Tarde gris dos verdes que para colmo de males marcaron en propia meta e propiciaron un meritorio empate do At. Barbantes, na primeira visita en competición oficial do equipo ribeirán ao municipal de Espiñedo, que volveu rexistrar unha magnífica entrada, con 407 espectadores na grada.
C.D. Arenteiro: Perdiz, Carlos, Diego López, Lois, Dabarca, Alex, Canexón, Victor gallego, Martín, Bardelás e Prada. Na segunda parte tamén xogaron Quiroga, Núñez e Oscar.
Sociedade AT. Babantes Estación: Samuel, Roi, Igor, Diego Viñas, Rubén, Mellado, Manuel, César, Alén, Jaime e Bulicas. Tamén xogaron Pablo, Miguel, Borja e Oscar.
Goles
1-0. Minuto13. Centro dende a banda de Victor Gallego sobre a área, Martín cede o balón atrás a Álex, que o coloca no fondo da portería visitante.
1-1. Minuto 22. Perdiz realiza unha magnífica intervención rexeitando o tiro de Jaime, pero o balón pega no defensor local Diego López e introducese na portería local.
O Partido: Mal o Arenteiro, que non soupo xogarlle a un At. Barbantes moi ben posicionado no campo, cedendolle o balón aos carballiñeses e esperando á contra. Na primeira parte os carballiñeses, a pesar de adiantarse no marcador, estiveron ausentes do partido. Na segunda, renunciaron ao fútbol e optaron por colgar balóns sobre a portería do At. Barbantes, que unha e otra vez atrapaba Samuel. Asi e todo, por dúas ocasións, Victor Gallego a piques estivo de lograr o segundo gol para os locais, pouca bagaxe para un equipo que hoxe estivo lento e espeso durante toda a tarde.
O C:D. Arenteiro encarrilou ao seu favor a eliminatoria de Octavos de Final da Copa Deputación ao vencer a domicilio ao At. Vilariño, no partido de ida, xogado no campo do Medo.
C. D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Diego López, Lois, Dabarca, Omar, Victor Gallego, Adrián Núñez, Cancelas, Manu e Oscar. No último cuarto de partido tamén xogaron Prada, Canexón, Martín e Bardelás.
Goles:
1-0: Minuto 16, xogada á contra do Vilariño que culmina cun tiro raso batindo a Pachi.
1-1. Minuto 69, Pablo Dabarca, ao tranformar un penalti por agarrón a Lois.
1-2. Minuto 87, Fantástica internada de Prada que culmina Canexón de tiro raso e axustado ao pau.
O Partido: Dominado de principio a fin polo Arenteiro, que tivo que conformarse cunha victoria moi axustada ao fallar varias ocasións manifestas de gol, sobre todo na primeira parte, as máis claras, a cargo de Oscar e Omar, que non souperon definir. Pola contra, o Vilariño acertou no único tiro do partido sobre a portería de Pachi.
O Comité de Competición da Federación Galega de Fúlbol desestimara a reclamación do C. D. Arenteiro sobre a sanción de 2 partidos ao futbolista tras a súa expulsión no partido xogado en Xinzo de Limia contra o Boado.
O Club carballiñés presentou un recurso ante o Comité de Apelación da FGF, e éste ven de dar a razón ao C.D. Arenteiro, polo que a sanción a Victor Gallego queda sen efecto, ao considerar -tal como alegara o Club- que "cargar na espalda sobre un adversario" non é motivo de expulsión.

"Os pensionistas non somos defraudadores, somos pagadores" proclamaron nesta concentración ás portas da Delegación de Facenda do Carballiño.
A Coordenadora Galega, na que se integran os emigrantes retornados das comarcas do Carballiño e O Ribeiro demandan que a Axencia Tributaria deixe sen efecto "as reclamacións e sancións que nos están notificando polas pensións que recibimos do extranxeiro e non declaramos no IRPF dende o ano 2008".
"Nos non sabiamos que había que facer as declaracións, ninguén nolo notificou, nos trouxemos as divisas e levantamos este país, e outros, os auténticos defraudadores reciben amnistias fiscais, esto é unha inxustiza", alegan.

O concello do Carballiño e o Cluster da Carne de Galicia asinaron un protocolo de colaboración que se presenta co obxetivo común "de facer do matadoiro carballiñés un referente para o sector cárnico".
O Alcalde Argimiro Marnotes explicou que o concello decidíuse por esta fórmula de concesión das instalacións a unha organización sen ánimo de lucro "porque evitamos facer un concurso público e desta maneira o Cluster comprométese a contratación de traballadores da comarca, que é un dos obxetivos".
Nas instalacións do matadoiro, sen actividade dende fai algo máis dun ano, será necesario acometer varias melloras e reformas, que asumirá o Cluster, unha organización que está integrada por 346 entidades e empresas, que suman o 54% das entidades galegas que se dedican a este sector da carne, cun volume de facturación de 528 millóns de euros no último ano.
O Presidente desta agrupación empresarial, Javier Vázquez Gil, aclarou que o matadoiro estará aberto tanto para gandeiros como carniceiros da comarca, coas mesmas prestacións que terán os socios do Cluster da Carne de Galicia.
No prazo dun mes, tal como recolle o protocolo, asinaráse un convenio de colaboración entre ambas partes, concello e cluster, que ractificará este acordo.

En Curros Enríquez o proxecto contempla o empedrado de toda a zona de rodadura, asi como a mellora das beirarrúas, que serán máis anchas, e colocación de mobiliario urbano.
As obras, según comunica o concello carballiñés, comezarán a primeira semana de novembro e as previsións municipais apuntan a que estean rematadas antes das festas do nadal. O obxetivo do goberno municipal "é crear un bulevar comercial que entronque coa praza da Veracruz e a rúa do Paseo".
O proxecto conta cun orzamento de 119.000 euros, dos que preto de 90.000 son aportados por medio dunha subvención concedida pola Consellería de Economía e Industria.
Polémica polo anuncio de peonalización
Os comerciantes de Curros Enríquez non comparten a idea do goberno municipal para a peonalización desta rúa, unha vez que se execute esta obra de embelecemento. De feito, tras a polémica desatada por ese anuncio, o concello carballiñés chegara a un principio de acordo con comerciantes, hosteleiros e veciños, para implantar esa peonalización de forma gradual, nunha primeira fase será peonil en horario de oito da tarde a oito da mañá e durante as fines de semana e festivos.
Reforma na rúa Cerca
Os operarios municipais acometen a obra de acondicionamento na rúa Cerca, na que cun investimento de 10.000 euros, está sendo obxeto dun novo empedrado a base de adoquín. Tamén se reformarán as beirarrúas e adaptaránse os pasos para os accesos a garaxes.

Cómodo partido para o Arenteiro que foi netamente superior aos locais, o C.D. Velle recortou no marcador na derradeira xogada do encontro, no minuto 96. A nota negativa, os carballiñeses remataron o partido con 9 xogadores por expusión de Quiroga e Omar.
C.D. Arenteiro: Perdiz, Carlos, Lois, Diego López, Dabarca, Omar, Prada, Victor Gallego, Quiroga, Bardelás e Marcos Sotelo. Aos 25 minutos Martín entrou por Marcos Sotelo, que se retirou lesionado. Xa no tramo final do partido tamén xogaron Canexón, Oscar e Manu.
Goles:
0-1. Minuto 6. Xogada persoal de Marcos Sotelo, que tras irse de dous defensores locais envia un axustado chut ao pau contrario da portería defendida por Viana.
0-2. Minuto 57. Victor Gallego envia un balón ao longueiro e o rexeitamento é aproveitado por Martin para marcar o segundo do Arenteiro.
1-2: Minuto 96. Cristian, libre de marcaxe, á saída dun córner.
O Partido: O Arenteiro pudo e acaso mereceu lograr unha victoria máis ampla, xa que gozou de varias oportunidades tanto no primeiro como no segundo tempo para poder conseguir un marcador máis claro ao seu favor. Martín -por dúas veces- e Prada tiveron inmellorables ocasións para facer gol. O pior, as expulsións de Quiroga - vermella directa por protestar, m. 68- e Omar -doble amarela, m. 89-, que empañan unha victoria merecida dos carballiñeses.
A medida foi aprobada polo pleno da corporación municipal a instancias do grupo de goberno do Partido Popular, a oposición abstívose.
Concretamente, establécese unha aportación dun 10% do prezo do medicamento, cun límite máximo de 4,20 euros. Desta maneira, o concello de Boborás comprométese a este pagamento de copago dos medicamentos que se administran nas farmacias dos hospitais mediante orde de dispensación hospitalaria, e que afecten aos veciños do municipio que se atopen en dificultades económicas.
Trátase, na súa maioria, de tratamentos que afectan a persoas con patoloxías crónicas e graves, que reciben medicamentos que esixen unha particular supervisión e control, e que so dispensan os servizos de farmacia dos hospitais.
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e o alcalde de Beariz, Manuel Prado López, asinaron o convenio que fará posible esta obra.
O importe deste convenio, aportado ao 100% pola Xunta de Galicia, elévase a 31.937 euros. Nas inmediacións desta praza conflúen varias zonas de esparcemento veciñal, como a igrexa parroquial de Santa Cruz, a escultura A lavandeira do metal e un parque infantil; polo que a mellora e acondicionamento deste punto converterá esta zona nun punto de referente veciñal.
As actuacións consistirán na mellora do pavimento con lousas de pedra de granito do país, a construción dun muro de formigón, ao tempo que se instala unha arqueta e toma de augas. O proxecto tamén inclúe a construción dunha caseta para albergar o cadro eléctrico.
En relación coas obrigas, o departamento que dirixe Agustín Hernández aportará o 100% do investimento; mentres que a Administración local deberá redactar o documento técnico de definición da obra, obter os permisos, licencias e autorizacións, poñer a disposición da Xunta os terreos libres de cargas e contratar, executar e dirixir as obras.
O conselleiro manifestoulle ao alcalde que non se trata dunha obra cun orzamento elevado, pero puxo en valor a importancia desta actuación xa que responde ao obxectivo de recuperar os espazos de encontro para mellorar as posibilidades de lecer dos cidadáns e contribuír ao reequilibrio territorial fixando poboación no media rural.

O concello puxo en marcha un operativo de emerxencias formado por 25 persoas que ata pasadas as catro da madrugada deste martes traballou para atender as incidencias.
O temporal de chuvia descargou unha gran cantidade de auga e os maiores problemas, en forma de inundacións, presentaronse na Avda. do Balneario, Evaristo Vaamonde, Avda. de Compostela e a rúa Ourense, onde a Policia Local tivo que cerrar a circulación de vehículos nalgúns tramos.
O concello carballiñés movilizou a operarios da Brigada Municipal, ademáis dos efectivos de Emerxencias e Protección Civil e persoal da Brigada de incendios, que levantaron as tapas dos sumidoiros naquelas rúas máis confictivas, co fin de que recollesen mellor a auga, e mesmo utilizaron sacos de area para evitar inundacións que terían afectado a baixos e sotos de edificios.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 643
- 644
- 645
- 646
- 647
- 648
- 649
- 650
- 651
- …
- seguinte ›
- última »