Obxetivo conseguido, novo récord do Carballiño ao presentar un prato de polbo de que rebasou os 20 metros cadrados.
Catrocentos kilos de polbo á feira cubriron o prato, preparadado tamén en tempo récord polas pulpeiras e pulpeiros de Arcos, que pararon o cronómetro instalado na Praza Maior nos 10 minutos e 35 segundos.
Centos de persoas consumiron, tamén en tempo récord, o xigantesco prato, repartido en racións a 4 euros. O evento volveu contar cunha notable repercusión mediática.
O PSdeG critica "o lamentable estado que presenta O Carballiño na semana de maior afluencia de visitantes á vila, con motivo da Festa do Pulpo. Denuncian que os visitantes atopan unha vila máis descoidada, con rúas cheas de fochancas e colectores sucios que desprenden malos olores".
Inciden na falla de limpeza dos colectores de lixo, que non só presenta un problema de imaxe senón que desprenden malos cheiros que se incrementan co calor.
Lembran que no seu día o Concello asinou un convenio coa Deputación e garantiu o cambio dos colectores por outros novos e a súa limpeza de xeito regular. “Unha mentira máis de Marnotes, porque como pode comprobar calquera cidadán, os colectores están deteriorados e hai moito tempo que non se limpan, de aí o problema de malos cheiros”.
“O goberno do PP demostra unha vez máis o pouco que lle importa O Carballiño, xa que non é capaz de preocuparse pola súa imaxae na época que máis visitas recibe”, engaden.
Sinalan que “de pouco vale organizar unha semana de actividades festivas se os visitantes atopan a vila nun estado lamentable” e reclaman a Marnotes “que se preocupe pola imaxe do Carballiño, que cada vez é peor”.
Os socialistas apuntan que os carballiñeses que se atopan no exterior e que nestes días retornan á vila “están asombrados do deterioro que está a sufrir o Carballiño, e comentan que cada vez está máis descoidado”.
A isto engádese que "as rúas están intransitables e non hai sitio para estacionar os coches, debido a que Marnotes suprimiu boa parte dos aparcamentos cos que contaba a vila".
Por elo, o PSdeG pregúntase "de que vale tanta subida de taxas municipais se logo nin os cidadáns teñen mellores servizos nin os visitantes perciben unha mellora na imaxe do Carballiño".
Esixen a Marnotes “que se deixe de mentiras e de botar balóns fóra, que arranxe e limpe as rúas e que faga o que prometeu co convenio asinado coa Deputación e limpe os colectores, porque unha vila que no verán recibe tantos turistas non pode permitirse un aspecto como o que está a ofrecer”.

"Pola súa innovación á tradición do polbo no Carballiño", así reza a placa encastrada na figura dunha pulpiera coa que o concello do Carballiño recoñeceu á empresa "Frigoríficos Arcos" o seu labor, seguindo así a celebración de homenaxes a todos os que achegaron novos valores á Festa do Pulpo e de promoción do Carballiño .
As dúas primeiras homenaxes foron a Confitería Cerviño, que cumpría 50 anos no Carballiño nas mesmas datas que cumpría os mesmos anos a Festa, e o segundo a "O Bastoncito" primeiro operario do concello que se encargou de manter o Parque Municipal, onde se celebra a Festa do Polbo dende hai 52 anos.
Este ano os organizadores da festa quixeron render homenaxe a unha empresa pulpeira, das máis antigas do Carballiño, e que ao mesmo tempo está a achegar innovación na arte da cocción do polbo coa súa marca "A Pulpeira". Como explicaba Daniel González Atanes, "conseguimos crear o polbo cocido, envasado ao baleiro, e con todo o seu sabor, mesmo potenciado xa que se conserva no propio xugo da coción". Contaba González Atanes que mesmo cociñeiros de renome como Berasategui xa se interesaron por este produto.
Pola súa banda o alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, recordaba que os homenaxeados son "unha familia dedicada ao polbo dende fai 4 xeracións, e que innovaron para difundir aínda máis este produto dende O Carballiño, co que se engrandece máis ao levar a marca da capital mundial do Polbo,".

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, e o alcalde de Beariz, Manuel Prado López, veñen de asinar un convenio de colaboración polo que se executarán as obras de acondicionamento da praza pública no lugar de Alvite. A Xunta de Galicia asumirá o 100 por cento das obras, 60.500 euros; mentres que a Administración local será a encargada de redactar o documento técnico e de contratar e executar as obras.
Coa mellora deste espazo preténdese potenciar as infraestruturas e servizos públicos do concello, para mellorar o benestar e a calidade de vida dos cidadáns.
Na actualidade, este espazo carece de pavimento e mobiliario; polo que coa obra tratarase de adaptalo ao seu uso, consistindo a actuación na pavimentación e acondicionamento da parcela cunha superficie aproximada de máis de 4000 m2.
Os traballos que serán necesarios levar a cabo para o acondicionamento desta praza consistirán na retirada da terra vexetal, execución de base de pavimento e de cimentación de muretes, na construción de pequenos muretes de cachotería servindo de bancos e salvando os desniveis e na pavimentación de formigón para aparcadoiro de coches e aplacado de pedras irregulares ou sábrego compactado para sendeiro.
Tamén se colocarán varandas de madeira nos desniveis e alumeado público e os traballos rematarán co axardinamento con céspede, plantación de árbores, sebes ou rocalla para delimitación da praza.
Esta actuación está enmarcada dentro do Plan Hurbe que ten entre os seus obxectivos poñer en valor os espazos públicos, ao tempo que melloran a calidade de vida dos veciños. Este plan trata de articular unha estratexia de posta en valor das vilas, tanto as grandes como as pequenas, e dos núcleos rurais, que permita crear as condicións propicias para o seu desenvolvemento sostible, sen prexuízo de actuacións puntuais nas cidades. Tamén este tipo de actuacións están orientadas a frear o despoboamento, potenciando as infraestruturas, servizos e equipamentos e, en definitiva, mellorando o benestar e a calidade de vida dos seus habitantes.
A casa do concello do Carballiño acolleu a reunión da Xunta de Seguridade para a Festa do Pulpo, que se celebrará o próximo 10 de agosto no Parque Municipa. Esta xunta estivo presidida polo subdelegado do goberno e o alcalde do Carballiño, acompañados dos representantes da Garda Civil, Policía Local e Autonómica, 061, Protección Civil, Grumir, e Cruz Vermella.
En total será case 90 persoas as que traballarán ese día para velar pola seguridade dos asistentes á festa, calculándose que serán, como mínimo, 70.000 as persoas que asistirán a esta edición. O mando único deste operativo de seguridade recaerá na figura do alcalde.
Os recursos humanos e técnicos para este operativo será o seguinte: 25 garda civís dotados con vehículos e medios precisos para o seu labor, así como 4 gardas civís de tráfico. A policía autonómica participará tamén con axentes e vehículos necesarios para este operativo.
Pola súa banda a policía local achega 15 axentes, así como 5 vehículos policiais.
En tarefas de regulación do tráfico e seguridade tamén actuarán 10 voluntarios de Protección Civil, xunto cun técnico, un supervisor, 12 grumires voluntarios, con tres vehículos todo terreo.
Tamén se contará con 5 grumires voluntarios para tarefas de extinción de incendios e salvamento, que contarán cun camión autobomba lixeiro, así como outro pesado e un rural, e un vehículo de altura. Outros 4 grumires voluntarios encargaranse do salvamento e socorrismo acuático, con dúas embarcacións pneumáticas, chalecos.
No que se refire ao apartado sanitario, contarase cun médico especialista en medicina de urxencia, 4 grumires voluntarios, 15 voluntarios de Cruz Vermella, dispoñendo para desenvolver os seus labores cun posto médico avanzado, tres ambulancias asistenciais, equipadas con todo o material preciso para as súas funcións. Habilitarase tamén unha zona no mesmo parque municipal para a aterraxe de helicópteros, en caso de que fosen necesarios.
A todo este operativo hai que engadir os 15 traballadores municipais dos departamentos de obras, electricidade e medio.
O PSdeG denunciou o desmantelamento da Escola de Danza do Carballiño, que "non só viu reducido o número de alumnos nun 80 por cento neste curso, senón que por enriba supuxo un maior custo para o Concello".
Afirman que a Escola Municipal levaba varios cursos a cargo da Escola de Danza Nati Fleta Centro Coppelia de Ourense, que se encargaba de organizar os grupos e impartir as clases, ata que o goberno do PP decidiu cambiar a xestión e que fose outra empresa a que se ocupase da escola, ao parecer debido ás discrepancias entre a empresa e o concelleiro de cultura.
Así, "no curso 2011-2012 con Nati Fleta, a Escola contou con 201 alumnos inscritos nas modalidades de ballet, bailes de salón, sevillanas-flamenco, danza oriental, pilates e fanki, e supuxo un custo mensual para o Concello de 250 euros. Pola contra, ao concederllo a unha nova empresa, o número de alumnos reduciuse ata pouco máis de 40, polo que tamén se incrementou o custo para o Concello, que roldou os 6.000 euros", aseguran.
Os socialistas consideran un despropósito e unha vergoña que os intereses persoais dos concelleiros do goberno do PP leven a perder unha iniciativa cultural como esta, que tiña un gran número de seguidores na vila, e o que é máis grave, que fagan perder cartos a todos os carballiñeses.
Por iso, esixen ao Concello que presente as contas de gastos e ingresos da Escola neste curso, e ademais que expliquen os motivos que levaron a este cambio na xestión, "xa que todo apunta a que se trata dunha cuestión persoal".
Comunicado do concello do Carballiño
El grupo de gobierno de O Carballiño lamenta que, una vez más, los socialistas carballiñeses hablen sin conocer de lo que hablan o con datos escasos y totalmente sesgados. Este comentario llega después de las críticas del grupo municipal del PSOE sobre la actual escuela municipal de Danza y, más en concreto, de la no contratación de la anterior empresa que impartía los cursos en esta escuela municipal. Tanto el edil de Cultura como el alcalde se preguntan qué tipo de interés une a los socialistas y a la citada empresa para que se interesen tanto los unos en los otros.
Sobre la contratación de la empresa que imparte los cursos de las escuelas de danza el edil de Cultura lo dejó muy claro “al llegar al gobierno municipal comprobamos que se estaba contando año tras año con la misma empresa, lo que suponía según el servicio de intervención, un encadenamiento de contratos, sugiriendo el propio servicio de intervención que se debía dar la oportunidad a todas las empresas del mismo sector. Cosa que hicimos, invitamos a todas las empresas que pudieran llevar las escuelas, incluso a la que ya lo llevaba, y por la que se interesan tanto los socialistas. Esta empresa remitió un escrito al concello diciendo que no le interesaba trabajar con este ayuntamiento y, claro, tampoco la íbamos a obligar”. Eso sí, puntualiza el edil de Cultura, antes de iniciar este proceso de contratación de la nueva empresa, se le pagó todo lo que se le adeudaba a la anterior, deuda que venía de los gobierno municipales anteriores.
Esa empresas que no quiso trabajar con el ayuntamiento, montó una escuela privada en O Carballiño, cosa que aplaudimos como iniciativa particular, y los alumnos escogieron la escuela que más les gustó, la municipal o la privada.
Sobre la fianza cobrada por el concello a la citada empresa, por la celebración de un festival, el alcalde señalaba que “esto ya fue contestado en pleno al grupo socialista, pero vemos que ellos no quieren solucionar problemas o preocuparse por los vecinos, solo quieren hablar cuando nadie les puede contestar para hacer creer a los vecinos que tienen razón pero, por suerte, los vecinos de este pueblo ya les conocen”. Sobre la citada fianza Argimiro Marnotes recordó, nuevamente, que simplemente aplicaron una ordenanza aprobado por el PSOE cuando gobernaban en O Carballiño, que no era otra que la de cobrar una fianza a las empresas privadas, por el uso de las instalaciones públicas “señalan los señores del PSOE que no se cobró al PP por el uso de la casa de la Cultura. Otra vez verdades a medias de estos señores del PSOE, ni se cobró al PP ni se cobra al PSOE ni al BNG, ni a cualquier otro grupo político ya que la ordenanza, que ellos aprobaron cuando mandaban, señala que solo se cobrará a las empresas privadas, y el PP no lo es, como creemos que tampoco el PSOE, y por eso no se cobra a estos colectivos”.

O xogador militou varias tempadas co CD. Ourense, tanto en 3ª División como en Segunda B. Esta vindeira tempada xogará co CD Arenteiro na preferente autonómica.
Tras escoitar varias ofertas -algunha de superior categoria- o extremo ourensano decidiuse finalmente por incorporarse ao proxecto do Club Deportivo Arenteiro.
Ademáis, o club negocia as fichaxes dun defensa e un centrocampista, para cerrar definitivamente a plantilla para o regreso do equipo á preferente.

Pendientes da previsións meteorolóxicas, bastante incertas para a vindeira semana, os responsables de organización da Festa do Polbo, o alcalde Argimiro Marnotes e a concelleira Pilar Caride, presentaron a programación de actividades que se inician este vindeiro venres dia 1 de Agosto.
Prema o arquivo adxunto para ver o programa de festas.
A plantilla de CD Arenteiro comezará os adestramentos o 29 de Xullo, e o dia seguinte, o mércores 30 de Xullo xa desputará o primeiro partido da pretempada ante a U.D. Barbadás, o equipo da 3ª división. Xogaráse dende as 20:45 horas no campo da Uceira, ante a imposibilidade de facélo nun Espiñedo no que se está traballando na mellora do terreo de xogo.
Xa no mes de agosto -o dia 7- o equipo desplazaráse atá Lalín, onde xogará -20,45 horas- no Cortizo cun equipo co que volverá este ano o Arenteiro coincidir en competición oficial, na preferente sur.
O xoves 14, víspera de festivo, o Arenteiro recibirá ao Verín C.F. no Estadio de Espiñedo nun partido que se iniciará ás 21 horas.
O martes 19 de agosto xogará o Arenteiro no campo do Sangoñedo coa S.D. Chantada, equipo da preferente norte. Para o xoves 21 está programado outro partido no Miguel Ángel de Ourense co Pabellón da División de Honra Xuvenil. O domingo 31 será o primeiro partido de liga, aínda pendientes do calendario.
A Federación de Comercio de Ourense e as distintas asociacións gremiais e comarcais como son a Asociación de Empresarios de Verín, a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Carballiño, Establecementos Asociados do Ribeiro, Federación de Empresarios da Terra de Caldelas, a Asociación de Pasteleiros e Confiteiros de Ourense así como a Asociación de Floristas de Ourense e Provincia veñen de firmar un convenio de colaboración para realizar actuacións de revitalización do comercio de proximidade e incentivación da demanda comercial ao amparo da subvención tramitada pola Federación de Comercio de Ourense ante a Dirección Xeral de Comercio.
Indicar que todas as actuacións de promoción do comercio local solicitadas no expediente da Federación de Comercio de Ourense de acordo coas bases estipuladas na Orde do 25 de febreiro de 2014 pola Consellería de Economía e Industria, foron aprobadas na súa totalidade.
Os convenios asinados coas distintas asociacións permiten levar a cabo actuacións por un importe global de 22.052,44 euros para realizar actividades promocionais do comercio local entre as que cabe destacar a colocación de vinilos ou paneis nos escaparates de locais baleiros ubicados nas localidades de Verín e Carballiño, tamén permiten a elaboración de láminas explicativas sobre o comercio do Carballiño, a elaboración dun vídeo promocional do comercio do Ribeiro e a realización dun sorteo de cine nesta localidade, e tamén para incentivar a demanda comercial os pasteleiros e confiteiros de Ourense así como os floristas da provincia darán uniformidade e profesionalidade aos asociados mediante chaquetillas profesionais no caso dos pasteleiros e mandís no dos floristas, e na Terra de Caldelas como xa ven sendo habitual a edición de calendarios.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 625
- 626
- 627
- 628
- 629
- 630
- 631
- 632
- 633
- …
- seguinte ›
- última »