
O Campo da Saleta acollerá este domingo 6 de xullo unha nova edición da Festa de Exaltación do Pan de Cea, que chega xa á 23ª edición chea de novidades. O programa presentado esta mañá conta con cociña en vivo e degustacións en fornos e locais colaboradores, ademais da animación musical e do clásico Maratón de Fútbol 7, que non faltará á súa cita. A programación foi presentada polo presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida “Pan de Cea”, Carlos Rodríguez; o alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares; o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o secretario da IXP “Pan de Cea”, Ricardo Losada; e o tenente de alcalde de San Cristobo de Cea, Celso Garriga.
Segundo explicou Carlos Rodríguez nesta edición agardan seguir superando o número de persoas que ano a ano danse cita en Cea o primeiro domingo do mes de xullo. Para iso a Festa de Exaltación conta cun completo programa de actividades no que no faltará a gastronomía galega de calidade, a música e, como non, as pezas de Pan de Cea que os fornos de Cea producirán para a ocasión, probablemente máis de 2.500 pezas que acompañán aos produtos que se poderán degustar durante toda a xornada.
Así, durante o sábado haberá un show cooking a cargo da chef Enma Pinal na Praza da Panadeira na que se ofrecerán catro degustacións con produtos con denominación de orixe galegas: Pan de Cea en torrada de cocido con Lacón e IXP Grelo de Galicia; tosta de Pan de Cea, con IXP Tenreira de Galicia, queixo da DOP Cebreiro e pementos da DOP Pementos de Herbón; blinis de Pan de Cea con Mexilón de Amegrove e Pan de Cea con mousse de DOP Arzúa-Ulloa e salsa de IXP Mel de Galicia.
Ademais, os visitantes poderán facer un percorrido gastronómico polos antigos fornos de Pan de Cea: Forno de Lodairo, Forno de Parapeta, Forno do Santo e Forno da Cruz en cada un dos cales tamén se ofrecerá un pincho de degustación a base de empanada, polbo, mexilón e queixo. Sen esquecer que nos locais que colaboran con esta iniciativa, O Vaticano, Bar Pérez e Kanela Drink, tamén se ofrecerán estes pinchos elaborados todos eles con produtos con indicativo de orixe e calidade galegas.
Xornada dominical
Xa para a xornada grande, o domingo 6 de xullo, arrancará o día cos tradicionais pasarrúas e charangas que darán paso á lectura do pregón, a cargo da actriz ourensana Gloria Ferreiro, moi coñecida polo público pola súa persoaxe de Dona Hermitas. Non faltará a tradicional homenaxe aos panadeiros xubilados, a degustación de diferentes productos con denominación de orixe e, como ven sendo habitual, ás 14:30 terá lugar un xantar organizado a base destes productos acollidos a denominación de orixe. Xa pola tarde, ás 17 horas volverá a música da man da charanga Castro Bello.
A actuación contempla a reforma das rotondas e faráse coa achega económica da consellería de industria.
Desta maneira pretendese solventar os problemas existentes nas rotondas "para adaptalas ao paso de vehículos de transporte especial, que presenta moitas dificultades na actualidade, coa mellora facilitaráse o xiro completo dos camións", manifestou a concelleira de traballo do concello do Carballiño, Teresa Cerdeira.
Neste mesmo proxecto tamén se incluirá o acondicionamento de viais, fundamentalmente o acceso norte, que enlaza esta zona empresarial coa OU-204. Acometeráse unha nova pavimentación e a canalización de pluviais.
"Todas estas melloras, entre as que cabe destacar a instalación de cámaras de vixilancia conectadas coa Policia Local ou as melloras dotacionais das novas tecnoloxias, están facilitando a chegda de novas empresas, como o caso de DIZMAR, cun importante volume de traballo", dixo a concelleira carballiñesa.

O PSdeG denunciou o total abandono do rural por parte do Concello, xa que a práctica totalidade dos núcleos están invadidos pola maleza e coas estradas cheas de baches.
Os concelleiros Francisco Fumega, Adolfo Nogueira e Manolo Dacal achegáronse á parroquia de Señorín, facéndose eco das denuncias veciñais, para amosar a situación da área recreativa da zona, á que os cativos non poden acceder debido á maleza.
Fumega destacou que esta área recreativa “é un exemplo da situación na que está a práctica totalidade do rural, totalmente abandonado polo goberno municipal, con zonas de recreo que os veciños non poden utilizar, beirarrúas polas que non se pode camiñar e con estradas que semellan ás da posguerra”.
O portavoz socialista considerou “intolerable” que sexan os veciños os que teñan que limpar a maleza para poder utilizar as áreas recreativas ou as estradas, ante o abandono do goberno municipal. Por elo esixiu a Marnotes que poña en marcha de xeito inmediato un plan de choque para a limpeza dos núcleos do rural “xa que é un servizo que ten que prestar o Concello”.
“Os cidadáns cada vez pagan máis taxas municipais e teñen menos servizos”, lembrou Fumega, á vez que lamentou que “a única limpeza que fai o goberno do PP é a dos petos dos cidadáns, que teñen que pagar máis polo IBI, o lixo, os vados, o conservatorio ou as escolas deportivas”.
Advertiu tamén do perigo que supón a invasión de maleza nalgunhas estradas, e puxo tamén como exemplo a de Señorín, xa que preto da área recreativa hai un cruce “no que os conductores non teñen visibilidade xa que a maleza invade a calzada, mentres o Concello fai oídos xordos ás queixas dos veciños”.
Sinalou que “é unha cuestión de vontade, xa que a limpeza dunha área recreativa destas características pode facerse cunha hora de traballo” e lembrou que esta falla de actuacións no rural é un exemplo máis da desidia do goberno municipal.

A asociación "A Casa Aberta" nace en Maside por iniciativa dun grupo veciñal. Terá o seu centro de actividades no antigo Grupo Escolar, cedido polo concello de Maside.
Preséntase a nova asocíación cunha doble finalidade, traballar tanto no campo social e asistencial como no da dinamización sociocultural.
A primeira das actividades públicas que vai desenvolver terá lugar os vindeiros dias 12 e 13 de Xullo, con motivo da organización dunhas Xornadas de Naturopatía. Celebraránse varias sesión informativas con tratamentos específicos de cada terapia, acompuntura, quiromasaxe, reflexologia, dietética e nutrición ou esteopatía, contando para para elo coa colaboración de varios especialistas do colectivo "Naturópas en Acción".
Tamén se van organizar sesións de Ioga, Taichi, Pilates e Aquagym. O prazo de inscrición está aberto ata o dia 10 de Xullo no teléfono 608 242 210, debendo abonar 5 euros por sesión na que se participe.

Obxetivo cumplido. O club pretendía dende fai semanas a fichaxe dos dous xóvenes futbolísticas carballiñeses, Ocampo e Pana comprometeronse a defendar a camiseta do equipo do seu pobo para a vindeira tempada.
Ocampo, de 19 anos, chega procedente do Ourense B. Formado na canteira do Pabellón, do que foi un dos seus puntais no equipo da división de honra, fora fichado o ano pasado polo primeiro equipo do C.D. Ourense, co que fixo a pretempada, pasando despois ao equipo da preferente.
Pola súa parte, Pana regresa ao equipo carballiñés co que xa xogou en preferente ao inicio da tempada 2012-2013, que logo abandonaría para fichar polo Ourense B, no que xogou a pasada tempada. Agora decide regresar ao Arenteiro.
O dianteiro Brais, reforzo para a dianteira
Era a liña do equipo que faltaba por completar, a dianteira. Finalmente, e tras barallar varias opcións, o club decidiuse polo chantadino Brais Eiriz, que esta pasada tempada foi o máximo goleador do Club Lemos, co que marcou 14 goles na preferente norte. Ten 25 anos, e anteriormente militou varias tempadas xogando en preferente coa S.D. Chantada.

"Na procura da nosa menoria: fotos no tempo" é o título desta exposición fotográfica na que aparecen retratados pobos abandonados e antigos habitantes dos mesmos, da ladeira do val do Varón, fotografiados nos propios lugares onde viviron.
As fotos foron feitas por alumnos de 4º da Eso do centro coa colaboración do fotógrafo profesional José Caruncho. A actividade forma parte dun programa de innovación educativa desenvolvido por un grupo de profesores do IES Chamoso Lamas e coordinado polo Centro Galego das Artes da Imaxe. Tratase dunha colección de 48 fotografias.
Doutra parte, o director do instituto, José Manuel Vázquez fixo entrega dos diplomas aos alumnos que obtiveron matrícula de honra nos ciclos formativos durante o pasado curso. María Jesús Rodríguez Taboada e Iván Ulloa Des, obtiveron esta distinción nos ciclos formativos de Administracción e Finanzas e Electromecánica de Vehículos, respectivamente.
Un grupo de pais e nais constituiron unha plataforma de afectados contra a subida das taxas no conservartorio carballliñés, que están contempladas no plan de saneamento.
O alcalde recibíu a unha representación e comunicoulles que por vez primeira aplicaránse tarifas reducidas en relación ao IPREM para favorecer ás familias con rendas máis baixas, polo que varios alumnos pagarán menos que o ano anterior, as familias numerosas terán unha bonificación do 50% e as familias en situación de emerxencias contarán cun desconto de ata o 75%. Marnotes tamén lles mostrou un estudo "no que se comproba que O Carballiño está na mesma liña que o resto de conservatorios de Galicia en canto ao coste da matrícula, coa condición de que O Carballiño ofrece o título homologado e outros conservatorios non", subliñou.
Os argumentos dos responsables municipais non convencen aos pais, contrariados por un aumento das taxas que se sitúa no 20%, o que se traduce en costes de matricula de ata os 540 euros para o grao profesional e 430 euros para o grao elemental. Entenden que con estes prezos está en perigo a continuidade do conservatorio.

Son algúns dos aspectos que foron valorados polos asistentes á asamblea de socios celebrada o pasado venres, o aumento na masa social do club e a xestión económica que permite reducir de forma siñificativa a débeda que asumiu a actúal Xunta Directiva cando se fixo cargo do club, fai agora un ano. Os socios aprobaron por unanimidade tanto as contas da tempada pasada como a creación de equipos de fútbol base que serán federados para a vindeira tempada.
De 117 socios que retiraran o seu carné na tempada 2012-2013, o club conseguíu esta tempada un importante avance na masa social ao acadarse a cifra de 405 socios. O obxetivo da directiva –manifestou o presidente Xan Pinal- é non pararse e seguir nesta dinámica de traballo. Tamén destacou, no aspecto social, o siñificativo aumento de público que acudíu aos partidos de Espiñedo durante a pasada tempada
“Para nos foi un ano de toma de contacto coa dinámica do club, fundamentalmente un ano de aprendizaxe, no que modestamente creo que sentamos as bases para a modernización deste club, pero queda casi todo aínda por facer”, subliñou o presidente da entidade.
No balance económico, o club logra reducir de forma siñificativa a súa débeda. Fai apenas un ano, en Xuño de 2013, a débeda recoñecida pola asamblea de socios ao anterior directiva era de 55.000 euros. Tras as negociacións e posterior acordo co anterior presidente, parte importante da débeda reduciuse a cámbeo de publicidade das empresas Cadavid e Balgón nas camisetas. Ademáis, a semana que ven faráse unha transferencia ao anterior presidente por importe de 6.000 euros, que deixará a débeda actualizada da entidade en 27.000 euros, desta maneira lograse reducila en 28.000 euros durante o último ano.
O tesoreiro do club, Manuel Sotelo, fixo o balance de ingresos e gastos da tempada 2013-2014, que arroxan un superávit de 7.700 euros. Un superávit que se destina, os citados 6.000 á amortización da débeda co anterior presidente, e 1.640 ao pagamento de débeda contraída coa federación, que foi reclamada ao club no transcurso da actúal tempada, e que non figuraba na débeda recoñecida á anterior directiva.
O tesoreiro puxo a disposición da asamblea a relación de xustificantes de pagamentos e facturas, e avanzouse un orzamento para a vindeira tempada de 71.000 euros, prácticamente idéntico ao deste ano, no que o capítulo máis elevado -29.000 euros- se destinou a dietas dos 22 xogadores que formaron parte da plantilla.
Creación da estructura do fútbol base
A asamblea de socios aprobou por unanimidade a creación de equipos das categorías do chamado fútbol base, asi como o acordo co concello do Carballiño para federar nestes equipos aos alumnos matriculados na escola municipal de fútbol do Concello do Carballiño durante a tempada 2014-2015.
O acordo terá vixencia durante durante un ano aínda que o club ten vocación de manter unha estructura de fútbol base independientemente ou non de que este acordo co concello do Carballiño teña continuidade.
Para a vindeira tempada, inicialmente contaráse cons dous equipos xuvenís –un deles na liga galega- , 1 cadete, 2 infantís, 2 alevíns e 1 benxamín, aínda que esta relación podería variar en función dos alumnos matriculados.
O concello do Carballiño cederá a C.D Arenteiro gratuitamente as instalacións do campo da Uceira nos horarios de competición,e a colaboración de persoal municipal, asi como ós monitores da escola, que exercerán de adestradores dos equipos na competición. Ademáis tamén se compromete o concello carballiñés a apoiar economicante a C.D. Arenteiro para o fomento do deporte base, un apoio que irá en función do número de equipos federados que tomen parte en competicións oficiais.

A mesa de coordinación contra a violencia de xénero mantivo unha nova reunión no Carballiño, á que asistiron os representantes da Garda Civil, Policía Local, Subdelegación do Goberno, Centro de Orientación Familiar(COF), así como do Centro de Información a Muller do Carballiño, e a edil responsable da área de Igualdade do concello carballiñés, Purificación Alberte.
Entre as conclusións que se sacaron tras avaliar os datos deste primeiro semestre de 2014, é que todos os expedientes abertos no Carballiño de violencia de xénero teñen a correspondente denuncia, o que é un dato positivo no que respecta á concienciación das vítimas de denunciar estes feitos, algo que anteriormente era moi difícil conseguir.
Todos os asistentes coincidiron en destacar este feito, considerando que supón un paso adiante na loita contra esta eiva social.

Alumnos dos dous institutos do Carballiño viaxaron este xoves rumbo a Irlanda, para formalizar así o primeiro intercambio entre estudantes dos dous países.
En total son 12 estudantes do Carballiño e unha estudante de Boborás, xa que son estes dous concellos son os que organizaron o intercambio e o futuro irmandamento coa localidade irlandesa de Oranmore.
Os rapaces e rapazas do Carballiño pasarán 7 días en Irlanda, aloxadas en casas familiares, compartindo e descubrindo asconstumbres e o idioma das súas familias de adopción, así como a cultura e as tradicións irlandesas.
Pola súa banda os alumnos irlandeses devolverán a visita aos seus compañeiros do Carballiño e Boborás, durante a primeira semana de agosto, onde descubrirán a cultura galega, nosas tradicións e poderán gozar de algo único e inigualable como é a Festa do Polbo.
Este intercambio xurdiu a finais do pasado ano, cando a senadora irlandesa Fidelma Healy, visitou O Carballiño e Boborás, invitada pola fundación Antón Losada.
Así dende os dous concellos se remitiron escritos para os alumnos de todos os centros educativos da vila que imparten a ESO, para que os interesados se inscribisen neste proxecto.
Finalmente, e tras a selección realizada, foron 13 os alumnos que viaxan a Irlanda, dende este xoves 19 de xuño ata o 26 do mesmo mes. Partiron ás 13:00 horas, dende a praza maior do Carballiño, onde foron despedidos polo alcalde carballiñés, o seu homologo de Boborás, a edil de Educación e o tenente alcalde do Carballiño.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 627
- 628
- 629
- 630
- 631
- 632
- 633
- 634
- 635
- …
- seguinte ›
- última »