remitido polo Xulgado n.º 5 de Vigo que xulga o denominado caso das 5 Jotas, e que supuxera a imputación do Alcalde e o Secretario Municipal.

En auto de arquivo a Maxistrado-Xuíz sinala a falta de indicios racionais da comisión do delito que se imputaba, argumento que igualmente destaca a fiscalía no seu informe, salientando esta que das dilixencias practicadas unicamente se deriva unha controversia relativa ao cumpro dos convenios subscritos entre o Concello e a empresa que, en todo caso, se debería tramitar na xurisdición contencioso-administrativa.

Esta Alcaldía lamenta o tratamento dado á denuncia dun suxeito implicado nun dos procedementos mais graves de branqueo de capitais que se deu en Galicia, e que supuxo poñer en dúbida a honestidade deste Alcalde e do Secretario Municipal cunhas acusacións tan graves como falsas, que agora os tribunais descartaron ante a absoluta falta de indicios, ao tempo que cinguen a actuación municipal á esixencia por parte do Concello á empresa do cumprimento das obrigas derivadas dos convenios subscritos como requisito para que esta puidese inscribir rexistralmente a parcela obxecto destes.

O Concello de San Cristovo de Cea actuou neste expediente, como en todos, suxeitándose aos procedementos legais e defendendo os intereses municipais, polo que, á vez que nos felicitamos polo auto xudicial, esperamos que aqueles responsables políticos que esixiron a dimisión do Alcalde dando pábulo e difundindo as acusacións dun delincuente, e atropelando a presunción de inocencia, procedan agora a presentar eles a súa renuncia, que é o que deberían facer se lles quedase o menor indicio de dignidade persoal e política.

7, Agosto 2014

O sindicato da CIG denuncia que "a empresa está tratando de cargarse á delegada sindical, que é unha traballadora máis, baixandolle de 30 a 3 horas, vulnerandose os dereitos laborais das traballadoras, acudirémos á via penal se continua este atropelo".

O responsable da CIG-Adminstración, Manuel Canitrot, anunciou unha entrevista co alcalde do Carballiño "para que asuma a responsabilidade que ten o concelllo, que debe facer cumplir o contrato que mantén con esta empresa para a xestión do servizo de axuda a domicilio". 

Entenden que si o rexedor municipal non atende esta demanda "poderíamos estar ante un caso de nepotismo e enchufismo cara as eleccións, favorecendo a contratación de persoal afín ao grupo de goberno", remarcou Canitrot.

Comunicado da empresa GALAUREA

"En contestación a las manifestaciones vertidas en la rueda de prensa realizada por CIG en el día de hoy, respecto a lo que afecta directamente al ámbito de actuación profesional de esta entidad prestadora de servicios sociales en el Ayuntamiento de O Carballiño y que asimismo, por su naturaleza, podrían perjudicar al prestigio de la misma; de ahí que sea necesario, por parte de esta empresa, desvirtuar lo expuesto en dicha rueda de prensa a fin de que se pueda comprobar la falta de veracidad de lo expresado por CIG.

Así, en primer lugar, es importante hacer constar ya -para que no quede duda alguna de nuestro modo de actuar- que esta empresa, en cuanto a la contratación del personal, se rige por la más absoluta legalidad; disponiendo de toda la documentación en regla que lo demuestra y que puede ser objeto de comprobación.

Importante también es el señalar que nunca se le ha preguntado por su afiliación política a las personas en las entrevistas de trabajo ni a las trabajadoras, puesto que es ilegal e iría en contra de los principios mismos de esta empresa. Es de resaltar, en esta línea, que la mayor parte del personal que compone la plantilla de la empresa es subrogado y, obviamente, la empresa carece de capacidad de selección respecto a este tipo de personal.

Por último pero no menos importante, respecto al personal contratado y, por tanto, no subrogado, la empresa se rige por el criterio de la calidad del servicio de atención a los dependientes y a sus familias, desarrollando las gestiones de selección y contratación del personal necesarias para mantener el alto nivel de calidad en sus servicios, adaptándolos a las necesidades horarias, técnicas y de atención del dependiente por encima de cualquier otra consideración; de lo cual tienen conocimiento los Servicios Sociales del Ayuntamiento de O Carballiño de forma siempre inmediata".  

6, Agosto 2014

A mascota oficial da Festa do Pulpo, Octavio, converterase en marca de prensas de roupa grazas ao acordo adoptado entre o concello e a empresa do téxtil, La Atlántica Clothing S.L, de recente creación e con sede no Carballiño.

No convenio cédese durante un ano, con posibilidade de prorrogalo, o uso deste logo tipo rexistrado a nome do concello, para que usar nas pezas que deseñen na citada empresa carballiñesa.

O alcalde do Carballliño sinalaba que, con este convenio, se amplía aínda máis o nome do Carballiño e se festa do polbo, grazas á mascota, que estará colocada nunha firma téxtil que vendará en toda España, "con intención de superar as fronteiras nacionais nos decatamos agora que, co rexistro a nome do concello, deste logo, fixemos unha grande aposta de futuro, como agora nos demostra o interese desta empresa", subliñou Marnotes.

Atlántica Clothing pretende crea unha liña de moda baseada en Octavio, con roupa de algodón para home, muller e nenos, e mesmo complementos do fogar como mandís, luvas de forno, e outras prendas.

A deseñadora desta empresa aseguraba que Octavio é un logo capaz de "namorar" rapidamente o comprador, e "por iso interesáronse nel cando viron un ao alcalde do carballiño cunha camisa que levaba este logo bordado nela".

No acto de presentación desta colección estivo presente o presidente do Centro Comercial Aberto do Carballiño, ao que a deseñadora asegurou que o desenvolvemento desta marca Octavio"debe ir da man de vós, os comerciantes da vila, e contando sempre convosco", a intención é que sexa o comercio do Carballiño o primeiro en poder vender este produto.

A idea de futuro é que Atlántica Clothing teña, ademais da súa sede social no Carballiño, tamén talleres onde se fabricaría esta liña deOctavio. Pola súa banda tanto Argimiro Marnotes como os responsables da empresa, sinalaron que Octavio non vai ser só unha promoción da Festa do Pulpo, senón do Carballiño, de forma que cando se vexa este logo en calquera das pezas, todo o mundo saiba que é do Carballiño.

6, Agosto 2014

O equipo de Baiona, o Erizana C.F., outro dos recén ascendidos, será o primeiro rival do Arenteiro no inicio da liga 2014/2015 en Preferente, no Estadio de Espiñedo o domingo 31 de Agosto.

Na segunda xornada, a primeira saída será a Nogueira de Ramuín, o domingo 7 de Setembro.  O  Pontevedra B será o visitante en Espiñedo o domingo dia 14 de Setembro,

Despois, nas xornadas cuarta e quinta, o Arenteiro terá dous desplazamentos consecutivos para xogar en Valadares e Gondomar, os dias 21 e 28 de Setembro, respectivamente.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS